Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta psicolóxico. Amosar todas as publicacións



Disturbing. Ese é probabelmente o mellor termo que describir a este manga que en apenas 20 capítulos(Calculo que os capítulos eran ou bimensuais ou mensuais, hai un total de 4 volumes) consegue crear un clima de tensión extrema e fai que o leas todo dunha tacada sen dificultade. É un obra que está destinada a maiores de 18 anos, dado que ten sangue , violencia e recorda bastante á película de Saw, aínda que moito menos besta.

Doubt comeza coa reunión de dous dos personaxes nun parque, a rapaza chamada Mitsuki e o rapaz chamado Yuu-kun. Os dous teñen una pequena conversa sobre  motivo de atopárense alí ata que chegan outros personaxes, véxase Haruka , Eiji e Rei.
Resulta que Yuu está no parque porque quería reunirse con todos agás Mitsuki , dado que el e os outros son xogadores habituais dun xogo chamado Rabbit Doubt. Neste xogo, o obxectivo é tomar o papel dun coello e descubrir quen é o lobo entre os demáis coellos.
Todos conxenian ben rapidamente e comezan a cantar no karaoke polo que pasan una gran velada.Sen embargo, todo se torce cando Yuu vai ao baño en busca de Eiji i é golpeado na cabeza por una persoa cuberta cunha careta que se asemella bastante ás do xogo Rabbit Doubt.
Logo do anterior Yuu e os demáis espértanse nun lugar pechado, que parece ser un edificio abandoado e sen recordos de como chegaron alí. O único que atopan é que teñen que xogar a Rabbit Doubt na vida real, polo que un deles é o lobo e mataraos un por un.
Así, a premisa do manga é descubrir cal deles é o lobo a través dun ritmo trepidante, que te fai dubidar de tódolos personaxes varias veces , dado que da pistas suficientes para que cada un deles poida ser o lobo.

O argumento é bastante simple , pero ten detalles que lle dan consistencia como os requisitos que teñen que cumprir para poder escapar(que non contarei aquí porque serían considerados spoilers).
O único que me decepcionou da obra foi o final. Non direi como remata pero si debo dicir que non é para nada o que esperas e, na miña opinión, é un pouco sacado da manga. Hai una segunda parte deste manga así que pode ser que alí aten cabos algo mellor porque nesta entrega o manga remata dun xeito un tanto extraño.

Nota:8.75

Recomendación: Doubt

martes, 17 de xullo de 2012
Posted by OGSN

Ressentiment é un deses mangas que conta unha historia que poida que se lle ocorrese a alguén antes pero   dun modo que o fai ter un carácter diferenciado. A historia de "home namórase de rapaza virtual" non é unha idea novidosa, en mangas como Ai Ga Tomoranai(reseñado xa neste blog) falan dunha temática similar aínda que máis orientado ao shonen. Así, este manga está destinado a un target  adulto, sendo un manga seinen de romance pero sobre todo cun alto contido dramático. Imos co argumento!

Este manga conta a historia de certo individuo masculino que xa ten 30 anos pero que sinte que a súa vida está vacía dado que se ve gordo e feo e soña con poder ter unha moza. Así, un día, certo colega seu ofrécelle unha solución : unha moza virtual. Tendo en conta que o manga está ambientado nun futuro próximo suponse que desa época a tecnoloxía será moito máis avanzada e existen dispositivos capaces de transportar ás persoas ao mundo virtual. Nese "mundo virtual" o noso protagonista coñece á protagonista dun xogo , unha rapaza moi guapa que parece ser que é moi simpática cara o protagonista(Hai que ter en conta que para entrar no mundo virtual non é necesario ter a apariencia real polo que o protagonista usa a súa apariencia pero con 10 anos menos).
O protagonista está namorado da rapaza do mundo virtual polo que intenta por tódolos medios que ela se namore del pero esta parece estar prendada de certo habitante do mundo virtual ....


É un gran manga que mestura momentos de comedia, acción, romance e sobre todo drama, xa que intenta contar a historia de amor entre un home adulto e unha rapaza dun videoxogo coas limitacións que isto supón xa de por si(non obstante o manga, repito, está ambientado no futuro e suponse que inventarán aparatos que incluso servirán para ter sexo de maneira virtual XD).
Ademáis está o tema de que o protagonista ten que decidir , cando xa está avanzada a historia, entre a súa rapaza ideal do mundo virtual e unha rapaza real que se namora del.


Para resumir, gran manga que conta unha historia de romance dramático nun contexto futurista que é bastante fresco comparado con outras cousas do xénero. Recomendado


Nota: 8.75

Recomendación: Ressentiment

sábado, 7 de xaneiro de 2012
Posted by OGSN

Este manga actualmente aínda se está a publicar pero xa ten suficientes capítulos como para ter unha opinión clara sobre el. Creo que é unha obra interesante porque aborda unha temática pouco frecuente e sobre todo desde un punto de vista pouco convencional : é un manga , o que se tivera que definir, definiría como psicolóxico, cecáis algo de terror aínda que tampouco demasiado e algo de intriga.
Non é un manga para todo o mundo porque pode ser atopado aburrido ao ser unha historia que avanza dun xeito terriblemente lento e sobre todo, sen que pareza que pasa nada. Isto non é de todo certo porque os personaxes sufren unha profunda evolución no seu caracter, o gran atractivo : é un manga de personaxes, non de historia.
Imos co argumento!

Conta a historia de certo rapaz chamado Kasuga que é moi calado e apenas fala co resto da xente da súa clase. Está obsesionado co libro "As flores do mal" , de Baudelaire, do que se sabe moitos fragmentos e intenta que sexa o seu modelo para saber como comportarse.
Está secretamente namorado da rapaza moi guapa da súa clase, polo que cando as roupas de ximnasia desta quedan á vista este decide collelas e "sentir a súa fragancia". Cando fai isto pensa que ninguén o está vendo pero resulta que unha rapaza á que todos desprezan estaba detrás súa e ve como fai esa acción. Así, esta amenázao e dille que revelará o seu segredo a menos que faga o que ela queira. Así comeza este manga no que as vexacións ao protagonista son cada vez maiores e o desenvolvemento dos personaxes é incrible.


Ben, este manga paréceme interesante porque se sae un pouco do habitual e trata un tema que aínda que pareza pouco interesante é tratado de forma maxistral que fai que a intriga se manteña e queiras ler cada capítulo. Absolutamente recomendábel.

UPDATE (SOBRE O FINAL):
Se falamos do final deste manga realmente é ...raro. A modo de metáfora ensínanlle ao lector dous finais, o típico, onde todo acaba ben, e outro onde Kasuga sucumbe e decide seguir coas súas paranoias. Hai certas pistas de que se elixe este último final pero non está confirmado. Isto tampouco é que sexa un spoiler, dado que non inflúe demasiado ao ser bastante random XD.


Agora unha imaxe que creo que reflexa bastante ben a esenza deste manga:


Nota: 8.5

Recomendación : Aku no Hana

luns, 9 de maio de 2011
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //