Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta Nota entre 4 e 5. Amosar todas as publicacións


Hoxe falaremos deste anime que vin porque no ntiña outra cousa que ver naquel momento e que certamente non é un "top" , pero que ten os seus momentos.
A serie animada conta con 12 episodios e logo hai 2 mangas(dos que eu else algo, logo hai máis), un con material máis explícito e o outro non(polo menos no do material explícito hai tetas...no segundo nin iso XD)


ARGUMENTO
Argumentalmente, en canto a premisa polo menos, o anime non é malo. Conta a historia dun rapaz que acaba de entrar na universidade que ten que facerse cargo de tres rapazas (dúas van na escola emdia e a outra está no parvulario) despois de que a irmá do protagonista e o home da mesma morran nun accidente. Así, o protagonista decide acoller ás tres rapazas pra que non estén separadas.
Así dito soa a dramón, especialmente porqe o protagonista ten que traballar en varios traballos pra poder manter ás tres rapazas e tal . nada máis lonxe da realidade: drama pouco , o anime está máis ben orientado a ser un shonen ecchi(pouco) e de comedia sen demasiadas pretensións. A súa filosofía é mostrar o maior número de cousas cute que poida por minuto(véxase a nena pequena ou as outras dúas rapazas, que se supón que son lolis) aínda que tamén está unha amia do protagonista que ten uns peitos notablemente grandes.
Argumentalmente é floxa, é un slice of life sen demasiado contido intrínseco: o que se ve é o que ahi, todo slice of life con momentos de comedia repetitivos e sen graza aderezados con algunha escea que intenta emocionar ao espectador pola súa tenrura. Non o consegue.

 
PERSONAXES

-Yuuta Segawa: protagonista masculino da histoira. É un rapaz bastante inocente que se ve forzado a madurar rápido pra conveterse nun pai de familia e poder coidar ás rapazas.
Así, ao comezo da historia é moi indeciso pero logo cambia e vólvese máis serio.
É un rapaz que é bo, ten unha personalidade que lle soe gostar ás rapazas.

-Sora Takanashi: tsundere da familia. Unha das tres irmás que agora vive con Yuuta. Ë a máis maior das tres e probablemente a máis responsábel.
Axuda a Yuuta en todo o que pode(que basicamente son tarefas da casa) e incluso se prantexa deixar de cantar no coro da súa escoal pra axudar a Yuuta máis tempo.
Ademáis, está namorada secretamente de Yuuta e ponse moi celosa cando Raiak actúa de modo cariñoso con el. É moi parecida a Haruhi Suzumiya.
-Miu Takanashi: a irmá do medio de Sora e Miu. É un persoa moi activa e que sempre tenta ter boa cara a pesar das dificultades , aínda que tamén ten momentos no que está triste.
É moi botada pra diante e sempre intenta vacilar a Yuuta, aínda que suponse que tamén está namorada del.
-Hina Takanashi: é a única que é filla da irmá de Yuuta, as outras dúas son fillas do anterior matrimonio do home da irmá de Yuuta. É unha rapaza moi activa e que ten un aspecto moi cute, polo que os seus diálogos consisten en frases graciosas pronunciadas con acento infantil.
A súa personaxe favorita de anime é Luna-Luna.

Street observation Research Society(Sociedade de obsercación e investigación da rúa): Yuuta pertence a un club(algunhas veces noutros mangas(animes denoinan este tipo de asociacións como "círculos") que basicamente dedícase a....cousas raras XD. Non teñen unha misión en concreto, dedícanse a facer experimentos sobre a sociedade pra analizar o seu comportamenteo, moitas veces sobre Yuuta.
Yuuta entrou no club enganado (xunto cun amigo seu) e agora quédase porque hai unha rapaza da que está namorado no club.
-Raika Oda: rapaza de carácter tremendamente complicado que parece ter sentimentos de afecto ou algo máis cara Yuuta, aínda que non se mostraron explicitamente.
É unha rapaza tremendamente guapa e cun gran corpo, grandes peitos e unha figura que parece a dunha modelo. Sen embargo , rexeitou a tódolos rapaces que se lle confesaron e só lle presta interese a Yuuta.
A maioría das veces parece ser indiferente a todo ao seu arredeor e só parece importalle ela mesma, aínda que algunhas veces móstrase amábel, como cando decide axudar a Yuuta coas súas novas inquilinas.
-Kouichi Nimura: playboy nato que leva saído con media universidade e que por diversas circunstancias remata baixo coacción no mesmo club que Yuuta. 
A  pesar de todo , é unha persoa bastante razoábel e a axuda a Yuuta nos momentos de necesidade.
-Shuntarou Sako: presidente do club , cun carac´ter temendamente posesivo e que só sab captar membros con trampas e estratexias similares.
Ten unha debilidade polas nenas pequenas (lolis) polo que Yuuta intenta que non se entenre de que tres rapazas novas viven con el, pero ao final entérase. Ten un parecido físico bastante importante con certo personaxe de highschool of the dead. Creo que é obvio cal.

 
ANIMACIÓN E BSO

A nimación non necesitaba ser épica e non o é...basicamente cumpre, tódalas cores son moi coloridas e non hai baixóns cantosos, é algo.
A banda sonora suponse que ten que ser potente en momentos e lenta noutros pra mostrar contrastes de drama e felicidade. Consígueo a un 50% digamos.
Aquí o opening:

CONCLUSIÓN

Hai cousas mellores do xénero pra ler. Se queres ver as tetas de Raika le un dos spin-off, en caso contrario, perdes o tempo vendo isto.

NOTA: 4



CRiTiCa ANiMe: Listen to me girls I am your father!

domingo, 24 de xuño de 2012
Posted by OGSN


Oh yeah! He has awakened!
Boas! Aquí comento as dúas tempadas deste anime que se converteu en algo así coma un "clásico" do xénero ecchi comedia, pero que sen dúbida non representa ningún tipo de anime que sexa obrigado ver ou así . A pesar diso, contou con dúas temporadas de 13 episodios cada unha e foi licenciado fóra de Xapón. As posibilidades de que un anime sexa licenciado son proporcionais ao número de tetas que aparezan no mesmo, algo que me parece deprimente XD. Imos co argumento!

ARGUMENTO

Basicamente conta a historia dun rapaz chamado Ikko, quen vive xunto con máis rapazas nun templo en Xapón. O  seu traballo é o de realizar ofrendas aos deuses e ademáis o de exortizar a espíritos malignos e demáis. O curioso é que Ikko é un dos monxes máis poderosos de toda a historia pero despois de activar o seu poder entra nun estado de luxuria incontrolábel que fai que o teña que pensar dúas veces antes de usalo.
 Así, argumento sólido non é que haxa e a trama discorre maiormente entre episodios nos que se mostra  slice-of-life dos personaxes .

Na segunda temporada non é que cambie o argumento, simplemente se profundiza un pouco en cada personaxe e unha nova rapaza é engadida ao harem.
Como se pode observar , argumentalmente é moi floxo, coma moitos animes deste xénero.

PERSONAXES

Só comento algúns
Ikko: protagonista da serie. É o único home (adolescente) nun templo onde só habitan rapazas. É un pervertido de por si e odia as labores do templo, pero ten un poder oculto que o fai ser un dos máis poderosos monxes , aínda que despois de usalo vólvese aínda máis pervertido do que é normalmente.
Chitose: unha das monxas que vive xunto con Ikko no templo. Suponse que é a máis "facendosa" , por chamalo así, de todas e está namorada secretamente de Ikko.

 Logo habitan algunhas rapazas máis no mesmo templo ca Ikko: está Yuuko, unha marimacho de pelo azul que pelexa constantemente con Ikko e anóxase ao darse conta que non ten os peitos tan grandes coma o esto das monxas; Haruka, a máis vella das monxas dalí (aínda que é unha rapaza de istituto) que ten unha actitude despreocupada e a quen non lle importa compracer a Ikko(suponse que é a máis forte das monxas);Sumi, unha rapaza moi boa que é tremendamente amábel con todo o mundo, incluso con Ikko, pero que nunca o da defendido; Hinata, a máis nova do grupo e irmá de Sakura, quen ten unha personalidade moi calada e por último Sakura, quen ten a personalidade de marimandona e suponse que é a que pon ás demaís monxas a raia pola súa estricta disciplina.

Aparecen máis personaxes na segunda tempada, coma Kazuki, que intenta despertar o lado pervertido de Ikko constantemente pra apropiarse do poder deste.


ANIMACIÓN E BSO

Os debuxos son moi bos, realmente os corpos das féminas están ben feitos e os constantes espidos axudan a que a serie sexa tan famosa. Non chega ao nivel de hentai nin soft hentai, pero algunha teta sí se ve por dicilo así.

A banda sonora é bastante pasábel, non é nin boa nin mala, desas que se esquecen rápido. Aquí o opening:



CONCLUSIÓN

Tiña curiosidade por saber porque era tan famoso este anime(suponse que é un clásico entre clásicos) pero a realidade é que malo argumentalmente, aínda que a nivel de deseño de personaxes está bastante ben. Só o recomendaría no caso de buscar un ecch de comedia como xénero en concreto





Nota: 4.5

Critica ANime: Amaenaideyo & Amaenadeiyo Katsu!!

venres, 4 de maio de 2012
Posted by OGSN

Este é un anime de xénero comedia ecchi cheo de tópicos, pero fíxome grazas e en certos momentos a historia pareceume o suficientemente interesante como para reseñalo.Así, este anime de 13 episodios ten un manga homónimo que se pubricou entre 2002 e 2005 , mentres que o anime emitiuse durante o ano 2004(so que se pode deducir que teñen final diferente XD ) . Adiante co argumento !

ARGUMENTO
A historia vai sobre que certa nave alieníxena aterriza na Terra de emerxencia un ano antes de que comece a historia principal. Así, a raza de alieníxenas desa nave está composta por seres de aspecto moi parecido ás féminas na súa maioría(hai machos, pero moi poucos) : todas son tremendamente guapas e serviciais, dedicándose a compracer aos habitantes da Terra en todo o que poidan(isto podería ser perfectamente o comezo dunha peli porno se un fala obxectivamente XD).
Dado que na Terra non existe a exclavitude legalmente, os Dears(nome da raza alieníxena) ocultan este feito en certo modo e integran as súas membras entre as escolas de Xapón . Así, cada Dear ten un denominado Amo e a felicidade da mesma consiste en compracer ao Amo.
O protagonista da historia é un rapaz chamado Takeya Ikuhara, a quen non lle emociona nada o tema dos Dears. Sen embargo, atopa unha fémina Dear tirada na rúa e decide acollela, a pesar de que está é unha Dear deficiente xa que non sabe falar e non foi  educada adecuadamente.
A trama desenvólvese entre enredos e máis enredos de tipo comedia romática e nos últimos dous ou tres capítulos(como é normal neste tipo de animes) avanza a trama.
Basicamente , o argumen pódese resumir coma: rapaz coñece a rapaza alieníxena que ten actitudes ecchis e que xunto con outras rapazas de boas proporcións conforman o harem do citado rapaz  XD

PERSONAXES
Só comento os principais
Takeya Ikuhara: protagonista da historia a quen non lle caen ben os Dears pero por circunstancias alleas á súa vontade remata cunha Dear ao seu cargo. Así, a súa opinión das Dears cambia e chega a respetas ás Dear ata o punto de pelexar por salvalas.
É o típico personaxe de comedia ecchi que é un good for nothing  pero que extrañamente está cunha rapaza guapísima.
Ren: Dear incompleto que se atopa con Takeya e vive con el. Así, ela non sabe falar a primeira vez que se coñecen pero en moi pouco tempo aprende suficientes cousas coma para ter un nivel de intelixencia superior a un humano. Aprecia moito a Takeya e non só por se o seu Amo.  Suponse que entre Takeya e máis ela existe o gift (regalo) , algo que se supón que ocorre cando unha Dear elixe voluntariamente ao seu Amo(algo que non é así normalmente, cada Dear é asignada a unha persoa da Terra).
Neneko Izumi: amiga da infancia de Takeya . Vive no mesmo bloque de apartamentos e coida del moitas veces facéndolle a comida e outras tarefas. É moi responsabel.
Miu: é a DearS se supón que tiña que ser admitida na escola de Takeya en lugar de Ren. É moi intelixente e recatada, sendo unha DearS aceptada polas da súa raza .
Ao comezo adopta unha actitude de total servidume cara os demáis pero logo dase conta de que os demáis non sempre necesitan a súa axuda e que ela tamén pode recibir axuda deles.


Natsuki Ikuhara: a mellor personaxe do anime. É a irmá do protagonista e polo menos non copiaron o seu carácter(polo menos non tan cantosamente) doutro anime, de xeito que aquí se nos presenta a unha personaxe que rompe co estereotipo de kawaii imouto e segue máis a liña dunha irmá mandona e moi celosa do que Ren pase tanto tempo co seu onii-chan.

DearS Anime Wallpaper #2

ANIMACIÓN & BSO
Bueno, a animación non é de todo ....mala XD. Non hai grandes explosións nen centos de personaxes en pantalla, así que se un ten en conta que a historia é bastante simpre a animación cumpre. Ademáis, que os corpos das personaxes femininas están bastante detallados(moito máis que calquera personaxes masculino) e hai un manexo das cores e da luz suficientemente bo.
Respeito da BSO hai que dicir que non é nada do outro mundo e que na miña opinión é bastante mala, hai outras series deste tipo que teñen moita mellor BSO e non caen nas típicas melodías de sempre , como é este caso. Aquí deixo o opening:


CONCLUSIÓN
Como anime para ver se non se ten nada mellor que ver vale, pero non é unha desas obras mestras imprescindíbeis e non ten ningún elemento que faga deste anime algo interesante. O único que podería motivar a velo son as señoritas que aparecen e algún que outro chiste(a historia pode ser considerada interesante se non viches outros animes antes). Do estilo, é moito mellor Chobits(anime do cal Dears é unha copia bastante clara).




Nota: 4

Critica ANime: Dears

venres, 2 de marzo de 2012
Posted by OGSN
Tag :, Tag :, Tag :, Tag :, Tag :, Tag :, Tag :


Air Gear é unha serie de manga, anime e novelas lixeiras bastante famosa que se atopa entre os primeiros postos dos rankings das páxinas de lectura de manga online coma mangafox. Non lin o manga nin as novelas lixeiras así que non podo opinar ao respeito, pero sí vin os seus 25 caps de anime (que non adaptan toda a historia, xa que o manga se segue publicando actualmente) que se emitiron no 2006 e a verdade.... non era tan boa . Imos co argumento

ARGUMENTO
Xa para empezar o argumento de Air Gear non me chama , non só a min, creo que non é un argumento suficientemente bo como para chamar ao especador medio para ver a serie. Así, conta a historia dun mundo ficticio, futurista teoricamente, no que se inventaron uns enxeños denominados Air Treks, que son uns patíns con motor incorporado que poden acadar altas velocidades de ata 80 ou 100 km/h e permitenaos seus usuarios realizar longos saltos que se asemellan ao voo dun ave , o que é un tema recurrente en todo o anime.
Céntrase na vida dun rapaz chamado Minami Ikki e dos seus amigos/familiares/rivales que despois se volven amigos/inimigos reais  e nas batallas que teñe lugar entre uns patinadores e outros para conseguir chegar á cima dunha metafórica torre chamada Tropaeum(no anime din que é relativo á grecia clásica, que era unha torre construida nas guerras cos corpos dos guerreiros mortos do bando contrario ao teu) e así proclamarse rei dos ceos e monarca absoluto do mundo do Air Trek.
Vale, a ver, son patíns....É dicir, non estamos ante alguén que poida facer cousas extraordinarias aínda que se queira dar a ver e as cousas que lle pasan inténtase que sexan extraordinarias pero ao meu entender son moi comúns, oo que é un erro. Isto é ,se queres adoptar a filosofía do realismo adóptaa, pero este psuedorealismo facendo que os patinadores sexan heroes e teñan case "superpoderes" non me convence.Isto non quere dicir que a mesma idea con outro desenrolo tivese mellor resultado, xa que a premisa inicial de guerras entre patinadores nun ambiente de corrupción creo que estaría ben.
Como se pode deducir do argumento, é altamente shonen, isto é, típica estrutura de heroe que comeza sendo un inútil e se volve bo pouco a pouco, sufrindo repetidas derrotas e volvéndose máis forte pouco a pouco.
O argumento ten unha profundidade relativa(pouca) indagando en feridas do pasado que a verdade tal como se plantexa o anime non veñen moito a conto , así como os repetidos momentos filosóficos dos protagonistas que hai veces que carecen totalmente de senso .
Aínda así, consegue crear un amplo universo con moitos termos exclusivos da serie e centos de personaxes; non quita o feito de que sexa demasiado simplona.
Ten elementos cómicos, que ten farán bobtar algunha que outra gargallada e de acción, polo que o argumento se non esperas demasiado e a ves se non tes outra cousa que ver cumpre á perfección co perfecto anime shonen.

PERSONAXES
Só falarei un pouco d@s personaxes principais, aínda que hai un gran elenco de secundarios que aumenta a medida que pasan os caps, algún deles se cadra mellor que algún principal, algo que nunca debería pasar , na miña opinión.
Minami Ikki: o protagonista masculino principal da historia, sendo un rapaz normal membro dunha banda de rapaces que se meten en pelexas(gang) que un día descobre uns Air Treks na súa casa e comeza apatinar neles. Ten unha facilidade incrible para aprender xa que é capaz de chegar a un nivel máis que aceptábel superando a xente que leva anos de práctica en poucos meses. O seu carácter é bastante interesante por momentos,xa que algunhas veces desvíase do típico heroe shonen e pasa a ser alguén que lle da igual o que lle pase aos seus amigos, aínda que é o menos das veces, con abundates momentos deses nos que di que salvará aos seus nakama do perigo.
Está destinado a ser un rei xa que desde pequeno vírnoselle as súas ás(metaforicamente) cando sataba de grandes alturas ás que se subía.

Ringo: a protagonista feminina principal da historia. Vive na mesma casa que Ikki e trátanse como irmáns aínda que non o son realmente. É unha rapaza moi seria que sempre fai o correcto e e reprende constantemente a Ikki aínda que está namorada del en secreto, un tema que se desenvolve moi lentamente ao non ser o tema principal da historia. É unha excelente patinadora, lexítima herdeira dun equipo de patinadores chamado Sleeping Forest que foi o mellor nos seus tempos.

Kazu: amigo de Ikki e membro do seu equipo de Air Treks Kogarasumaru( a Ikki coñecen coma Karasu, que siñifica corvo, algo moi recurrente). É un rapaz rubio de ollos azuis aínda que non é demasiado popular entre rapazas, non obstante unha rapaza está tolamente namorada del. O seu estilo de patinar baséase na velocidade , tendo unha postura moi característica co corpo practicamente pegado ao chan para gañan velocidade.

Onigiri: outro membro de Kogarasumaru que é tremendamente pervertido e patina cun só patín, poñen a cabeza encima del , o que é bastante gracioso. Segue o chamado sendeiro da Pestilencia, xa que cando se excita suda moito e usa iso para intimidar aos seus rivais.

Buccha: un patinador incriblemente gordo que patina en Air Treks de catro rodas(normalmente teñen só dúas) tamén membro de Kogarasumaru despois de que Ikki o derrote.  Cando patina metafóricamente móstrano coma un tanque polo que ten moita forza e é un gran patinador.
A pesar de estar gordo, apenas ten grasa no seu corpo, xa que maiormente é sangue , polo que é capaz de transformarse en musculoso cando o necesita.

Agito/Akito : rapaz con doble personalidade que é de Kogarasumaru. É tremendamente bo sendo considerado un dos mellores patinadores actuais .Mentres que Akito é tímido e amaneirado , Agito é rudo e forte, sendo a súa palabra favorita fuck. Segue o sendeiro do caveiro, que consiste en infrinxir as marcas das súa victoria cos seus Air Treks no corpo dos seus opoñentes.

Estes son máis ou menos o principais, hai "tropecentos" secundarios que son amigos/familia/inimigos de Ikki . Particularmente hai algúns secundarios que me parecen bastante interesantes: Rika-nee, a ex-líder de Sleeping Forest, e Simca-san, unha patinadora de pelo rosa obsesionada con Ikki.


ANIMACIÓN E BSO
A animación é ..... mala, por dicilo suavemente. No manga o deseño dos personaxes e escenarios é máis ou menos decente, pero é que no anime é penoso, cando o ves por primeira vez pensas que se ve mal porque será culpa de que hai un baixón de frames ou algo, pero é así en tódolos caps. Ademáis, que a calidade de debuxo do anime é vacía e falta de contido, parece que estás vendo outra serie diferente á do manga.
A BSO é... bueno, diferente. O seu esilo a min particularmente non me gusta demasiado, o opening é algo rítmico pero o ending detesteino e cambiaba de capítulo ao chegar a el.
O resto das melodías son bastante pasábeis habendo algunha que particularmente me pareceu moi boa que soa coma o instrumento co que Europe toca The final Countdown, que lle da un toque moi interesante.



CONCLUSIÓN
Non me gustou. Para nada. Personaxes simples, tramas vacías e unha animación detestábel. Se queres ver Air Gear lee o seu manga que certamente é bastante mellor que o anime.

Nota: 4

CRíTiCa ANiMe: Air Gear

venres, 14 de xaneiro de 2011
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //