Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta martial arts. Amosar todas as publicacións


Boas! Medaka Box rematou fai pouco así que toca facer unha comentario sobre este manga. Cómpre dicir que é un manga shonen que estivo na Jump varios anos onde gozous de relativa popularidade, aínda que rematou cancelado polos seus baixos ratings ultimamente.Así, é un manga de corte shonen, con elementos de comedia, artes marciais e moita "filosofía da amizade", cousa tan típica nos mangas desa revista.

Medaka box é un manga que se les o argumento non te fas unha idea no que realmente pasa no manga a partir de certo punto, xa que o argumento só é aplicábel aos primeiros capítulos. Así, ao comezo, o manga é una comedia escolar na que Zenkichi , un rapaz sen ningún talento especial e Medaka, unha rapaza superdotada en todo forman o concello estudantil e poñen unha caixa de suxestións pra intentar cumprir os desexos que os alumnos poñan na caixa. Así, é un coñazo XD. Pero tranquil@s, que a cousa cambia aos poucos capítulos e un pouco aleatoriamente o manga vólvese de acción e pelexas, con xente con superpoderes e pelexas épicas con grandes toques filosóficos polo medio(que poden resultar cansinos) mesturado con sagas nas que tentan que o lector use a cabeza pra desentrañar os misterios en lugar de pelexas á usanza, cos personaxes como detectives con probas de enxeño.
O manga é bastante raro, quero dicir, buscarse lóxica a moitas das cousas que suceden no mesmo é bastante complicado: supoño que iso é parte da graza de ler o manga.

Non é un manga epicamente longo pero ten 20 volumes recopilatorios así que é razoablemente longo pra un manga shonen , se temos en conta que moito tempo non ten un argumento definido XD.

Se falamos de personaxes, algo curioso é que o personaxe máis carismático é Kumagawa Misogi, que non é protagonista, senón un secundario. De feito, cando fixeron a enquisa de popularidade, quedou de primeiro, con que superou a Zenkichi, Medaka e outros principais, algo bastante curioso. Non é tanto curioso se les o manga e ves ao personaxe: é un fenómeno XD. É un vilán, pero ten unha persoalidade moi carismática, ao ser cínico e despiadado pero risoño e alegre a partes iguais(ten moitos cambios de humor). Ademáis, a súa habilidade(Non espoileo XD) tamén fai que sexa un personaxe moi interesante.


Se falamos de debuxo o manga está ben, realmente nótase unha evolución dende o seu comezo ata que remata notábel, hai unha gran melloría na calidade dos trazados. Esta melloría vese reflexada, sobre todo, nos personaxes, tanto masculinos como femeninos, aínda que sobre todo nas personaxes femeninas, típico de mangas con contido ecchi coma este.

Como conclusión, Medaka Box comeza floxo, ten un nó máis que aceptábel e un tramo final bastante malo, polo que se temos en conta todo isto, o cómputo global danos de nota un 6.5.



Nota: 6.5

Recomendación: Medaka Box

domingo, 19 de maio de 2013
Posted by OGSN

Ninjas que viaxan no tempo? WIN. Só con iso xa debería ser suficiente pra ler este manga XD , a verdade é que pra ser un shojo , que se publicou bimensualmente, é un manga altamente disfrutábel por lectores shonen-seinen dado que ten bastante acción (aínda que tamén ten romance ) .Así, de que vai :

Este manga conta a historia de Kagetora e de Beni, dúas persoas separadas por centos de anos no tempo pero que conseguen reunirse no presente. Así, Beni é unha rapaza de Istituto que vive no tempo presente e un día aparece na súa vida Kagetora, un ninja que dos tempos do xapón feudal que parece ser que viaxou no tempo . Resulta que Beni é descendente de Beni-hime, unha princesa á que servía Kagetora, polo que este decide servir a Beni no tempo de hoxe en día . Así, os primeiros capítulos contan as dificultades de Kagetora coa vida moderna e os seus sentimentos contradictorios cara Beni , dado que é exactamente igual que Beni-hime. Logo o manga vólvese moito máis interesante cando descobren como foi que Kagetora conseguiu viaxar no tempo: resulta que hai varias "fisuras espacio-temporais" (XD) e cada unha delas leva a unha época diferente, ben sexa pasado ou futuro. Así, vívense diversas aventuras no pasado, onde hai moitas pelexas de ninjas e xógase bastante co tema das paradoxas temporais , dado que @s personaxes están na mesma época temporal que versións máis novas de sí mesm@s (SPOILER: Se interactúan desaparecen os dous ) .
Logo resulta que na época presente hai varias persoas da mesma época e lugar que Kagetora e que todo está relacionado.

Algo bo do manga é que resolve tódolos misterios que presenta , algúns antes que outros pero todos acaban resoltos. Non conto aquí exactamente aquí que misterios porque sería espoilear demasiado XD.

O debuxo é totalmente shojo, co cal é curioso ver unha pelexa de ninjas con ese estilo de debuxo pero é soportábel XD(Non obstante prefiro o debuxo shonen-seinen) .

Como conclusión, dicir que merece a pena ler este manga dado que o romance está ben levado (non se fai demasiado empalagoso XD ) a pesar de que o estiran moito e os protagonistas teñen que superar moitas dificultades pra estar xuntos. Ademáis, hai moita intriga e misterios que resolver grazas ao elemento de poder viaxar no tempo. Notable alto.


NOTA: 8.75

Recomendación: Shinobi Life

sábado, 22 de decembro de 2012
Posted by OGSN
Between the adult world and the world of kids , there holyland exists. The lenient law and the reality of violence rules . A separate world. In that world, he was there - Kamishiro Yuu . He was , without a doubt , there.

Hoxe falaremos do manga de Holyland de Mori Koji. O manga ten 18 volumes de duración(capítulos semanais) i é do xénero de pelexas calexeiras orientado a unha demografía maiormente seinen(Publicábase na mesma revista que Berserker).Hai un dorama que adapta a historia.
Así, de que vai este manga?

Kamishiro Yuu é un rapaz que asiste a un istituto en Xapón.Sinte que non encaixa en ningún sitio, que non ten ningunha razón pola que loitar, pola que estar vivo, o que fai que esté sumido nunha profunda depresión a maior parte do tempo.
Ten un amigo moito máis risoño ca el e os dous deciden dar unha volta por certo barrio pola noite. O que Kamishiro ve esa noite cambia a súa vida pra sempre: ve como un ex-loitador que por diversas circunstancias rematou na rúa ten unha pelexa. A emoción que sente ao velo fai que lle ferva o sangue, desexa ferventemente experimentar ese mundo por si mesmo. Isto fai que entrene e que grazas á axuda de diversas persoas ascenda no mundo das pelexas calexeiras mentres derrota a moitos adversarios polo camiño, algúns dos cales convértense en amigos seus.
O manga segue unha liña argumental única, é liñal, comeza cando Kamishiro Yuu non é ninguén e remata cando se supón que é o xefe do lugar.

É un manga cun tremendo compoñente psicolóxico, as reflexións de Kamishiro Yuu ou de Izawa, o mentor de Kamishiro, son escalofriantes por momentos e fan a un preguntarse sobre diversos aspectos da conducta humana.
Logo está o de que a maneira na que se contan as pelexas é tremenda, nótase un intenso traballo de documentación detrás: síntes coma se estiveses ti na pelexa a observar e podes imaxinarte os golpes polas detalladas desctipcións que hai, a parte dos propios debuxos, que xa que falamos diso, teñen un nivel alto. Especialmente se falamos  das expresións dos personaxe e especialmente na de Kamishiro, quen ten unha expresión de " non toques as miñas galletas" tremenda XD.

En resumo, probábelmente o mellor manga que lin de pelexas calexeiras onde todo vale, o ring aparece en calquera lugar e a noite é o territorio ideal.


Nota: 8.5

FICHA TÉCNICA

TÍTULO: Holyland(Terra Sagrada)
MANGAKA: Mori Kouji
XÉNERO: seinen, artes marciais, pelexas calexeiras, artes marciais, psicolóxico.
ANO DE SAÍDA:2000
COMPLETO: Si
NÚMERO DE VOLUMES: 18
NÚMERO DE CAPÍTULOS: 182
FRECUENCIA DE SERIALIZACIÓN: Quincenal
REVISTA DE SERIALIZACIÓN: Young Animal
ANIME: Non
DORAMA:Sí

 


Recomendación: Holyland

xoves, 2 de agosto de 2012
Posted by OGSN

Como ben o di o título do post, hoxe falaremos da película de Naruto Shippuden nº 5, a ctitulada blood prison. Teoricamente esta entrada chega algo tarde porque a peli xa saiu en Xapón o ano pasado, pero teñamos en conta que en DVD non saíu ata este ano e dispoñíbel pra ver con subtítulos en inglés non estivo dispoñíbel ata o mes pasado XD. Así que ao dinal non hai tardei tanto XD.
Conste que pra ser unha película de Naruto gustoume bastante, normalmente o argumento é demasiado nimio e cheo de obviedades , con acción demasiado predecíbel e salvo a aparición dalgún personaxe molón(véxase Minato na anteiror peli) non soen ser filmes a ter en conta. Deixémonos de preámbulos, de que vai?

Esta película narra a historia de como Naruto remata préso nunha prisión de máxima seguridade ninja coñecida como Blood Prison por crimes de guerra.  O tema é que Naruto non fixo crimes de guerra , foi un impostor seu, polo que terá que aguantarse cando os seus compañeiros o dexan tirado e remata na presión sen comelo nin bebelo.
Na prisión o garda da prisión aplica unha técnica aos internos que fai que non poidan usar chakra, se intentan usalo unha especie de selo actívase e a persoa sinte unha dor indescripitible, polo que Naruto non ten maneira de loitar.
Dentro da prisión coñece a varios personaxes, algúns dos cales lle suxiren a idea de escapar aínda que ao final decide non facelo.
Respeito da acción, na película a acción real comeza xa pasados 3/4 da mesma ben, cando se pode ver a Naruto en modo senin(do que deducimos que cronolóxicamente está ubicada, como mínimo, entre xusto despois da batalla de Pain e antes de que Naruto aprendese a controlar ao Kyubi) e á invocación Gamabunta, un sapo xigante. Os dous pelexan cun bicho de aspeito bastante raro(ten caez, pés e ás; ten algo parecido a brazos pero son moito máis pequenos en comparación).
Así, a peli trata basicamente de como Naruto ten que tragarse o seu orgullo pra tentar descubrir cal é o motivo polo que o pecharon ahí e que se traen entre mans os garas da prisión, que parecen ter un plan secredo que se está a executar ás súas espaldas.


A nivel animación está ben, é unha película con cores moito máis escuras das que un está afeito a ver  en Naruto, dado que a maior parte da acción sucede na prisión, onde sempre está nuboso e hai un ambiente moi malo, todo tenta ser o máis deprimente posíbel. 
A nivel de pelexas está ben, o que pasa é que ten o mesmo fallo  que en moitas pelis ou capítulos da serie: que se por que non usaches toda a forza desde o principio, que por que non o matas se é mala persoa.....Pero bueno, Naruto é así.
É unha película bastante aceptábel, o argumento floxea pero déixase ver.


Nota: 6


Non confies nas armas cando os teus puños mostraron convicción,usa as túas mans para expresar os teus sentimentos....

Asu no Yoichi é un manga(actualmente completo) de xénero shonen, ecchi e martial arts que se publicou regularmente de manera bimensual na revista  Monthly Shonen Champion.
Ten un anime homónimo de 12 episodios.



Asu no Yoichi conta a historia de certo samurai chamado Yoichi Karasuma, un rapaz adolescente que viviu toda a súa vida nas montañas pero que agora vai vivir na cidade para completar os seu entrenamento por ordes do seu pai.
Así, chega ao dojo Ikaruga e convértese en inquilino do sitio(non paga alquiler, que sorte XD). O caso é que dado que no dojo só están rapazas adolescentes as situacións de comedia ecchi estarán á orde do día e será un recurso altamente empregado.

A medida que avanza a historia descubrimos máis personaxes secundari@s e vemos algunhas pelexas, nas cales Yoichi ten que pelexar contra inimigos varios, pero como é normal, nunca perde ou se o fai gaña pouco despois XD.
Yoichi pelexa usando a espada, unha katana de madeira que usa para realizar técnicas de vento tales como un remuiño ou un un furacán.


O manga é gracioso, dado que aínda que a temática non sexa demasiado novidosa sabe explotar ben os clichés e dar coa fórmula para que sexan graciosos.
Ademáis, os combates que ten son máis ou menos interesantes aínda que non soen durar demasiado tempo xa que en certo modo non son o propósito xeral do manga.
A historia tamén ten elementos de comedia romántica dado que gran parte do cast feminino da serie está namorado de Yoichi, polo que poderíamos categorizar o manga de "harem" segundo isto XD.
Cara o final da historia vólvese un pouco "fantástico de máis" pero tampouco é que non se poida seguir a historia XD.
De feito, en historia é bastante floxo ata máis ou menos os últimos 5 capítulos onde realmente se fai un esforzo por tentar explicar certos sucesos que son recorrentes durante toda a historia e que non se explicaran previamente.





Como conclusión, dicir que é un manga que é divertido , cun debuxo o suficientemente bo como para que o ecchi se vexa ben e no que de vez en cando sae algunha pelexa interesante. Curta, pero interesante XD.
Sen embargo, se o que buscas é unha historia profunda isto non é para ti XD.

Nota: 5.5



Recomendación: Asu no Yoichi

sábado, 14 de xaneiro de 2012
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //