Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 23 de setembro de 2011




It finally reached him.....

Mola a filosofía da xente que fixo a OVA de Air Gear. Pensaron algo como : "para que imos animar un montón de capítulos podendo pasar á parte interesante no momento?". Dito e feito XD.
Así, nesta primeira OVA de Air Gear hai un salto temporal moi grande dende onde o anime rematou (recordemos que o anime remata cando Ikki consegue saltar unha gran distancia cos seus Air Trekks e arrebátalle o record a outro patinador) para atoparnos co comezo dun dos  mellores arcos do manga, a batalla entre sleeping forest , genesis e un kogarasumaru.
Así, esta OVA conta a historia da batalla entre Ringo e Ikki , cando Ringo "machaca", por dicilo así, a Simca e Ikki vai falar con ela para pedirlle explicacións, o que resulta nunha batalla entre os dous.
Para os que remataron o anime e o seguinte que ven é esta OVA debo dicir que o mellor é ler bastantes capítulos de manga antes de facer isto , sobre todo polos novos personaxes . Así, nesta trama aparecen varios personaxes novos, pódese ver á tuner de Ikki(que non recordo como se chama), unha rapaza que consegue que a regalía de vento de Ikki funcione, a Aion, un pantinador que controla o tempo e pequenos retazos de outr@s personaxes .
Así, a batalla luce tremendamente espectacular, vamos, ver o anime orixinal e ver esta OVA é como para pensar que se se teñen cartos e se pon interés as cousas pódense facer mellor. Así, cun deseño de personaxes renovado moito máis achegado ao do manga e uns efectos moito máis chulos (luces, ); así como unha coreografía dos moventos moito máis realista e un pouco máis "física", por dicilo así(máis crible dentro do incrible XD), Ringo e Ikki combaten durante os case 30 minutos que dura a OVA intercambiando golpes un con outro ata que a pelexa, a pesar do uso da regalía do vento por parte de Ikki, remata en empate.
No anime orixinal apenas se trataba o tema amoroso, máis concretamente, a tensión sexual non resolta entre Ikki e Ringo. Neste OVA iso cambia xa que coma no manga orixinal prodúcese un achegamento entre ambos con malentendidos graciosos froito da personalidade Tsundere de Ringo  e momentos íntimos como cando ámbolos dous se bican e Ikki deixa a casa familiar. Iso sí, hai ecchi pero ben feito , cun gran deseño e dese non tan explícito que o fai máis interesante.

En resumo é unha gran OVA moito máis fiel e realista , mostrando o que realmente é Air Gear baseándose no manga(a pesar de que a min o concepto de patinadores asasinos con superpoderes......mola só te fixas en que é un manga de batallas máis que de deportes ou de outra cousa) que a partir dese momento vólvese moito máis interesante.

Nota: 8
















Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //