Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 24 de febreiro de 2012
A historia que se nos presenta é a de Kei, un estidante do que todos abusan e que recibe constantes palizas , algo que fai da súa vida escolar un inferno. Ademáis, está o feito de que non pode soportar a culpa de ter sobrevivido despois de que un amigo seu e máis Kei decidise tirarse nunha ponte para sucidarse: Kei sobreviviu mentres que o seu amigo, Akira, non. Isto supuxo que Kei comezase a ser odiado por moita xente e conduciu á vida que ten ao comezo da historia.
Sen embargo, a vida de Kei da un xira de 180 grados cado , mentres navega por Internet, atopa unha web chamada "Over bleed". Nesa web móstranse vídeos de pelexas calexeiras a morte, sen reglas : unha auténtica loita pola supervivencia entre dúas persoas. A sorprese de Kei é maiúscula cando ve que alguén chamado Bunen , quen se parece moitísimo a Akira , aparece nos vídeos.
Convencido de que Bunen é Akira e quere que Kei o atope para redimilo dese mundo, Kei decide meterse no mundo das pelexas calexeiras para descubrir a verdade sobre Bunen e ao mesmo tempo descubrirse a si mesmo.
A única pega salientábel (de feito fai que moita xente lle de calificacións baixas ao manga ) que lle atopo a este manga é que é bastante curto , o final foi demaisado apresurado na miña opinión. Polo demáis, o debuxo é bastante bo, pero sobre todo ten unha boa historia que te atrapa desde o primeiro capítulo Pelexas, sangue, amizade, culpa.....todo iso se da cita neste manga.
Nota: 7
- Back to Home »
- accion , dog fights , drama , Gekiryuiichi , Manga , Nota entre 7 e 8 , Over Bleed , seinen »
- Recomendación: Gekiryuuchi