Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 30 de xuño de 2011


Aquí continúo a comentar as OVAs 3 e 4 de Break Blade que continúan a historia que se comezou no post de comentario das OVAs 1 e 2.
Así, retomamos a historia xusto ao final da OVA 2, cando Rygart decide levarlle a contraria ao seu pai e alvar aos seus amigos pelexando co seu golem.
Unha nova batalla desenrólase entre Rygart e as forzas de Zess, dando por fin o tan esperado enfrontamento de un contra o outro. Suponse que Zess é moito mellor que Rygart pilotando Mechas, pero sen embargo é demostrado que o golem de Rygart ten un potencia incrible sendo capaz de destrozar o golem de Zess cunha espada rota(broken blade, dahí o nome do anime) e deixándoo case morto.
Cleo, unha compoñente das forzas de Zess demostra a súa valía ao derrotar a varias unidades do exército do rei Hodr , pero acaba sucumbindo e remata perdendo a batalla aínda que permite que Zess sexa rescatado e consiga escapar.
Cleo convértese así nunha presa do exército de Hodr, aínda que ten moitas comodidades e incluso se aloxa no mesmo cuarto que Sigyin.

Esta OVA tivo un momento cume claro, a batalla entre Zess e Rygart chea de especularidade que remata dun xeito bastante incerto, xa que foi unha victoria clara para Rygart pero Zess contiúa vivo e volverá á guerra.

Logo destes feitos ven a acción da OVA4, coa entradas en acción de varios xenerais do exército ao que pertence Zess, sendo grandes estrategas e non importándolle sacrificar as súas propias forzas para conseguir o seu obxectivo. Así, masacran á forzas do rei Hodr nun principio, pero Rygart consegue darlle a volta á situación momentáneamente envestindo aos seus inimigos cunha nova armadura, arriscándose a resultar seriamente danado ao acabárselle o tempo de uso.
Fórmase un comando especial con Rygart, Narvi, o irmán desta e alguén que non recordo como se chama pero que se supón que é incriblemente poderoso.Esata última persoa ama as batallas ata tal xeito que combata cons seus porpios compañeiros no medio da batalla, aínda que cando a batalla comeza e esa unidade é necesitada ten medo e non loita.Isto en realidade só en unha fachada xa que en realidade cando as forzas de Athena están a escapar el intercéptaas e masacra a varios golemns quedando a cousa ahí.
Non houbo batallas tan espectaculares como na OVA3 , aínda que o usuario do golem vermello reparte moi acertadamente.

Se queres ver capturas sobre as OVAs e outra opinión podes atopalas aquí:
http://randomc.net/2011/02/08/break-blade-03/
http://randomc.net/2011/02/28/break-blade-04/

Nota: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //