Newest Post
Amosando publicacións coa etiqueta Higashi no Eden b>. Amosar todas as publicacións
E esta foi a historia dos once días que pasei con Takizawa-kun -Saki
Despois duns meses que pareceron interminábeis por fin Paradise Lost, a segunda (ou terceira) perlícula do anime Eden of the East e que probábelmente sexa a última.Desde Death Note non vira algo cunha calidade así, practicamente perfecta en tódolos sentidos, aínda que debo recoñecer que este final non foi 100% do meu agrado. Comento un pouco que pasa neste filme a continuación, así que haberá spoilers, claro.
A película comeza no punto exacto onde rematara King of Eden, con Saki e Takizawa montados nun avión rumbo a Xapón para ver á viuda do ex-primeiro ministro xaponés, xa que Juiz esparcira rumores de que Takizawa era un fillo iléxitimo do mesmo.Así, cando Chegan ao aeroporto, Saki e Takizawa sepáranse dado que Takizawa é acompañado por uns escoltas, aínda que consegue escapar deles coa axuda dun ex-NEET.Cómpre salientar que esta escena pareceume bastante estúpida, xa que resulta que alguén que non se parece nada a Takizawa, consegue enganar a un servizo de seguridade facéndose pasar por Takizawa con só poñer a súa roupa e tapar a súa cara coa camiseta, sen sequera falar.En serio, eses "malos" eran bastante inútiles, xD
Logo diso, diríxese en moto a roubar tanto o seu camión como o do seleçao número 1, o principal antagonista da historia , para así estar seguro de non desaparecer do xogo, coa axuda do seus camaradas de Eden of the east.
Por outra banda , Saki e máis Satoshi Ōsugi investigan unha tenda de comida tailandesa onde se supón que está a nai de Takizawa, que o abandonou cando tiña 5 anos deixándoo só nun centro comercial. Chegan ao lugar e despois dunha longa conversa chegan os "malos", enviados por Mononobe, o número 1, facendo que todos escapen. Ante a negativa da muller por recoñecer que é a nai de Takizawa, Saki decide preguntarllo por última vez mostrándolle unha foto que atopara no baño Satoshi, na que se ve á muller embarazada e ao ex-primeiro ministro xaponés, do que se deduce que cecáis Takizawa si sexa un fillo ilexítimo. A muller mira a foto e responde que unha vez abandonou ao seu fillo nun centro comercial con 500 yens, pero di que Takizawa non é o seu fillo, aínda que queda patente que sí o é como comenta Saki.Así, diríxese á casa da viúda do ex-primeiro ministro.
Ao mesmo tempo, Takizawa chegan ao mesmo lugar , e Takizawa descúlpase a viuda lamentando profundamente tódolos problemas que lle causou . Nese intre Mononobe-san chega e solicita falar con Takizawa.Mononobe dille que admite que perdeu o xogo, que Takizawa é o gañador , pero proponlle que lle axude aconvertirse en ministro de Interior para reformar o país ao que Takizawa se nega.Saki dille a Takizawa o que averiguou sobre a súa nai ao que Takizawa responde agradecéndolle a Saki e retornando a conversa con Mononobe.Takizawa consegue , grazas a Juiz, ter unha conversa con tódolos cidadáns de Xapón que teñan un teléfono móbil. Nesa mensaxe dilles que el é un terrorista que ordeou os ataques do luns neglixente e que lle esixe aos empresarios novos plans de contratación para axudar ao país así como que a xente se faga boa, por dicilo así, xa que senón haberá máis ataques. Como proba de que o que día é verdade, envíalle a cada cidadán un dólar en cartos electrónicos.
Paralelamente a isto coñecemos a que probábelmente sexa a cuestión máis importante: quen é Mr Outside e como e por que comezou o xogo.Así, Kazuomi Hirasawa, o xefe de Eden of the East, consegue seguir a Mr Outside e entra no seu taxi.Resulta ser un vello duns 80 anos, que non é máis que Satou Aizo, un magnate xaponés que xa axudou a Xapón na segunda guerra mundial. Dille a Hirasawa que vía que o país estaba caíndo moi baixo,que xa non había esperanza, polo que decidiu comezar o xogo. Seleccionou aos candidatos dependendo da resposta que lle deran á pregunta:que faría con 10 billóns de yens?, agás Takizawa, a quen seleccionou porque quería coñecer como era capaz de pensar que todo o mundo sabe dar cartos, o complicado é saber recibilos.Despois de revelar esta información, Mr Outside, tamén o número 12, decide poñer fin ao xogo, realizando unha chamada a tódolos seleçao e poñéndolles un son que lles borre a memoria.O plan sería perfecto de non ser porque Takizawa xa se borrara a memoria dúas veces, polo que non lle afecta, e despedíndose de Saki, vai en busca de Mr Outside.
Logo disto Saki conta un pouco que pasou despois de marcha de Takizawa-kun , como se comezaron a dar os primeiros pasos para a reconstrucción de Xapón. Di tamén que pasaron seis meses desde a última vez que veu a Takizawa-kun e quedas sen saber se o volverá a ver outra vez.
O epílogo consiste en Takizawa-kun montando por fin no taxi de Mr outside e dicíndille que aínda quedan moitas cousas por facer polo que é mellor ir empezando.
En conclusión: é un final aberto, aínda que pecha ben os misterios principais da trama sobre os seleçao e Mr outside, aínda que quedan cuestións nas que pouco se afondou coma o pasado de Takizawa, do que non sabemos quen é o pai , nen por exemplo que pagou a habitación de hotel mentres estivo nos estados unidos, aínda que cecáis se pode ter algunha que outra suposición. O final pareceume demasiado baleiro, eu esperaba algo maís espectacular, vale que tivo escenas moi épicas coma o discurso que da para todo Xapón co xesto simbólico do dólar pero á fin non fai nada, é dicir, a mensaxe que transmite é algo coma isto só son as bases para reconstruír o país, isto só está empezando.Pola miña parte, o anime foi sublime, e quédome coa mensaxe de optimismo que transmite.
Nota: 9.25
Ben, despois de case un ano(eu fai apenas un mes que rematei o anime pero esta película xa se estreNou en xapón a finais de 2009) , sae por fin en DVD esta primeira película de Higashi no Eden. Vina subtitulada en inglés porque subtitulada ao Español non a atopei. Vai haber outra segunda película,certamente esta deixa o final aberto, pon as cartas sobre a mesa para que se resolva todo na última película. Por se lle interesa a alguén, descargueina de http://www.animetake.com/eden-of-the-east-the-movie-i-king-of-eden/, con subtitulos en inglés. Ben, así, sen máis dilación, contemos un pouco o argumento desta película que certamente me gustou e mellora nalgúns aspectos ao mesmo anime orixinal. Aquí un pequeno resumen da mesma que despois de lelo aínda fai necesario vela porque crin necesario non poñer tódolos detalles, xa que senón sería demasiado extenso e así pódese ler para facerse unha idea xeneral do que é sen profundizar e poder vela despois sen saber os detalles. SPOILERS-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Ben , a historia comezA con Saki indo nun taxi cara NY. Ten no su bolso o teléfono Noblesse e vai buscar a Takkizawa. Cando baixa do taxi, descobre que a súa maleta foi cambiada por unha con armas e comezan a perseguila , aínda que consegue escapar. Cóntase mediante un flashback como chegou a esta situación. Finalmente atopa a Takizawa pero este volveuse borrar a memoria , polo que non a recorda. Logo de poñelo ao día, descóbres que Takizawa ten a identidade dun fillo ilexítimo do primeiro ministro, e que podería substituir ao mesmo .
Eden neste filme deixa ser tan só unha pequena empresa para medrar e xa ter unha oficina propia fóra da facultade, con bastantes empregados.
Descóbrense varios detalles interesantes neste filme, coma que Juiz non é máis que un superodenador que viaxa dentro dun camión. Cada Seleçao ten un, e o plan de numero 1 é destruir eses camións para gañar o xogo. A seleçao nº 5, a cazadora de Jonies, axuda a Takizawa e a Saki en numerosas ocasións durante o filme, o seu xesto final é o de colocar o seu camión con Juiz no lugar de Taizawa, quedando así fóra de xogo.
Este filme remata con Taizawa e Sai montando nun Jet privado de volta a Xapón. --FIN_SPOILERS---------
A animación é moi boa, sen dúbida é a mesma que a do anime pero debe ser que aquí ao ser unha producción máis elaborada contaron con máis recursos e a definición da mesma sube por momentos, salientábeis dentro disto son os momentos cando se ven coches en tres dimensións, para dotar de profundidade á escena.
A música é moi boa, o opening e ending son diferentes a os do anime pero son certamente bos.Relacionado con isto, si notei diferenza en que aquí , ao meu entender, púxose máis coidado na banda sonora que soa nalgúns momentos da película. Cómpre salientar o de nalgúns momentos porque cando hai diálogos non soa a música e óese o ruido que se escoitaría se se vise esa esecena da realidade, o que lle da un toque de realismo moi bo, axuda a dicir que este anime é unha historia inspirada na realidade aínda que sexa ficción.
Resolve algunhas preguntas importantes, aínda que deixa moitas sen contestar, sen dúbida, Paradise Lost rematará a trama, xa que esta King of Eden só deixa as cartas sobre a mesa, certamente, é a antesala do final deste anime.

Nota: 6.75
Certamente había ben tempo que non vía un anime de tanta calidade. Moitos consideráno unha obra mestra, ou polo menos moi boa, sendo as opinións na súa contra mínimas.Pero , que é o que ten este anime para ser considerado como tal?Vexamos:
A animación é moi boa, certamente vendo a serie en alta calidade é espectacular , aínda que non é a mellor animaciñon que levo visto. Non floxea, é constante, e ademáis ten matices coma cando se lle debuxan unha maraña de liñas na cabeza dun persoaxe para indicar que está anoxado, ou que non sabe o que está pensando, están certamente moi ben e para min danlle un toque de manga único.
O son é bo, certamente ata o momento de ver esta serie aínda non vira ningunha cuxo opening fora completamente en inglés. É un gran opening e alónxase dos típicos temas anime para centrarse nun ritom moito máis serio que ben podería ser unha canción normal, está feito por Oasis,xD.O ending é cando menos orixinal, en xaponés, aínda que me gusta máis o opening.Relacionado con isto, está que nos primeiros capítulos os protagonistas están en EEUU, e as persoas da rúa e policías falan en inglés. Si, non traducen ao xaponés os seus diálogos, o que é un esforzo de agradecer que fai que a historia gañe en ambientación aínda que certamente os protagonistas hai momentos que contestan en xaponés cando lles preguntan en inglés, e os americanos entenden. Isto é algo surrealista de máis porque dubido que a maioría dos americanos saiban xaponés.
A historia ,para min, é o pilar fundamental da serie, esa pedra angular que a fai elevarse á categoría de OM. Non é a típica historia sen sentido chea de fanservice e onde certamente non se sabe cara onde vai. Non. Aquí estamos ante unha proposta moito máis seria. Para non desvelar moitos spoilers, podo dicir que a historia trata dun mozo que se atopa espido , cunha pistola na man e cun móvil cargado con 8 billóns de yenes(Aproximadamente uns 65,327,491,791.58 €). Perdeu a memoria e tentará buscala. En EEUU coñece a Saki, unha moza estudante universitaria que están en EEUU polo seu viaxe de graduación. Ambos volven xuntos a Xapón. ATENCIÓN SPOILERS: Ben, a medida que transcorre a serie descóbrese que o posible nome do protagonista é Akira, e que está involucrado nunha especie de xogo no que lle dan os cartos para faga do mundo un lugar mellor. Ten á súa disposición unha gardiana que lle consigue todo o que quere . Outros 11 personaxes son seleçao, e o primeiro que consiga o seu obxectivo gaña e os outros morren.FIN_SPOILERS
Os personaxes son moi diferentes entre si. Do protagonista imos coñecendo detalles a medida que avanza a trama e descubrimos que cecáis non fóse un bo home. Da protagonista feminina Saki, sabemos que é unha idealista universitaria que non ten pais e que quere atopar un traballo para non ter que depender da súa irmá. A estes personaxes ha ique sumar un longo elenco de secundarios, están os amigos-familiares de Saki e o resto dos Seleçao. Estes últimos están moi ben caracterizados e diverxen moito uns dos outros. Algúns usan o diñeiro para fins egoistas, para pasalo ben e non rañala , mentres que outros usan os cartos para axudar á xente, como un que gastou os seus cartos para facer un hospital para anciáns dos que non se fa´cia cargo o goberno xaponés.
A violencia non abunda , hai algunha que outra pelexa pero son realistas, sen efectos especiais imaxinarios do estilo de saltos imposíbeis uo pistolas láser. Tampouco se pode dicir que sexa un serie de fansevice , xa que aínda que hai escenas nas que saen persoaxes espidos enteiros ou en roupa interior teñen senso e encaixan na historia.
Algúns diálogos de Akira rozan o absurdo aínda que a maioría deles son moi bos e danche que pensar.
A historia é moi interesante, cada capítulo non ten un final, senón que acaba e o seguinte comeza no lugar no que acabou o anterior. A súa duración é certamente curta , en 11 capítulos no coñecemos o seu final, sen embargo para rematar a historia hai dúas películas, unha que xa se pode ver fansubeada e a outra que acaba de saír pero que aínda a hai subtitulada.
Como conclusión dicir que é un dos mellores animes que levo visto xa que sen usar recursos de tipo fantástico, máis ben ao contrario, usa un realismo no seu desenvolvemento que fai que penses que iso podería pasar e crea unha sensación de inmersión na acción moi interesante.