Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 23 de marzo de 2011




Sexy naughty bitchy me!
Ningunha das dúas protagonistas do anime di a frase anterior, aínda que e unha frase dunha canción quen ben podería ser aplicada para describilas.Este aniem foi algo experimental que a Gainax se lle deu por facer, polo que foi interesante ver que inventaban en cada capítulo. É Gainax! Agora que o sabemos vamos co argumento:
ARGUMENTO
Este anime conta a historia de dúas tenshi(anxos) que están atrpadas na Terra porque o ceo expulsounas. O único xeito que teñen de retornar ao ceo é reunindo unha especie de moedas que soltanos espíritos malignos que asolan a cidade de Daten City, onde elas viven.Non hai que esquecerse de Garterbel, o párroco que intenta que as dúas tenshi sexan boas e non cometan pecados, áinda que é en balde. Así, entre chistes sexuais e algo que se asemella a acción transcorre este anime, o que non quere dicir que sexa malo.
Está altamente enfocado cara o xénero cómico, son abudantísimos os chistes con connotacións (máis ou menos explícitas ) sexuais, o capítulo no que se conta como os espermatozoides teñen que chegar ao óvulo é épico.
En si mesmo ao meu entender este anime é unha crítica ao cartoon americano, coma por exemplo As macabras aventuras de Billy e Mandy. Algo así seríe a frase: "Así que eso son os debuxos americanos.... Pois así  é como o hai que facer!".
O argumento está formado por historias independentes, con dúas historias duns dez minutos por capítulo , aínda que cara o final vaise formando un pequeno arco.
Este anime non intenta ser un produto de masas, intenta ser unha serie de culto e a pesar de que algún dos experimentos argumentais que se mostran no mesmo para min son EPIC FAIL creo que é un produto altamente disfrutábel.

                                  Parodia dun xénero Mecha nun cap do anime


PERSONAXES
Panty: o seu nome siñifica pantsu, polo que é moi frecuente vela con actitudes de quitar o seu pantsu.
É unha bitch(ela recoñéceo) cuxa única ambición é deitarse co maior número de homes posíbeis e disfrutar do sexo a máis non poder, razón pola cal segue na Terra e non lle importa demasiado.
É un anxo, polo que pode realizar unha transformación na que toma unha apariencia anxelical e as súas barguiñas convírtense nunha pistola. Win, Gainax, Win.
Stocking: o seu nome siñifica media,dahí que as súas medias cando realiza a súa trasnsformación en anxo se convirtan e sendas espadas.
Ten aspecto dunha loli-goth e a súa actitude é pesimista e moi pasota aínda que sinte adoración polos dulces, ata niveis insospeitados.
Os seus peitos son máis grandes que os de Panty o que é un chiste recurrente.














                                                                                                                                            Garterbelt: un negro cunha cantidade de músculos ao nivel de Rambo que é un cura-guerreiro que se dedica a pelexar contra o mal. A súa misión é a de facer que Stocking e Panty realicen as súas misións, algo que frecuentemente é imposíbel.

Brief: un Nerd de pelo laranxa que esta tolamente namorado de Panty aínda que esta pase del. É bastante patoso aínda que á fin consegue formar equipo coas Tenshi.
Chuck: unha especie de can en apariencia que é a mascota das tenshi. É inmortal e pode trasnformarse nunha xigantesca besta ao estilo de cerbeiro, o can gardián do inferno.
Hai máis personaxes, particularmente serían importantes o Alcalde, Scanty e Kneesocks, os viláns da serie, pero cecáis sería spoilear demasiado polo que deixémolo ahí.

                                                    Scanty e Kneesocks


ANIMACIÓN E BSO
Cando ves o anime por primeira vez pensas:"de verdade isto é anime?"Na liña de ridiculizar o debuxo americano a arte non se parece ao estandar manganimado e parécese máis que nada ao estándar americano, con personaxes chibi pouco realistas e con cores características. É algo....diferente, de vez en cando tamén é importante innovar.
A BSO é tremendísima, sublime, incrible, magnificente, todas, TODAS as cancións que saen no anime son boas e poderíanse convertirse en éxitos sen aparecer neste anime facilmente. Aquí deixo un videoclip que aparece nun capítulo, recollendo bastante ben a filosfía da serie.
Again, Win, Gainax win.





CONCLUSIÓN
É Gainax, un estudo que se caracteriza por facer moitos experimentos nas súas produccións e isto non é unha excepción. Debo dicir que en xeral, o experimento saiu bastante ben, con momentos moi épicos polo que creo que sería xusto darlle unha oportunidade.

               De esquerda a dereita: Panty, Chuck, Garterbel no fondo, Stocking e Brief. 




Nota: 8

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //