Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta Anime. Amosar todas as publicacións

#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe(Por fin!) falaremos de Tokyo Ghoul, a primeira tempada do anime do manga homónimo. Dirá algún : "Ah, pero, xa rematou a segunda, vas moi atrasado..." Eu vou ao meu ritmo, a vida vai demasiado rápido para min XD. O caso é que este anime tivo bastante fama no seu momento polo que decidín ver os seus 12 episodios(Sen censura) para ver a ver se a fama era merecida. Imos co argumento!

ARGUMENTO

Tokyo Ghoul, como o seu nome indica vai duns monstros chamados Ghouls(Gul ) que están vagamente inspirados no demo do mesmo nome da cultura árabe, do cal podemos saber máis cousas en Wikipedia. O caso é que estas criaturas teñen aspecto humano pero só poden morrer se non se alimentan(De carne humana) ou se son asasinados, en principio non morren de morte natural co paso dos anos, o cal fai que haxa Ghouls moi , moi vellos.
A historia comeza cando o protagonista, Kaneki, é atacado por unha Ghoul nunha calexa escura, que dis ti, para que vas por ahí, se xa se ve ao lonxe que unha tía tan boa non vai querer ir contigo así por así na primeira cita,pero bueno....Pasa o que ten que pasar, que a tipa comeza a atacalo co seu tentáculo(Resulta que os Ghouls teñen un ou varios tentáculos que poden usar como consideren) ata que aparece outro personaxe que salva a Kaneki. Este é levado ao hospital rapidamente pero os médicos danno por morto debido á gravidade das súas feridas. Sen embargo, un doutor decide empregar os órganos da muller que atoparon xunto de Kaneki(A Ghoul) e transplantarllos a Kaneki, algo que provoca que Kaneki se convirta nun híbrido: medio Ghoul-medio humano. Así, sen poder dixerir a comida humana remata por asociarse cun grupo de Ghouls pacíficos que rexeitan unha cefetería para saciar as súas necesidades de carne humana.
Ese é máis ou menos o argumento, ao longo da tempada podemos observar certas evolucións no argumento pero sendo honestos nos doce capítulos tampouco avanza moitísimo a trama, de feito avanza a tompicóns durante os últimos 4-5 capítulos , onde morren varios personaxes e ves que realmente algo pasa.Da a sensación de que había que rematar a trama como fose...Isto provoca que o final pareza demasiado abrupto e repentino, en certo modo sabes que foi o que pasou pero non se da ningunha pista do que pasa con moitos personaxes . Aínda que exista unha segunda tempada, creo que poderían ter pechado mellor a primeira.

PERSONAXES

Comentarei aquí os dous personaxes que me pareceron máis interesantes, hai moitos máis XD.
Kaneki: é o protagonista da historia. Ao comezo ten unha persoalidad bastante xenérica , coma o típico rapaz bo que non quere ferir nin a unha mosca pero co paso dos capítulos vaise dando conta de que así non vai a ningún sitio e decide loitar por si mesmo.
Debido a que a "alma" de Rie, a tipa á que pertencen os seus órganos Ghoul está dentro del, algunhas veces entra en trance e herda parte desa natureza sádica que caracterizaba a Rie aínda que Kaneki é capaz de controlarse a maioría das veces. Isto non quita que cando é levado ao límite, despois de sufrir torturas inimaxinábeis remate por saír a relucir a súa propia parte psicótica e matar a un montón de xente(Os Ghoul teñen unha capacidade de rexeneración de tecido moi boa, polo que como tortura o que se soe facer é romperlle/arrancarlle partes do corpo , esperar a que se rexeneren e repetir).
Kotaro Amon: é o investigador número 1 da unidade anti-ghouls de Tokyo, os malos, para que nos entendamos. Así, dedícase a cargarse Ghouls, xunto co seu compañeiro máis experimentado Kureo Mado, aínda que soe ter remordementos e despois de coñecer a Kaneki, quen mostra un comportamento errático e intenta claramente non sucumbir aos seus institintos comeza a preguntarse se realmente o que están a fecer é o correcto ao cargarse Ghouls sen miramentos.
Ao igual que o resto de membros da unidade especial, pode usar como arma os poderes dos Ghouls(Os tentáculos que dixen antes), polo que ten a súa propia arma en forma de lanza, aínda que despois usa outras e demostra ser perfectamente hábil con tódalas armas que manexa.

ANIMACIÓN E BSO

Así para comezar, ver isto sen censura non merece demasiado a pena, isto é, perde gran parte de graza. Hai unha cantidade de sangue notábel , especialmente en dúas ou tres esceas importantes,  o que axuda a darlle un certo "realismo" ao anime(Que si, que xa sei que son monstro inventados e que o de que a xente bote sangue coma se fose un puzo de petróleo igual é algo esaxerado, pero aínda así). As pelexas están ben coregrafiadas e ao contrario do que podería parecer o de ter tentáculos estilo Dr Octopus non fai que as pelexas sexan demasiado liosas con moitos elementos en pantalla.
En canto ao deseño de personaxes, non hai fallos importantes e tódolos personaxes teñen o mesmo nivel de debuxo, non é un anime especialmente orientado ao fan service, polo que non se pasa dos personaxes masculinos en detrimento de ter unhas tetas a 1080p nas personaxes femininas .
O opening é razoábelmente bo, pegadizo e que se che queda facilmente na cabeza pero para min ten un fallo crítico na forma dun Spoiler : móstrase a Kaneki nunh forma na que non aparece ata o últimom capítulo do anime, o que fai que te preguntes " a que ven Kaneki co pelo branco?" ata o último capítulo. O ending, como soe ser costume, non me gustou demasiado.


CONCLUSIÓN

A miña opinión deste anime mellorou notábelmente vistos os tres últimos capítulos do mesmo, senón a miña opinión sería bastante diferente. Non foron suficientes para subsanar os erros pasados pero sí que foron notábeis. Así, os dous primeiros capítulos e os tres últimos son sen dúbida os mellores; se restamos da nota os capítulos do medio quédanos unha nota de entorno a notábel alto.
Este anime é bastante bo, pero creo que podería ter sido moito mellor, hai moito potencial desaproveitado. Gustaralle a todos aqueles que busquen acción e monstros, cun trama aceptábelmente boa.

Nota: 8.2

CRiTiCa ANiMe: Tokyo Ghoul

martes, 26 de maio de 2015
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn

Boas! Este mércores fun ao cine ver o filme de Capitán Harlock, adaptación dunha serie de animación e manga homónimos que poden ser considerados clásicos pola súa antiguidade.
Non vira nin lera nada da obra orixinal así que, a nivel argumental polo menos, non tiña ningún tipo de idea de que me ía atopar(polo que lin por internet, tampouco é que importase moito dado que historia orixinial é notábelmente diferente do que se conta na peli.

As miñas expectativas eran bastantes altas, sobre todo en canto a CGI se refire ,dado que, no trailer que poño á fin deste post, pódese apreciar un salto de calidade importane con respecto a outras produccións de Toei e probábelmente o mellor CGI feito ata o día de hoxe. Así, polo menos a este respeito, cumpríronse as miñas expectativas? Sí, sen dúbida. A película luce magnífica, cunha atención ao detalle que nada lle envidia á gran película de animación de Tintín, outro referente no xénero. Os deseños de personaxes están ben e máis alá de se son realistas ou non segundo que estándares sen dúbida hai detalles espcialmente coidados coma as expresións faciais ou o movemento do pelo(Incluso en personaxes que apenas aparecen medio segundo en pantalla). Isto non quita que onde realmente destaca a peli a nivel de CGI sexa nas batallas espaciais  moi ao estilo de Stars Was(Certos cazas que saen son sospeitosamente parecidos aos cazas rebeldes...XD) onde as explosións están á orde do día e hai un depregue de luces e cor que realmente fai de cada escea unha marabilla visual.
Hai certas cousas que son cando menos curiosas, coma o tema de que ao disparar, as naves disparan láseres, non láseres-proxectís coma na maioría de pelis espaciais, pero realmente tampouco é que importe demasiado, é unha elección que tampouco resta validez ao produto final.

En canto á BSO é de gran calidade, non se queda atrás á hora de acompañar esceas épicas e alimentar a acción, tal se fose un ferreiro que lle bota petolos ao lume para que a súa fragua tire máis. O efecto é similar: refórzase a epicidade das esceas con melodías de corte clásico na súa maioría(Refírome a de tipo orquestral) aínda que ben é certo que hai algún que outro tema de tipo Rock que non está mal

Argumentalmente xa é outro cantar. Non vou dicir que o que é a liña xeral do argumento esté mal, dado que tenta abordar temas de corte adulta dende unha perspectiva fantasiosa pero sen perder a esencia da condición humana, ao remarcar os motivos dos personaxes para realizar certas accións. Sen embargo, a execución desta idea, en principio atractiva, naufraga por momentos con xiros de guíon moi tolos que te deixan un pouco descolocado e accións tomadas polos personaxes sen aparente motivo que curiosamente serven para que ahistoria desemboque no punto onde , dalgún xeito, xa supoñías que ía desembocar. En concreto, eu esperaba algún tipo de explicación máis enrevesada de certo suceso(Non digo cal por spoilers) pero á fin non foi todo o satisfactoria que eu esperaba.
O Capitán Harlock tenta ser un hero de acción e en certo modo conségueo, pero outros personaxes, en concreto o outro protagonista da historia, palidecen en comparación con discursos idealistas que non levan a ningún sitio e unha vontade diluíbel que o único que fai é incrementar a sensación de que podería terse usado outro arquetipo de personaxes para o papel.



En conclusión, a peli ten un CGI incríbel, o mellor que levo visto ata o día hoxe en pelis de animación pero perde folgos en canto a historia se refire, aínda que este é o suficientemente interesante para desfrutar das case dúas horas que dura a peli se che gusta o xénero das películas do chamado xénero space-ópera.

Nota: 7.0

Review peli: Capitán Harlock

venres, 6 de febreiro de 2015
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn

Nota: Xa sei que fai algún tempo que non hai posts....pero agora escribirei varios seguidos para que se publiquen nas próximas semanas.

Boas! Hoxe falaremos dun anime de xénero shonen baseado nun xogo mmorpg online, Blade & Soul. Así, emitírino xa fai algún tempo e incluso cheguei a velo semana a semana pero a review retrasouse ata hoxe XD. O caso, imos co argumento!


ARGUMENTO

Este anime é un deses nos que dicir que o viches polo argumento non cola XD.Non obstante algo de historia sí hai e iso é o que comentarei aquí.
O anime conta a historia dunha rapaza chamada Aluka(Aruka), unha asasina experta que é buscada polas forzas do malvado imperio Param dado que é a última dun grupo moi poderoso e en consecuencia a única que podería rematar cos plans do imperio. Así, sen demasiados recordos sobre a súa vida debido á amnesia, Aluka decide investigar en diferentes vilas sobre a súa vila para esclarecer quen é e vingarse pola morte do seu mestre. Durante esta viaxe coñece a diferentes personaxes secundarios que, atraídos pola recompensa que o imperio ofrece por ela , deciden capturala ou axudala, aínda que todos teñen unha gran aversión polo imperio e todo o que este representa.
Realmente o argumento baséase en sucesos aparentemente inconexos para desvelar o pasado de Aluka, que rematan por converxer nun enfrontamento final. O argumento é soso e predecíbel, pero hai algunha subtrama secundaria, coma á que pertence a propietaria dunha taberna na que para Aluka, que teñen un certo interese.

PERSONAXES

Basicamente poderíamos dicir que hai catro personaxes principais que pertencen ao bando dos "bos" e un par deles ou así que pertencen ao bando dos malos. Só hai mulleres, quero dicir, non se dignaron en facer algún personaxe masculino para enmascarar o claro público masculino ao que está dirixido este anime, coma se pode observar nos constantes planos de tetas que se mostran.
Aquí falarei das dúas personaxes do bando das boas que me parecen máis interesantes.
Aluka: é a protagonista do anime. Unha rapaza asasina que sempre cumpre o seu obxectivo, sen importar quen sexa a súa víctima nin as dificultades que teña que pasar para conseguilo. Así, é unha persoa carente de sentimentos polo que durante a súa viaxe tenta aprender a ter sentimentos coma o resto das persoas para deixar de ser unha máquina.
Foi criada por un grupo de asasinos que a marcaron cun símbolo dunha bolboreta que fai que teña cetas habilidades sobrenaturais, principalmente a habilidade de aguantar ou inutilizar parte dos poderes da mala malísima sobre ela XD.
Karen: propietaria dunha pousada onde Aluka pasa algún tempo e interesada na misión de Aluka. Así, Karen é unha muller forte e independente que manexa a súa posada/taberna con man de ferro e non soporta a aqueles que queren rematar coa tranquilidade que reina no ambiente. Sen embargo, ten dúas caras dado que pode volverse fría e calculadora se a situación o require.
Ten un segredo relativamente importante relacionado con Aluka e que fai que as dúas rematen por enfrontarse nun combate no que Karen demostra ser un loitadora bastante poderosa con abanicos de metal.


ANIMACIÓN E BSO

A animación é bastante máis decente do que un podería esperar nun anime destas características e as loitas con espadas están bastante ben levadas: teñen bo ritmo e os movementos coreografiados non parecen demasiado artificiais. Aquí un exemplo en forma de AMV:

Se falamos do deseño de personaxes obviamente predominan as mulleres(De feito, apenas se ven homes e toda a serie XD) de beleza notábel e peitos suficientemente grandes como para xerar un campo gravitatorio arredor deles sen esforzo.
A banda sonora é moi corrente, nada demasiado bo como para ser recordado. Aquí un exemplo.


CONCLUSIÓN

O anime ten un primeiro capítulo razoábelmente bo pero dislúese co paso dos mesmos ata rematar cun final insulso e vacío, que pecha a trama por compromiso. Destacan as loitas con espadas e pouco máis.


Nota: 6.0

CRiTiCa ANiMe: Blade & Soul

domingo, 7 de decembro de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn


Boas! Hoxe falaremos dunha peli de anime do ano 2013 titulada Patema Inverted. É o cuarto traballo do director Yasuhiro Yoshiura e foi animada por Purple cow studios Japan (Que, como nome de estudo, mola...bastante XD). Conta cunha precuela en forma de ONA(Original network animation) aínda que podes entender perfectamente a historia sen vela. Imos co argumento!

Patema inverted conta a historia dun grupo de persoas que viven no planeta Terra no futuro.Habitan unha especie de estrutura metálica conformada por túneles e illada do exterior , por temor ao que haxa fóra. Sen embargo, unha rapaza chamada Patema non está convencida do que lle contan e decide explorar o lugar onde viven ata chegar a unha zona que denominan Zona Prohibida. Nese lugar atópase cunha figura misteriosa (a quen confunde cun demo) cunha capa negra e gafas vermellas que quere raptala, pero esta consegue zafarse e explorar. Este feito non fai máis que aumentar a curiosidade de Patema polo que decide descender o camiño que o demo misterioroso fixo para descubrir de onde viña....para atoparse con algo bastante extraño: herba. Así, atópase cun rapaz chamado Eiji, quen da a sensación de estar ao revés(xirado 180º), ao igual que as casas e os edificios dese mundo. Os dous chegan á conclusión de que a gravidade de Patema e a de Eiji son opostas e que Patema corre un grave perigo , dado que podería saír disparada cara o ceo.

E ata ahí o argumento. A medida que avanza a trama descóbrense máis detalles de que foi o que pasou para que exista ese cambio de gravidade , aínda que sen dúbida non é o tema principal da historia. Pola contra, o tema principal da historia é a amizade entre dúas persoas moi diferentes, é unha historia de personaxes.

A nivel de animación está bastante ben, as cores son intensas e os escearios sólidos, non intenta acadar un realismo extremo senón que busca seguir máis un estilo de conto ou fábula, aínda que os personaxes e os lugares estén inspirados na realidade.

A banda sonora está bastante ben. Recorre a temas orquestrais máis que a temas de rock e sen dúbida a maioría das melodías son de corte lento. A continuación podedes escoitar a banda sonora completa:


Esta película conta cun 85% de aprobación en Rotten tomatoes e un 72% en IMDB, eu estou dacordo con esas opinións ao considerar que é unha historia ben levada, simple pero sen deixar de lado atisbos de complexidade para adornar a trama sen pasarse. Entretén e pode chegar a facer reflexionar, polo que creo que cumpre de modo satisfactorio.


Nota: 7.0

CRiTiCa ANiMe: Patema Inverted

venres, 21 de novembro de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe toca entrada un luns para falar do especial de One Piece que se emitiu recentemente con motivo do 14th aniversario da serie , que pretendía ilustrar que pasou no xa famoso "timeskip" da serie de manga . Así, teoricamente podería ser considerado canon, dado que os feitos que se contan non son incompatíbeis coa liña temporal normal. Imos co argumento! (Contarei basicamente todo o que pasa por se vos amarga ver o episodio especial, de máis dunha hora de duración , e simplemente queredes saber o argumento XD)

Para comezar o especial faise un resumo rápido dalgúns dos momentos máis famosos da saga de Marineford cunha animación notábelmente diferente que resulta ser un soño de Luffy. Este atópase na selva con Silver Rayleight , quen o está a entrear na arte do Haki. A historia desenrólase aproximadamente na metade do "timeskip" e Luffy xa pode usar Haki de forma correcta entorno a un 50% das veces, aínda que ten certas dificultades, como se demostra en diferentas pelexas con bestas da selva.
A trama en sí é bastante simple: pirata malvado quere destruír ao governo mundial(Que , digo eu, tampouco é algo tan malo, que lle pregunten a Dragon ...XD) pero no seu camiño toma como prisioneiras ás irmás de Boa Hancock, polo que ela e Luffy teñen que rescatalas, hai algunhas pelexas e Luffy remata por gañar despois de perder un par de veces(Que sorpresa, jej).
Saen algúns personaxes como Buggy, de quen descubrimos que segue a ser un cobarde e quere levarse o mérito ou Mihawk e Perona, quen pasan por alí, por dicilo así XD.
O vilá principal é altamente carismático é foi unha agradábel sorpresa. Pareceume tan bo que non me importaría que se fixese unha saga de anime con el, aínda que sei que iso non vai pasar.
Este vilán ten a habilidade da froita do demo More More no mi, que basicamente permítelle facer o que sexa de 1 a 100 veces mellor(Velocidade, forza ou tamaño de cousas..)algo que fai que sexa moi poderoso.
Incluso os secundarios da tripulación do malo son relativamente carismáticos, cunha muller que sabe kempo, un home-peixe e un tipo que ten un poder de cubos. 


En canto a nivel de animación, menos o cacho feito a correr para resumir Marineford, está ben, mellor que un capítulo normal pero non esperes Strong World ou Z a nivel de animación porque a iso non chega nin de lonxe.

Nada máis.Aquí o trailer.

CRiTiCa ANiMe: Especial One Piece 3D2Y

luns, 8 de setembro de 2014
Posted by OGSN
Tag :, Tag :, Tag :, Tag :
#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe quería falar desa serie de OVAs que tenta ser unha adaptación máis realista que a serie de anime orixinal(Que segue e seguirá infinitamente). Así, ten certo parecido ao manga de Pokémon adventures (Do que xa falei neste blog) pero debido á limitación de capítulos só se conta unha mínima parte da historia. Imos co argumento(Vai ter spoilers dos xogos de Pokémon Vermello/Verde, pero aos anos que fai que sairon eses xogos creo que a estas alturas todo o mundo sabe de que van XDD)!

ARGUMENTO E PERSONAXES

Neste anime cóntasenos a historia que ocorre nos xogos de Pokémon Red/Green(E dos remakes, vamos XD). Así, en lugar do inútil de Ash temos a Red, un rapaz que ao comezo da historia recibe un Pikachu do profesor Oak e convírtese nun entreador Pokémon. Podemos ver como loita con varios dos entrenadores dos ximnasios, coma Brock  ou Giavonni, así coma outros sucesos míticos do anime coma o asasinato de Cubone.
O bonito e extraño da historia é que respeita as reglas establecidas nos videoxogos pero permítese certas licencias dramáticas, como que Red se cargue a un Onix cun Charmander like a boss XD. Non obstante, é altamente fiel ao videoxogo orixinal: hai 149 pokémon máis Mew e Mewtwo , os Pokémon teñen motes(O charizard de Red é apodado Lizard, ou lagarto en inglés), Red usa movementos lóxicos e sabe combatir, Red loita contra Green na final da liga Pokémon, etc.
Son 4 capítulos e non collía todo, pero o que pasou o corte está ben feito.
Hai algún detalle que non está nos xogos orixinais, coma o feito de usar as Megapedras esas de Pokémon X e Y, pero realmente é moi fiel e os xogadores e xogadoras dos orixinais sentirán unha gran nostalxia .

ANIMACIÓN E BSO

Son catro episodios así que a calidade de imaxe é tremenda, as batallas son ultraépicas e non se escatimas recursos para que todo sexa o máis espectacular posíbel. Esquécete do nivel de animación da serie normal porque isto é un nivel completamente diferente.
En canto á BSO hai temas míticos dos xogos remasterizados para que sexan aínda máis épicos. Un dos meus favoritos é este, a música de cando Red se  enfronta a Green:

A continuación outros exemplos:




CONCLUSIÓN

Este anime faise tremendamente curto porque en catro episodios non da tempo a facer nada, dado que Pokémon é un xogo épicamente longo e contar todo daría para varias tempadas dun anime de 24 caps. Aínda así, este experimento deu un resultado altamente satisfactorio.
Como colofón, ahí vai o trailer!



Nota: 8.0

CRiTiCa ANiMe: Pokémon Origins

domingo, 20 de xullo de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falaremos da película número 6 de One Piece, que lera que estaba bastante ben e a verdade é que non me defraudou. Non é Strong World ou Z pero ten certos elementos que fan que sexa un produto moi disfrutábel. Imos co argumento!

A peli conta a historia de como os Mugiwaras chegan a unha nova illa na que os reciben moi amábelmente e lles ofrecen pasar unha semana completamente gratis nun complexo de luxo que ten tódalas comodidades que un poida imaxinar: balneario, banquetes, masaxes....Sen embargo deben pasar unha serie de probas cada día para demostrar que son dignos. Luffy acepta e así rematan por competir nas probas, nas que se produce unha fragmentación do grupo dado que as probas están pensadas para que os diferentes membros se distancien entre sí máis que para gañar ou perder.
SPOILER AHEAD
Todo resulta ser froito dunha flor máxica que o xefe dos da illa ten: dita flor permítelle manter con vida como zombies aos membros da dúa tribulación , dos que só resto el, dado que despois dun naufraxio 50 anos antes do comezo da historia morreran todos. Así, enganan a tódolos piratas que veñen para alimentar á flor cos seus corpos e así prolongar o feitizo un pouco máis.


A animación , xunto coa música , serve para dar unha sensación de depresión e transformar a este shonen nun anime de misterio , ao deixar de lado os combates durante a maior parte da película e centrarse en descubrir misterios, algo bastante novidoso.
Fai xa un tempo que saiu esta peli e a animación parécese máis ben pouco ao anime XD, pero creo que está feito apropósito así para conseguir o que dixen no párrafo anterior.
Aquí o trailer:

En resumo, gustoume bastante, notábel alto.

Nota: 8.0

#manga #anime #ogsn

Antes de nada dicir que este post leva comezado dende.....bueno, dende fai moito tempo e á fin quedoume bastante cutre XD, pero é que se non o remataba non podía avanzar máis e a pila de artigos sen escribir facíase máis e máis grande.....
A parte boa é que durante as próximas 7 semanas vai haber un mínimos de un post por semana seguro,con posibilidades de que haxa algún máis para compensar pola falta de entradas.


Teño esta reseña atrasada dende fai xa unhas semanas...así que por fin toca falar deste anime que todo sexa dito, tiña o seu punto extraño-guai ao comezo pero que da metade en diante era bastante maliño XD . Imos co argumento!

ARGUMENTO

Zetsuen no tempest(Blast of tempest en inglés) ten unha historia un pouco...rara, a verdade. A través de diferentes citas das obras de Shakespeare atopámonos no Xapón de hoxe en día, onde certos sucesos extraños está a suceder.Así, un rapaz chamado Mahiro Fuwa , cuxa irmá foi asasinada un ano antes do comezo do anime, vense envoltos nunha guerra onde diferentes faccións máxicas queren tomar o control de algo chamado "Árbore do éxodo", que podería destruír o mundo.
Así, por unha banda está o bando dos "bos", liderado por Hakaze Kusaribe unha maga moi poderosa pero sen posibilidades de loitar ao estar confinada nunha illa deserta, o que fai que recorra a Mahiro e ao seu amigo Yoshino para parar aos seus ex-lacaios, o clan Kusaribe. Parece bastante raro que dous rapaces deciden inmicuirse nunha guerra de proporcións planetarias así por así, non? Correcto , o certo é que fanno porque Hakaze promételles axuda para atopar ao asasino da irmá de Mahiro.


A parte argumental do primeiro arco da historia, que describín no párrafo anterior,é bastante interesante . Atopámonos esceas de acción con batallas máxicas e personaxes caristmáticos, que usan o sei intelecto para librar as batallas, en lugar da forza bruta. Ademáis, hai certas revelacións á fin deste arco que non se ven vir e pechan de modo moi satisfactorio este primeiro arco argumental. Despois a cousa empeora moita e convírtese nun simple recheo que non aporta nada.


PERSONAXES


Mahiro Fuwa: un dos protagonistas masculinos que ten como misión na vida atopar ao asasino da súa irmá Aika, de quen non se teñen datos.
É un tipo bastante seguro de si mesmo, altivo, aínda que non lle costa aceptar ordes ou facer cousas que non lle gustan se con iso consegue información sobre a súa irmá.
Yoshino Takigawa: amigo de Mahiro e protagonista da historia. Demostra ter unhas aptitudes para a maxia moi boas polo que a xefa do clan Kusaribe decide reclutalo para que a axude.
A súa persoalidade é a de alguén que prefire non destacar, calado.
Hakaze Kusaribe: é a líder do clan Kusaribe , que debe protexer a árbore do éxodo. Antes do comezo da historia é traizoada polo seu propio clan e exiliada nunha illa deserta.
A súa persoalidade é altiva, mandona, é unha das mellores magas que hai , sábeo e non dubida e estar orgullosa dese feito.

ANIMACIÓN E BSO

A animación é bastante escura(Normal, suponse que é a fin do mundo e tal XD) pero sen baixóns de frames demasiado salientábeis. Bones fai un bo traballo aínda que teñen animes mellores.
En canto á BSO pois non é nada do outro mundo ...ten os seus momentos, pero vamos, que se pensabas ver este anime pola BSO, non o fagas.

CONCLUSIÓNS

Na miña opinión, este anime é un exemplo do que pode ser algo pero que non chega a selo. Comeza cun primeiro capítulos bastante potentee durante o primeiro arco conseguen manter a expectación dun xeito bastante razoábel, pero todo se ben abaixo despois diso.


Nota: 6.0

CRiTiCa ANiMe: Zetsuen no tempest

domingo, 8 de xuño de 2014
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //