Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 31 de decembro de 2009


E chegou a fin de ano, esa data que todo o mundo espera e na que se comen unhas uvas, 12 concretamente, que se cre que dan sorte. O certo é que este costume non empezou por iso. Todo se remontea a 1909, ano no que se deu un excedente na colleita de uvas e houbo que emplealas en algo. Así naceu a tradición das doce uvas da sorte, da cal se cumpre este ano o 100 aniversario, é unha tradición relativamente nova.

O lugar por excelencia para vivir a fin de ano é a Porta do Sol de Madrid, con ese reloxo impoñente. Por se acaso, desde fai algúns anos, celebran a fin de ano por anticipado o día anterior porque pasou algunha vez que reloxo non funcionou.
Pero, se nos tomamos uvas, que toman os outros en fin de ano? Os italianos soen cenar lentellas na fin de ano, e tiran a copa na que brindan pola ventá,. Estrañamente, ten certo parecido co que fan os chilenos, que comen doce lentellas, unha con cada campanada, aínda a pesar de estar separados Chile e Italia miles de kilómetros. Países coma México, Venezuela, Ecuador e Perú tamén comen as doce uvas da sorte. En Israel toman mazás untadas con mel e en Xapón prepárase sopa de fideos para ir ao templo budista para pedir boa sorte.
Para rematar desexar un bo fin de ano e aninovo a todos e esperar mellorar e actulizar o contido do blog. Saúdos!
FONTES: lavozlibre,cunavidad.com

{ 1 comentarios... read them below or add one }

  1. Si Guerreiro..outro ano máis...
    Parece que foi onte cando comezamos o 2009.. E cantas cousas pasaron..unhas boas, outras malas...
    só agardo que no ano que empeza deixemos de magoar a Mamá Terra e aos irmáns terrícolas...
    POR UN 2010 NO QUE A FELICIDADE ESTEA PRESENTE!!
    SuS

    ResponderEliminar

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //