Newest Post
Amosando publicacións coa etiqueta drama b>. Amosar todas as publicacións
#manga #anime #ogsn
Seid ihr das Essen?
Nein, wir sind der Jäger
Boas!Hoxe falaremos do anime que foi probábelmente o que máis pasións suscitou o ano pasado , Shingeki no Kyojin, baseado nun manga do mesmo nome. Analizarei só o anime dado que o manga non o lin . Curioso o feito de que o mangaka concedese unha entrevista recentemente na que admitiu que tiña pensado un final traumático pero dado o éxito do manga e pra non decepcionar aos lectores/lectoras cambiou a estrutura e que agora era medio improvisado. Just saying XD.Imos co argumento!
ARGUMENTO
Situámonos nu lugar con características medievais no que a maioría da poboación humana foi aniquilada por xigantes. Así, ao comezo da historia , os poucos humanos humanos que quedan (Este punto é dubidábel a partir de certo punto da historia, pero non digo máis pra non dar spoilers XD ) refúxianse dentro dunha cidade amurallada con tres murallas concéntricas. A máis interior é a máis alta e curta , mentres que a máis exterior é a máis longa pero baixa das tres. Ditas murallas serviron pra que durante máis de cen anos non houbese ningunha incursión de titáns dentro da cidade polo que os humanos reláxanse e pensan que nada vai pasar. Isto resulta ser unha actitude moi errada dado que no primeiro episodio un xigantesxo titán (Que será coñecido posteriormente como Titán Colosal) consegue entrar na cidade . Con el entra un exército de xigantes e prodúcese unha masacre na que a proboación humana queda mermada aínda máis e os poucos que escapan refúxianse na parte interior da cidade, ao amparo das murallas restantes.E ata aquí o argumento. Así de partida é algo que soa moi ben, rollo medieval con xigantes e xente con espadas matándoos. Gore, violencia, intriga e acción son elementos que abundan grazas a este argumento. Sen embargo, o ritmo é moito máis pausado do que un podería pensar en determinados momentos, dado que no anime apenas podemos distinguir tres/catro arcos argumentais en 24/25 episodios(Hai unha OVA): o avance é exasperantemente lento por momentos .
PERSONAXES
Botarémosllo un ollo a personaxe principal e a un personaxe secundario chamado Levi:-Eren: rapaz que perde á súa nai no primeiro capítulo do anime co ataque dos titáns. Debido a este feito decide facerse membro dun corpo de élite que se dedica a matar titáns na medida do posíbel e a estudar as súas debilidades. Ao comezo , a pesar de tental o con tódalas súas forzas resulta ser bastante negado no uso dos aparellos pra loitar contra os titáns pero despois colle práctica e consegue un manexo bastante razoábel.
É o protagonista principal da historia e unha peza clave na loita contra os titáns SPOILER A PARTIR DAQUÍ dado que é un dos poucos humanos coñecidos que ten a habilidade de transformarse en titán ao provocarse dor, o cal deixa entrever que os titáns son froito de certo experimento e o pai de Eren tivo algo que ver e Eren podería ser a única esperanzaz da humanidade FIN DO SPOILER.
-Levi: este personaxe é o xefe da brigada anti-titáns e probábelmente o personaxe máis "cool" de toda a serie.É o único capaz de cargarse a varios titáns a un tempo sen ningún rasguño grazas á súa combinación de velocidade, axilidade e precisión, algo que fai que os seus subordinados o respeiten, a pesar de que el os considere como ferramentas,non como compañeiros.
É unha persoa moi seria, pechada, queda e metódica que mantén unha disciplina de ferro pra darse a respeitar. Non obstante, en certos momentos vese que os seus costumes poden ser modificábeis no caso de esbozar plans na súa cabeza contra os titáns, aínda que ao resto do mundo lle parezán unha loucura.
Algo curioso con este anime é que en enquisas de popularidade Levi desbancou aos protagonistas como personaxe máis popular.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é boa, creo que fai un bo traballo ao capturar a esencia e ambiente do manga: todo é moi escuro e tétrico. Iso non quere dicir que, se temos en conta que pode chegar a haber moitas cousas en pantalla, con centos de soldados e titáns, pódense observar baixóns na calidade.Respeito do deseño de personaxes é bastante fiel ao manga na maioría dos casos, aínda que hai algunha excepción.
A BSO mola, o primeiro opening é o mellor de 2013, na miña opinión, e o segundo non mola tanto pero soa ben. Ademáis, as melodías que soan durante o anime contribúen a crear tensión. Aquí un exemplo:
CONCLUSIÓN
Había un hype enorme con este anime. Todo o mundo vía o anime e dicían que era boísimo, o mellor en non sei canto tempo...Creo que dicir tanto é pasarse, porque a pesar de que é bo, a nivel argumental é moi mellorábel(A pesar de que a premisa básica sexa moi interesante).Notábel.
Nota: 8.0
CRiTiCa ANiMe: Shingeki no Kyojin ( Attack on the titan )
domingo, 19 de xaneiro de 2014
Posted by OGSN
Tag :// accion,
Tag :// Attack on the titan,
Tag :// drama,
Tag :// Nota entre 8 e 9,
Tag :// seinen,
Tag :// Shingeki no Kyojin
Boas! Hoxe falaremos dun webcomic chamado Diamond Dust(Polvo de diamante), que recentemente rematei de ler. Pra ser un webcomic con estilo de manga(Manhwa pra ser exactos) a verdade é que ten unha calidade argumental bastante importante.
O estilo de debuxo é coma nos manhwa 4 koma, cunha soa tira vertical na que se poñen tódolos "cadros" ou komas de cada capítulo. Así, de que vai?
Este webcomic conta a historia dunha pianista coreana que é unha nena prodixio e cando aínda é nova xa toca en grandes recitais. Sen embargo, a súa vida non está chea de rosas dado que o seu pai presíonaa demasiado e tanto este como a súa nai evitan que a rapaza teña unha vida normal coma as outras nenas da súa idade. Aos poucos capítulos de comezar o manga o pai da rapaza morre , algo que a traumatiza, a pesar do odio que sentía cara el. Este suceso resulta en que a rapaza se vexa incapaz de tocar o piano dado que os seus dedos non se dan estirado e están sempre encollidos, sen importar o que ela intente.
Asi , vese á rapaza na actualidad, xa unha muller, deprimida e sen esperanzas de futuro, como se mostra por tódolos seus intentos de suicidio. Isto cambia cano coñece ao contante dun grupo de quen remata por namorarse e que lle axuda a curar o seu problema e fai que poida tocar o piano outra vez. Agora ven o spoiler: o mozo remata por morrer por mor dunha enfermidade terminal cerebral, de xeito que esquece pouco a pouco as letras que compuxo e remata por morrer, algo que devasta á rapaza pero tamén lle da forzas pra seguir, nun intento de cumprir o último desexo do rapaz.
En resumo é un manga relativamente interesante, altamente predecíbel a partir de certo punto pero non por iso menos disfrutábel. Notábel
Nota: 7.0
Tag :// Diamond Dust,
Tag :// drama,
Tag :// Manga,
Tag :// manhwa,
Tag :// romance,
Tag :// seinen,
Tag :// traxedia,
Tag :// webcomic
Boas! Hoxe falaremos dun anime que foi bastante famoso o ano pasado , Sword Art Online, unha adaptación dunha serie de novelas lixeiras . Así, o anime só cubre as 4 primeiras novelas lixeiras de algo así como 9 que hai na actualidade( e a serie están sen pechar) polo que é probábel que haxe máis temporadas de anime. Imos co argumento!
ARGUMENTO
Pra comezar , dicir que é imposíbel falar do argumento do anime completo sen dar spoilers(polo menos máis dos que proporcionan páxinas como wikipedia cando miras en dita sección) polo que dividirei o argumento en dous: primeiro arco e segundo arco. Imos co primeiro arco:Primeiro arco, Sword Art Online(SAO):
A historia vai sobre que no futuro, neste planeta, hai unha tecnoloxía chamada Full Dive(imaxínese dito cun acento xaponés importante) que permite xogar a xogos dun xeito moito máis realista, dado que dita tecnoloxía consiste nun periférico que se pon na cabeza a modo de casco e permite que o cerebro do xogador se meta dentro do xogo. Así, pra provocar diferentes sensacións no xogador en función do que ocorre no xogo envíanse diferentes impulsos eléctricos a zoas do cerebro, o que fai, por exemplo, que o xogador poida sentir o aire ou cousas así.
O protagonista da historia Kirito(aka Kirigaya Haruto, o de Kirito é o nome do seu avatar, un xogo de palabras do seu nome e o seu apelido) , un dos privilexiados beta-testers de SAO, un xogo que funciona con Full Dive que está no primeiro día de lanzamento oficial do xogo. Así, Kiriito é un tipo solitario pero coñece a un novato chamado Klein e ensínalle como cazar monstros: os sistema de combate non ten maxias e ox xogadores teñen que moverse cando sintan unha especie de "trigge" pra executar un combo. Todo vai ben e pásano ben ata que Klein quere desconectarse. Tenta facelo pero o botón de desconexión do menú non está. Kirito intenta facer o mesmo pero o seu botón de desconexión tampouco está . Así, pensan que se trata dun bug e non se preocupan demasiado pero de súpeto son transportados á cidade central do xogo, "town of begginings" . Alí, o creador do xogo , Kayama Akihito, dilles que están secuestrados dentro do xogo e que ata que cheguen ao último nivel non poderán marchar. Ademáis , dilles que pra darlle máis emoción se morren no xogo morrerán na realidade, dado que o NerveGear, nome do periférico que implementa o FullDive con forma de casco, emitirá unhas ondas nocivas que fritirán o seu cerebro. Pra despedirse, fai que cada un deles teña a mesma imaxe no xogo que na realidade(dado que antes xogaban con avatares) e desaparece.
Aquí comeza a historia, o anterior sucede máis ou menos no primeiro capítulo. Despois, explórase máis o mundo de SAO e Kirito e os outros habitantes corren moitas aventuras. Por defecto está despregada a sinopse do resto do arco e do segundo arco, se queres podes ocultala ao pulsar ocultar.
Ocultar
Basicamente, a idea é moi boa: eu son fan dun manhwa chamado Yureka que vai basicamente do mesmo salvo porque non se quedan atrapados e non morren na realidade se morren no xogo. Sen embargo, SAO peca de ser demasiado pausado, hai unha falta de tensión importante. Teñamos en conta que Kirito cada vez coñece a máis xente, a destacar Asuna, de que sen namora e coa que se prantexa ter unha vida en SAO. Aínda así, hai moitos capítulos que son altamente prescindíbeis porque están os míticos capítulos nos que se presenta a un personaxe que morre no mesmo capítulo e capítulos nos que non loitan. As esceas de acción están moi ben pero se temos en conta o esceario eu notei en falla moita acción.
A medida que pasan os capítulos Kirito e o resto de xogadores ascenden os pisos do castelo ata que chegan ao último piso. Chegados a este punto descóbrese que o comandante dos bos, Heatcliff é en realidade o creador do xogo , que se creou un persoaxe inmortal, o cal fai que sexa imposíbel de vencer. Sen embargo, quítase a inmortalidade durante a pelexa con Kirito pra pelexar limpamente. Kirito perde pero consegue non morrer e seguir vivo o tempo suficiente como pra matar ao creador do xogo, co que libera a todos e convértese no campión.
Segundo arco , Alfheim (ALO):
Unha vez que Kirito volve ao mundo real dase conta de que Asuna non espertou e despois de certas pesquisas de xente que estaba con el en SAO descobre que está présa nun xogo chamado ALO. Este arco perde bastante no tema de que se morren non morren na vida real, entón a parte dramática sofre moito.
Así, basicamente Kirito , coa axuda da súa irmá-prima (que non sabe que é ela ata tempo despois) e con outra xente consegue rescatar a Asuna das garras do malvado, que resulta ser un dos homes de confianza do pai de Asuna. Despois de matalo no xogo deféndese del na vida real cando o ataca, e así pecha o círculo.
Algo curioso é que na última batalla de ALO resulta que Kirito gaña grazas ao creador de SAO, que resulta que non morreu e quedou coma un espírito virtual, algo que non tivo moito senso, dado que non podes facer volver a un vilán tan campantemente, convertilo en bo e aínda por riba tentar xustificar o que fixo. Mira Spiderman 3 XD.

A medida que pasan os capítulos Kirito e o resto de xogadores ascenden os pisos do castelo ata que chegan ao último piso. Chegados a este punto descóbrese que o comandante dos bos, Heatcliff é en realidade o creador do xogo , que se creou un persoaxe inmortal, o cal fai que sexa imposíbel de vencer. Sen embargo, quítase a inmortalidade durante a pelexa con Kirito pra pelexar limpamente. Kirito perde pero consegue non morrer e seguir vivo o tempo suficiente como pra matar ao creador do xogo, co que libera a todos e convértese no campión.
Segundo arco , Alfheim (ALO):
Unha vez que Kirito volve ao mundo real dase conta de que Asuna non espertou e despois de certas pesquisas de xente que estaba con el en SAO descobre que está présa nun xogo chamado ALO. Este arco perde bastante no tema de que se morren non morren na vida real, entón a parte dramática sofre moito.
Así, basicamente Kirito , coa axuda da súa irmá-prima (que non sabe que é ela ata tempo despois) e con outra xente consegue rescatar a Asuna das garras do malvado, que resulta ser un dos homes de confianza do pai de Asuna. Despois de matalo no xogo deféndese del na vida real cando o ataca, e así pecha o círculo.
Algo curioso é que na última batalla de ALO resulta que Kirito gaña grazas ao creador de SAO, que resulta que non morreu e quedou coma un espírito virtual, algo que non tivo moito senso, dado que non podes facer volver a un vilán tan campantemente, convertilo en bo e aínda por riba tentar xustificar o que fixo. Mira Spiderman 3 XD.
PERSONAXES
Só falarei dos principais e non de todos , dado que doutro xeito sería un spoiler importante XD-Kirito:
Kirito é o personaxe principal da historia. Cumpre bastantes aspectos do arquetipo de de male lead shonen: persoa introcertida que ten moi poucos amigos e que apenas se relaciona que ten un talento oculto(neste caso, xogar a SAO ) e que pouco a pouco convértese no hero que todos necesitan.
Kiriito é moi frío ao principio, apenas se xunta con outros xogadores pra formar parties e decide usar a súa experciencia como beta-tester do xogo pra gañar experiencia rápido e poder loitar só. Sen embargo, a situación vólvese insostíbel chegado a certo punto, cando queda en evidencia que pra derrotar aos xefes é necesaria unha colaboración por parte dun gran número de xogadores, o que remata con Kiriito nunha party.
A medida que avanza a historia Kiriito vólvese máis aberto e no segundo arco argumental do anime é unha persoa moi diferente de cando era ao comezo, con moitos amigos e cun carácter moi heroico.
-Asuna: heroina feminina da historia . É unha rapaza moi guapa que ao comezo non cinfía en ninguén e segue un rumbo parecido a Kiriito: sempre esttá soa. Sen embargo, dado que Kiriito e ela son bastante similares despois de moitas tribulacións, rivalidades e outra serie de experiencias rematan xuntos, algo que se pode saber dende aproximadamente dous segundos despois de que se coñezan. O seu nuvel de importancia é bastante grande na historia: é unha personaxe fundamental no primeiro arco, dado que é a única persoa pola que Kiriito está disposto a arriscar a vida i é unha persoaxe bastante importante no segundo arco, aínda que apenas intervén directamente.
-Klein: Klein é un novato neste tipo de xogos polo que no primeiro día de conexión pídelle consellos a Kiriito e grazas a este consegue matar o seu primeiro monstro. Logo do gran evento onde o creador do xogo lles anuncia que están atrapados no xogo sepárase de Kiriito e as súas aparicións vólvense recurrentes, como aliado na batalla.
Klein é un tipo normal, con pouca sorte coas mozas pero sen dúbida moito máis social que Kiriito e que non dubida en axudar aos demáis dende o primeiro momento do xogo.
-Leafa: conste que esta personaxe é do segundo arco argumental, polo que todo o relativo a ela podería ser considerado como un spoiler.
O caso é que cando se nos presenta a Leafa no segundo arco argumental , aos poucos momentos xa nos percatamos de que é unha rapaza con carácter, orgullosa e con toques tsundere que é moi probábel que acabe por ser unha heroína e un posíbel interese romántico pra Kiriito, algo que interferiría co seu amor por Asuna. Sen embargo, o percal resólvese rápido dado que Leafa resulta ser a irmá-prima de Kiriito, quen se namora del sen saber que é Kiriito e que despois se sinte moi doída .
É unha persoa moi alegre e unha das guerreiras máis poderosas nese mundo, se cadra porque no mundo real é unha experta en Kento.
-Yui: é unha IA(Intelexencia Artificial) xerada polo propio xogo de SAO o suficientemente avanzada como pra ter unha conciencia propia e desenrolar sentimentos. Asuna e Kiriito fanse cargo dela cando a coñecen e adóptana coma a súa filla. Unha vez remata o arco de SAO, debido a un bug e a unha serie de cousas máis Yui é transferida ao novo xogo e posteriormente ao teléfono de Kiriito.

ANIMACIÓN E BANDA SONORA
A animación está bastante ben i é especialmente destacábel nas esceas de acción, concretamente a batalla final de cada arco argumental e algunha que outra batalla contra xefes están moi ben, con movementos moi ben coregrafiados.O anime ten detalles bastante bos no tema da ambientación, tenta imitar o aspeito que terían os menús e cousas así, algo de agradecer.
A banda sonora está bastante ben, particularmente boas son as cancións épicas aínda que o resto das cancións tampouco están mal, o que pasa é que non son tan espectaculares.
CONCLUSIÓN
Sword art online é un anime que está ben pero que podería ter sido moito máis, dado que a idea inicial creoume unhas expectativas que non se viron realizadas totalmente. Non obstante , notábel.Nota: 8.5
Tag :// Anime,
Tag :// comedia,
Tag :// drama,
Tag :// rpg,
Tag :// SAO,
Tag :// shonen,
Tag :// Sword Art Online
Novamente falaremos dun shonen-comedia-ecchi , pero esta vez con toques de.....incesto! XD Así, de que vai este manga ?
Conta a historia dun rapaz que ve como a súa vida cambiar por completo cando sua nai morre . Así, queda só co seu pai , aínda que este non é de moita axuda dado que sempre está de viaxe polo que o rapaz recorre á súa moza. A situación cambia cando o pai do rapaz volve dunha viaxe e preséntalle á súa nova madrastra , unha rapaza da súa idade. O rapaz non o toma moi ben dado que pensa que o seu pai se volveu tolo aínda que despois remata por aceptalo debido ás circustancias do "matrimonio" . Así, comeza unha historia no que o rapaz se verá envolto en todo tipo de situacións nas que deberá elexir entre a súa moza e a súa suposta "nai" dado que ámabalas dúas mozas son moi guapas.
É un manga bastante curto e aínda así estira a trama, aínda que non en demasía, algo que se agradece.
Non é algo argumentalmente profundo, é un manga pra ler nun momento de aburrimento , non esperes unha obra mestra XD.
Se falamos do debuxo é correcto con picos de calidades ao debuxar a algunhas personaxes femininas (Que raro XD ) .
En resumo, un manga altamente pasábel. Aprobado raspado.
Nota: 5.0
Aquí comento Gekiryuuchi, un manga de nome bastante complicado de pronunciar , que nos mete de cheo no mundo das pelexas calexeiras dun xeito moito bastante realista e cun argumento que serve de fío enlazador das distintas pelexas do noso protagonista.
A historia que se nos presenta é a de Kei, un estidante do que todos abusan e que recibe constantes palizas , algo que fai da súa vida escolar un inferno. Ademáis, está o feito de que non pode soportar a culpa de ter sobrevivido despois de que un amigo seu e máis Kei decidise tirarse nunha ponte para sucidarse: Kei sobreviviu mentres que o seu amigo, Akira, non. Isto supuxo que Kei comezase a ser odiado por moita xente e conduciu á vida que ten ao comezo da historia.
Sen embargo, a vida de Kei da un xira de 180 grados cado , mentres navega por Internet, atopa unha web chamada "Over bleed". Nesa web móstranse vídeos de pelexas calexeiras a morte, sen reglas : unha auténtica loita pola supervivencia entre dúas persoas. A sorprese de Kei é maiúscula cando ve que alguén chamado Bunen , quen se parece moitísimo a Akira , aparece nos vídeos.
Convencido de que Bunen é Akira e quere que Kei o atope para redimilo dese mundo, Kei decide meterse no mundo das pelexas calexeiras para descubrir a verdade sobre Bunen e ao mesmo tempo descubrirse a si mesmo.
A única pega salientábel (de feito fai que moita xente lle de calificacións baixas ao manga ) que lle atopo a este manga é que é bastante curto , o final foi demaisado apresurado na miña opinión. Polo demáis, o debuxo é bastante bo, pero sobre todo ten unha boa historia que te atrapa desde o primeiro capítulo Pelexas, sangue, amizade, culpa.....todo iso se da cita neste manga.
Nota: 7
Tag :// accion,
Tag :// dog fights,
Tag :// drama,
Tag :// Gekiryuiichi,
Tag :// Manga,
Tag :// Nota entre 7 e 8,
Tag :// Over Bleed,
Tag :// seinen