Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 4 de maio de 2012



Oh yeah! He has awakened!
Boas! Aquí comento as dúas tempadas deste anime que se converteu en algo así coma un "clásico" do xénero ecchi comedia, pero que sen dúbida non representa ningún tipo de anime que sexa obrigado ver ou así . A pesar diso, contou con dúas temporadas de 13 episodios cada unha e foi licenciado fóra de Xapón. As posibilidades de que un anime sexa licenciado son proporcionais ao número de tetas que aparezan no mesmo, algo que me parece deprimente XD. Imos co argumento!

ARGUMENTO

Basicamente conta a historia dun rapaz chamado Ikko, quen vive xunto con máis rapazas nun templo en Xapón. O  seu traballo é o de realizar ofrendas aos deuses e ademáis o de exortizar a espíritos malignos e demáis. O curioso é que Ikko é un dos monxes máis poderosos de toda a historia pero despois de activar o seu poder entra nun estado de luxuria incontrolábel que fai que o teña que pensar dúas veces antes de usalo.
 Así, argumento sólido non é que haxa e a trama discorre maiormente entre episodios nos que se mostra  slice-of-life dos personaxes .

Na segunda temporada non é que cambie o argumento, simplemente se profundiza un pouco en cada personaxe e unha nova rapaza é engadida ao harem.
Como se pode observar , argumentalmente é moi floxo, coma moitos animes deste xénero.

PERSONAXES

Só comento algúns
Ikko: protagonista da serie. É o único home (adolescente) nun templo onde só habitan rapazas. É un pervertido de por si e odia as labores do templo, pero ten un poder oculto que o fai ser un dos máis poderosos monxes , aínda que despois de usalo vólvese aínda máis pervertido do que é normalmente.
Chitose: unha das monxas que vive xunto con Ikko no templo. Suponse que é a máis "facendosa" , por chamalo así, de todas e está namorada secretamente de Ikko.

 Logo habitan algunhas rapazas máis no mesmo templo ca Ikko: está Yuuko, unha marimacho de pelo azul que pelexa constantemente con Ikko e anóxase ao darse conta que non ten os peitos tan grandes coma o esto das monxas; Haruka, a máis vella das monxas dalí (aínda que é unha rapaza de istituto) que ten unha actitude despreocupada e a quen non lle importa compracer a Ikko(suponse que é a máis forte das monxas);Sumi, unha rapaza moi boa que é tremendamente amábel con todo o mundo, incluso con Ikko, pero que nunca o da defendido; Hinata, a máis nova do grupo e irmá de Sakura, quen ten unha personalidade moi calada e por último Sakura, quen ten a personalidade de marimandona e suponse que é a que pon ás demaís monxas a raia pola súa estricta disciplina.

Aparecen máis personaxes na segunda tempada, coma Kazuki, que intenta despertar o lado pervertido de Ikko constantemente pra apropiarse do poder deste.


ANIMACIÓN E BSO

Os debuxos son moi bos, realmente os corpos das féminas están ben feitos e os constantes espidos axudan a que a serie sexa tan famosa. Non chega ao nivel de hentai nin soft hentai, pero algunha teta sí se ve por dicilo así.

A banda sonora é bastante pasábel, non é nin boa nin mala, desas que se esquecen rápido. Aquí o opening:



CONCLUSIÓN

Tiña curiosidade por saber porque era tan famoso este anime(suponse que é un clásico entre clásicos) pero a realidade é que malo argumentalmente, aínda que a nivel de deseño de personaxes está bastante ben. Só o recomendaría no caso de buscar un ecch de comedia como xénero en concreto





Nota: 4.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //