Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :domingo, 20 de abril de 2014
#manga #anime #ogsn
3º e último post do día de hoxe dedicado a este manga chamado Kami nomi zo Shiru Sekai, tamén coñecido por The World God Only Knows , que rematou esta semana en Xapón. A súa popularidade foi tremenda dado que ten tres temporadas de anime(E unha máis en espera, creo) e un gran número de capítulos de manga. Imos co argumento!
O manga conta a historia de Keima, un rapaz que é o mellor xogador do mundo dun tipo moi concreto de xogo: os dating-sims. Neste tipo de xogos o obxectivo é, mediante unha serie de accións, "conquistar" a unha rapaza virtual. Así, Keima é un viciado deste tipo de xogos en todo tipo de plataformas, algo que limita a súa interación social ao mínimo e fai que o resto da xente o considere un bicho raro.
Ao comezo do manga a vida de Keima da un xiro de 180º coa aparición de Elsie, unha rapaza que di vir do mundo dos demos e que lle pide axuda a Keima. Concretamente , o que Keima ten que facer é que rapazas se namoren del profundamente para que cando se den un bico Elsie poida extraer o espírito malvado que as atormenta, algo que resulta todo un éxito.
Como se pode deducir polo argumento o manga é de comedia romántica pero se esperas algo achegado ao shojo esquécete: hai moi pouco ecchi e o elemento máis importante é o da comedia , sen centrarse tanto no compoñente amoroso, que resulta ser un mero trámite para que Keima salve á moza de turno.
A pesar de ser todo o tempo o mesmo(Menos no último arco), hai bastante variedade de féminas e non resulta especialmente repetitivo , aínda que nos arcos finais nótase un certo desgaste.
Se falamos do arco final está bastante ben construído, aínda que avanzou con lentitude e a conclusión final poida que non sexa do agrado de todos, sobre todo porque parece todo demasiado aleatorio.
É un manga que me gustou,sobresaínte.

Nota: 9.0
- Back to Home »
- comedia , Kami nomi zo Shiru Sekai , Manga , Nota entre 9 e 10 , romance , shonen , The World God Only Knows »
- Recomendación: Kami nomi zo Shiru Sekai (The World God Only Knows)