Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 15 de marzo de 2011

Así é, con este primeiro xénero inauguro unha colección de artigos na que pretendo recomendar diferentes mangas sobre un elemento concreto cada vez. Neste caso son os zombies, eses famosos seres que tan de moda están ultimamente.Vamos cos títulos:

-Highschool of the dead: 

A historia vai sobre como cambian as vidas dun grupo de adolescentes de Instituto ao estalar á apocalipse zombie. As súas doses de acción son moi boas, con bastante sangue ,zombies debuxados dun xeito realista, bastante fanservice e personaxes carismáticos.
Información sobre o mesmo publicada aquí no blog:
http://ogsn.blogspot.com/2010/12/highschool-of-dead_26.html

-I am a hero:

Ao comezo da historia o manga é tremendamente psicolóxico, cun protagonista que ve visións e ten un amigo imaxinario, o que apenas lle permite relacionarse.Sendo isto así, ata á fin do volume 1 non aparece o primeiro zombie e comeza de verdade a historia. Esta historia é unha historia de supervivencia, cun ton survival horror hiperrealista , na que o protagonistas ten un batalla mental entre o que é realidade e o que é ficción , polo que aínda que sexa un ninguén remata por asumir a situación nun certo grao e tenta sobrevivir.
Este manga foi nominado para o 3rd Manga Taisho Award (2010).

-Zombie-loan: 

Conta a historia dunha rapaza que ten o poder de ver o colar negro que aparece no pescozo das persoas cando van morrer. Cando se volve totalmente escuro, a persoa morre.
Dous rapaces da súa clase teñen o colar e sen embargo non están mortos, dado que fixeron un contrato coa oficina Zombie-loan que lles permite manterse vivos se buscan a máis zombies. A rapaza cos ollos de Shinigami decide axudalos no seu traballo.

-Sankarea: 

Conta a historia de como un rapaz chamado Furuya, despois de moito experimentar consegue facer un líquido capaz de volver a unha persoa un zombie, aínda que remátaa usando nunha linda ojou-san que morre por accidente. O manga ten un estilo bastante shonen e con situacións ecchi e de comedia. O debuxo dos zombies alónxase do tópico presentando zombies con aspecto humanoide, aínda que rasgos característicos coma a pel pálida.

-Zombie Romanticism:  




Vai sobre pequenas historias de amor independenes entre sí coa novidade de que un das dúas persoas é un zombie, sitúandose a historia nunha época na que a "zombieficación" é posíbel aínda que os zombie teñen prohibido namorarse dos seres humanos. Esquece zombies feos, aquí todo moi kawaii é idealizado.

Estes son os que eu coñezo, aínda que na web podes atopar moitos máis exemplos, aquí algunhas páxinas interesantes sobre o tema:
http://www.nuestroscomics.com/dm-los-zombies-japonesese-1%C2%AAparte/
http://www.nuestroscomics.com/dm-los-zombies-japonesese-2%C2%AAparte/
http://answers.yahoo.com/question/index?qid=20091222074744AADPJ0B

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //