Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta seinen. Amosar todas as publicacións

#manga #anime #ogsn

Algo tarde pero aquí está a entrada da semana pasada (Un luns case conta dentro da mesma semana, a pesar de que pasasen máis de 7 días dende a última entrada XD).
O caso é que hoxe falaremos dun manga chamado Umi no misaki, típico manga slice of life de xénero shonen cun triángulo amoroso, aínda que podemos estar dacordo que despois de School days este tipo de mangas non foron o mesmo.
Imos co argumento!

Umi no misaki conta a historia dun rapaz chamado Nagi que por diversas circunstancias remata por vivir na illa de Okistsuhima. Así, coa intención de ver un lugar que a súa defunta nai vira decide apuntarse na escola e vivir alí unha tempada. Todo é marabilloso ao comezo pero logo Nagi descobre máis cousas sobre a illa e as súas xentes e chega a remata por admitir que é a reencarnación dunha antiga deidade marítima e que tres rapazas da súa idade son as súas sacerdotisas. Todas están namoradas-obsesionadas con Nagi ata certo punto, dado que foron criadas como sacerdotisas sumisas para servir a un deus que non sabían se existía, polo que a chegada de Nagi é todo un alivio. Isto provoca que haxa certas esceas de sexo explícito por momentos aínda que non están fora de lugar e non son o máis típico da historia.
A historia evoluciona cara unha direción máis escura a medida que pasan os capítulos e explórase máis sobre a mitoloxía da illa e as ceremonias relixiosas que nela aparecen. Non entrarei en spoilers pero hai certo suceso da historia que é bastante obvio e marca un pouco o que debería ter sido o final da historia, pero continúa durante algúns capítulos na forma dun slice of life intrancesdente.


A nivel de debuxo o manga está moi ben, e non me refiro soamente aos komas de sexo, senón ao ton xeral. Reflexa moi ben a atmósfera opresiva presente durante a maior parte da historia, con emocións moi marcadas no rostro dos personaxes.


É un manga que me gustou bastante, aínda que o último arco argumental é altamente prescindíbel.


Nota: 8.0

Recomendación: Umi no misaki

luns, 14 de xullo de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe toca falar de Nozoki Ana(Que quere dicir peephole, segundo wikipedia XD) , un manga para adultos que explora o concepto de certos fetiches , en concreto o de observar a través dunha miriña.
É un manga para adultos e contén esceas explícitas de sexo pero non é un hentai: hai unha historia máis alá do que é o sexo e constrúense relacións entre os personaxes que cambian a medida que estes evolucionan.
Imos co argumento!

Nozoki Ana consta a historia de como un rapaz chamado Kido, quen se muda a Tokio para estudar nunha escola de arte atopa un pequeno burato na parede, polo que pode ver o que pasa na habiación que está contigua á súa.Pasa olímipicamente do tema nun comezo pero a curiosidade pode con el e decide mirar finalmente...para descubrir como a súa veciña se masturba. Isto provoca que Kido se escandalice e entre unhas cousas e outras, por accidente, remate encima da súa veciña. Esta chantaxéao: sácalle unhas fotos "incómodas" e dille que non as fará públicas se Kido deixa que ela mire polo burato ao seu cuarto. Ademáis, propón establecer turnos, para que Kido poida observar á veciña. Kido vese forzado a aceptar e así comeza a relación entre estes dous extraños personaxes.

Por moi porno que soe todo hai unha historia máis alá do que que se pode deducir no breve resumo do arugmento que fixen. Explórase este tema dende unha perspectiva de personaxes: céntrase a acción sobre a decisión de se o que os personaxes fan está ben ou está mal e téntase dar unha resposta en función das diferentes persoas que pasan pola vida dos dous personaxes,idas e vidas que constrúen unha historia moito máis seria do que pode parecer nun principio.

En canto ao nivel de debuxo está ben, é bastante extraño se o comparamos con outros mangas porquesegue unha certa tendencia a "debuxo animado", moi acorde coa historia, ao intentar redondear as formas na medida do posíbel e conseguir transmitir unha sensación de "realidade" en lugar dunha historia de fantasía con deseños de personaxes imposíbeis.


Nota: 7.0

Recomendazión: Nozoki Ana

venres, 13 de xuño de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falaremos dun manhwa(é coreano) de fai xa uns anos, pode ser considerado old school. Fïxose unha peli americana fai pouco que o adaptaba, que á súa vez era un remake dunha adaptación coreana. Non vin ningunha das dúas pelis pero se ves o trailer xa che queda bastante claro que non se parecen demasiado ao orixinal XD. Imos co argumento!

A historia de OldBoy é un relato sobre como un home normal ten que recompoñerse despois de verse secuestrado durante 20 anos (Ou así, tampouco me acordo do número exacto XD) e ver como a súa vida é destruída . 
Todo comeza cando o protagonista, chamado Goto, é secuestrado sen motivo aparente pouco antes da súa voda. Así, está retido nunha habitación dunha especie de hotel durante 20 anos, onde lle cortan o pelo de vez en cando e lle dan de comer comida china.
Un día, sen motivo aparente, atópase liberado , sen recordar o lugar exacto do seu cautiverio pero cun desexo claro: venganza. Así, decide investigar pola súa conta para atopar á persoa que lle fixo pasar o seu calvario para acabar coa súa vida.


A nivel argumental o maior problema é que a historia comeza forte pero perde forza pouco a pouco e o último tramo non é nada bo, hai unha conclusión bastante forzada: a maior revelación do manga resulta ser unha estupidez aticlimática que non fai máis que reafirmar as carencias do manga nese tramo final da historia.
Con respeito da peli, aquí non hai violencia. Esquecédevos de ver a Goto con algún tipo de arma e facer algo con ela XD; incluso os secuaces malvados non recorren tanto á violencia.

A nivel artístico o manga é cumpridor, ten un estilo da vella escola quenon destaca escesivamente por ser brillante pero que ten un ton escuro que vai bastante acorde coa tónica xeral do manga.

En resumo, moita xente dicía que este manga era tremendo pero a min decepcionoume bastante. Creo que tiña potencial , pero a súa duración excesiva provocou recheos innecesarios e o seu atropelamento á hora de contar o final resultou insulso. Non obstante, ten elementos bos i o arco inicial é bastante interesante. Notábel.
.

Nota: 7.0

Recomendación: Oldboy

sábado, 10 de maio de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn


 Boas!Hoxe falaremos dun manga chamado Kimi no knife, que se sabedes algo de xaponés podedes deducir que siñifica "Your knife". O título non aporta dato algún sobre o argumento(igual hai algunha metáfora que eu non pillei XD) pero o certo é que o manga está ben. É unha obra seinen ben construída nun principio sobre diversos dilemas morais que se dilúe a medida que pasan os capítulos e que remata de xeito prematuro e brusco. Así, de que vai?

Kimi no knife vai sobre todo de como son as persoas. En concreto, de responder a unha pregunta que se prantexou durante a historia da humanidade en numerosas ocasións: o ser humano é malo por natureza? Ademáis de o fin xustifica os medios?
Para responder a esas preguntas a historia do manga versa sobre o seguinte:
Un profesor de istituto chamado Shiki vive unha vida bastante feliz ao ser unha persoa nova asalariada. Sen embargo, hai algo que o carcome por dentro, que fai que non poida estar totalmente ben: o estado de saúde da súa irmá. Esta ten unha enfermidade moi rara que require de coidos continuos por parte de servizos médicos de custo moi alto, custo que Shiki non se pode permitir. Así que cando se lle presenta unha oportunidade para gañar cartos que poida usar para pagar o coidado da súa irmá decide cando menos considerar a proposta. Dita proposta resulta ser un asasinato .Deste xeito, certa organización contacta con Shiki e proponlle un trato: un millón de yens(Igual era outra cantidade, non o recordo ben) por matar a unha persoa que é da peor calaña posíbel(Véxase violadores, ladróns a gran escala que estafan a centos de familias....). Shiki ten dúbidas sobre se aceptar a proposta ou non pero logo de ver que incluso un policía participa nos asasinatos decide aceptar o trato e convertirse nun asasino a soldo.


O manga da unha resposta bastante complexa (que non vou desvelar para non caír en spoilers) ás dúas preguntas prantexadas antes . A miña opinión persoal no tema é que o ser humano non é nin bo nin malo por natureza, considero que a maior parte da súa persoalidade ben dada polas circunstancias que o rodean durante a súa vida.
Se falamos de cousas que o manga fai ben hai que destacar o suspense: hai un traballo impecábel, adornado cun debuxo exquisito que fai que non poidas predecir a maioría das cousas que pasan(Aínda que o final é predecíbel) .Conséguese o que se pretende: unha obra adulta, violenta , seria e que te faga reflexionar.
Sen embargo, non todo ían ser virtudes e o manga ten varios puntos negativos. Eu destacaría principalmente dous: en certo punto da historia hai certa personaxe feminina que ten unhas habilidades especiais que poderían dotar ao manga dun trasfondo enorme pero que son absolutamente ignoradas . Por outra banda, está o feito de que o manga perde moita calidade argumental no seu último treito:os sucesos sucédense a tropel sen ton nin son e aínda que a conclusión é aceptábel podería ter sido moito mellor .


Como conclusión, un manga que comezou como obra mestra pero que rematou como notábel alto. Aínda así, unha lectura recomendada.


Nota: 8.5

Recomendación: Kimi no knife

venres, 7 de febreiro de 2014
Posted by OGSN
Non estaba morto, estaba de parranda! XD Xa sei que non se pubricou nada no blog ultimamente(Quen di ultimamente, di nas últimas 3-4 semanas....recuperarei o ritmo de publicación nalgún momento, non digo que de repente aparezan 3-4 entradas por semana(Que igual me da a venada pero véxoo improbábel) pero tede por seguro, querid@s lector@s que o número de entradas será dun mínimo de 42 dúas a final de ano .

#manga #anime #ogsn
Seid ihr das Essen?
Nein, wir sind der Jäger
Boas!Hoxe falaremos do anime que foi probábelmente o que máis pasións suscitou o ano pasado , Shingeki no Kyojin, baseado nun manga do mesmo nome. Analizarei só o anime dado que o manga non o lin . Curioso o feito de que o mangaka concedese unha entrevista recentemente na que admitiu que tiña pensado un final traumático pero dado o éxito do manga e pra non decepcionar aos lectores/lectoras cambiou a estrutura e que agora era medio improvisado. Just saying XD.Imos co argumento!

ARGUMENTO

Situámonos nu lugar  con características medievais no que a maioría da poboación humana foi aniquilada por xigantes. Así, ao comezo da historia , os poucos humanos  humanos que quedan (Este punto é dubidábel a partir de certo punto da historia, pero non digo máis pra non dar spoilers XD )  refúxianse dentro dunha cidade amurallada con tres murallas concéntricas. A máis interior é a máis alta e curta , mentres que a máis exterior é a máis longa pero baixa das tres. Ditas murallas serviron pra que durante máis de cen anos non houbese ningunha incursión de titáns dentro da cidade polo que os humanos reláxanse e pensan que nada vai pasar. Isto resulta ser unha actitude moi errada dado que no primeiro episodio un xigantesxo titán (Que será coñecido posteriormente como Titán Colosal) consegue entrar na cidade . Con el entra un exército de xigantes e prodúcese unha masacre na que a proboación humana queda mermada aínda máis e os poucos que escapan refúxianse na parte interior da cidade, ao amparo das murallas restantes. 

E ata aquí o argumento. Así de partida é algo que soa moi ben, rollo medieval con xigantes e xente con espadas matándoos. Gore, violencia, intriga e acción son elementos que abundan grazas a este argumento. Sen embargo, o ritmo é moito máis pausado do que un podería pensar en determinados momentos, dado que no anime apenas podemos distinguir tres/catro arcos argumentais en 24/25 episodios(Hai unha OVA): o avance é exasperantemente lento por momentos .

PERSONAXES

Botarémosllo un ollo a personaxe principal e a un personaxe secundario chamado Levi:

-Eren: rapaz que perde á súa nai no primeiro capítulo do anime co ataque dos titáns. Debido a este feito decide facerse membro dun corpo de élite que se dedica a matar titáns na medida do posíbel e a estudar as súas debilidades. Ao comezo , a pesar de tental o con tódalas súas forzas resulta ser bastante negado no uso dos aparellos pra loitar contra os titáns pero despois colle práctica e consegue un manexo bastante razoábel.
É o protagonista principal da historia e unha peza clave na loita contra os titáns SPOILER A PARTIR DAQUÍ dado que é un dos poucos humanos coñecidos que ten a habilidade de transformarse en titán ao provocarse dor, o cal deixa entrever que os titáns son froito de certo experimento e o pai de Eren tivo algo que ver e Eren podería ser a única esperanzaz da humanidade FIN DO SPOILER.


-Levi: este personaxe é o xefe da brigada anti-titáns e probábelmente o personaxe máis "cool" de toda a serie.É o único capaz de cargarse a varios titáns a un tempo sen ningún rasguño grazas á súa combinación de velocidade, axilidade e precisión, algo que fai que os seus subordinados o respeiten, a pesar de que el os considere como ferramentas,non como compañeiros.
É unha persoa moi seria, pechada, queda e metódica que mantén unha disciplina de ferro pra darse a respeitar. Non obstante, en certos momentos vese que os seus costumes poden ser modificábeis no caso de esbozar plans na súa cabeza contra os titáns, aínda que ao resto do mundo lle parezán unha loucura.


Algo curioso con este anime é que en enquisas de popularidade Levi desbancou aos protagonistas como personaxe máis popular.

ANIMACIÓN E BSO

A animación é boa, creo que fai un bo traballo ao capturar a esencia e ambiente do manga: todo é moi escuro e tétrico. Iso non quere dicir que, se temos en conta que pode chegar a haber moitas cousas en pantalla, con centos de soldados e titáns, pódense observar baixóns na calidade.
Respeito do deseño de personaxes é bastante fiel ao manga na maioría dos casos, aínda que hai algunha excepción.
 A BSO mola, o primeiro opening é o mellor de 2013, na miña opinión, e o segundo non mola tanto pero soa ben. Ademáis, as melodías que soan durante o anime contribúen a crear tensión. Aquí un exemplo:


CONCLUSIÓN

Había un hype enorme con este anime. Todo o mundo vía o anime e dicían que era boísimo, o mellor en non sei canto tempo...Creo que dicir tanto é pasarse, porque a pesar de que é bo, a nivel argumental é moi mellorábel(A pesar de que a premisa básica sexa moi interesante).Notábel.


Nota: 8.0

CRiTiCa ANiMe: Shingeki no Kyojin ( Attack on the titan )

domingo, 19 de xaneiro de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn



DOUS POST NUN DÍA! WIN! XD O caso é que , dado que o post sobre "young samurai" quedoume algo cutre publicarei a recomendación do manga de Reset hoxe tamén.
É un manga bastante interesante , de apenas un volume de duración (Que non é que sexa malo iso), que comenta aspectos dos xogos en liña e de programas de realidade aumentada . Prantexa moitas cuestións do tipo "e se?" con relación ao comportamento dos seres humanos. Pero basta de introducción, de que vai?


Reset vai sobre certo videoxogo online que provoca unha serie de sucidios en Xapón. Así, dito xogo é un xogo onde o xogador se mete nun mundo virtual(Estilo realidade aumentada) e pode experimentar as mesmas senacións que no mundo real. Isto provoca que a xente xogue a xogos como tirarse de edificios pra ver quen forma o charco de sangue máis bonito. A pesar do besta que é a acción non supón ningún de tipo de perigo en sí, ademáis do estrés ao que se somete ao cerebro por simular a súa morte.
O manga conta a historia dun hacker que, coa axuda dunha viúda cuxo home se acaba de suicidar, tentan resolver o misterio e rematar a cadea de sucidios.

Sei que é pouco argumento pero é que como só ten 6 capítulos un pouco máis e xa conto todo o que pasa XD. O manga é bastante interesante, tanto no plano artístico coma no plano argumental. Explórase batante a psique humana e cal  é a razón de que a xente esté tan obsesionada co xogo.
Outra razón pra lelo é que ao ter 6 caps non hai recheo XD, a acción é moi directa , sen rodeos,  un camiño sen freo cara a conclusión, algo moi de agradecer se temos en conta o panorama actual(Sí, falo de ti , Naruto XD).


Notábel. 8.0

Nota: 8.0

-Recomendación: Reset

domingo, 20 de outubro de 2013
Posted by OGSN
Tag :, Tag :, Tag :

Boas!A semana pasada estiven na aldea(Dahí a falta de post). A ver se agora podo publicar a un ritmo semanal dun ha vez XD.
Imos ao que nos ocupa hoxe : Maison Ikkoku (Maison de casa en francés), unha das primeiras obras coas que Rumiko Takahashi se fixo famosa. Imos co argumento:

Maison Ikkoku é un manga dos 80 e hai que falar del como tal. Conta a historia dun rapaz que vai vivir a unha Maison(Algo así coma unha casa de apartamentos neste manga) mentres estuda na universidade. Así, ao máis puro estilo "13 Rue del percebe" cóntanse as peripecias dos inquilinos dos pisos, manexados pola dona do bloque, unha muller duns 30 anos moi fermosa da cal o estudante está namorado.
É un manga de corte maiormente cómico polo que non hai moito desenrolo argumental , a maioría dos capítulos son independentes entre sí aínda que ben é certo que hai un certo fío argumental central: a relación entre a landlord e o estudante, que teñen unha relación de amor-odio.

É un manga que hai que ubicar na época na que se fixo. Isto parece estúpido pero hai moitos chistes que non entenderemos(ou non nos farán graza) se non temos en conta as circunstancias socieconómicas dos 80.
Así, aparatos coma os VHS ou as cintas de casette aparecen con frecuencia e son usados polos personaxes, así como rudimentarios ordeadores.

A súa duración é algo elevada, non na cantidade de capítulos senón no feito de que como case nunca avanza a trama vólvese repetitivo co paso dos capítulos e se saltas varios podes seguir o fío perfectamente.

O debuxo é o típico de Rumiko Takahashi: liñas moi marcadas e personaxes moi ao estilo dun comic, sen intentar que sexan realistas. Un dato curioso é que na miña opinión os personaxes masculinos teñen as cellas demasiado pobladas(todos XD ).
Os komas son do mesmo tamaño , ao contrario que os mangas de hoxe no que o tamaño varía neste manga dividen a paxína en cadrados iguais , algo que pode chocar e que resulta nun estilo de narración lixeiramente diferente.


En conclusión, manga bo de Rumiko Takahashi, se cadra un pouco máis adulto que cousas como Ranma.


Nota: 8.5

Recomendación: Maison Ikkoku

venres, 9 de agosto de 2013
Posted by OGSN

Tamén coñecido como 51 ways to save my girlfriend( Kanojo creo que siñifica rapaza e mamoru é salvar, o resto non sei XD, ) , este manga foi bastante popular no seu momento e levantou certa controversia debido ao terremoto que houbo en Xapón(O máis recente) , algo que , se somos realistas, non tiña así moito sentido porque non era máis que un manga , que ademáis comezara a pubricarse moito antes.
Pero bueno, o que nos ocupa agora é falar do argumento. Imos aló!


Kanojo wo Mamoru 51 conta a historia dun rapaz e unha rapaza que, compañeiros de istituto, reecóntranse anos despois. Os dous seguiros camiños moi diferentes: mentres que o rapaz está a ir a entrevistas de traballo e quere ser un home de proveito a rapaza segue anclada no pasado , coa mesma vestimenta gótica do istituto, algo que aos seus anos(A pesar de non ter máis de 30 ) resúltalle extraño a moitos. 
Os dous protagonistas atópanse de socato e comezan a mítica conversa de "Que tal che vai a vida?" cando un terrible terremoto sacude Tokio e todo se vai ao traste. Así, vense atrapados nun mundo que non coñecen , onde terán que loitar pra sobrevivir.


O manga é de estilo catastrofista, con esceas (paneis ou komas) bastante gráficas, onde pode verse como xente morre aplastada por cascallos ou outros obxectos de gran tamaño. Estes sucesos causan unha gran inquedanza e desacougo no protagonista masculino, quen , afeito á filosofía de facer sempre o ben, queda traumatizado cando lagúns momentos non consegue salvara  certas persoas en detrimento da súa propia seguridade, un acto que , ao comezo considera egoistas pero que despois non é tanto.
Os dous protagonistas son radicalmente opostos e esa é unha das grazas do manga: mentres que o masculino tenta buscar xeitos de sobrevivir e desprazarse a un lugar onde haxa recursos a feminina está bastante trastocada, con mentalidade infantil, a quen non parece importarlle nada ademáis do seu atributo de gótica.
Coma na maioría destes mangas, a catástrofe leva a que a xente se volva tola e danse episodios de violencia, que van dende pelexas por comida e auga ata violacións, as cales son apoiadas pola maioría.
O manga en xeral está ben, ten un ritmo razoábel(Non é epicamente rápido pero ten boa dúbida) e se se lle pode poñer unha pega é o seu final.
Sei que é bastante complicado facer un final pra un manga destas características, quero dicir, non hai un obxectivo concreto, non hai un "fin" real, o manga remata cando o mangaka quere que remate. Así, o final síntese un pouco "aleatorio" , dado que aporta unha conlusión ideolóxica pero non resolve de forma inequívoca o destino dos protagonistas.



En resumo, manga bastante interesante, de debuxo realista, cun ritmo normal que conta unha catástrofe dun terremoto. Notábel


Nota: 7

Recomendación: Kanojo wo Mamoru 51 no Houhou

martes, 28 de maio de 2013
Posted by OGSN

Boas! Hoxe falaremos dun webcomic chamado Diamond Dust(Polvo de diamante), que recentemente rematei de ler. Pra ser un webcomic con estilo de manga(Manhwa pra ser exactos) a verdade é que ten unha calidade argumental bastante importante.
O estilo de debuxo é coma nos manhwa 4 koma, cunha soa tira vertical na que se poñen tódolos "cadros" ou komas de cada capítulo. Así, de que vai?

Este webcomic conta a historia dunha pianista coreana que é unha nena prodixio e cando aínda é nova xa toca en grandes recitais. Sen embargo, a súa vida non está chea de rosas dado que o seu pai presíonaa demasiado e tanto este como a súa nai evitan que a rapaza teña unha vida normal coma as outras nenas da súa idade. Aos poucos capítulos de comezar o manga o pai da rapaza morre , algo que a traumatiza,  a pesar do odio que sentía cara el. Este suceso resulta en que a rapaza se vexa incapaz de tocar o piano dado que os seus dedos non se dan estirado e están sempre encollidos, sen importar o que ela intente.
Asi , vese á rapaza na actualidad, xa unha muller, deprimida e sen esperanzas de futuro, como se mostra por tódolos seus intentos de suicidio. Isto cambia cano coñece ao contante dun grupo de quen remata por namorarse e que lle axuda a curar o seu problema e fai que poida tocar o piano outra vez. Agora ven o spoiler: o mozo remata por morrer por mor dunha enfermidade terminal cerebral, de xeito que esquece pouco a pouco as letras que compuxo e remata por morrer, algo que devasta á rapaza pero tamén lle da forzas pra seguir, nun intento de cumprir o último desexo do rapaz.



En resumo é un manga relativamente interesante, altamente predecíbel a partir de certo punto pero non por iso menos disfrutábel. Notábel


Nota: 7.0  

Recomendación: Diamond Dust

venres, 17 de maio de 2013
Posted by OGSN
Tag :, Tag :, Tag :, Tag :, Tag :, Tag :, Tag :, Tag :


Nota: Pido desculpas a aqueles que se viron afectados por certo spyware que había no meu blog. Así, publicáronse entradas automaticamente . Xa tomei as medidas pertinentes(Pasar o antivirus e cambiar o contrasinal da conta) , así que creo que xa está solucionado.

Ola k ase! Tranquilos, non me volvín cani de repente XD, simplemente me fixo graza o saúdo do señor Lory Money . O caso é que hoxe falarei de Princess Resurrection, canela en rama, como diría Loulogio, dentro dos mangas de terror. De feito, podo dicir que este, ao ser de terror pero estar máis enfocado á acción con centos de homenaxes a películas clásicas de terror e un universo de fantasía-ciencia ficción que está moi ben construído. Así, podo dicir que este manga e Franken fran , do que falarei noutra ocasión, son os únicos de terror que coñezo(cómpre matizar ese punto , dado que non son un gran fan do xénero) que podo dicir que me gustasen. Comecemos co argumento :

Princess Resurrection é un manga que conta a historia da chamada princesa dos monstros, dahí o título do mesmo. Esta princesa é filla da realeza do mundo dos monstros e dedícase a tentar manter a orde en canto a asuntos sobrenaturais se refire. Así, ten que competir con seus irmáns e irmás pra proclamarse raíña nunha batalla a morte, na que só quedará un vivo.
A historia comeza cando a nosa hime deixa que morra por erro un rapaz chamado Hiro cando este a salva dunhas vigas que caen. Así, pra compensar o seu erro decide converter a Hiro nun Blood Warrior ou guerreiro de sangue.Este tipo de guerreiros son inmortais e poden levantarse sempre, coa salvedade de que pra sobrevivir teñen que conseguir o sangue do seu mestre, neste caso hime.
Por culpa desa circunstancia, Hiro e  a súa irmá trasládanse á mansión de Hime e Hiro convértese no seu gardaespaldas, co súa irmá como maid  que non se entera de moito XD.

Aparte de Hiro e Hime, dentro do Hime-squad, por chamalo así, está unha muller lobo chamada Riza(Tecnicamente medio-lobo dado que só é paret loba) , unha vampira chamada Reiri e un robot-maid chamado Flandre. Este robot é moi pocerosos e pode cargarse a case calquera inimigo. Ten o problema de que non pode falar e emite sempre os mesmos sons (aínda que Hime enténdea) e ten unha batería limitada, polo que cando se lle acaba queda inoperativa.
A maioría dos capítulos son autoconclusivos e o seu argumento non vai máis alá do propio capítulo pero certo é que hai un fío conductor principal, que é a batalla polo trono. Así, en certos momentos a historia pódese volver algo confusa dado que por momentos faise referencia a eventos que saíron moitos capítulos atrás e se temos en conta que este manga era bimensual iso quería dicir que leras dito capítulo anos atrás, co cal xa non te acordabas nin de que ía XD.
O manga é basicamente de acción, con Hime coa súa motoserra, Hiro , que deixa que lle peguen ao ser inmortal e Riza e Reiri como protectoras de Hime con Flandre(Nótese que os vampiros e os homes lobo teñen unha forte rivalidade e non se poden ver  ).
O manga fai homenaxes a todo tipo de películas de serie B de monstros e se sodes cinéfil@s podedes atopar centos de referencias coñecidas entre a gran cantidade de monstros que aparecen. Por dar exemplos, está  ohome invisible, cidades con néboa nas que hai asasinos e nserie, monstrode patano, pulpos xigantes, fantasmas, sereas.....e moitos máis.

Hai un anime pero realmente non é gran cousa, se queredes ver algo vede as OVAs, iso sí mola XD.


Como conclusión dicir que Princess Ressurrection é un manga moi interesante, de duración normal ou pouco longa (XD) que realmente engancha polo complicado que se volve o seu argumento por momentos e as esceas de suspenso.

NOTA: Espero reanudar o ritmo de publicación pronto, véxase , esta semana XD.

Nota: 9.0

Recomendación: Kaibutsu Oujo(Princess Resurrection)

luns, 13 de maio de 2013
Posted by OGSN

Boas! Recentemente regaláronme o primeiro tomo de Berserker, un manga seinen, así que hoxe comento que me pareceu.
Pra comezar, dicir que Berserker é a palabra que se usaba pra nomear a certos guerreiros vikingos que entraban en combate nunha especie de estado de "trance", no que non distinguían entre amigos e inimigos, eran inmunes á dor e basicamente mataban a distro e sinistro.Suponse que isto era así pola súa alimentación, que consistía en fungos alucinóxenos e un bebedizo de efectos similares.
Ademáis, o termo Berserker pode traducirse como "furioso", especialmente en xogos de rol(Final fantasy , por exemplo) , nos que cando un personaxe se atopa en estado de "Berserker" poden ocorrer diferentes cousas (depende do xogo): o personaxe ataca só cunha potencia de ataque moi superior á habitual pero falla moito, o personaxe aumenta o seu poder de ataque pero perde o uso de maxias.....

Pero volvamos ao tema do manga. É un manga orientado a un público seinen(adulto) , do xénero de fantasía. De que vai?

Berserker conta a historia de Gatsu, un guerreiro ao que ninguén coñece que ten o estigma do condeado no pescozo. Este estigma fai que Gatsu atraia aos demos por onde pasa, o que fai que desenrolase unha especie de aversión á compañía humana, non lle importa o que lle pase aos demáis con tal de que a el non lle pasa nada dado que só considera ás outras persoas como compañeiros temporais. Isto non o aplica a todo de tipo de criaturas, dado que neste primeiro tomo vemos como salva  a un ser con aspecto de fada(non teño moi claro se do xénero masculino ou feminino XD ) duns matóns que o teñen préso. En dito episodio mostra as súas habilidades como espadachín, dado que ten unha espada xigantesca coa que corta á xente á metade. Literalmente XD, o certo é que as esceas son moi gráficas, de xeito que se ven os corpos cortados con moito realismo pero sen pasarse, isto é, non hai sangue explosiva ou cousas así XD.
Ademáis, Gatsu ten unha especie de brazo robot de ferro, co que pode disparar flechas cunha ballesta que ten incrustada.
O obxectivo de Gatsu é o de derrotar aos "xefes" dos demos, de xeito que no primeiro tomo coñece a un dos baixos rangos a cargo dos demos e enfróntase a el nunha pelexa épica.


E ahí remata a sinopse, pra evitar spoilers. O tomo ten 3 capítulos e case 200 páxinas, polo que ten a mesma duración estándar , pero como é unha obra de intriga desenvólvese lentamente e fai que o tomo che dure máis, algo que se agradece :)

Respeito do debuxo , é moi bo , o autor é moi respeitado polo debuxo deste manga e despois de ler o primeiro tomo entendo a razón. Hai todo tipo de criaturas no manga:demos, fadas,humanos....todos están ben debuxados, cun estilo moi realista que intenta distinguirse do estilo típico de manga onde @s personaxes teñen rostros que non existen na vida real pra adoptar un estilo máis achegado ao cómic tradicional .

En conclusión, tomo altamente recomendábel que é o comezo dunha historia que, na miña opinión, comeza moi ben. 

Recomendación: Berserker(Tomo 1)

domingo, 13 de xaneiro de 2013
Posted by OGSN
Tag :, Tag :, Tag :
Between the adult world and the world of kids , there holyland exists. The lenient law and the reality of violence rules . A separate world. In that world, he was there - Kamishiro Yuu . He was , without a doubt , there.

Hoxe falaremos do manga de Holyland de Mori Koji. O manga ten 18 volumes de duración(capítulos semanais) i é do xénero de pelexas calexeiras orientado a unha demografía maiormente seinen(Publicábase na mesma revista que Berserker).Hai un dorama que adapta a historia.
Así, de que vai este manga?

Kamishiro Yuu é un rapaz que asiste a un istituto en Xapón.Sinte que non encaixa en ningún sitio, que non ten ningunha razón pola que loitar, pola que estar vivo, o que fai que esté sumido nunha profunda depresión a maior parte do tempo.
Ten un amigo moito máis risoño ca el e os dous deciden dar unha volta por certo barrio pola noite. O que Kamishiro ve esa noite cambia a súa vida pra sempre: ve como un ex-loitador que por diversas circunstancias rematou na rúa ten unha pelexa. A emoción que sente ao velo fai que lle ferva o sangue, desexa ferventemente experimentar ese mundo por si mesmo. Isto fai que entrene e que grazas á axuda de diversas persoas ascenda no mundo das pelexas calexeiras mentres derrota a moitos adversarios polo camiño, algúns dos cales convértense en amigos seus.
O manga segue unha liña argumental única, é liñal, comeza cando Kamishiro Yuu non é ninguén e remata cando se supón que é o xefe do lugar.

É un manga cun tremendo compoñente psicolóxico, as reflexións de Kamishiro Yuu ou de Izawa, o mentor de Kamishiro, son escalofriantes por momentos e fan a un preguntarse sobre diversos aspectos da conducta humana.
Logo está o de que a maneira na que se contan as pelexas é tremenda, nótase un intenso traballo de documentación detrás: síntes coma se estiveses ti na pelexa a observar e podes imaxinarte os golpes polas detalladas desctipcións que hai, a parte dos propios debuxos, que xa que falamos diso, teñen un nivel alto. Especialmente se falamos  das expresións dos personaxe e especialmente na de Kamishiro, quen ten unha expresión de " non toques as miñas galletas" tremenda XD.

En resumo, probábelmente o mellor manga que lin de pelexas calexeiras onde todo vale, o ring aparece en calquera lugar e a noite é o territorio ideal.


Nota: 8.5

FICHA TÉCNICA

TÍTULO: Holyland(Terra Sagrada)
MANGAKA: Mori Kouji
XÉNERO: seinen, artes marciais, pelexas calexeiras, artes marciais, psicolóxico.
ANO DE SAÍDA:2000
COMPLETO: Si
NÚMERO DE VOLUMES: 18
NÚMERO DE CAPÍTULOS: 182
FRECUENCIA DE SERIALIZACIÓN: Quincenal
REVISTA DE SERIALIZACIÓN: Young Animal
ANIME: Non
DORAMA:Sí

 


Recomendación: Holyland

xoves, 2 de agosto de 2012
Posted by OGSN


Disturbing. Ese é probabelmente o mellor termo que describir a este manga que en apenas 20 capítulos(Calculo que os capítulos eran ou bimensuais ou mensuais, hai un total de 4 volumes) consegue crear un clima de tensión extrema e fai que o leas todo dunha tacada sen dificultade. É un obra que está destinada a maiores de 18 anos, dado que ten sangue , violencia e recorda bastante á película de Saw, aínda que moito menos besta.

Doubt comeza coa reunión de dous dos personaxes nun parque, a rapaza chamada Mitsuki e o rapaz chamado Yuu-kun. Os dous teñen una pequena conversa sobre  motivo de atopárense alí ata que chegan outros personaxes, véxase Haruka , Eiji e Rei.
Resulta que Yuu está no parque porque quería reunirse con todos agás Mitsuki , dado que el e os outros son xogadores habituais dun xogo chamado Rabbit Doubt. Neste xogo, o obxectivo é tomar o papel dun coello e descubrir quen é o lobo entre os demáis coellos.
Todos conxenian ben rapidamente e comezan a cantar no karaoke polo que pasan una gran velada.Sen embargo, todo se torce cando Yuu vai ao baño en busca de Eiji i é golpeado na cabeza por una persoa cuberta cunha careta que se asemella bastante ás do xogo Rabbit Doubt.
Logo do anterior Yuu e os demáis espértanse nun lugar pechado, que parece ser un edificio abandoado e sen recordos de como chegaron alí. O único que atopan é que teñen que xogar a Rabbit Doubt na vida real, polo que un deles é o lobo e mataraos un por un.
Así, a premisa do manga é descubrir cal deles é o lobo a través dun ritmo trepidante, que te fai dubidar de tódolos personaxes varias veces , dado que da pistas suficientes para que cada un deles poida ser o lobo.

O argumento é bastante simple , pero ten detalles que lle dan consistencia como os requisitos que teñen que cumprir para poder escapar(que non contarei aquí porque serían considerados spoilers).
O único que me decepcionou da obra foi o final. Non direi como remata pero si debo dicir que non é para nada o que esperas e, na miña opinión, é un pouco sacado da manga. Hai una segunda parte deste manga así que pode ser que alí aten cabos algo mellor porque nesta entrega o manga remata dun xeito un tanto extraño.

Nota:8.75

Recomendación: Doubt

martes, 17 de xullo de 2012
Posted by OGSN

 Boas! Hoxe falaresmo dun manga relativamente famoso, dado que mantivo enganchada á xente no que foi un parón de máis de dous anos ata que se publicaron os últimos capítulos.
Sexamos correctos: ser é un manhwa, nótase tanto a nivel de debuxo comoa nivel argumental ; é importante aclaralo.
Así, escrito por Lim Dall-Young e debucado por Lee Soo-Hyon tráennos esta obra chea de controversia polos temas que presenta (pra algúns) pero que se abastrameos o concepto descubrimos que nos atopamos ante unha obra moi disfrutábel dende un punto de vista obxectivo. Así, de que vai?

A historia comeza cando Jin-ho , un rapaz coreano atopa unha carteira e un teléfono móvil na rúa. Atopa de quen é polo que decide devolverllo á persoa en cuestión, que resulta traballar nunha librería. Así, a dona da carteira é unha muller moi guapa chamada Hae-Young Na(Si, sufro cando teño que escribir os nomes coreanos XD ) que descobre que faltan cartos da carteira. Reclámallos a Jin-ho e este dille que son o seu pago por devolverlle a carteira. 
A cousa queda así ata que os dous se atopan de novo cando Hae-Young entra a traballar como profesora no istituto de Jin-ho.
Ata aquí parece un manga bastante simplón, nada máis lonxe da realidade. En realidade esta obra é un romance bastante ben levado, dado que conta a historia de como Jin-ho se namora de Hae-Young, con quen ten unha diferencia de idade considerábel e intenta que esta saia con el, algo que o levará a realizar moitas accións durante o manga. 
Tamén está o feito de que ao facer isto, Jin-ho non pode saír con rapazas da súa idade , o que entristece un pouco a estas e fai que lle declaren unha especie de guerra á profesora.
 O final do manga pareceume demasiado simplón se temos en conta o tempo que tardou en ser publicado, pero bueno, é unha conclusión que polo menos é decente.

O argumento é o suficientemente interesante como pra terte interesado durante todo o manga, se baixóns. Sen embargo, o activo de máis valor deste manga é o seu debuxo, absolutamente brilante. Nótese que me gustan tódalas obras nas que colaborou o debuxante, como Re:birth lunar taker ou Onihime vs .
Así, este manga é un romance máis seinen que shonen orientado a un público que busque ler un romance que nalgúns momentos é bastante estereotipado pero que busca dar un xiro a este xénero tan coñecido por todos. Recomendado. 


Nota: 8.5

Recomendación: Unbalance x Unbalance

venres, 18 de maio de 2012
Posted by OGSN


Boas! Hoxe falaremos dun manga de romance ecchi , dirixido a un público seinen chamado Velvet Kiss, que con 32 capítulos(4 volumes) é unha letura relativamente curta e polo menos entretida. Imos co argumento:

O protagonista da historia, Nitta Shin , por diversas circunstancias, remata cunha débeda xigantesca nos primeiros capítulos. Non é por culpa súa pero dun xeito ou doutro está ata o pescozo así que vai falar coa empresa responsábel da deuda e tenta negociar algún tipo de solución. Así, o presidente da empresa proponlle un trato: a deuda quedará anulada se Shin sae coa filla do presidente. Dado que Shin non ten moitas máis opcións , decide aceptar o trato e saír coa rapaza. 
Sen embargo , non todo é tan sinxelo como parece ao principio, dado que Shin terá que manter a relación coa filla do presidente e coa súa propia moza ao mesmo tempo, ademáis de investigar os segredos da compañía responsel da súa débeda pra intentar liquidala.



É un manga que francamente me sorprendeu no senso de que a pensar de que é un bordeline ecchi (vamos, que hai esceas de sexo explícito) realmente hai unha trama de intrigas e traicións dentro da familia, onde a través de diversas averiguacións o noso protagonista descobre un gran entramado de mentiras.


En resumo, non é unha mala opción pra ler, pra ser un manga de tipo ecchi-hentai é unha gran obra, ten un argumento que engancha , un debuxo que axuda a meterse na trama(bo, vamos XD ) e sobre todo é curto e non estira a trama eternamente. Recomendado!

Nota: 7

Recomendación: Velvet Kiss

venres, 20 de abril de 2012
Posted by OGSN

Hoxe falarei dun manga sobre boxeo, RRR, de Watanabe Jun, sen dúbida un gran manga, especialmente se temos en conta que é do xénero dos boxeadores , algo que a min non é que me atraese nun principio. Así, por que está ben este manga se é sobre boxeadores i esa non é unha das miñas temáticas favoritas?Bueno, porque non centra toda a trama nese tema e dado que é un manga seinen tamén conta a vida dos protagonistas (tribulacións, como se soe dicir). Pasemos ao importante, de que vai?

Conta a historia de Rikitaro, un home de 27 anos que sempre tivo como soño ser unha estrela do Rock coma Jimmy Hendrix , o seu ídolo, pero que coa súa idade xa parece imposíbel dado que segue no mesmo grupo de sempre e non da despegado. Parece que está destinado a fracasar e iso consúmase cando despois dunha audición só seleccionan aos outros dous compoñentes do grupo e a el déixano fóra: nese momento decide que é hora de buscarse un novo traballo. A súa moza déixao e síntese bastante perdido, así que pide consello á súa aneki(irmá maior), quen lle recomenda que non se rinda.
Neste momento o manga da un xiro de 360 grados e pasamos dos sorrisos ás lagrimas, cando nun repentino accidente de coche a súa aneki e o home desta morren de xeito tráxico. Rikitaro está destrozado por ese feito pero ten que sobrepoñerse dado que se ten que encargar do seu sobriño Aozora, fillo da aneki falecida e que agora está só no mundo. 
Despois de moitos fracasos entrevistas de traballo, unha oportunidade chama á súa porta: un reality onde dous homes normais son entrenados por un boxeador profesional e rematan competindo nun campeonato. Rikitaro non o pensa e métese no programa pra poder manter a Aozora. 
Nese punto, basicamente, comeza a historia do manga. Logo móstranse diversas pelexas, moi realistas e de debuxo exquisito(coma o manga en xeral) , con caras e expresións dos personaxes realistas. Por outra banda, exclarécese a verdade en torno ao accidente da aneki de Rikitaro ao mesmo tempo.


Como conclusión, dicir que é un manga que é interesante porque trata ao boxeo non coma un deporte, senón coma unha profesión, onde os protagonistas teñen unha vida aparte do mesmo. Ademáis, as pelexas son moi realistas, nótase que hai moito traballo de documentación detrás. Manga altamente recomendado , a única pega pra min e que se volve demasiado predecíbel no seu último terzo(en total son 106 capítulos).


Nota: 8

Recomendación: RRR

venres, 13 de abril de 2012
Posted by OGSN
Tag :, Tag :, Tag :, Tag :, Tag :

Hoxe falaremos dun manga de xénero comedia romántica, aínda que para variar, sexa seinen en lugar de shonen. Ten dúas adaptacións ao anime(dúas tempadas, a primeira de 24 caps e a segunda de 12) que cubren a aproximadamente 2 anos das vidas dos protagonistas, mentres que o manga cubre 4 anos das vidas dos protagonistas. Ese dato é importante porque á fin e ao cabo este manga é máis slice of life que outra cousa, e moitos capítulos poderíanse ter obviado , aínda que supoño que axudan a manter un ton en certo modo realista e interesante , con moitas cousas ao mesmo tempo.

Conta a historia de Kaoru, un estudante universitario que vive en Tokio só  no seu apartamento. Cando era neno abandoou o nome Hanabishi polo odio que sentía cara esa familia despois de certos sucesos coa súa nai e agora vive coma un mozo independente. Sen embargo, iso cambia cando un día, unha rapaza chamada Aoi Sakuraba chega ao seu apartamento e lle di que están prometidos desde pequenos e que ela está disposta a ser a súa esposa. Kaoru recorda a Aoi de cando eran pequenos pero esa información resulta moi chocante para el, aínda que despois de pensalo decide que non estaría de todo mal....ata que a persoa que está a cargo de Aoi, Miyabi, quen lle di a Kaoru que Aoi escapou da casa. Logo dunha breve conversa arréglase o tema con Kaoru, Aoi e Miyabi como compañeiros de "casa" , unha das mansións dos Sakuraba.
Logo, a historia evoluciona bastante de cara ao harem, onde cada rapaza que aparece remata namorándose de Kaoru. De feito, hai amplia variedade, de peitos grandes, de peitos pequenos, americanas, xaponenas, lolis, ....XD O caso é que todas no fondo están namoradas de Kaoru e peléxanse por el, aínda que como rematan vivindo na mesma casa(case todas) a tensión reláxase bastante.
É un manga cunha historia bastante tenra, moi parecida á de Romeo e Xulieta pero con elementos actualizados e moito menos dramática. É unha historia chea de momentos que un americano/inglés chamaría "cute" , con moitas, moitas bágoas por parte de tódol@s personaxes . 



En resumo, non deberías deixar pasat este manga, unha obra que presenta un romance moi ben construído sobre a base da historia de Romeo e Xulieta mesturado coa vida cotiá de cada un dos protagonistas e historias de xuventude.Se che gustou Suzuka ou similares, xa estás a ler isto porque na miña opinión é incluso mellor!


Nota: 8.8

Recomendación: Ai Yori Aoshi

venres, 30 de marzo de 2012
Posted by OGSN


Welcome to Koibana Onsen, the place where love blossoms!


Hoxe falaremos de Koibana Onsen , manga de comedia romántica seinen con multide de esceas hentais que agradarán os ollos do públic masculino adulto, target maioritario da obra.Así, de que vai?

Conta a historia de como certo rapaz remata cun traballo nun onsen(casa de augas termais, moi típicas en Xapón ). O que pasa é que esa especie de "hotel" é algo especial, xa que como o seu eslogan di, é un lugar no que o amor florece. Por que di iso? Bueno, porque se un fala obxectivamente, aquelo parécese máis a un love hotel(hoteis xaponeses onde as parellas tipicamente teñen sexo, basicamente esa é finalidade deses hoteis) que a unha pousada normal.
Así, ao comezo o protagonista está constantemente avergoñado do que ve pero lgo namórase dunha das persoas que levan a pousada, unha rapaza da súa idade  . Os dous rematan por formar unha parella e a medida que pasan os capítulos o manga vólvese un pouco harem , dado que todas as féminas queren durmir co protagonista XD(aínda que á fin case todas atopan á súa parella).
É un manga que en cada capítulo conta unha historia romántica, normalmente relacionada con cada unha das persoas que se aloxan na pousada ou entre os protagonistas.
En case tódolos capítulos alguén ten sexo, hai centos de esceas con todo luxo de detalles ao respeito. Obxectivamente , o debuxo é bo e non só polo anterior, con expresións moi logradas, especialmente as faciais, así como un deseño de personaxes o suficientemente bo como para que resulten cribles, tanto no seu aspecto coma na súa personalidade(dentro do marxe que da o manga XD).
A nivel argumental é bastan floxo, isto é, non é que haxa ningún punto realmente salientábel, a maioría dos capítulos son inconexos entre si e poden lerse en orde aleatoria, aínda que sí hai que dicir que hai unha certa trama principal por detrás.


Como conclusión, dicir que non é unha mala lectura porque ten un debuxo bo, a pesar de que argumentalmente floxée bastante(non obstante, moito menos que calquera manga casi-hentai XD ) .


Nota: 5 

Recomendación: Koibana Onsen

mércores, 21 de marzo de 2012
Posted by OGSN

Hoxe falarase de Bambino! , un cooking manga , isto é, un manga centrado no mundo da cociña. A pesar de con iso non se vexa moi "apetecíbel" o certo é que este manga ten moita forza e dinamismo, cousa da que outros mangas de acción carecen. Así, de que vai?

Bambino! conta a historia dun rapaz que traballa de cociñeiro ao mesmo tempo que estuda na universidade. A pesar de estar en Xapón traballa nun restaurante italiano i é un cociñeiro novo pero respeitado. Sempre anda a buscar novos retos e oportunidades polo que cando se lle presenta a oportunidade de traballar durante o verán en Tokio( concretamente no barrio de Ropongi, na tratoria Baccanale, un dos restaurantes italianos máis famosos da cidade) decide irse alá e tentar aprender o máis posíbel. Sen embargo, a vida de cociñeiro nun restaurante importante non é como el a imaxinaba e está chea de problemas, desafíos e sobre todo moito traballo.Aínda , así, despois dun tempo no restaurante decide deixar a universidade e quedar en Tokio para converterse nun gran cociñeiro.


É un manga seinen. Moitos pensarán que é raro ler algo seinen se é un cooking manga,de feito eu tamén o pensaba, pero despois de ler Bambino! entendín que non ten nada que ver unha cousa coa outra.
Este é un manga de cociña, pero tamén trata temas da vida en sí, coma a superación persoal, o esforzo, os problemas e outra serie de cousas que lle dan un carácter moi humano ao manga, en certo modo de slice-of -life.
Pero sobre todo, é un manga de cociña, e cociña aparece(e en cantidade abundante). Prepáranse centos de receitas , todas elas de xeito minucioso. Nótase que hai un traballo detrás para documentar toda esa parte, dado que o xeito de preparar as receitas é moi realista e , para alguén que coma min gorente da comida italiana en calquera momento, é unha delicia.
Outra cousa que se fai moi ben en Bambino! é mostrar a dinámica de traballo dun restaurante desnde un punto de vista realista: hai que traballar moito e os trazos fortes e con frecuentes sombreados para mostrar movemento e velocidade e todo momentos fan dar a sensación que é moi complicado traballar ahí.


En conclusión, unha obra absolutamente recomendábel que ten un final un tanto abrupto pero que continúa nunha segunda parte, así que non é para tanto. Un imprescindíbel do xénero seinen. 


Nota: 8.5

Recomendación: Bambino!

venres, 9 de marzo de 2012
Posted by OGSN

Aquí comento Gekiryuuchi, un manga de nome bastante complicado de pronunciar , que nos mete de cheo no mundo das pelexas calexeiras dun xeito moito bastante realista e cun argumento que serve de fío enlazador das distintas pelexas do noso protagonista.


A historia que se nos presenta é a de Kei, un estidante do que todos abusan e que recibe constantes palizas , algo que fai da súa vida escolar un inferno. Ademáis, está o feito de que non pode soportar a culpa de ter sobrevivido despois de que un amigo seu e máis Kei decidise tirarse nunha ponte para sucidarse: Kei sobreviviu mentres que o seu amigo, Akira, non. Isto supuxo que Kei comezase a ser odiado por moita xente e conduciu á vida que ten ao comezo da historia.
Sen embargo, a vida de Kei da un xira de 180 grados cado , mentres navega por Internet, atopa unha web chamada "Over bleed". Nesa web móstranse vídeos de pelexas calexeiras a morte, sen reglas : unha auténtica loita pola supervivencia entre dúas persoas. A sorprese de Kei é maiúscula cando ve  que alguén chamado Bunen , quen se parece moitísimo a Akira , aparece nos vídeos. 
Convencido de que Bunen é Akira e quere que Kei o atope para redimilo dese mundo, Kei decide meterse no mundo das pelexas calexeiras para descubrir a verdade sobre Bunen e ao mesmo tempo descubrirse a si mesmo.


A única pega salientábel  (de feito fai que moita xente lle de calificacións baixas ao manga ) que lle atopo a este manga é que é bastante curto , o final foi demaisado apresurado na miña opinión. Polo demáis, o debuxo é bastante bo, pero sobre todo ten unha boa historia que te atrapa desde o primeiro capítulo Pelexas, sangue, amizade, culpa.....todo iso se da cita neste manga.

Nota: 7

Recomendación: Gekiryuuchi

venres, 24 de febreiro de 2012
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //