Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 22 de outubro de 2010



E esta foi a historia dos once días que pasei con Takizawa-kun -Saki

Despois duns meses que pareceron interminábeis por fin Paradise Lost, a segunda (ou terceira) perlícula do anime Eden of the East e que probábelmente sexa a última.Desde Death Note non vira algo cunha calidade así, practicamente perfecta en tódolos sentidos, aínda que debo recoñecer que este final non foi 100% do meu agrado. Comento un pouco que pasa neste filme a continuación, así que haberá spoilers, claro.


A película comeza no punto exacto onde rematara King of Eden, con Saki e Takizawa montados nun avión rumbo a Xapón para ver á viuda do ex-primeiro ministro xaponés, xa que Juiz esparcira rumores de que Takizawa era un fillo iléxitimo do mesmo.Así, cando Chegan ao aeroporto, Saki e Takizawa sepáranse dado que Takizawa é acompañado por uns escoltas, aínda que consegue escapar deles coa axuda dun ex-NEET.Cómpre salientar que esta escena pareceume bastante estúpida, xa que resulta que alguén que non se parece nada a Takizawa, consegue enganar a un servizo de seguridade facéndose pasar por Takizawa con só poñer a súa roupa e tapar a súa cara coa camiseta, sen sequera falar.En serio, eses "malos" eran bastante inútiles, xD




Logo diso, diríxese en moto a roubar tanto o seu camión como o do seleçao número 1, o principal antagonista da historia , para así estar seguro de non desaparecer do xogo, coa axuda do seus camaradas de Eden of the east.
Por outra banda , Saki e máis Satoshi Ōsugi investigan unha tenda de comida tailandesa onde se supón que está a nai de Takizawa, que o abandonou cando tiña 5 anos deixándoo só nun centro comercial. Chegan ao lugar e despois dunha longa conversa chegan os "malos", enviados por Mononobe, o número 1, facendo que todos escapen. Ante a negativa da muller por recoñecer que é a nai de Takizawa, Saki decide preguntarllo por última vez mostrándolle unha foto que atopara no baño Satoshi, na que se ve á muller embarazada e ao ex-primeiro ministro xaponés, do que se deduce que cecáis Takizawa si sexa un fillo ilexítimo. A muller mira a foto e responde que unha vez abandonou ao seu fillo nun centro comercial con 500 yens, pero di que Takizawa non é o seu fillo, aínda que queda patente que sí o é como comenta Saki.Así, diríxese á casa da viúda do ex-primeiro ministro.
Ao mesmo tempo, Takizawa chegan ao mesmo lugar , e Takizawa descúlpase a viuda lamentando profundamente tódolos problemas que lle causou . Nese intre Mononobe-san chega e solicita falar con Takizawa.Mononobe dille que admite que perdeu o xogo, que Takizawa é o gañador , pero proponlle que lle axude  aconvertirse en ministro de Interior para reformar o país ao que Takizawa se nega.Saki dille a Takizawa o que averiguou sobre a súa nai ao que Takizawa responde agradecéndolle a Saki e retornando a conversa con Mononobe.Takizawa consegue , grazas a Juiz, ter unha conversa con tódolos cidadáns de Xapón que teñan un teléfono móbil. Nesa mensaxe dilles que el é un terrorista que ordeou os ataques do luns neglixente e que lle esixe aos empresarios novos plans de contratación para axudar ao país así como que a xente se faga boa, por dicilo así, xa que senón haberá máis ataques. Como proba de que o que día é verdade, envíalle a cada cidadán un dólar en cartos electrónicos.
Paralelamente a isto coñecemos a que probábelmente sexa a cuestión máis importante: quen é Mr Outside e como e por que comezou o xogo.Así, Kazuomi Hirasawa, o xefe de Eden of the East, consegue seguir a Mr Outside e entra no seu taxi.Resulta ser un vello duns 80 anos, que non é máis que Satou Aizo, un magnate xaponés que xa axudou a Xapón na segunda guerra mundial. Dille a Hirasawa que vía que o país estaba caíndo moi baixo,que xa non había esperanza, polo que decidiu comezar o xogo. Seleccionou aos candidatos dependendo da resposta que lle deran á pregunta:que faría con 10 billóns de yens?, agás Takizawa, a quen seleccionou porque quería coñecer como era capaz de pensar que todo o mundo sabe dar cartos, o complicado é saber recibilos.Despois de revelar esta información, Mr Outside, tamén o número 12, decide poñer fin ao xogo, realizando unha chamada a tódolos seleçao e poñéndolles un son  que lles borre a memoria.O plan sería perfecto de non ser porque Takizawa xa se borrara a memoria dúas veces, polo que non lle afecta, e despedíndose de Saki, vai en busca de Mr Outside. 


Logo disto Saki conta un pouco que pasou despois de marcha de Takizawa-kun , como se comezaron a dar os primeiros pasos para a reconstrucción de Xapón. Di tamén que pasaron seis meses desde a última vez que veu a Takizawa-kun e quedas sen saber se o volverá a ver outra vez.
O epílogo consiste en Takizawa-kun montando por fin no taxi de Mr outside e dicíndille que aínda quedan moitas cousas por facer polo que é mellor ir empezando.




En conclusión: é un final aberto, aínda que pecha ben os misterios principais da trama sobre os seleçao e Mr outside, aínda que quedan cuestións nas que pouco se afondou coma o pasado de Takizawa, do que non sabemos quen é o pai , nen por exemplo que pagou a habitación de hotel mentres estivo nos estados unidos, aínda que cecáis se pode  ter algunha que outra suposición. O final pareceume demasiado baleiro, eu esperaba algo maís espectacular, vale que tivo escenas moi épicas coma o discurso que da para todo Xapón co xesto simbólico do dólar pero á fin non fai nada, é dicir, a mensaxe que transmite é algo coma isto só son as bases para reconstruír o país, isto só está empezando.Pola miña parte, o anime foi sublime, e quédome coa mensaxe de optimismo que transmite.


Nota: 9.25

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //