Newest Post
Amosando publicacións coa etiqueta pelis b>. Amosar todas as publicacións
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe toca entrada un luns para falar do especial de One Piece que se emitiu recentemente con motivo do 14th aniversario da serie , que pretendía ilustrar que pasou no xa famoso "timeskip" da serie de manga . Así, teoricamente podería ser considerado canon, dado que os feitos que se contan non son incompatíbeis coa liña temporal normal. Imos co argumento! (Contarei basicamente todo o que pasa por se vos amarga ver o episodio especial, de máis dunha hora de duración , e simplemente queredes saber o argumento XD)
Para comezar o especial faise un resumo rápido dalgúns dos momentos máis famosos da saga de Marineford cunha animación notábelmente diferente que resulta ser un soño de Luffy. Este atópase na selva con Silver Rayleight , quen o está a entrear na arte do Haki. A historia desenrólase aproximadamente na metade do "timeskip" e Luffy xa pode usar Haki de forma correcta entorno a un 50% das veces, aínda que ten certas dificultades, como se demostra en diferentas pelexas con bestas da selva.
A trama en sí é bastante simple: pirata malvado quere destruír ao governo mundial(Que , digo eu, tampouco é algo tan malo, que lle pregunten a Dragon ...XD) pero no seu camiño toma como prisioneiras ás irmás de Boa Hancock, polo que ela e Luffy teñen que rescatalas, hai algunhas pelexas e Luffy remata por gañar despois de perder un par de veces(Que sorpresa, jej).
Saen algúns personaxes como Buggy, de quen descubrimos que segue a ser un cobarde e quere levarse o mérito ou Mihawk e Perona, quen pasan por alí, por dicilo así XD.
O vilá principal é altamente carismático é foi unha agradábel sorpresa. Pareceume tan bo que non me importaría que se fixese unha saga de anime con el, aínda que sei que iso non vai pasar.
Este vilán ten a habilidade da froita do demo More More no mi, que basicamente permítelle facer o que sexa de 1 a 100 veces mellor(Velocidade, forza ou tamaño de cousas..)algo que fai que sexa moi poderoso.
Incluso os secundarios da tripulación do malo son relativamente carismáticos, cunha muller que sabe kempo, un home-peixe e un tipo que ten un poder de cubos.
En canto a nivel de animación, menos o cacho feito a correr para resumir Marineford, está ben, mellor que un capítulo normal pero non esperes Strong World ou Z a nivel de animación porque a iso non chega nin de lonxe.
Nada máis.Aquí o trailer.

Boas! Hoxe falaremos da película número 6 de One Piece, que lera que estaba bastante ben e a verdade é que non me defraudou. Non é Strong World ou Z pero ten certos elementos que fan que sexa un produto moi disfrutábel. Imos co argumento!
A peli conta a historia de como os Mugiwaras chegan a unha nova illa na que os reciben moi amábelmente e lles ofrecen pasar unha semana completamente gratis nun complexo de luxo que ten tódalas comodidades que un poida imaxinar: balneario, banquetes, masaxes....Sen embargo deben pasar unha serie de probas cada día para demostrar que son dignos. Luffy acepta e así rematan por competir nas probas, nas que se produce unha fragmentación do grupo dado que as probas están pensadas para que os diferentes membros se distancien entre sí máis que para gañar ou perder.
SPOILER AHEAD
Todo resulta ser froito dunha flor máxica que o xefe dos da illa ten: dita flor permítelle manter con vida como zombies aos membros da dúa tribulación , dos que só resto el, dado que despois dun naufraxio 50 anos antes do comezo da historia morreran todos. Así, enganan a tódolos piratas que veñen para alimentar á flor cos seus corpos e así prolongar o feitizo un pouco máis.
A animación , xunto coa música , serve para dar unha sensación de depresión e transformar a este shonen nun anime de misterio , ao deixar de lado os combates durante a maior parte da película e centrarse en descubrir misterios, algo bastante novidoso.
Fai xa un tempo que saiu esta peli e a animación parécese máis ben pouco ao anime XD, pero creo que está feito apropósito así para conseguir o que dixen no párrafo anterior.
Aquí o trailer:
En resumo, gustoume bastante, notábel alto.

Nota: 8.0
Recomendación: 6ª Película de One Piece, O Baron Omatsuri e a illa secreta
venres, 20 de xuño de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn
PAM! Entrada sorpresa! O caso é que fun ver a peli que aparece no título , adaptación dunha novela lixeira chamada All you need is kill, que tamén foi adaptada nun manga.
A adaptación é bastante ....libre, e non me refiro ao feito de que candos os americanos adaptan algo os protagonistas pasan a nacionalizarse dos EEUU XD , senón en que hai multitude de detalles da trama que difiren da obra orixinal: a peli traballa sobre a mesma idea base que a novela pero a execución é notábelmente diferente.
Imos co argumento!
No trailer xa espoilean parte da peli, así que ....máis información ca esa non vai aparecer aquí XD. De feito, é curioso que non apareza a esencia da película ata que pasan uns 20 minutos durante os que pensas "Guai, o trailer non conta o comezo da peli senón a metade" e esperas pacientemente que ocorra o que viches no trailer.
A peli comeza con algúns minutos de introdución nos que se di que hai unha raza alieníxena coñecia coma "os miméticos" con aspectos de alien-calamar que chegaron á Terra tempo antes do día de comezo de peli e que teñen gran parte do mundo conquistado. Así, para loitar contra estes miméticos creouse unha unidade de defensa mundial onde os soldados teñen uns exoesqueletos armados ata os dentes para cargarse aliens.
Logo da introdución preséntasenos ao personaxe de Tom Cruise, un oficial de "propaganda" que ten como misión motivar á xente para unirse á resistencia contra os aliens pero que nunca estivo en combate real, algo que cambia cando remata como soldado raso na que vai ser a misión definitiva para gañar a guerra : A recuperación de Francia. Todo é bastante normal ata que descubrimos que debido a certos sucesos o personaxe de Tom Cruise recibe a capacidade de volver atrás no tempo e repetir o día unha e outra vez.
Non conto máis porque sería spoilear pero digamos que Cruise remata por colaborar coa personaxe de Emily Blunt(Coñecida en internet como Full Metal Bitch) para poñer fin á guerra.
Os efectos especiais son a lei, hai que ser realistas. Os aliens-pulpo son chunguísimos e a pesar de que se bota en falta algo de gore(Quero dicir, a xente estoupa, algo de sangue salpicaría non?) o resultado é espectacular: todo é o máis realista posíbel, algo que se consegue ao introducir CGI sobre escearios reais.
Hai movementos bruscos de cámara, algo que normalmente me molesta pero neste caso están ben feitos e contribúen a construír un clima frenético na película, onde os protagonistas poden morrer en calquera momento(E nunca mellor dito).
A nivel de guión é claro que é altamente predecíbel por momento, que abusa de clichés ata a saciedade e que ten un final bastante descafeinado que contentará a moita xente pero que difire en gran medida do da novela dado que SPOILER ALERT na novela Rita palma e o protagonista masculino remata coma un heroe FIN SPOILER ALERT . A cuestión é: Que máis da? Como peli de acción típica do verán cumpre de sobra e entretén o suficiente para pasar un bo rato. Notábel alto.
PD: Full metal bitch. Ahí é nada . http://www.tumblr.com/search/rita+vrataski

Boas! Hoxe falaremos da película de "The wind rises" the Miyazaki, que foi estreada recentemente nos cines españois e que fun ver onte. É probábelmente a pelicula máis madura que leva feito este director ao tratar temas coma os que se tratan da forma que se fan: non é unha película para nenos, estes poden atopala aburrida e trememendamente indiferente. Sen embargo, como película destinada a adultos ten grandes virtudes e unha historia con personaxes cos que empatizar facilmente ao ser bastante estereotipados .
Imos co argumento!
A película é un biopic ou película biográfica da vida dun enxeñeiro aeronáutico xaponés que naceu a comezos do século XX: Jiro . Así, asistimos a unha viaxe dende a súa nenez ata a súa madurez ,tanto no plano real, cos acontecementos que acaecían no mundo naquela época(A gran depresión, terremotos, a segunda guerra mundial) coma no plano onírico con Jiro interactúa cun enxeñeiro italiano.
Non vou falar máis do argumento porque non quero meter spoilers, pero quedádevos con a peli é unha biografía estilo slice of life dos acontecementos que pasaron na vida do enxeñeiro e que culminaron coa creación do caza máis poderoso de Xapón naquel momento: o Zero.
A nivel argumental a película está ben construída: hai unha evolución dos personaxes ao longo do tempo, o seu caracter cambia e podemos observar como diversos acontecementos moldean a súa persoalidade. Sen embargo, a película peca de ser demasiado "simple" en algúns momentos, ao ofrecer momentos dramáticos altamente previsíbeis que non enriquecen a trama.
Para disfrutar na súa totalidade esta película é interesante ter coñecementos básicos de historia, tanto xaponesa como mundial, dado que isto permite entender moitos máis matices. A forma do avión Zero , os terremotos en Xapón, o período Taisho e o Showa, a gran depresión, o nivel de diferenza tecnolóxica entre Europa e Xapón (Por moi raro que pareza hoxe en día) ou simplemente o difícil que eran aqueles tempos para a xente en xeral.
A nivel de OST(BSO) a película é xenial, unha marabilla en tódolos sensos. Combínanse a melodía principal con diferentes melodías secundarias , todas con certa reminiscencia á música italiana. Dalgún xeito recordoume á OST típica dunha peli italiana.Aquí o tema principal:
A nivel de animación tampouco hai ningunha pega que poñer: todo se ve moi fluido, sen baixóns de frames salientábeis . A película intenta ser un cadro en movemento e conségueo moi ben: hai grandes paisaxes coloridas, sobre todo cando se mostra paisaxe que se ve dende un ferrocarril en movemento. Ademáis, tamén se pode observar como eran as cidades naquela época, con tódalas construcións que conformaban o entramado urbano.
E iso foi todo. Notábel alto.

Nota: 8.5
Tag :// Anime,
Tag :// Nota entre 8 e 9,
Tag :// pelis,
Tag :// Se levanta el viento,
Tag :// The wind rises
#manga #anime #ogsn
PROTESTO! UN MOMENTO! MÁIS FRASES QUE NON RECORDO ! XD
Boas! Hoxe falaremos de Gyakuten Sayban(máis coñecido como Phoenix Wright , o de Wright adaptado do de "naruhodo", que seguro que non se escribe así XD, pero que siñifica algo así como "xa vexo") dado que existe unha película live-action sobre dita saga de videoxogos.
Cando un escoita live-action xaponés pensa:"A ver con que truño me sorprenden esta vez". Sen embargo, hai certas producións que non son tan malas, aínda que sen o nivel dunha película normal.
A nivel argumental non hai moito que contar se xogaches aos xogos, dado que o caso/casos que saen na película son os mesmos. Así, atópamonos na película cunha representación con casos do primeiro xogo(Os que teñen a palabra "turnabout" no seu título).Así, ao comezo da peli, na primeira escea, vemos como asasinan á mentora de Phoenix Wright, Mia ; e a o estilo dos xogos os protagonistas investigan ata dar coa verdade. Non digo máis sobre o argumento porque realmente é copy-paste dos xogos XD, así que se queredes saber máis só tedes que mirar o argumento dos casos nos xogos.
O certo é que hai cousas que están ben nesta adaptación, coma ese rollo de xuízo futurista, con grandes máquinas que proxectan imaxes en 3d para que sexan vistas por toda a sala(Cando un xoga ao xogo non se lle ocorre pensar que o que pasa nel requeriría dunha tecnoloxía do copón nalgúns casos XD) . Ademáis, en certo modo, captúrase certa esenza da franquicia: a peli ten os seus momentos graciosos e en certo modo os personaxes están máis ou menos ben construídos a nivel teórico, aínda que se analizamos o fidedignos que son con respeito dos deseños do videoxogo.....mal XD. Creo que quen máis se parece pode ser Maya, dado que ten un aire bastante aproximado. Pero é que o resto....Phoenix Wrihgt parece Son Goku cunha peluca pegada, Edgeworth non é tan cantoso pero tampouco me gustou, Gumshoe non se parece nada(Por iso de que o deseño do personaxe no xogo non é moi xaponés XD)...case se parecen máis os secundarios que os protagonistas.
En resumo, podía ser peor, o certo é que é unha peli soportábel por todo tipo de público, aínda que non sexas fan da saga de videoxogos. Aquí o trailer:

Hi there! Today we'll talk about Z(Pronounced /seto/ more or less XD ) , the latest One Piece Film that was released in 2012. It was an expected film and I was quite eager to see it cause Oda himself was involved in the plot of the film.Thus, this film has some elements that could be considered canon to the main story. Let's talk about the plot!
This film tells us the story of an ex-almirant called Z. This Z is the villain of the film , the main antagonist , that wants to use bombs to destroy several points of the ocean, something that would lead to the destruction of all the pirates of the world(along with the rest of the people in the world XD ).
The film is about the reasons that Z has to destroy the all the pirates of the world, something that the Mugiwara's and the Navy has to stop(because of obvious reasons XD ). It seems that the guy had a lot of troubles when he was young and a lot of casualties happened while he was on charge, something that ended up being a motivation for him, his purpose.
Z is the most powerful enemy that the Mugiwara's have ever faced: he is an ex-almirant that can use haki and has a giant arm made of kairoseki, so akuma no mi users have it tough against him.
The film is kind of interesting because it shows how the world was prior to the main events of the story and a lot of different characters appear in it: All of the admirals, Kobi, Helmepppo, Garp .....and the Mugiwara's after the time skip, with a lot of power ups and all XD(And SPOILER START some of them 10 years younger SPOILER END) .
To sum up, the film is good. It has a lot of action scenes, good plot and a great pace which leads the film to an awesome endings.

Nota: 9.0
Hoxe falarase da tan comentada película de Sora no Otoshimino, Tokejikake, que vin recentemente. Algo é claro: é moi ao estilo do anime, tanto é así que máis da metade da película é amplamente ingnorábel dado qeu se dedica a contar cousas que xa pasaron no anime mediante a repetición de secuencias, un recurso que parece demasiado gratuito. Pero bueno, o interesante ben na segunda metade da película, onde se fala do arco de Hiyori(pra @s lectores do manga un dos mellores) , arco no que se fala de certa rapaz granxeira que resulta ser unha angeloid na Terra, ainda que non sabe realmente o que é. Sen embargo, diversos sucesos fan que a Hiyori da Terra morra e a orixinal de Synapse baixe á Terra a atacar a tódalas angeloids. A batalla está bastante ben animada(de feito non pasa así no manga XD ) e as explosións e ataques son bastante interesantes.
Sen embargo, a conclusión é algo cutre dado que á fin Tomoki convéncea e desperta a Hiyori do seu trance, sen ter lugar un super enfrontamento ou algo XD.
Remata dun xeito notábelmente diferente que o do manga, o cal é unha pena despois dos momentos melodramáticos(incrible XD ) cando todos esquecen a existencia de Hiyori agás Tomoki. Pero bueno. é un final digno.
Sen dúbida, as mellores cousas da peli son a batalla contra Hiyori e sobre todo a escea que da comezo á peli, un dos maiores WTF!? que levo visto. Basicamente é un enfrontamneto dunha Sohara xigante contra un polo xigante. Épico XD
Máis información en : http://angryanimebitches.com/2012/03/sora-no-otoshimono-tokeijikake-no-angeloid-movie-review/
Nota: 7.5
Tag :// Anime,
Tag :// comedia,
Tag :// ecchi,
Tag :// Nota entre 7 e 8,
Tag :// pelis,
Tag :// shonen,
Tag :// Sora no Otoshimono
Hoxe non falaremos de anime como tal, aínda que así de animación. Así, comentarei esta película de animación en 3 dimensións baseada no célebre personaxe de Hergé ,Tintín. Así, de que vai esta película?
Esta película sitúase aos comezos da historia de Tintín, cando este comeza a ser coñecido polas hazañas como reporteiro en París.
A historia comeza cando Tintín sae a pasear xunto co seu cadelo Milú e atopa certo posto de antigüidades. Nel ven algo que lle chama a atención, unha maqueta dun barco moi ben feita, chea de detalles. Acto seguido, decide comprar a maqueta a pesar das insistencias dun home que intenta recomprar a maqueta a Tintín, sen que esta ceda.
O anterior é o detonante dunha cadea de acontecementos que levará a Tintín por todo o mundo, xa que ese barco contén unha das pistas necesarias para topar un gran tesouro.
Na aventura acompañará a Tintín a partir de certo punto da historia o capitán Hadoc, quen se mostra retratado coma un home arisco e insociábel, con problemas co alcohol e que perdeu a chaveta pero que logo de deixar o alcohol decide axudar a Tintín no seu propósito.
A nivel artístico é unha película sublime: as luces e as sombras están moi ben detalladas e serven para realzar os rostros d@s personaxes nos momentos precisos.
Se falamos de deseño de personaxes, atoparémonos con que non só de todo fieis ao estilo mostrado por Hergé, sobre todo Tintín, aínda que unha vez afeitos ao cambio nótase que se puxo moito empeño en capturar as expresións dos personaxes en cada momento, sendo especialmente boas as expresións de tristeza.
A película desenvólvese en moitos escenarios diferentes, dende pequenas habitacións de París ata amplos desertos no Sáhara, non perdendo o seu selo de calidade en ningún momento mostrándonos construcións realistas cunha física ben lograda, como se observa por exemplo no caso de explosións de fachadas.
En resumo, unha película imprescindíbel para todo fan de Tintín e para o público en xeral, cun deseño de personaxes e de escenarios brilante e cunha historia adaptada dun comic dun xeito máis que satisfactorio.
Tag :// pelis,
Tag :// Tintín e o segredo do unicornio
Aquí falarei da pelicula de Jigoku-hen de bleach(Bleach Hell Chapter) , cuarta película de Bleach que tivo de promoción un capítulo de manga especial .
Así de que vai(evidentemente contén spoilers)?
Cronoloxicamente, sitúase xusto despois do combate de Ichigo con Ulquiorra, recapitulando un pouco desa batalla ao comezo do filme. Así, Ichigo e compañía seguen coa súa pacífica(?) vida escolar cando aparecen uns individuos con máscaras e póñense a atacar a escola de Ichigo. Renji e Rukia, que estaban alí tamén, axúdanlles a combatilos pero a pesar dos esforzos de Ichigo a irmá de Ichigo, Yuzu, é raptada e levada ao inferno. Así, grazas á axuda de certo individuo que pasaba por alí (XD) , conseguen derrotar aos homes das máscaras. Este individuo di ser un pecador, isto é, alguén que ven do inferno e que pode levar a Ichigo e aos seus amigos ao inferno. Así, Ichigo, Renji, Rukia, Chad e este individuo van ao inferno.O inverno parece estar dividio en varios niveis, polo que o obxectivo é chegar ao último nivel para rescatar a Yuzu. Así, teñen que derrotar aos mesmos homes enmascarados e a uns xigantes que son os encargados de manter a orde no inferno, de xeito que comen vivos aos pecadores unha e outra vez, dado que no inferno os pecadores resucitan unha vez de mortos, aínda que tardan algún tempo.
Despois de diversas batallas, Ichigo consegue chegar ata o último nivel do inferno para atoparse con que a persoa que o estivo axudadando(ao que eu chamo individuo) é en realidade o xefe dos bandidos, quen quere usar o poder de Hollow Ichigo para escapar do inferno. Así, comeza a batalla entre Hollow Ichigo e o xefe dos bandidos e a cadea que mantén ao xefe dos bandidos preso está a punto de ser cortada pero no último momento Ichigo recupera o coñecemento e non corta a cadea e salva a Yuzu, quen xa parecía que estaba morta , pero ao final non o está e ssálvase(sexamos realistas, alguén esperaba que estivese morta? demasiado predecible XD, eso e o de que o xefe dos bandidos sea malo XD). Todos os amigos de Ichigo sacrificáronse para salvalo polo que este decide volver ao inferno para salvalos, derrotando finalmente ao malo malísimo grazas ao poder do inferno cunha nova forma na que ten parte da cara cuberta cunha calaveira e o seu reiatsu pasa de ser azul a amarelo.
A película non está mal, ten bastantes momentos de acción e a trama é máis ou menos decente, dado que presenta a existencia do inferno como escenario da trama ampliando o universo Bleach. Non obstante, é horriblemente predecíbel XD e iso réstalle moitos puntos XD. Aquí o trailer: