Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta sports. Amosar todas as publicacións




It finally reached him.....

Mola a filosofía da xente que fixo a OVA de Air Gear. Pensaron algo como : "para que imos animar un montón de capítulos podendo pasar á parte interesante no momento?". Dito e feito XD.
Así, nesta primeira OVA de Air Gear hai un salto temporal moi grande dende onde o anime rematou (recordemos que o anime remata cando Ikki consegue saltar unha gran distancia cos seus Air Trekks e arrebátalle o record a outro patinador) para atoparnos co comezo dun dos  mellores arcos do manga, a batalla entre sleeping forest , genesis e un kogarasumaru.
Así, esta OVA conta a historia da batalla entre Ringo e Ikki , cando Ringo "machaca", por dicilo así, a Simca e Ikki vai falar con ela para pedirlle explicacións, o que resulta nunha batalla entre os dous.
Para os que remataron o anime e o seguinte que ven é esta OVA debo dicir que o mellor é ler bastantes capítulos de manga antes de facer isto , sobre todo polos novos personaxes . Así, nesta trama aparecen varios personaxes novos, pódese ver á tuner de Ikki(que non recordo como se chama), unha rapaza que consegue que a regalía de vento de Ikki funcione, a Aion, un pantinador que controla o tempo e pequenos retazos de outr@s personaxes .
Así, a batalla luce tremendamente espectacular, vamos, ver o anime orixinal e ver esta OVA é como para pensar que se se teñen cartos e se pon interés as cousas pódense facer mellor. Así, cun deseño de personaxes renovado moito máis achegado ao do manga e uns efectos moito máis chulos (luces, ); así como unha coreografía dos moventos moito máis realista e un pouco máis "física", por dicilo así(máis crible dentro do incrible XD), Ringo e Ikki combaten durante os case 30 minutos que dura a OVA intercambiando golpes un con outro ata que a pelexa, a pesar do uso da regalía do vento por parte de Ikki, remata en empate.
No anime orixinal apenas se trataba o tema amoroso, máis concretamente, a tensión sexual non resolta entre Ikki e Ringo. Neste OVA iso cambia xa que coma no manga orixinal prodúcese un achegamento entre ambos con malentendidos graciosos froito da personalidade Tsundere de Ringo  e momentos íntimos como cando ámbolos dous se bican e Ikki deixa a casa familiar. Iso sí, hai ecchi pero ben feito , cun gran deseño e dese non tan explícito que o fai máis interesante.

En resumo é unha gran OVA moito máis fiel e realista , mostrando o que realmente é Air Gear baseándose no manga(a pesar de que a min o concepto de patinadores asasinos con superpoderes......mola só te fixas en que é un manga de batallas máis que de deportes ou de outra cousa) que a partir dese momento vólvese moito máis interesante.

Nota: 8

















A pelota sempre remata diante da persoa que nunca se rinde


Moitas veces esquecemos o que di a frase en cursiva que está por riba desta texto, que dise nun contexto futobolístico pero que se pode aplicar a calquera outro ámbito da vida.
Así, falaremos de Giant Killing que é o que nos ocupa. É un sports anime que ven dun sports manga homónimo que gañou un premio Kodansha ao mellor manga na categoría de mellor manga en xeral.  É interesante e ten un "algo" que fai que a pesar da súa estrutura repetitva non aburra a trama e continue o seu visionado con relativa facilidade, e dío alguén a quen non lle soen gustar os mangas de deportes. Agora, o argumento:


ARGUMENTO
Este anime conta a historia de certo equipo de fútbol de Tokio, o East Tokio United(ETU) ,que tivo a súa época dourada tempo atrás e que, despois de incluso descender á segunda división conseguiron ascender á primeira outra vez sempre están na zona baixa da clasificación. As cousas non están ben para o equipo que cambia constantemente de entrenador, case non ten fans nos partidos e cuns xogadores carentes de moral.
Todo a parte dos malos resultados comezou cando a gran estrela do equipo, Takeshi Tatsumi, marchou do equipo para xogar en Europa, onde actualmente exerce de entrenador. Así, dous representantes do ETU deciden a Reino Unido, onde Tatsumi conseguiu que un equipo case de aficionados derrotara a un grande da liga inglesa e chegase a estar entre os 32 primeiros da FA Cup, algo que os afinicionados denominaron Giant Killing(Matanza de Xigantes), dahí o nome do anime. Así, os enviados do ETU pídenlle a Tatsumi que volva a Xapón para convertirse no entrenador do ETU e devolverlle a súa grandeza, algo que Tatsumi acepta e así comeza a historia.
Logo disto a trama desenvólvese basicamente xogando partidos , ben de liga , ben de copa ou outros torneos e nos entrenamentos, que soen ser bastante "estranbóticos", facendo case de todo menos entrenar normalmente.
Os partidos son bastante realistas dentro do que se podería esperar, xa que a súa duración non é demasiado longa en capítulos(normalmente, xa que hai partidos especiais que si duran bastante) e úsasnse tácticas de fútbol reais para gañar os partidos. De feito, algo que recalcaln no anime e no que eu coincido é en que o máis importante non é sempre a técnica dun xogador, senón a capacidade que ten de loita e a mentalidade coa que afronte os seus compromisos, algo no que Tatsumi fai fincapé para cambiar a racha de resultados negativos do ETU.
O anime non abarca demasiado en tempo, xa que ao remate do mesmo apenas transcorreu a metade da tempada polo que queda aberta a posibilidade dunha segunda tempada xa que o manga orixinal ten moitos máis capítulos.
Hai que destacar que a súa demografía é seinen, nótase sobre todo en que o peso de lograr as victorias e de aguantar as derrotas non recae sobre os xogadores e recae maiormente no entrenador, sendo este o protagonista da historia.


PERSONAXES
Hai moitos secundarios pero o certo é que non se mostra a tódolos membros do ETU(aínda que sí á maior parte dos once iniciais que xogan normalmente) e algúns deles apenas son nomeados ou sae nalgún partido.

Takeshi Tatsumi: entrenador do ETU e ex-xogador do mesmo. Alguén cunha personalidade moi forte que quere gañar como sexa pero que sempre actúa de maneira despreocupada, o que molesta aos seus xogadores e á outra xente, pero que sempre remata de xeito favorábel ao equipo.
É un gran entrenador, xa que non pide fichaxes e cos xogadores que ten é capaz de facer unha estratexia para xogar cada partido e conseguir gañar algúns partidos.
É o protagonista da historia.

Murakoshi: defensa do ETU(presumiblemente central dado que non é o suficientemente rápido como para ser lateral). Antes de que Tatsumi sexa o entrenado do club é o capítán e unha figura dentro do equipo, polo que é apodado Mr ETU , pero Tatsumi quítalle responsabilidade para que poida desenvolverse como xogador, mellorando o seu rendemento.
Actúa sempre buscando darlle moral ao grupo e apoio aos máis novos dándolle confianza.

Sera: dianteiro novo(de idade) que parece unha promesa, aínda que a súa conta de goles non sexa demasiado elevada. Soe marcar en ocasión importantes e convírtese nun titular do equipo

Yuri: filla do presidente do ETU que se preocupa moito polo club , dado que é fan desde pequena.
É unha adicta ao traballo e sempre consegue o mellor para o equipo.

Luigi: máis coñecido coma ouji(príncipe), é un xogador italiano que é o encargado de crear o xogo no ETU, xogando nunha posición de mediocentro ou así.
É moi despreocupado e pasa moito do tema , cansándose enseguida, pero ten unha técnica impresionante que fai que os seus pases nunca fallen polo qhe é un titular indiscutíbel.

Tsubaki: gran promesa do ETU que demostra moito potencial omo dianteiro por momentos, mentres que outras veces é unha "burra"(sen insultar aos animais, claro está) que non sabe andar coa pelota entre os pés e pódelle a presión.

Kuroda: defensa central do ETU que sempre discute co entrenador e que chega a case abandoar o equipo, aínda que finalmente non o fai.
De personalidade forte, é un bo defensa no marcaxe individual sendo a clave para gañar moitos partidos.




ANIMACIÓN E BSO
Algo que me chama a atención sobre o deseño de personaxes deste anime é o nariz dos personaxes. Por que? Bueno, porque a maioría deles(non todos, certo, pero moitos) teñen o nariz extraordinariamente puntiagudo XD. Non é que me moleste nin nada ppero pareceume curioso XD.
Respeito da animación en sí debo dicir que é decente  , segue un trazo moi similar ao do manga e fai fincapé nalgúns detalles, coma o movemento do balón ou o movemento dos xogadores cando fan regates, fintas ou outros movementos aínda que non tanto no deseño de personaxes. É algo así como que o importante é o partido e non os xogadores.
Algo interesante é que "cada un fala no que lle parece". Vale, non é para tanto pero pódese escoitar a xente falando en inglés, francés alemán e xaponés, algo bastante curioso XD.
A BSO está ben , algo repetitiva, iso si XD, xa que hai un ou dous temas que soan sempre que pasa algo importante que a pesar de que non están mal cansan se os escoitas tantas veces XD.
O opening está moi ben, gústame ese estilo como de fútbol inglés, buscando un son tradicional e incorporando gaitas incluso.


O ending é de estilo máis roqueiro pero non por iso peor, de feito é un dos pouco endings que me leva gustado porque non é algo lento senón algo con ritmo.



http://youtu.be/BI_zwzAH1FY

CONCLUSIÓN
Gran anime seinen de fútbol que fai xustiza con este deporte ofrecendo un produto serio e riguroso e moitos aspectos co seu toque de imaxinación para darlle vida á trama. Moi recomendábel.



Nota: 8.9

CRíTiCa ANiMe: Giant Killing

domingo, 18 de setembro de 2011
Posted by OGSN

Deportes....un xénero amplamente tratado no manga e un dos máis populares, podéndonos atopar deportes de todo tipo. Obras como Captain Tsubasa, Prince of Tennis ou Eyeshield 21 son grandes hitos deste tipo de manga, normalmente de temática shonen que segue tendo moitos adeptos. Falarei só dos que coñezo, dos que non poñerei un link a algún lugar onde informarse sobre os mesmos(hai que pinchar no título de cada manga para ir á información no caso de que eu non poña nada). Comecemos!
-Fútbol :

               Captain Tsubasa: non creo que necesite de moita presentación se digo que é o nome xaponés do mítico Óliver e Benji XD. Gran historia de corte shonen que aínda non rematou na actualidade ( a base de secuelas e máis secuelas )e segue as peripecias de Óliver Atom, xogador de fútbol xaponés desde o istituto , pasando por toda a súa carreira futbolística, actualmente en europa.Ten anime.

               Giant Killing: conta a historia dun xogador de fútbol xaponés que é bastante famoso na súa época, pero que cando marcha do equipo no que xoga este descende. Así, o equipo consegue ascender pero os seus resultados son pésimos polo que deciden buscar a aquel xogador para que sexa o seu entrenador, que actualmente é un entrenador moi respectado en Inglaterra. Ten anime.

               Shuukyuu Shoujo:  este manga non é tan serio como pode ser Captain Tsubasa e céntrase máis na comedia .É un crossdressing cunha historia un pouco "peculiar", rapaz consegue entrar na escola dos seus soños porque alí hai supostamente un gran equipo de fútbol, cousa que resulta ser mentira , xa que os membros dimitiron ao ver que unha rapaza xogaba mellor ca eles, a actual capitana. Así, fórmase un equipo de fútbol feminino xunto co protagonista(si, 10 mulleres e un home XD) polo que o protagonista vístese de muller para xogar contra os outros equipos por vergonza.

                Mirai no football





-Baloncesto:



               Slum dunk: mítico do xénero . Conta a historia dun rapaz que por impresionar a unha rapaza finxe ser un deportista e únese ao club de baloncesto da súa escola, aínda que despois descobre que o baloncesto é un deporte moi esixente e no que terá que esforzarse para triunfar. Manga cómico de tipo shonen, moi bo.Ten anime.


-Tenis:

               Baby Steps: é un manga de tenis que é bastante realista , sobre todo nos partidos, cecáis o é algo menos na carreira profesional do protagonista e no rápido que mellora XD. Así, conta a historia dun rapaz que é perfecto nos estudos, pero non ten moita vida social. Iso cambia cando coñece á sua sempai , quen o convence para que se meta no club de tennis, onde comezará a súa carreira tenística. A pesar de non ser moi bo ao comezo, grazas á súa habilidade, que é a de analizar aos seus oponentes e apuntar todas as técnicas que aprende, de xeito que ollea a libreta frecuentemente durante os seus partidos, algo que sorprende a todos.


               Prince of tennis: senón o manga máis popular de tenis, un dos máis populares. A súa historia é bastante simple: rapaz de istituto é un xenio do tenis e quere gañar sempre polo que se enfronta a moitos rivais. Nada novo na historia pero o desenvolvemento da mesma está ben levado, sendo unha obra obra moi longa que xa ten unha continuación en forma de secuela.Ten anime

-Bádminton: 

Smash


-Patinaxe sobre xeo:

                I-revo: sei que hai máis mangas do xénero pero este foi o único que lin. Conta a historia de certa rapaza algo "machorra" que está namorada. Así, para conquistar ao seu amado , decide facer patinaxe sobre xeo, polo que despois dun cambio de imaxe e moito practicar consegue facerse patinadora e ahí comeza a historia. É moi curto porque o cancelaron e o final é moi cutre debido a esa circunstancia, pero a min pareceume decente.
-Esquí(saltos):

                Nononono: é un manga que a pesar de tratar o tema dos saltos de esquí ten moito drama. Así, vai dunha rapaza que se fai pasar polo seu irmán xa falecido para poder participar así nas competicións de saltos de esquí e cumprir un soñó, aínda que terá moitas dificultades no seu camiño. Ecchi, algo de comedia, drama e deportes xúntanse neste manga.
-Boxeo:

                Hajime no Ippo:non lin Hajime no Ippo pero debo recoñecer que se un manga ten máis de 900 capítulos ten que ser por algo. Pincha no nome do manga para ir ao argumento.Ten anime

                Buyuden: certo rapaz é un prodixio en todo, tanto nos deportes, coma en popularidade coma nos estudos. Sen embargo, non é capaz de defenderse duns matóns e remata salvado por unha rapaza o que supón que lle pide a esta rapaza que lle ensine boxeo para defenderse. Poucos capítulos de momento, pero promete.

-Beisbol:

                Major .Ten anime.
-Natación:

                Umisho: vin o anime e lin algúns capítulos do manga....pero non me acaba de convencer. O debuxo é bastante pésimo e a pesar de que é unha comedia ecchi é demasiado vacía e aburre pronto. O anime mellor que o manga.Ten anime

                Frogman: é bastante parecido a umisho pero algo mellor. Basicamente vai de un rapaz que remata no club de natación para estar co a rapaza que lle gusta, e os dous, xunto con outros membros, aprenden "técnicas" de natación, pero sobre todo está centrado no ecchi, cun debuxo bastante bo.
-Fútbol Americano:

                Eyeshield 21. Ten anime
-Waterpolo:



                My heart is beating: é un 4-koma que realmente non se centra demasiado no tema, a pesar de que sí xogan partidos durante a trama. Esta, conta as peripecias dun rapaz que é obrigado a travestirse por culpa de que o atopan "admirando" un bañador feminino e remata xogando no equipo de waterpolo feminino sen que as súas compoñentes o saiban.
-Patinaxe:

                Air Gear: dicir que é Air Gear é un manga de patinaxe é ampliar moito o concepto de patinar XD. É un manga supostamente futurista (mellor que o anime, o cal está analizado neste blog) que conta a historia dun grupo de rapaces que compiten con outra xente usando patíns con motor de coche. Ao principio é máis ou menos realista dentro do que un pode esperar pero actualmente o manga adécuase máis a un manga de batallas que a un manga de deportes XD. En todo caso, un grande, sen dúbida. Ten anime
-Voleibol praia:

                Beach Stars :está centrado profundamente no ecchi pero iso non quita que explica bastante ben a esencia do volley e as técnicas que se usan, conseguindo unha atmósfera boa nos partidos. Ten unha secuela chamada The!! Beach Stars


-Kárate:  



                 Karate Shoukoushi Kohinata Minoru : este manga é bo , sobre todo, porque é realista. Isto é, o nome das cousas, as técnicas usadas, a motricidade dos movementos d@s personaxes, os torneos,....A atmósfera que crea é moi boa dando a impresión de estar realmente no mundo do kárate, mesturado con comedia e algunha que outra escea ecchi.


-Tiro con arco:

                Kaichu:  non hai demasiados capítulos pero de momento é bastante decente tendo en conta que é a historia dun rapaz que se viste de muller e compite así no club de tiro con arco da súa escola xunto cos seus compañeiros.



-Loita(wrestling):



                Kinnikuman. Ten anime

                KOKO GA UWASA NO EL PALACIO: é un manga sobre todo cómico e ecchi, pero pódese dicir que unha das partes principais do mesmo é a loita, dado que as súas protagonistas son loitadoras profesionais e van a torneos.


-Ciclismo:
       
                      Overdrive


-Rugbi: 

                      No side


-Golf: 

                      King golf


-Xogos de mesa:               
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                  


































































Sangatsu no lion

(shogi)
                          




Shion no ou(mahjong). Ten anime.




Si, sei que faltan deportes e mangas e cada categoría pero a idea era facer unha overview ao tema XD. Espero que vos gustase!

Manga sobre............Deportes!

xoves, 8 de setembro de 2011
Posted by OGSN

A pesar de ter só 5 capítulos e ter máis ou menos unhas 170-180 páxinas de lonxitude totales esta historia é simplemente xenial do xeito que é contada.

A historia vai de certo xogador de fútbol xaponés que ficha por un equipo español, pero en lugar de xogar no primeiro equipo remata xogando no segundo equipo que milita na segunda división española.
Para poder mellorar, o equipo( i el incluido) van cara o reino unido para xogar un amistoso contra un equipo inglés que leva moito tempo en activo a pesar de que non sexan moi bos.
Hai un incendio no barco e Mirai, o rapaz xaponés, é arrastrado por un personaxe misterioso cara o fondo do mar.Cando desperta, atópase con que foi transportado 150 anos ao pasado e decide xogar co equipo inglés de fútbol desa época!

A trama é moi fresca , diferente, con ese toque que fai que a pesar de ser unha historia moi curta sexa incrible.Realmente o interesante é o desenvolvemento dos personaxes e os seus sentimentos, no realmente o ámbito deportivo.

Nota: 7

Recomendación : Mirai no football

xoves, 7 de xullo de 2011
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //