Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta ISTO NON É PUBLICIDADE. Amosar todas as publicacións

Ben, nesta nova entrego recomendo botarlle un ollo a http://animepapertoys.blogspot.com/ . Esta páxina contén multitude de plantillas para montar bonecos de papel de forma relativamente "sinxela" xD.
Hai moitos e están moi ben caracterizados .
Só imprimes a plantilla e a montar!

ISTO NON É PUBLICIDADE (IX)

venres, 20 de maio de 2011
Posted by OGSN
IIYoutube ten o seu aquel para ver anime online.... pero honestamente falando, os caps non saen todo o rápido que deberían e a calidade dos mesmos deixa moito que desexar.Así, hai outras alternativas para ver anime online:
-Funanimation: un canal que emite por internet onde botan anime as 24 horas do día.Ten un canal de youtube con tódolos episodios emitidos dispoñíbeis(aínda que non está dispoñíbel desde España). É totalmente legal, o que pasa é que cecáis os horarios non son moi adecuados xD.
Funanimation tivo bastante publicidade ultimamente xa que a pesar de emitir o anime Fractale de xeito legal, outros fansub traballaban con ese anime polo que deixou de emitilo, aínda que na actualidade teño entendido que o volve emitir.
Eu intentei entrar na páxina principal pero non din, cecáis sexa por entrar desde España:
-Crunchyrroll: páxina web con moitos animes para ver, coa posibilidade de pasarte a premium para saltarte os anuncios.O malo que lle topo é que os títulos non sen sempre os últimos emitidos en Xapón, aínda que de calidade non se pode un queixar: alta definición garantida.
-Anime44: desde que descubrín esta páxina vexo todo o anime semanal aquí. A calidade dos seus vídeos é indudábel, sendo a maioría dos vídeos en alta calidade e como mínimo a uns 360p. A velocidade coa que sacan cada release é asombrosa adiantándose en ata 2 días a youtube nalgúns casos.
Os subtítulos son smpre moi precisos e intégranse á perfección nun reprodutor propio que divide os caps en dúas partes.En resumo, a mellor páxina para ver anime subtitulado en inglés que existe na actualidade.

ISTO NON É PUBLICIDADE(VIII)

xoves, 17 de febreiro de 2011
Posted by OGSN
Aquí unha nova entrega , esta vez presentando eHow, unha páxina en inglés que como o seu propio nome indica especialízase en tutoriais ou "how to", moi abundantes na internet hoxe en día. Así, podes atopar de todo tipo desde como converter un armario nunha oficina ata como conseguir declararte á rapaza que che gusta.Pincha na imaxe para ir alí.
Da mesma temática(ou parecida) podemos atopar videojug, unha páxina onde hai 1000s de tutoriais en video sobre como facer todo tipo de cousas, desde cociñar vexetais a como aprender a debuxar correctamente.Todo o material está en inglés pero hai moitos videos con subtítulos en inglés do que din e falan bastante lento ao  ser tutoriais polo que pode ser unha boa práctica do inglés.Pincha na imaxe para ir alí.


ISTO NON É PUBLICIDADE (VII)

venres, 10 de decembro de 2010
Posted by OGSN
Ben , aquí presento "Visto en FB", unha páxina na que aparecen fotos ou capturas de pantalla dos epic fail, machadas, despistes e demáis cousas de facebook e tuenti para que te botes unha risas.
Aquí o link: vfb

ISTO NON É PUBLICIDADE(VI)

venres, 3 de decembro de 2010
Posted by OGSN
Cecáis pense que é un día malo, que todo che sae mal, que non hai maneira de que as cousas saen peor e sae xD.Por iso nesta páxina podes compartir esas "desgrazas" e ver as dos outros, un modo orixinal de liberar tensións e rirte un pouco ao mesmo tempo.Pincha aquí. Podes visitar o equivalente inglés aquí.

ISTO NON É PUBLICIDADE(V)

venres, 19 de novembro de 2010
Posted by OGSN
Se estás aburrid@ porque non pasas por http://www.xtec.cat/~ealonso/flash/mapasflashga.htm ?Basicamente é unha páxina web que contén moitos mapas interactivos de diferentes países e continentes para aprender u npouco de xeografía. Pode parecer fácil, pero eu non souben nen tódolos países de Europa xD.

ISTO NON É PUBLICIDADE(IV)

xoves, 16 de setembro de 2010
Posted by OGSN
Aquí presento pimp-my-profile.com, unha web certamente interesente no tema de fondos . É interesante para min o apartado de blogger, onde podes atopar unha gran cantidade de plantillas(templates) , e sobre todo, unha gran cantidade de plantillas de anime se a temática do blog e diso. É bastante interesante porque hai un gran número de plantillas e categorías pouco correntes coma anime, gótica, etc.Ademáis ten outras cousas interesantes para blogger coma logos, ou diversas ferramentas para crear textos con brillos e demáis cousas.
Bótalle un ollo se queres tunear a túa páxina web ou blog.

ISTO NON É PUBLICIDADE(III)

martes, 27 de xullo de 2010
Posted by OGSN
Aquí unha nova entrega. Desta vez, smosh.com, unha páxina chea de machadas. Especialmente reseñábel a sección de vídeos, certamente graciosa.
A URL é: http://www.smosh.com/
Aquí un exemplo, que pasaría se os videoxogos fosen reais?
http://www.smosh.com/videos/stephen-hawkings-milkshake-music-video

Videos tu.tv

ISTO NON É PUBLICIDADE(II)

mércores, 7 de xullo de 2010
Posted by OGSN
Nesta sección recomendarei páxinas web que me parezan interesantes. Neste caso aquí recomendo http://www.nopuedocreer.com/ , noticias, artiluxios e cultura para frikis e geeks. Que é o molón desta web?Pois é a sección que teñen non podo crer que o inventarán, onde todo tipo de artiluxios extravagantes son mostrados. Aquí un exemplo: moto reconvertida a barbacoa.


ISTO NON É PUBLICIDADE(I)

martes, 22 de xuño de 2010
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //