Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 6 de outubro de 2013


Boas!Hoxe falaremos de Oregairu(aka , This romantic teen comedy is wrong as expected  / Yahari Ore no Seishun Come wa Machigatteiru ) , un anime shonen , school life, comedia e romance que ten a diferenza cos do mesmo tipo en que algúns dos seus personaxes sáense bastante do canon. Imos co argumento!

ARGUMENTO

Este anime conta a historia dun rapaz chamado Hikki(Hikkigaya), un inadaptado social a quen lle da basicamente igual todo o que pasa ao seu arredor e que fai reflexións sobre a vida propias de xente moito máis maior.
O caso é que pra intentar modificar o comportamento de Hikki a súa titora decide poñerlle unha especie de castigo: ten que participar nun club no que a única membro é a rapaza máis guapa do istituto, Yukinoshita. Resulta que Yukinoshita non é tan diferente de Hikki despois de todo e os dous pasan un longo período de tempo sen falar e cando deciden falar é pra botarse pullas un ao outro. Iso queda interrompido cando por fin lles chega un traballo pra o club. Este club é unha especie de "pide que nos facemos o que poidamos" , polo que os alumn@s van alí e solicitan que se resolva algún problema da súa vida escolar.
Hikki e Yukino teñen métodos diferentes pra resolver os problemas: Yukino ten máis empatía e Hikki é unha persoa máis analítica e intenta dar coa solución aínda que non sexa todo o "bonita" que se requerise.
Logo do encontronazo inicial novos membros se incorporan ao club e o anime conta a historia de como resolven os problemas dos outros.

PERSONAXES

-Hachiman Hikkigaya: este personaxe que podería ser considerado o protagonista principal é un personaxe bastante atípico i é unha das razóns polas que recomendo o anime. Esquece os heroes inútiles e patosos que son uns inadaptados sociais que se abren pouco a pouco cara as féminas....Non, Hachiman está só porque quere estar, é máis, di frases moi "lapidarias" como o problema non é estar só senón non estalo por eleción e cousas así.
Pensa que a maioría da xente non di a verdade, que usan fachadas pra comportarse, algo que fai que non confíe en ninguén e que se crea superior á maioría da xente.
-Yukinoshita Yukino: a personaxe feminina máis importante do anime apodada a "raíña de xeo", que é a presidenta e única membro do club ata que chega Hachiman.
É unha rapaza moi lista e guapa , algo que provoca que moitos a envidien, circunstancia que, xunto co seu pensamento de que os demáis deben mellorar, non envidiala por ser mellor ca eles, ten poucos amigos.
Ademáis, ten dotes de liderazgo e sinte que é a súa responsabilidade arreglar os problemas dos demáis.

Estes son os dous principais pero , coma neste tipo de animes, está a amiga fujoshi perdida, o rapaz que é sospeitosamente similar a unha rapaza, o gordo friki....vamos, tópicos a min XD



ANIMACIÓN E BSO

A animación é ...decente, non esperdes virguerías porque non as hai, cumpre e xa está. Un dato curioso é que o deseño de Hikki é notábelmente diferente a como é no manga ou na novela lixeira, se cadra debido a diferenzas creativas.
Respeito da BSO o opening é bastante decente pero aparte diso non hai nada reseñábel.



CONCLUSIÓN

Realmente o número de críticas positivas sobre este anime , segundo unha breve investigación que fixen con google XD , é substancialmente superior aos da negativas. Neste caso eu son da opinión da maioría e aínda que non me emociono e lle poño un 10, este anime ben merece un notable alto. 8.5



Nota: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //