Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :domingo, 20 de abril de 2014
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos dun hack de Pokemon FireRed coa historia de Cristal con algúns engadidos, Liquid Crystal .Así, é unha beta(Levan en beta varios anos , agora están na versión 3.3 pero eu tardei unhas 150 horas aprox co contido que da beta 3.3, así que pódese xogar sen medo. Nótese que as 150 horas son ao usar o botón de que o xogo funciones a velocidade x10 coa opción corresponendete do emulador) que funciona nos emuladores máis comúns(En VBA vai) . Que novidades hai neste hack que fan que sexa bo?
-Para comezar, o nivel grafico é de terceira xeración(Esmeralda) , polo que hai unha mellora notábel con respeito aos sprites orixinais de Cristal . Ademáis, hai sprites novos coma os dos centros pokémon.
-A historia é a mesma que a orixinal pero con engadidos: agora , aparte do Team Rocket hai un par de organizacións malvadas máis, con carga argumental importante que faran que certos sucesos(Como a captura de Suicune, por exemplo) varíen do xogo orixinal.
Estas organizacións son do estilo do Team Rocket pero usan Pokémon moito máis decentes e unha vez que avanzas moito no xogo podes atoparte que os directivos da organización usan Pokémon lendarios, polo que me pareceu un engadido interesante.
-Os pokémon sufren pequenas variacións : cambia o nivel no que aprenden ataques ou evolucionan e hai Pokémon que eran imposíbeis de atrapar no orixinal e aquí aparecen(Como Groudon ou Latios ou aqueles que necesitabas intercambiar, que agora evolucionan cunha pedra).Tamén varían os stats dalgúns Pokémon.
-O obxecto Repartir Experiencia funciona igual que o da xeracíon 5: o Pokémon ao que llo des gañará un 50% máis que nas outras xeracións.
-Podes obter 3 masterball e centos de obxectos con moita máis frecuencia que na versión orixinal.
-Hai novas zonas e exploradores que explorar, dado que podes usar a MO buceo.
Non sei o motivo polo que non elminaron o das MO coma noutros hacks nos que as MO non existen e son simplemente obxectos(Ex: para romper unha rocha usas o obxecto pico ou en lugar de facer surf nadas directamente).
-Aparte de pasarte todo o que a liga dúas veces, neste hack faste membro dunha organización que se dedica a loitar contra o crime e fas algunhas misións con eles. Por se isto non fora suficiente, vas ás illas laranxas! Así, podes conseguir as dúas primeiras medallas e facer varios eventos(A caverna Corsola, o Onix de cristal....). Esta parte do xogo pode ser bastante complicada porque os meus Pokémon eran de nivel 80 e pico e os do equipo Nexus, un dos malos, de niveis iguais ou superiores. Isto non sería un problema senón fose porque nesta parte do xogo non gañas experiencia e veste forzado a pensar estratexias para aguantar loitas contra hordas de entreadores sen podes descansar sen facerte máis forte, mentres que eles sí teñen máis nivel cada vez.
-Hai novas mecánicas de puzle baseadas nas existentes no xogo orixinal para conseguir algúns items ou chegar a zonas antes inaccesíbeis.
-Tes 3 rivais en lugar de un só e teñen equipos moito máis poderosos.
-Hai temas musicais novos e remixes dos antigos.
Aquí un vídeo de exemplo en castelán(Como capturar a Rayquaza). Atentos a partir do minuto 3:28 XD
E máis ou menos iso é o que ten de interesante. Se queredes máis información visitade este link:
http://pokemonliquidcrystal.com/

- Back to Home »
- games , Pokémon Liquid Crystal »
- CRiTiCa XoGos: Pokémon Hack Liquid Crystal