Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 5 de marzo de 2013


Boas! Hoxe falaremos dun anime que foi bastante famoso o ano pasado , Sword Art Online, unha adaptación dunha serie de novelas lixeiras . Así, o anime só cubre as 4 primeiras novelas lixeiras de algo así como 9 que hai na actualidade( e a serie están sen pechar) polo que é probábel que haxe máis temporadas de anime. Imos co argumento!

ARGUMENTO

Pra comezar , dicir que é imposíbel falar do argumento do anime completo sen dar spoilers(polo menos máis dos que proporcionan páxinas como wikipedia cando miras en dita sección) polo que dividirei o argumento en dous: primeiro arco e segundo arco. Imos co primeiro arco:
Primeiro arco, Sword Art Online(SAO):
A historia vai sobre que no futuro, neste planeta, hai unha tecnoloxía chamada Full Dive(imaxínese dito cun acento xaponés importante) que permite xogar a xogos dun xeito moito máis realista, dado que dita tecnoloxía consiste nun periférico que se pon na cabeza a modo de casco e permite que o cerebro do xogador se meta dentro do xogo. Así, pra provocar diferentes sensacións no xogador en función do que ocorre no xogo envíanse diferentes impulsos eléctricos a zoas do cerebro, o que fai, por exemplo, que o xogador poida sentir o aire ou cousas así.
O protagonista da historia Kirito(aka Kirigaya Haruto, o de Kirito é o nome do seu avatar, un xogo de palabras do seu nome e o seu apelido) , un dos privilexiados beta-testers de SAO, un xogo que funciona con Full Dive que está no primeiro día de lanzamento oficial do xogo. Así, Kiriito é un tipo solitario pero coñece a un novato chamado Klein e ensínalle como cazar monstros: os sistema de combate non ten maxias e ox xogadores teñen que moverse cando sintan unha especie de "trigge" pra executar un combo. Todo vai ben e pásano ben ata que Klein quere desconectarse. Tenta facelo pero o botón de desconexión do menú non está. Kirito intenta facer o mesmo pero o seu botón de desconexión tampouco está . Así, pensan que se trata dun bug e non se preocupan demasiado pero de súpeto son transportados á cidade central do xogo, "town of begginings" . Alí, o creador do xogo , Kayama Akihito, dilles que están secuestrados dentro do xogo e que ata que cheguen ao último nivel non poderán marchar. Ademáis , dilles que pra darlle máis emoción se morren no xogo morrerán na realidade, dado que o NerveGear, nome do periférico que implementa o FullDive con forma de casco, emitirá unhas ondas nocivas que fritirán o seu cerebro. Pra despedirse, fai que cada un deles teña a mesma imaxe no xogo que na realidade(dado que antes xogaban con avatares) e desaparece.
Aquí comeza a historia, o anterior sucede máis ou menos no primeiro capítulo. Despois, explórase máis o mundo de SAO e Kirito e os outros habitantes corren moitas aventuras. Por defecto está despregada a sinopse do resto do arco e do segundo arco, se queres podes ocultala ao pulsar ocultar.
Ocultar
Basicamente, a idea é moi boa: eu son fan dun manhwa chamado Yureka que vai basicamente do mesmo salvo porque non se quedan atrapados e non morren na realidade se morren no xogo. Sen embargo, SAO peca de ser demasiado pausado, hai unha falta de tensión importante. Teñamos en conta que Kirito cada vez coñece a máis xente, a destacar Asuna, de que sen namora e coa que se prantexa ter unha vida en SAO. Aínda así, hai moitos capítulos que son altamente prescindíbeis porque están os míticos capítulos nos que se presenta a un personaxe que morre no mesmo capítulo e capítulos nos que non loitan. As esceas de acción están moi ben pero se temos en conta o esceario eu notei en falla moita acción.
A medida que pasan os capítulos Kirito e o resto de xogadores ascenden os pisos do castelo ata que chegan ao último piso. Chegados a este punto descóbrese que o comandante dos bos, Heatcliff é en realidade o creador do xogo , que se creou un persoaxe inmortal, o cal fai que sexa imposíbel de vencer. Sen embargo, quítase a inmortalidade durante a pelexa con Kirito pra pelexar limpamente. Kirito perde pero consegue non morrer e seguir vivo o tempo suficiente como pra matar ao creador do xogo, co que libera a todos e convértese no campión.  
Segundo arco , Alfheim (ALO):
Unha vez que Kirito volve ao mundo real dase conta de que Asuna non espertou e despois de certas pesquisas de xente que estaba con el en SAO descobre que está présa nun xogo chamado ALO. Este arco perde bastante no tema de que se morren non morren na vida real, entón a parte dramática sofre moito.
Así, basicamente Kirito , coa axuda da súa irmá-prima (que non sabe que é ela ata tempo despois) e con outra xente consegue rescatar a Asuna das garras do malvado, que resulta ser un dos homes de confianza do pai de Asuna. Despois de matalo no xogo deféndese del na vida real cando o ataca, e así pecha o círculo.
Algo curioso é que na última batalla de ALO resulta que Kirito gaña grazas ao creador de SAO, que resulta que non morreu e quedou coma un espírito virtual, algo que non tivo moito senso, dado que non podes facer volver a un vilán tan campantemente, convertilo en bo e aínda por riba tentar xustificar o que fixo. Mira Spiderman 3 XD.

PERSONAXES

Só falarei dos principais e non de todos , dado que doutro xeito sería un spoiler importante XD
-Kirito:
Kirito é o personaxe principal da historia. Cumpre bastantes aspectos do arquetipo de de male lead shonen: persoa introcertida que ten moi poucos amigos e que apenas se relaciona que ten un talento oculto(neste caso, xogar a SAO ) e que pouco a pouco convértese no hero que todos necesitan.
Kiriito é moi frío ao principio, apenas se xunta con outros xogadores pra formar parties e decide usar a súa experciencia como beta-tester do xogo pra gañar experiencia rápido e poder loitar só. Sen embargo, a situación vólvese insostíbel chegado a certo punto, cando queda en evidencia que pra derrotar aos xefes é necesaria unha colaboración por parte dun gran número de xogadores, o que remata con Kiriito nunha party.
A medida que avanza a historia Kiriito vólvese máis aberto e no segundo arco argumental do anime é unha persoa moi diferente de cando era ao comezo, con moitos amigos e cun carácter moi heroico.
-Asuna: heroina feminina da historia . É unha rapaza moi guapa que ao comezo non cinfía en ninguén e segue un rumbo parecido a Kiriito: sempre esttá soa. Sen embargo, dado que Kiriito e ela son bastante similares despois de moitas tribulacións, rivalidades e outra serie de experiencias rematan xuntos, algo que se pode saber dende aproximadamente dous segundos despois de que se coñezan. O seu nuvel de importancia é bastante grande na historia: é unha personaxe fundamental no primeiro arco, dado que é a única persoa pola que Kiriito está disposto a arriscar a vida i é unha persoaxe bastante importante no segundo arco, aínda que apenas intervén directamente.
-Klein: Klein é un novato neste tipo de xogos polo que no primeiro día de conexión pídelle consellos a Kiriito e grazas a este consegue matar o seu primeiro monstro. Logo do gran evento onde o creador do xogo lles anuncia que están atrapados no xogo sepárase de Kiriito e as súas aparicións vólvense recurrentes, como aliado na batalla.
Klein é un tipo normal, con pouca sorte coas mozas pero sen dúbida moito máis social que Kiriito e que non dubida en axudar aos demáis dende o primeiro momento do xogo.
-Leafa: conste que esta personaxe é do segundo arco argumental, polo que todo o relativo a ela podería ser considerado como un spoiler.
O caso é que cando se nos presenta a Leafa no segundo arco argumental , aos poucos momentos xa nos percatamos de que é unha rapaza con carácter, orgullosa e con toques tsundere que é moi probábel que acabe por ser unha heroína e un posíbel interese romántico pra Kiriito, algo que interferiría co seu amor por Asuna. Sen embargo, o percal resólvese rápido dado que Leafa resulta ser a irmá-prima de Kiriito, quen se namora del sen saber que é Kiriito e que despois se sinte moi doída .
É unha persoa moi alegre e unha das guerreiras máis poderosas nese mundo, se cadra porque no mundo real é unha experta en Kento.
-Yui: é unha IA(Intelexencia Artificial) xerada polo propio xogo de SAO o suficientemente avanzada como pra ter unha conciencia propia e desenrolar sentimentos. Asuna e Kiriito fanse cargo dela cando a coñecen e adóptana coma a súa filla. Unha vez remata o arco de SAO, debido a un bug e a unha serie de cousas máis Yui é transferida ao novo xogo e posteriormente ao teléfono de Kiriito.


ANIMACIÓN E BANDA SONORA

A animación está bastante ben i é especialmente destacábel nas esceas de acción, concretamente a batalla final de cada arco argumental e algunha que outra batalla contra xefes están moi ben, con movementos moi ben coregrafiados.
O anime ten detalles bastante bos no tema da ambientación, tenta imitar o aspeito que terían os menús e cousas así, algo de agradecer.
A banda sonora está bastante ben, particularmente boas son as cancións épicas aínda que o resto das cancións tampouco están mal, o que pasa é que non son tan espectaculares.

CONCLUSIÓN

Sword art online é un anime que está ben pero que podería ter sido moito máis, dado que a idea inicial creoume unhas expectativas que non se viron realizadas totalmente. Non obstante , notábel.


Nota: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //