Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 11 de marzo de 2010


Bueno, certamente de chobits teño bo recordo porqeu foi unha das primeiras series de anime que vin por internet e ademais vina en audio español de España, aínda que a versión con subtítulos é mellor.
Ben Chobits é un anime seinen, isto é, un anime para adultos aínda que se poden considerar bastante shōjo,debido aos temas  que trata.O shōjo é un xénero dirixido principalmente ao público feminino porque trata de romances.Despois desta pequena barallada que serve de introducción, pasemos ao argumento:
Chobits conta a historia de Hideki, un estudante que se vai vivir do campo á gran cidade para preparase para entrar na universidade. Alí, de camiño para o seu piso atopa un PERSOCOM. Que é isto? Pois unha especie de computador pero con forma de persoa e que funcionan de maneira autónoma aínda que teñen que recargarse. Normalmente poden falar pero este PERSOCOM só sabe dicir CHII, polo que Chii remata por ser o seu nome. 
Hai moitos modelos de persocoms, fíxome bastante graza o de portátiles , que son coma muñecos pequenos.
O anime a medida que avanzan os capítulos desenvolve a relación Chii-Hideki. Isto pode prantear un debate ético do estilo de se un home pode querer a unha máquina. Certamente este é o trasfondo da serie. A acción capitular transcorre máis ben nun marco de situacións cómicas na súa maioría de tipo ecchi polo que este anime sen dúbida é para adultos. Este anime prantexa outra serie de debates éticos, coma cando o mellor de amigo de Hideki se namora da súa profesora maior ca el e se van vivir xuntos. Certamente , este anime ten toques serios mesturados cun constante desenfreno cómico. 
A maioría dos capítulos non aportan nada a trama, aínda que os que si aportan forman unha trama moi ben desenvolvida que vai máis alá da relación Chii-Hideki e se centra en quen é Chii.
A animación hai que ter en conta que é algo antiga, e para a época, SHAFT(O estudo de animación do anime) fixo un bo traballo,aínda que se ves o anime agora non hai color con ver un anime de agora en definición 1080p.
O son está bastante ben aínda que non é destacable, os openings e endings están bastante ben, pero como nota xeral, este anime non se destaca polo son e se estás esperando escoitar grandes melodías este non é o teu anime.
Os personaxes creo que son o mellor xunto coa trama, xa que son definidos e ocórrenlles situacións nada habituais(Chobits está ambientada nun mundo futuro pero certamente é igual que o actual pero con Persocoms)
Certamente é un bo anime que recomendo ver.


Nota: 8.9

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //