Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 13 de outubro de 2013

#manga #anime #ogsn

O outro día, despois de ollar diversas páxinas de anime, rematei nunha que falaba sobre digimon e pensei, non teño un post sobre Digimon! E sí un de pokémon! XD De feito, recordo que nos meus tempos mozos gustábame máis Digimon que Pokémon, máis acción. Así, a seguinte pregunta que me prantexei foi, aínda existe!O certo é que non leva gozado de tanto éxito coma Pokémon e non hai tropecentas tempadas, de feito fai xa algún tempo que non sae nada novo. Pero bueno, falemos primeiro de onde ven o tema este de Digimon:

O certo é que Digimon, por extraño que poida parecer, non surxiu como anime, senón que provén dalgo chamado Digimon Virtual Pet, un aparato do estilo dos Tamagochi que foi moi popular en Xapón e que provocou a creación dun anime homónimo. O certo é que o cacharro era bastante completo prá época e podías facer moitas das cousas que se viron no anime. Así, , tiñas un Digimon mascota virtual e aparte de coidar del(limparlle o "popó" (XD), alimentalo....) podías entrenalo pra facelo máis forte e loitar con outros rapaces que tivesen o Digimon Virtual Pet.

Non creo que faga falla recordad de que ía o primeiro Digimon, aquel que botaron na 2, pero por resumir, había uns nenos elexidos que fóran traídos ao mundo dixital pra derrotar ao mal coa axuda dos seus Digimons(Mitiquísimo opening...XD) . O caso é que ao longo de máis de 50 episodios(Recordo que cando era pequeno parecérame un tempo case eterno XD) e cunha segunda tempada(De peor calidade e moi prescindíbel, na miña opinión) de outros tantos episodios contábannos as tribulacións dos nenos elexidos. Así, naquel anime había varios conceptos moi novidosos prá época coma o das digievolucións con aquelas secuencias que se repetían en cada capítulo(Alguén dixo Power Rangers?) e que, ao finalizar, servían pra que os Digimon gañasen poder e derrotasen aos malos. Visto hoxe en día , a pesar de que eu o etiquetei como Shonen, o certo é que moitos califícano de kodomo baixo o pretexto de que non había tramas moi complicadas. Certo, pero, realmente, pra que? Digimon era o que era e non pretendía ser un anime de intriga , senón acción pura e dura, cousa que non se lle daba mal.

Aparte da secuela da primeira xeración de Digimon houbo máis, véxase a terceira entrega, considerada a máis escura de todas(A min realmente paréceme máis ou menos aínda que admito que o ton é lixeiramente máis serio) onde había cartas pra evolucionar aos digimons ; houbo máis : Tamers, Frontier,Savers e Xros wars. A tendencia destes animes é alonxarse cada vez máis do concepto orixinal no que uns nenos tiñas uns compañeiros e realmente eran estes os que loitaba pra centralo en que son os nenos os que teñen o protagonismo aínda que o argumento é mais ou menos o mesmo: loitar, loitar e loitar pra cargarse a un Digimon malvado.

É curioso pero , ao contrario que Pokémon, Digimon non ten unha gran coleción de videoxogos famosísimos ás súas costas e non consegiu destacar a pesar de tentar promocionalos con mangas e figuras de acción. Non digo que tivesen que facer un xogo do estilo de Pokémon porque sería imposípbel , quero dicir, os digimons son máis como "colegas" que atacan como lles parece, non como ti lles mandes XD, pero o certo é que creo que é bo material. Ahí o deixo.


Anexo:
http://es.wikipedia.org/wiki/Digimon Entrada en wikipedia sobre Digimon
http://lcd.wtw-x.net/MainPage Páxina sobre a franquicia
http://es.wikipedia.org/wiki/Virtual_Pet Entrada de wikipedia sobre o Digimon Virtual Device
http://www.tamatalk.com/pixelmood/digimon.htm Páxina na que podedes ver os deseños do Digimon Virtual Device, as opcións que tiñas...




Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //