Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 22 de marzo de 2013


Boas! A verdade é que fai a tempo que non publico no blog , cousa que espero compensar coas vacacións das que disporei a semana que ven. Tentarei publicar unha entrada diaria , o que dará un total de 7 entradas máis tres entradas este finde 10 entradas! Vamos, un fluír, como diría algún XD
O caso, hoxe falo dun dos mellores xogos que levo xogado ultimamente: Epic Battle Fantasy 4, un xogo de rol pra un xogador que pode ser xogado en diferentes páxinas de xogos(Eu xogueino en kongregate). É un xogo flash e podo dicir que realmente non hai nada parecido por ahí que eu coñeza (salvo a súa precuela) , pola súa complexidade e sobre todo duración, porque se fas a maioría de quests o xogo pode durarche máis de 20 horas (Tes a opción de gardar a partida , algo moi necesario , dado que doutro xeito sería imposíbel rematar o xogo XD).
Igual te estás a preguntar por que falo da entrega 4 e non da 3, 2 ou 1. Certo é que podería falar do 3 , dado que é moi similar ao 4 , pero aparte dese o 2 e 1 non son xogos completos na miña opinión, dado que non podes recorrer o mapa, non podes facer quest e en definitiva só se baseaba en pelexar, algo que está ben e tal pero non é un xogo completo. Así, de que vai este Epic Battle Fantasy 4(EBF4 daquí en diante) ?

Argumentalmente non esperedes virguerías XD, é un xogo de navegador. Continúa a historia da terceira parte, aínda que non é necesario tela xogado pra entender a trama. 
Basicamente o tema vai de que poñémonos na pel de catro personaxes(2 homes e dúas mulleres) que conforman a nosa party que teñen que recorrer un mundo relativamente extenso pra evitar a resurreción dunha especie de deidade gatuna que creou ese mundo e que agora quere destruílo. Así, a medida que avanzamos na historia podemos realizar quest secundarias que consisten en buscar certos ítems e entregarllos aos NPC, o cal terá como recompensa outros ítems. 
Hai varios xefes finais, aínda que tampouco demasiados e pra que sexan un pouco de desafío tes que xogar ao xogo en nivel difícil(Hai catro niveis de dificultade:fácil , normal , difícil e épico) .

En canto a xogabilidade , basicamente podes camiñar polo mundo con clicks de rato. Cos mesmos clicks podes interactuar coa xente e abrir cofres e similares, ademáis de iniciar batallas con inimigos. Isto último é un detalle que me gusta bastante , dado que ves no mapa os inimigos que hai e elixes a cales te queres enfrontar, aínda que sí é certo que pra avanzar hai certos inimigos aos que tes que derrotar.
Pra que non poidas coller e desafiar ao xefe final inmediatamente hai un sistema de habilidades especiais que fan que poidas entrar en certas zonas e que adquires a medida que avanzas no xogo, tales como un martelo pra romper rochas, un hacha pra cortar árbores, unhas botas especiais pra camiñar por riba da lava....

Os combates son por turnos e a pesar de ter catro membros na nosa party só podemos combatir contres deles ao mesmo tempo, cun na retaguardia. Ese cuarto membro non poderá intervir na batalla e recuperará vida(no caso de non tela a tope) en cada turno , podendo ser intercambiado por algún dos personaxes de foreground .
As acións que pode realizar cada personaxe son as de atacar, defenderse, as skills(Algo así como maxias, que varían entre personaxes), unha especie de maxias especiais e o uso de ítems.O ataque de cada personaxe, así como o nivel dos feitizos e das habilidades especiais pode mellorar con puntos de experiencia de habilidadades que obtemos á fin de cada batalla.
Cada personaxe conta con varios Limit Break, que son algo así como megaataques que podes executar de vez en cando e que quitan moita vida aos inimigos.
Aparte de poder mellorar as maxias , podes forxar as túas armas e armaduras con ítems pra mellorar as súas propiedades, algo altamente recomendábel.
Pra que o xogo non sexa demasiado complicado é bastante importante usar un dos summons dispoñíbel(esquecíaseme que tamén hai summons tales como dragóns e outros bichos menos guais XD ) pra saber información sobre os inimigos. Só necesitas facelo unha vez por inimigo, de xeito que se te atopas outra vez co mesmo inimigo a información xa estará recollida e poderás consultala ao principio da batalla. Así, se temos en conta que hai diferentes elementos de armas(auga,lume, terra, veneno, rocha,luz, escuridade,xeo) e efectos que se poden producir(stun,poison....) é moi interesante ver a que elemento é débil un inimigo ou , no caso dos xefes, ver que elemento é o que usan e poñer armaduras resistentes a ese elemento. Normalmente con iso non chega e tes que realizar algún tipo de maxia que aumenta a defensa en X por certo(tanto a máxica coma física a poder ser) e curarte constantemente, dado que doutro xeito , se xogas e difícil ou epic os xefes pódenche matar varios personaxes dun golpe.


E ata aquí chegou este pequeno comentario sobre EBF4, espero que probedes o xogo, xa veredes como non vos arrepentides.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //