Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 18 de agosto de 2010


TÍTULO:Suzuka (涼風)
NºCAPS:166
NºTOMOS:18
ANIME:Si(Adapta ata o cap 72 do manga)
XÉNERO:shonen, romance, slice of life.
STATUS:Completa
REVISTA ORIXINAL: Weekly Shonen Magazine
SIMILAR A: Kimi no Iru Machi

166. Ese é o número de capítulos que dura Suzuka(máis dous ou tres especiais, e un manga 4-koma que ocorre despois da historia a modo de gag cómico que aparece nos volumes recopilatorios de Kimi no Iru Machi), unha serie do mesmo autor de Kimi no Iru Machi Kōji Seo, que se publicou na Weekly Shōnen Magazine de 2004 a 2007. A pesar de que o xénero shonen está destinado a varóns de entre 14 a 17 anos e está caracterizado por ser na súa maioría manga de pelexas este non é o caso(Nesa revista hai series coma Fairy Tail, Air Gear, ou Code Breaker, de temática totalmente contraria). E ben que así sexa. Estamos ante un manga que ten unha historia de romance, cos seus amores e desamores que non decae en ningún momento da trama e só se pon mellor e mellor, adoptando un tono bastante realista.Este manga é incriblemente famoso por internet, é raro quen non o lera, así que lino e debo dicir que quedei tremendamente satisfeito. Como comentario aparte, este foi o manga máis longo que lin que xa rematase, certo é que leo outros actualmente que teñen máis deses caps pero a sensación de rematar un manga que pase de 150 caps(unha duración longa ao meu entender) é moi boa e máis neste caso.Vamos co argumento:

Suzuka conta a historia de Yamato Akitsuki, o protagonista masculino da historia e Asashina Suzuka, a protagonista feminina da historia. Así, Yamato namórase a primeira vista de Suzuka cando a ve por primeira vez na pista de atletismo practicando o salto de altura, aínda que nese momento Suzuka é totalmente indiferente á súa presenxa pero por diversas circunstancias rematan vivindo en habitacións contiguas dunha casa de baños que rexeita a tía de Yamato.A pesar de ler isto no argumento, non é un manga ecchi, vale que ten os seus momentos pero non é o denominador da trama, o que nunha historia destas características se agradece.
En resumo, poderíamos definir Suzuka coma o camiño que recorren os protagonistas desde que só son uns rapaces ata a idade adulta, con tódolos problemas e atrancos que atopan polo camiño, tal como sucede na vida real.

É unha serie con bastante high school life, e sobre todo, básase no slice of life, historias da vida diaría que pouco a pouco van formando unha historia chea de enrevesamentos que se ben poden parecer forzados a min parecéronme que alongaron a historia o xusto.
Podería contar máis detalles pero sería spoilear e creo que descubrir o argumento é parte da graza deste manga.
Desenrólase en Tokio, e é bastante autobiográfico polo que comenta o autor.
O debuxo é shonen, digo isto porque aínda que non é un manga de pelexas, os personaxes están ben detallados, así coma os lugares, aínda que cecáis se use un estilo que a min non me gusta moito como é usar demasiada sombra.Iso si, se queres romance con debuxos perfectos, le un shojo, está claro.
Como curiosidade , Kimi no Iru Machi está ambientada dous anos despos desta e podemos ver pequenas referencias pola súa parte.
En resumo, unha must-read. Un deses mangas que non abundan, dos que hai un cada moito tempo. Naruto, por exemplo, leva moitos capítulos e sígoa lendo, pero case por inercia. Pola contra , Suzuka ten unha historia que te atrapa desde o primeiro ao último capítulo , cun final deses polos que vale a pena ler o resto do manga. A sensación que me quedou foi de que a súa duración foi curta, pero foi porque non o seguón ao día , soe pasar iso.
En resumo, se che gusta o manga de calidade debería ler este manga,aínda se es reaci@ a meterte a ler romance, leo, xa que eu non son amante do xénero pero teño que recoñecer que isto gustoume.Nada máis.

Nota: 8.75

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //