Newest Post
Amosando publicacións coa etiqueta Avatar: the last airbender b>. Amosar todas as publicacións
#manga #anime #ogsn

Ola! Hoxe falaremos da última triloxía publicada a data de hoxe a nivel de cómics da franquicia de Avatar the last airbender.Imos co argumento!
The Rift é unha historia que cadraría perfectamente dentro da serie orixinal de animación polo seu ton. Estamos ante unha historia que ten un ton máis distendido e infantil en contraposición do ton máis serio das historias anteriores. Non é que esta non teña elementos serios pero sen dúbida están afrontados dende un ton máis suave.
A historia vai sobre unha viaxe que Aang , Sokka e os acólitos airbenders , que deciden ir celebrar un festival para rememorar unha vella tradición. Aang ponse molesto ao chegar ao sitio do festival, dado que dun monte pasou a convertirse nun lugar onde hai varias fábricas que ensucian todo con polución. Así, abórdase un pouco o conflicto da revolución industrial, que lle da traballo á xente , dado que a maioría dos benders non teñen traballo e parece ser que hai moito paro no mundo de avatar(Hai crise ata nos debuxos XD). O caso é que a fenómena de Toph Beiphong reaparece nesta historia porque o seu pai é a persoa que pon cartos para que a fábrica funcione, polo que ela e Aang teñen posturas moi enfrontadas respeito ao da fábrica: Aang quere derrubala e Toph non.
A situación cambia dramáticamente cando varios personaxes quedan atrapados nunha mina e Aang e Toph vense obrigados a loitar contra un espítilo xigante con forma de samaurai, o cal nos regala unha serie de paneis de loita realmente espectaculares.
Todo remata ben, para resumir, Aang entende que todos poden desfrutar do festival e os da fábrica deciden mellorar o tema da contaminación.
A historia ten os seus momentos interesantes, sobre todo a escea da pelexa contra o bicho xigante, pero a nivel xeral é peor que as anteriores triloxías. Notábel baixo.

Nota:7.0
Recomendación: Avatar the last airbender the rift(Part 1, 2 &3)
luns, 2 de marzo de 2015
Posted by OGSN
Tag :// Avatar: the last airbender,
Tag :// the rift
#manga #anime #ogsn
Ola! Hoxe falaremos dunha continuación en forma de cómic da sobresaínte "Avatar, the legend of Aang" que continúa a historia xusto onde rematou a serie de animación nunha historia en tres volumes que chega a ser incluso superior á serie e destinada a lectores máis adultos, na miña opinión.Imos co argumento(Contén spoilers importantes da trama, se queredes saber simplemente de que vai podedes consultalo en avatar wikia)!
The promise trata unha temática que está bastante presente no mundo actual i está altamente relacionada con temas sociopolíticos. Así, dado que á fin da serie de animación o lord do lume Oozai fóra derrotado a ocupación do imperio do lume de territorios dos outros imperios queda como decisión de Zuko, novo lord do lume. A razón dille inmediatamente que o mellor é devolver eses territorios á súa nación de orixe, pero despois dunha visita a un deles dase conta de que esa pode non ser a mellor solucióni, dado que hai tantos anos que os territorios son parte da nación do lume que xa formaron lazos , tanto afectivos como persoais, e non queren independizarse.
O avatar Aang está dacordo coa postura inicial de Zuko e considera que deberían indepedizarse, algo que fai que os dous amigos rematen por ter unha disputa na que están involucrados máis ca eles dous. Deste xeito, aínda que á fin non se produce, case se produce unha guerra entre Zuko e o emperador da nación da Terra polas súas posturas enfrontadas que rematan por chegar a un acordo común que satisface a tódalas partes: os territorios problemáticos converteranse nunha nova nova nación, parte da cal será a chamada cidade República que aparece en The legend of Korra, serie de animación continuación da lenda de Aaang.
Unha trama máis adulta e seria, sen demasiadas esceas de acción e que toma como centro unha problemática real ao explorar ese terreo inexplorado de "que pasa cando os heroes gañan" da un resultado excelente, con debuxos que non desmerecen para nada á serie de animación.
Certo é que un podería pensar: "Debería ler isto ou ver a serie de animación de Korra dado que é a secuela directa?" A resposta é clara: ler isto, sen súbida(Falarei máis de Korra proximamente).
PD: Hai máis triloxías e comentareinas en próximos posts.

Nota: 9.25
Recomendación: Avatar the last airbender the promise(Part 1,2 & 3)
luns, 22 de decembro de 2014
Posted by OGSN
Tag :// Avatar the promise,
Tag :// Avatar: the last airbender,
Tag :// comic,
Tag :// Nota entre 9 e 10
#manga #anime #ogsn

Crítica animación? Que será o seguinte, falar dos teleñecos? XDD Admito que Avatar, the last airbender non é un anime, é unha serie de animación creada para Nickelodeon por Michael Dante Dimartino e Bryan Konietzko (aínda que houbo diferentes guionistas para cada episodio). Sen embargo, a pesar de ser unha serie para Nickelodeo, a xente escribe en Xaponés ou similar, suponse que están en Asia e hai tropecentas mil referencias ao mundo asiático esta serie podería ser considerada un anime.
A serie consta de tres tempadas , cada un suponse que é un libro, de 20 capítulos cada un. Así, temos un total de 60 capítulos e unha historia que continúa en comics e nunha serie secuela que se chama A lenda de Korra. Así, falarei un pouco do argumento sen meter spoilers. Imos!
Avatar , the last airbender, conta a historia de como o mundo caiu na escuridade e miseria despois de que un dos catro imperios, a nación do lume, decidise invadir ás outras. Así , a única persoa que podería poñer fin a unha guerra que cumpre 100 anos no primeiro capítulo da serie, o avatar, está desaparecido dende precisamente esa cantidade de anos. Sen embargo, a situación cambia cando Katara e Sokka, irmáns e uns dos últimos superviventes da tribu da auga atopan ao Avatar desaparecido dentro dun gran pedazo de xeo, do que este consegue escapar despois de tanto tempo. As expectativas dos irmáns desvanécense cando ven que o rapaz, que non sospeitan que é o Avatar, non é máis que un neno. Aínda así, deciden levalo con eles á súa tribu e despois dun par de malentendidos deciden acompañalo na súa viaxe para que se convirta nun Avatar "completo".
Mencionei a figura do Avatar, pero non aclarei exactamente que é XD. Vexamos, no mundo onde se desenrola a serie suponse que certas persoas, chamadas "benders" ou dobladores-manexadores, poden controlar os elementos. Así, os da tribu da auga controlan a auga, os do lume o lume e sucesivamente cos catro elementos. O avatar é a única persoa coa capacidade de controlar tódolos elementos , aínda que ten que aprendelos un por un. Así, Aang sabe usar o aire e despois aprende auga, terra e lume.
Tamén é importante mencionar que a figura do Avatar é unha especie de "cargo" que se transmite ao longo do tempo, cando o Avatar morre reencárnase noutro corpo e así sucesivamente, polo que se supón que tódolos avatares da historia son tecnicamente a mesma persoa, aínda que sen recordos das súas vidas pasadas(Poden consultar cousas ás versións pasadas de sí mesmos).
Un dos elementos que fai desta serie unha gran serie é toda a historia previa a que ocorran os sucesos actuais, á que se dedican varios capítulos. Hai centos de sucesos que ocorreron antes que os protagonistas nacesen sequera polo que isto contribúe a darlle moita profunidade argumental : hai un razón moi antiga para a misión que os protagonistas realizan.
En canto a personaxes, hai uns cantos, que poderíamos clasificar en malos, bos e malos que se fan bos, nun típico movemento deste tipo de series XD. Así, por extraño que pareza, os mellores personaxes desta serie son os secundarios.Aang, o protagonista, é relativamente interesante porque á fin e ao cabo é un preadolescente que ten que salvar o mundo e polo tanto non remata de entender a responsabilidade que ten, o que provoca momentos cómicos pero hai personaxes máis interesantes. Non me refiro a Katara, interese amoroso de Aang, senón principalmente a Sokka, Azula , Toph e Zukko(Igual os nomes non se escriben así XD). Sokka é o único dentro do grupo que non ten "superpoderes" pero demostra ser o elemento máis importante do equipo, dado que é o que os mantén unidos e demostra ser un excelente estratega. Ademáis , a medida que avanza a serie pule as súas habilidades como espadachín e resulta un personaxe moi sólido, dado que non é do tipo "son un motherfucker que machaca á peña" pero da feito cousas.
Por outra parte temos a Azula e Zukko, os herdeiros do soberano da nación do lume. Azula é unha mala malísima , pero tremendamente carismática. Ademáis, tódolos paus que levou na súa vida fan que remate por perder a súa cordura por momentos. Zukko sofre a que probábelmente é a maior evolución de persoanxe da serie, dado que pasa de querer matar ao Avatar a axudalo e o interesante é que esta transición non se fai de xeito estúpido, senón que hai altibaixos e á fin Zukko dase conta despois de moitos sucesos de cal é o seu destino.
Toph é unha rapaza cega que usa os seus pés para sentir as vibracións do chan e así poder "ver". Por se iso non fose o suficientemente guai, aquí non se usa o tópico fácil de "pobre e desvalida", Toph rise e fai bromas sobre estar cega(Como por exemplo, que así non ten que ver os horríbeis debuxos de Sokka) e resulta ser unha das mellores "bender" de Terra de toda a serie.
PD: Ah, e hai un bisón voador. BISÓN VOADOR XIGANTE, eu só digo iso XD
Se falamos de animación, a diferenza entre o primeiro libro e o último é brutal. Non hai unha animación epicamente boa pero é máis que suficiente para desfrutar a serie, especialmente certas pelexas e momentos concretos. A banda sonora, por outra parte, é relativamente boa pero só destaca nos momentos épicos, o resto das melodías son bastante aburridas.
En conclusión, tiña expectativas e non me decepcionei. Gran argumento(Aínda que con algún que outro recheo), secundarios carismáticos e en resumo unha historia que te ten "pegado á patalla". Sobresaínte.