Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 17 de agosto de 2010


Someone else!
Ben, aquí comento este anime da tempada de primavera 2010 chamado Working!!, dado que lera varias reviews positivas sobre el . É bastante moe, pero non o suficiente como para que o deteste, caso de k-on.
Estamos aquí ante unha comedia de tipo slice of life bastante levadeira e da que me gustou a súa aposta polo humor simple.
ARGUMENTO
Working!! é a historia de como un rapaz chamado  Sota Takanashi  que comeza a traballar nun traballo a tempo parcial nun restaurante familiar dado que queda namorado da estética totalmente kawaii e moe dunha das súas empregadas chamada Popura Taneshima. Como é lóxico nunha serie destas características, historia hai máis ben pouca cousa e céntrase principalmente nas desventuras de Sota no restaurante xa que os traballadores dalí son todos bastante raros por uns motivos ou por outros, dando lugar a un sinfín de situación cómicas. É bastante lixeira de ver, é dicir, humor fácil, simple, dese que podes ver un cap agora e outro nunha semana xa que non segue unha historia senón que son historias independentes ou pequenos arcos de dous ou tres caps.Vamos cos personaxes.
PERSONAXES
-Sona Takanashi: é o protagonista masculino da historia e unha voz en off por momentos. É un rapaz que vai á escola secundaria e que por problemas de cartos ten que traballar no restaurante, xa que vive só coas súas catro irmás.Afóndase bastante no que é a súa historia e o seu pasado. É u npersonaxe interesante xa que pode parecer o máis normal dos traballadores pero ten unha debilidade polas cousas pequenas e lindas, e despreza todo o que sexa maior ou adulto.
-Popura Taneshima: a protagonista feminina da historia , que é moi pequena de altura e ten un aspecto moi infantil aínda que é máis maior que Sona. É moi torpe e aprovéitase diso para facer que os demáis fagan as súas tarefas. É sempre moi activa e sempre está buscando novas cousas que facer.
-Inami: unha rapaza que ten adrofobia, isto é , fobia aos homes, polo que cando ve a un home frecuentemente golpéao o que lle ocasiona moitos problemas . A razón disto decúbrese a medida que avanzan os caps.
- Kyoko: é a manager do restaurante i é moi vaga, polo que sempre deixa que tódalas súas tarefas sexan feitas por Yachiyo.
-Yachiyo : é unha rapaza duns 20 anos que está tolamente namorada de Kyoko polo que sempre fai tódalas darefas da mesma.
-Sato: é o cociñeiro do restaurante, que sempre ten unha actitude máis ou menos fría e seria cara todos aínda que non lles quere mal, é a súa forma de ser.
-Soma: un empregado do restaurante que extorsiona aos demais para que fagan as súas tarefas dado que sempre consegue averiguar os segredos máis prfundos das persoas.
Os personaxes mencionados previamente traballan todos no restaurante e son os principais da histoira, aínda que hai varios secundarios que aparecen en momentos puntuais con máis ou menos importancia.
ANIMACIÓN E BSO
Estamos ante un nivel de animación bo, non fai falta demasiado polo carácter deste anime pero iso non quita que se esforzaron e que ao vela en HD ten moi boas cores e unha transición das imaxes fluída.
Respecto da BSO o opening é un tema rítmico e dinámico, ideal para o contexto no que se dsenrola a acción, o ending está ben pero creo que é mellor o opening. Respecto da música que sona durante os caps non é unha obra mestra, pero cumpre.
CONCLUSIÓN
 Creo que aínda que poida parecer simple o resultado que consegue a través disto é un produto que cumpre as expectativas que se depositan, unha comedia slice of life moi levadeira e fácil de ver dada a simplicidade do argumento . Eu recoméndoa
  

Nota: 9

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //