Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta accion. Amosar todas as publicacións

Non estaba morto, estaba de parranda! XD Xa sei que non se pubricou nada no blog ultimamente(Quen di ultimamente, di nas últimas 3-4 semanas....recuperarei o ritmo de publicación nalgún momento, non digo que de repente aparezan 3-4 entradas por semana(Que igual me da a venada pero véxoo improbábel) pero tede por seguro, querid@s lector@s que o número de entradas será dun mínimo de 42 dúas a final de ano .

#manga #anime #ogsn
Seid ihr das Essen?
Nein, wir sind der Jäger
Boas!Hoxe falaremos do anime que foi probábelmente o que máis pasións suscitou o ano pasado , Shingeki no Kyojin, baseado nun manga do mesmo nome. Analizarei só o anime dado que o manga non o lin . Curioso o feito de que o mangaka concedese unha entrevista recentemente na que admitiu que tiña pensado un final traumático pero dado o éxito do manga e pra non decepcionar aos lectores/lectoras cambiou a estrutura e que agora era medio improvisado. Just saying XD.Imos co argumento!

ARGUMENTO

Situámonos nu lugar  con características medievais no que a maioría da poboación humana foi aniquilada por xigantes. Así, ao comezo da historia , os poucos humanos  humanos que quedan (Este punto é dubidábel a partir de certo punto da historia, pero non digo máis pra non dar spoilers XD )  refúxianse dentro dunha cidade amurallada con tres murallas concéntricas. A máis interior é a máis alta e curta , mentres que a máis exterior é a máis longa pero baixa das tres. Ditas murallas serviron pra que durante máis de cen anos non houbese ningunha incursión de titáns dentro da cidade polo que os humanos reláxanse e pensan que nada vai pasar. Isto resulta ser unha actitude moi errada dado que no primeiro episodio un xigantesxo titán (Que será coñecido posteriormente como Titán Colosal) consegue entrar na cidade . Con el entra un exército de xigantes e prodúcese unha masacre na que a proboación humana queda mermada aínda máis e os poucos que escapan refúxianse na parte interior da cidade, ao amparo das murallas restantes. 

E ata aquí o argumento. Así de partida é algo que soa moi ben, rollo medieval con xigantes e xente con espadas matándoos. Gore, violencia, intriga e acción son elementos que abundan grazas a este argumento. Sen embargo, o ritmo é moito máis pausado do que un podería pensar en determinados momentos, dado que no anime apenas podemos distinguir tres/catro arcos argumentais en 24/25 episodios(Hai unha OVA): o avance é exasperantemente lento por momentos .

PERSONAXES

Botarémosllo un ollo a personaxe principal e a un personaxe secundario chamado Levi:

-Eren: rapaz que perde á súa nai no primeiro capítulo do anime co ataque dos titáns. Debido a este feito decide facerse membro dun corpo de élite que se dedica a matar titáns na medida do posíbel e a estudar as súas debilidades. Ao comezo , a pesar de tental o con tódalas súas forzas resulta ser bastante negado no uso dos aparellos pra loitar contra os titáns pero despois colle práctica e consegue un manexo bastante razoábel.
É o protagonista principal da historia e unha peza clave na loita contra os titáns SPOILER A PARTIR DAQUÍ dado que é un dos poucos humanos coñecidos que ten a habilidade de transformarse en titán ao provocarse dor, o cal deixa entrever que os titáns son froito de certo experimento e o pai de Eren tivo algo que ver e Eren podería ser a única esperanzaz da humanidade FIN DO SPOILER.


-Levi: este personaxe é o xefe da brigada anti-titáns e probábelmente o personaxe máis "cool" de toda a serie.É o único capaz de cargarse a varios titáns a un tempo sen ningún rasguño grazas á súa combinación de velocidade, axilidade e precisión, algo que fai que os seus subordinados o respeiten, a pesar de que el os considere como ferramentas,non como compañeiros.
É unha persoa moi seria, pechada, queda e metódica que mantén unha disciplina de ferro pra darse a respeitar. Non obstante, en certos momentos vese que os seus costumes poden ser modificábeis no caso de esbozar plans na súa cabeza contra os titáns, aínda que ao resto do mundo lle parezán unha loucura.


Algo curioso con este anime é que en enquisas de popularidade Levi desbancou aos protagonistas como personaxe máis popular.

ANIMACIÓN E BSO

A animación é boa, creo que fai un bo traballo ao capturar a esencia e ambiente do manga: todo é moi escuro e tétrico. Iso non quere dicir que, se temos en conta que pode chegar a haber moitas cousas en pantalla, con centos de soldados e titáns, pódense observar baixóns na calidade.
Respeito do deseño de personaxes é bastante fiel ao manga na maioría dos casos, aínda que hai algunha excepción.
 A BSO mola, o primeiro opening é o mellor de 2013, na miña opinión, e o segundo non mola tanto pero soa ben. Ademáis, as melodías que soan durante o anime contribúen a crear tensión. Aquí un exemplo:


CONCLUSIÓN

Había un hype enorme con este anime. Todo o mundo vía o anime e dicían que era boísimo, o mellor en non sei canto tempo...Creo que dicir tanto é pasarse, porque a pesar de que é bo, a nivel argumental é moi mellorábel(A pesar de que a premisa básica sexa moi interesante).Notábel.


Nota: 8.0

CRiTiCa ANiMe: Shingeki no Kyojin ( Attack on the titan )

domingo, 19 de xaneiro de 2014
Posted by OGSN


Nota: Pido desculpas a aqueles que se viron afectados por certo spyware que había no meu blog. Así, publicáronse entradas automaticamente . Xa tomei as medidas pertinentes(Pasar o antivirus e cambiar o contrasinal da conta) , así que creo que xa está solucionado.

Ola k ase! Tranquilos, non me volvín cani de repente XD, simplemente me fixo graza o saúdo do señor Lory Money . O caso é que hoxe falarei de Princess Resurrection, canela en rama, como diría Loulogio, dentro dos mangas de terror. De feito, podo dicir que este, ao ser de terror pero estar máis enfocado á acción con centos de homenaxes a películas clásicas de terror e un universo de fantasía-ciencia ficción que está moi ben construído. Así, podo dicir que este manga e Franken fran , do que falarei noutra ocasión, son os únicos de terror que coñezo(cómpre matizar ese punto , dado que non son un gran fan do xénero) que podo dicir que me gustasen. Comecemos co argumento :

Princess Resurrection é un manga que conta a historia da chamada princesa dos monstros, dahí o título do mesmo. Esta princesa é filla da realeza do mundo dos monstros e dedícase a tentar manter a orde en canto a asuntos sobrenaturais se refire. Así, ten que competir con seus irmáns e irmás pra proclamarse raíña nunha batalla a morte, na que só quedará un vivo.
A historia comeza cando a nosa hime deixa que morra por erro un rapaz chamado Hiro cando este a salva dunhas vigas que caen. Así, pra compensar o seu erro decide converter a Hiro nun Blood Warrior ou guerreiro de sangue.Este tipo de guerreiros son inmortais e poden levantarse sempre, coa salvedade de que pra sobrevivir teñen que conseguir o sangue do seu mestre, neste caso hime.
Por culpa desa circunstancia, Hiro e  a súa irmá trasládanse á mansión de Hime e Hiro convértese no seu gardaespaldas, co súa irmá como maid  que non se entera de moito XD.

Aparte de Hiro e Hime, dentro do Hime-squad, por chamalo así, está unha muller lobo chamada Riza(Tecnicamente medio-lobo dado que só é paret loba) , unha vampira chamada Reiri e un robot-maid chamado Flandre. Este robot é moi pocerosos e pode cargarse a case calquera inimigo. Ten o problema de que non pode falar e emite sempre os mesmos sons (aínda que Hime enténdea) e ten unha batería limitada, polo que cando se lle acaba queda inoperativa.
A maioría dos capítulos son autoconclusivos e o seu argumento non vai máis alá do propio capítulo pero certo é que hai un fío conductor principal, que é a batalla polo trono. Así, en certos momentos a historia pódese volver algo confusa dado que por momentos faise referencia a eventos que saíron moitos capítulos atrás e se temos en conta que este manga era bimensual iso quería dicir que leras dito capítulo anos atrás, co cal xa non te acordabas nin de que ía XD.
O manga é basicamente de acción, con Hime coa súa motoserra, Hiro , que deixa que lle peguen ao ser inmortal e Riza e Reiri como protectoras de Hime con Flandre(Nótese que os vampiros e os homes lobo teñen unha forte rivalidade e non se poden ver  ).
O manga fai homenaxes a todo tipo de películas de serie B de monstros e se sodes cinéfil@s podedes atopar centos de referencias coñecidas entre a gran cantidade de monstros que aparecen. Por dar exemplos, está  ohome invisible, cidades con néboa nas que hai asasinos e nserie, monstrode patano, pulpos xigantes, fantasmas, sereas.....e moitos máis.

Hai un anime pero realmente non é gran cousa, se queredes ver algo vede as OVAs, iso sí mola XD.


Como conclusión dicir que Princess Ressurrection é un manga moi interesante, de duración normal ou pouco longa (XD) que realmente engancha polo complicado que se volve o seu argumento por momentos e as esceas de suspenso.

NOTA: Espero reanudar o ritmo de publicación pronto, véxase , esta semana XD.

Nota: 9.0

Recomendación: Kaibutsu Oujo(Princess Resurrection)

luns, 13 de maio de 2013
Posted by OGSN

Como ben o di o título do post, hoxe falaremos da película de Naruto Shippuden nº 5, a ctitulada blood prison. Teoricamente esta entrada chega algo tarde porque a peli xa saiu en Xapón o ano pasado, pero teñamos en conta que en DVD non saíu ata este ano e dispoñíbel pra ver con subtítulos en inglés non estivo dispoñíbel ata o mes pasado XD. Así que ao dinal non hai tardei tanto XD.
Conste que pra ser unha película de Naruto gustoume bastante, normalmente o argumento é demasiado nimio e cheo de obviedades , con acción demasiado predecíbel e salvo a aparición dalgún personaxe molón(véxase Minato na anteiror peli) non soen ser filmes a ter en conta. Deixémonos de preámbulos, de que vai?

Esta película narra a historia de como Naruto remata préso nunha prisión de máxima seguridade ninja coñecida como Blood Prison por crimes de guerra.  O tema é que Naruto non fixo crimes de guerra , foi un impostor seu, polo que terá que aguantarse cando os seus compañeiros o dexan tirado e remata na presión sen comelo nin bebelo.
Na prisión o garda da prisión aplica unha técnica aos internos que fai que non poidan usar chakra, se intentan usalo unha especie de selo actívase e a persoa sinte unha dor indescripitible, polo que Naruto non ten maneira de loitar.
Dentro da prisión coñece a varios personaxes, algúns dos cales lle suxiren a idea de escapar aínda que ao final decide non facelo.
Respeito da acción, na película a acción real comeza xa pasados 3/4 da mesma ben, cando se pode ver a Naruto en modo senin(do que deducimos que cronolóxicamente está ubicada, como mínimo, entre xusto despois da batalla de Pain e antes de que Naruto aprendese a controlar ao Kyubi) e á invocación Gamabunta, un sapo xigante. Os dous pelexan cun bicho de aspeito bastante raro(ten caez, pés e ás; ten algo parecido a brazos pero son moito máis pequenos en comparación).
Así, a peli trata basicamente de como Naruto ten que tragarse o seu orgullo pra tentar descubrir cal é o motivo polo que o pecharon ahí e que se traen entre mans os garas da prisión, que parecen ter un plan secredo que se está a executar ás súas espaldas.


A nivel animación está ben, é unha película con cores moito máis escuras das que un está afeito a ver  en Naruto, dado que a maior parte da acción sucede na prisión, onde sempre está nuboso e hai un ambiente moi malo, todo tenta ser o máis deprimente posíbel. 
A nivel de pelexas está ben, o que pasa é que ten o mesmo fallo  que en moitas pelis ou capítulos da serie: que se por que non usaches toda a forza desde o principio, que por que non o matas se é mala persoa.....Pero bueno, Naruto é así.
É unha película bastante aceptábel, o argumento floxea pero déixase ver.


Nota: 6



Touchè . Realmente non pensei que este manga duraría tanto tempo(e especialmente pensaba que se o facía as tramas serían vacías e faltas de ritmo). Sen embargo, está claro que con Death Note aprendéronse cousas e este manga rematou ao seu paso sen extendelo de máis. É un manga que ten unha cantidade razoábel de capíyulos semanais publicados na weekly shonen jump(176 capítulos) e conta cun anime homónimo do que hai dúas tempadas. Pero, por que deberías molestarte en ver isto?

Bakuman conta a historia de como ser un mangaa e como é a vida dese mundo. Remataron as historias fantásticas ou os mangas ultrarealistas pero que se alonxan da realidad: este é un retrato do mundo do manga na actualidade.
Así, conta a historia de Ashirogi Muto, pseudónimo de Mashiro e Takashi, dous rapaces , un debuxante e o outro guionista que se dedican a facer manga desde que están na escola media.
O comezo da historia dase cando Takashi convence a Mashiro de que intenten facer un manga xuntos. Ao principio Mashiro non está moi convencido pero pouco a pouco conseguen ter o seu traballo pubricado en revistas filiales da Jump e ven que o seu soño de ser mangakas é real.
O manga ten romance, dado que o amor platónico de Mahiro ponse dacordo con el en non verse persoalmente , nen sequera falar(só a través de emails ou sms) ata que o manga que Ashirogi Muto fai teña un anime.
Non é así pra Takagi,, quen casa no transcurso do manga.
Cómpre dicir que o mana retrata un período bastante longo de vida dos protagonistas(case 10 anos), comezan na escola media, logo no istituto, logo na universidade e por último como adultos que viven dos traballo do manga.
Sen embargo, móstrase un mundo no que non regalan nada, no que todo é incriblemene duro e no que trinufar non é só unha cuestión de talento. Así, os nosos protagonistas teñen que facer varios mangas ata que fan o manga "definitivo" que é adaptado a un anime pra así concluír a historia.
Nótese nese punto unha referencia clara a Death Note cando os dous protagonistas está dacordo en non extender o manga infinitamente e rematalo cando é popular e cando debe.


En resumo, Bakuman é algo que poderíamos considerar como slice of life, algúns toques de romance e a aínda que pareza mentira acción, dado que teñen rivais cos que competir pra pder acadar o número un da revista. Pero sobre todo, é un retrtao de como é a vida dun debuxante de manga. Lectura obrigada pra todo aquel que lle guste o manga en xeral.


Nota: 9.25

Recomendación: Bakuman

xoves, 14 de xuño de 2012
Posted by OGSN

Aquí comento Gekiryuuchi, un manga de nome bastante complicado de pronunciar , que nos mete de cheo no mundo das pelexas calexeiras dun xeito moito bastante realista e cun argumento que serve de fío enlazador das distintas pelexas do noso protagonista.


A historia que se nos presenta é a de Kei, un estidante do que todos abusan e que recibe constantes palizas , algo que fai da súa vida escolar un inferno. Ademáis, está o feito de que non pode soportar a culpa de ter sobrevivido despois de que un amigo seu e máis Kei decidise tirarse nunha ponte para sucidarse: Kei sobreviviu mentres que o seu amigo, Akira, non. Isto supuxo que Kei comezase a ser odiado por moita xente e conduciu á vida que ten ao comezo da historia.
Sen embargo, a vida de Kei da un xira de 180 grados cado , mentres navega por Internet, atopa unha web chamada "Over bleed". Nesa web móstranse vídeos de pelexas calexeiras a morte, sen reglas : unha auténtica loita pola supervivencia entre dúas persoas. A sorprese de Kei é maiúscula cando ve  que alguén chamado Bunen , quen se parece moitísimo a Akira , aparece nos vídeos. 
Convencido de que Bunen é Akira e quere que Kei o atope para redimilo dese mundo, Kei decide meterse no mundo das pelexas calexeiras para descubrir a verdade sobre Bunen e ao mesmo tempo descubrirse a si mesmo.


A única pega salientábel  (de feito fai que moita xente lle de calificacións baixas ao manga ) que lle atopo a este manga é que é bastante curto , o final foi demaisado apresurado na miña opinión. Polo demáis, o debuxo é bastante bo, pero sobre todo ten unha boa historia que te atrapa desde o primeiro capítulo Pelexas, sangue, amizade, culpa.....todo iso se da cita neste manga.

Nota: 7

Recomendación: Gekiryuuchi

venres, 24 de febreiro de 2012
Posted by OGSN

Maka Chop!
Igual a frase anterior non é a máis representativa de todo o anime pero sen dúbida recolle o punto gracioso do anime: o interesante é que se move bastante ben entre a comedia e a acción, dando máis importancia á acción por momentos pero ten un equilibrio bastante logrado que fai que o anime sexa moi dinámico e moito máis disfrutábel do que se podería esperar. Hai un manga homónimo que aínda non rematou e que difire bastante do anime ao chegar a certo punto(e cando digo que difire bastante refírome a que hai que ler o manga ao chegar a ese punto XD ) pero aínda asíp o anime cumpre bastante ben. Imos co argumento!


ARGUMENTO
Argumentalmente parécese a Bleach de Tite Kubo en moitos puntos da historia, aídna que ao meu parecer enfoca o mundo dos Shinigamis dun xeito moito máis desenfadado.
Así, conta a historia dunha serie de personaxes que viven nunha cidade ondes existe a Academia Shinigami, un lugar onde se entrena ás persoas para que sexan capaces de loitar coas súas armas e derrotar espíritos malignos. 
O diretor da academia e o seu fillo son os únicos shinigamis auténticos que hai, aínda que hai outros personaxes que son igualmente válidos para a loita a pesar de ser humanos.
Así, os humanos que son capaces de loitar grazas aos coñecementos adquiridos na Academia son chamados técnicos . É importante salientar que as armas son persoas, de xeito que para loitar transfórmanse en armas , ao estilo de series como Seiken no Blacksmith.
Hai varios protagonistas na historia, de feito nos tres primeiros capítulos cámbianse de protagonista en cada capítulo pero sen dúbida a protagonista indiscutíbel(no anime, no manga non tanto) é Maka , unha técnica que ten como compañeiro (arma) a Soul , que sen tranforma nunha Scyte(gadaña) e loita xunto a ela.
A serie móvese entre momentos cómicos e momentos de acción, demostrando unha estrutura claramente shonen na que os personaxes aprenden técnicas e ataques novos co paso dos capítulos para derrotar a inimigos cada vez máis fortes.

PERSONAXES 
Na miña opinión, a protagonista da historia é Maka, seguida por Soul, aínda que os outros "loitadores" son tamén importantes : hai momentos nos que se narra a historia sen Maka e se usa a Black Star ou a Kid como protagonistas, pero non é o habitual.
É importante recordar que as armas son persoas que teñen a capacidade de transformarse en armas para loitar xunto aos seus compañeiros(técnicos ou shinigamis).

Maka: é unha rapaza que é unha técnica e se dedica a cazar demonios en misións que se lle asignan. 
O seu obxectivo é acadar 99 almas de kishin e 1 de bruxa para poder converter a Soul, o seu compañeiro-arma, nunha Death Scyte, arma que pode ser usada polo Shinigami, o alcalde da cidade , polo seu gran poder.
É unha rapaza que sempre valora a xustiza i que é bastante extrovertida, sendo moi difícil desanimala .
Soul: arma de Maka, concretamente unha gadaña . Así, ten unha personalidade bastante fría e distante, sendo unha persoa moi introvertida e que ten moi mal xenio.
Aínda así, ten un gran aprezo por Maka e sempre intenta protexela con todo o que ten .
É un gran amigo de Black Star.
Black Star: técnico que procede dunha familia de asasinos que tamén se dedica a levar a cabo as misións que lle encomendán. Ao contrario que Maka e Soul(quen teñen un índice de éxito moi alto) Black Star e Tsubaki, a súa arma, teñen un índice de fracaso altísimo , debido maiormente a que Black Star é bastante patoso e sempre quere sobresaír por encima de todos e destacar o máis que poida.
Non obstante, é capaz de poñer o seu orgullo de lado se é para protexer á xente que lle importa.
É amigo de Soul.
Tsubaki: é unha rapaza que se pode convertir en diferentes tipos de arma(fouciña con cadea, espada, shuriken...) dependendo do que Black Star lle solicite. É o oposto a Black Star: unha persoa moi calmada e que sempre pensa antes de actuar, polo que coida frecuentemente de Black Star e intenta que non se meta en líos.
É amiga de Maka.
Death the kid : fillo do Shinigami(neste anime só hai un XD) , Kid podería ser considerado tamén un shinigami , aínda que o seu poder non é comparábel. 
É considerado o mellor estudante de Shibusen(o nome da academia na que todos estudan técnicas de loita) sendo moi poderoso e rápido , incluso sen usar ningunha arma.
Sen embargo, ten unha gran debilidade: é un obseso da simetría, isto é , todo o que o rodea debe ser simétrico, dahí que en lugar de usar unha arma soa use un par de pistolas. No caso de que algo non sexa simétrico a súa capacidade de loitar vólvese nula XD.
Lizz e Patty: son as dúas rapazas que son capaces de transformarse en pistola e que Kid usa como armas. Así, Lizz é a máis alta, tendo unha personalidade seria e asústándose con facilidade , ao contrario que Patty, que ten unha personalidade moito máis desenfadada.
Un gag recurrente con estas personaxes é que Kidd está decepcionado de que o tamño dos peitos de Lizz e Patty sexa diferente, algo que non cumpre coa súa filosofía da simetría.


Hai máis personaxes, pero os anteriores son os que teñen o rol máis protagonista dentro da historia.



 ANIMACIÓN E BSO
Algo que Soul Eater fai moi ben é conseguir un ambiente tenebroso, lúgubre, coma se se tratase dunha película de Halloween, algo moi acorde á suá temática. 
Así , atopamos cores escuras na maioría da esceas e un manexo da luz ben logrado.
Este AMV recolle bastante ben esa esencia:

A BSO é bastante potente , os seus dous openings gustáronme e os temas de batalla están ben logrados. O primeiro opening é este:
 CONCLUSIÓN
Soul Eater é unha auténtica maravilla en moitos aspectos, isto é, ambientación e desenrolo de personaxes, se ben floxea algo na segunda parte do anime o que é a historia, dado que difire moito do manga e ten un final inconcluso.
Aínda así, é un anime altamente recomendado con grandes doses de acción e comedia.
 

 Nota: 8.75

CRiTiCa ANiMe: Soul Eater

venres, 20 de xaneiro de 2012
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //