Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :xoves, 1 de maio de 2014
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos da película de "The wind rises" the Miyazaki, que foi estreada recentemente nos cines españois e que fun ver onte. É probábelmente a pelicula máis madura que leva feito este director ao tratar temas coma os que se tratan da forma que se fan: non é unha película para nenos, estes poden atopala aburrida e trememendamente indiferente. Sen embargo, como película destinada a adultos ten grandes virtudes e unha historia con personaxes cos que empatizar facilmente ao ser bastante estereotipados .
Imos co argumento!
A película é un biopic ou película biográfica da vida dun enxeñeiro aeronáutico xaponés que naceu a comezos do século XX: Jiro . Así, asistimos a unha viaxe dende a súa nenez ata a súa madurez ,tanto no plano real, cos acontecementos que acaecían no mundo naquela época(A gran depresión, terremotos, a segunda guerra mundial) coma no plano onírico con Jiro interactúa cun enxeñeiro italiano.
Non vou falar máis do argumento porque non quero meter spoilers, pero quedádevos con a peli é unha biografía estilo slice of life dos acontecementos que pasaron na vida do enxeñeiro e que culminaron coa creación do caza máis poderoso de Xapón naquel momento: o Zero.
A nivel argumental a película está ben construída: hai unha evolución dos personaxes ao longo do tempo, o seu caracter cambia e podemos observar como diversos acontecementos moldean a súa persoalidade. Sen embargo, a película peca de ser demasiado "simple" en algúns momentos, ao ofrecer momentos dramáticos altamente previsíbeis que non enriquecen a trama.
Para disfrutar na súa totalidade esta película é interesante ter coñecementos básicos de historia, tanto xaponesa como mundial, dado que isto permite entender moitos máis matices. A forma do avión Zero , os terremotos en Xapón, o período Taisho e o Showa, a gran depresión, o nivel de diferenza tecnolóxica entre Europa e Xapón (Por moi raro que pareza hoxe en día) ou simplemente o difícil que eran aqueles tempos para a xente en xeral.
A nivel de OST(BSO) a película é xenial, unha marabilla en tódolos sensos. Combínanse a melodía principal con diferentes melodías secundarias , todas con certa reminiscencia á música italiana. Dalgún xeito recordoume á OST típica dunha peli italiana.Aquí o tema principal:
A nivel de animación tampouco hai ningunha pega que poñer: todo se ve moi fluido, sen baixóns de frames salientábeis . A película intenta ser un cadro en movemento e conségueo moi ben: hai grandes paisaxes coloridas, sobre todo cando se mostra paisaxe que se ve dende un ferrocarril en movemento. Ademáis, tamén se pode observar como eran as cidades naquela época, con tódalas construcións que conformaban o entramado urbano.
E iso foi todo. Notábel alto.

Nota: 8.5
- Back to Home »
- Anime , Nota entre 8 e 9 , pelis , Se levanta el viento , The wind rises »
- CRiTiCa ANiMe:The wind rises(Levántase o vento)