Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta Comentario. Amosar todas as publicacións

#manga #anime #ogsn

Ola! Revisaba os post dos meu blog cando me din conta que o top de manga que fixera era, nin máis nin menos, que do 2010! En catro anos cambian moitas cousas e a miña experiencia ao ler mangas permíteme distinguir mellor a calidade(As notas dos inicios do blog eran bastante optimistas , por dicilo así XD). Así, nesta lista non vai haber un orde, senón que será unha lista daquelas obras que opino que son dos mellor que lin, que tes que ler, ben sexa pola historia ou polo debuxo(Vamos, as que teñan o OGSN sign of approval) . Isto explica que haxa mesturadas obras de sobresaínte con obras de notábel, dado que eu baixo bastante a nota por un mal final , aínda que o resto da obra sexa  desfrutábel.Tamén hai obras acabadas e outras que aínda se están a publicar. Por último, hai moitas obras que non lei/lin, a pesar de que teña unha certa fama(20th Century boys, Pluto, Ubel blat, Attack on titan, Terra formars...)
PD: Tentei ler Assasination classroom. Non pasei do capítulo 2, eu non sei que lle ven XD.
Ahí vai a lista:

Akame ga kill
Aku no hana
All you need is kill
Area D
Bimbougami-ga
Death Note
Doubt
Dragon Ball
Fairy Tail
GTO
I am a hero
Kaibutsu oujo
King of thorn
Koe no katachi
Kuragehime
Liar Game
Monster
Nanatsu no taizai
Oldboy
One Piece
One punch man
Psyren
Samurai Champloo
Samurai Deeper Kyo
Shin Sekai Yori
Suicide Island
Sun-Ken Rock
The breaker
The breaker: New waves
Wagatsuma-san wa ore no yome









Mangas que deberías ler (Actualizado 2014)

martes, 28 de outubro de 2014
Posted by OGSN
Tag :, Tag :
#manga #anime #ogsn

Outro ano máis publico unha entrada especial co gallo do día das letras galegas, 17 de Maio. Algunhas veces pregúntome se que sexa festivo é algo bo, dado que na miña opinión faise un fraco favor á lingua ao conseguir que a xente relacione este día cunha ponte ou cun festivo, sen poñen ningún interese en celebrar nada que teña que ver coa lingua galega...
A cuestión é que usar o galego non é cousa dun día, non debería necesitarse a celebración dun día coma hoxe se as cousas fosen como tiñan que ser. Curioso é o caso das institucións universitarias, onde se poñen medidas coma a concesión de becas pola realización de publicacións en galego. Non necesito ningún tipo de remuneración económica por falar en galego , era o que faltaba tamén XD

Decidín escribir este blogue en galego porque é o meu idioma, un no que me sinto cómodo e sobre todo no que me resulta agradábel escribir. Non hai moitos blogues de anime en galego(Os que eu coñezo cóntanse cos dedos das mans e sobran dedos XD) así que considero que foi unha boa adición á blogosfera .

E iso foi todo, a semana que ven volverán as entradas sobre anime e manga, ata entón!


Por que en galego?

sábado, 17 de maio de 2014
Posted by OGSN

Boas! Hoxe comezo unha nova coleción de post(Outra!? Que cansino este...XDD). O caso é que falaremos de diversos personaxes históricos(Non necesariamente xaponeses). O que farei será , con información sacada de diversas fontes, contar un pouco quen era o/a personaxe, porque foi guai ou importante , datos históricos e , no caso de que  sexa posíbel, algunhas das súas aparicións en diversos traballos de ficción(Preferiblemente anime , manga ou calquera tipo de animación ou banda deseñada) . Comecemos!

HISTORIA


Introducción


O señor Nobunaga Oda viviu no período Sengoku(Edo) e coma o resto dos daimyos quería manter o seu territorio. Sen embargo, pra Nobunaga iso non era suficiente polo que decidiu emprender unha campaña pra conquistar todo Xapón, algo bastante complicado se temos en conta que , basicamente, os outros clans non se rendiron pacificamente e en varios casos fixeron cualicións pra defenderse dos ataques do exército Oda.

Primeiros anos


Pero, como chegou Nobunaga a loitar polo control de Xapón? A historia remóntase a cando Nobunaga aínda era novo(Apenas tería uns 18 anos aprox.) e surxiron debates internos que levaron a unha guerra civil dentro do clan Oda polo liderazgo. Isto é así porque certos membros do clan non vían como unha persoa como Nobunaga, que era unha especie de "rebelde sen causa", que pasaba bastante de todo, que se vestía con roupas demasiado vistosa e que falaba cunha linguaxe pouco apropiada podía ser o soberano do clan Oda. Sen embargo , Oda demostrou neste conflicto que , a pesar dos seus defectos, tiñas cualidades que podían levalo a governar. Así, por exemplo, Nobunaga solicitou a axuda do seu tío Oda Nobumitsu, que foi asasinado en misteriosas circunstancias, pra gañar a guerra civil e varias fontes apuntan a que foi o propio Nobunaga quen o matou. Ademáis, despois, cando a guerra civil, xa por aquel entón unha pequena rebelión , daba os seus últimos coletazos Nobunaga deciciu finxir unha enfermidade pra poder achegarse ao seu familiar Nobuyuki e asasinalo. Estes feitos demostra que Nobunaga era alguén despiadado e sen corazón que, con tal de conseguir o que quería, era capaz de matar a quen fixese falla.

Nesta época Nobunaga tivo que loitar unha das súas batallas máis famosas, a de Okezama. Así, Nobunaga foi informado de que o seu inimigo, Yoshimoto, tiña 40000 soldados dispostos a arrasar o lugar onde se atopaba Nobunaga. A resposta del ante isto foi a de dicir que iso era mentira, que habería a metade de soldados  e que aínda así non se ía botar atrás. Concretamente, no discurso orixinal di algo así como que naceu pra morrer e que pra aguantar uns días sitiados pra rematar por morrer despois prefire enfrontarse ao seu destino directamente.



Ascensión

A raíz da victoria sonre Nobuyuki Oda e , sobre todo, da victoria en Okhezama , Nobunaga comezou o seu ascenso ao poder. Así, decidiu conquistar o clan Mino, algo que o levou a loitar contra unha figura bastante coñecida deste período como foi Nagamasa Azai.
En 1569, Nobunaga Oda tiña baixo o seu control a rexión de Kansai.






Rebelións

Grazas ás súas vitorias e á cantidade inxente de territorio conquistado o emperador do Xapón(de Edo) comezou a ver  Nobunaga como alguén relevante e decidiu recompensalo e ascendelo no governo.
Sen embargo, non todo eran boas noticias pra Nobunaga xa que comezaban a aparecer focos de rebelión nos territorios conquistados, coma a chamada "Coalición Anti-Nobunaga" , que conseguiu derrotar. Sen embargo, iso non foi a fin dos problemas dado que houbo moitas rebelións. Non hai unha certeza "absoluta" de se unha das batallas máis famosas(Ademáis da de Nagashino) , a de Tedorigawa, ocorreu realmente , pero de ser así, podería ser considerada un "zas" a Nobunaga, xa que , cun exército moito maior que o do seu opoñente , Kenshin Uesugi, incluso a pesar de romper presas e que os seus soldados morresen xunto cos do inimigo.

                                            Batalla de Nagashino-1575

Caída

A pesar de tódolos problemas, non foron as guerras as que precipitaron a caída de Nobunaga, senón polos seus propios homes, segundo a hipótese máis extendida. Así, Mitsuhide Akechi, despois de estar un tempo con Nobunaga chegou á conclusión de que , a pesar de que finalidade do que Nobunaga estaba á facer , non era a persoa adecuada pra levar a esa tarefa. Así, no coñecido como incidente de Honnoji, Mitsuhide Akechi traicionou a Nobunaga e incendiou o templo no que estaba aloxado xunto co seu exército. 
Non está moi claro se Nobunaga pereceu no incendio ou se suicidou nunha localización descoñecida posteriormente .
A morte de Nobunaga provocou que os seus tres "Número 2" Mitsuhide Akechi, Hideyoshi Hashiba e Tokigawa Ieyatsu enazarzáronse nunha revolta pra saber quen era o sucesor. Na próxima entrega comentarei o resultado XD


http://www.oocities.org/azuchiwind/map_oda_nobunaga_3.jpg


         Mapa das conquistas de Nobunaga Oda no momento da súa morte.

Conclusión e opinión persoal

 

Considero que Nobunaga foi un gran innovador e visionario da súa época, xa que fixo cousas que non se repetirían ata a restauración Meiji. Así,  tentou impulsar a liberdade relixiosa , como sepode comprobar no feito de que intentou favorecer as relacións cun xesuíta portugués.
Ademáis, foi un dos primeiros rexidores que quixo modernizar varios aspectos do seu dominio como son o equipar con armas de fogo(escopetas, maiormente), facilitar o pago , abrir o mercado aos campesiños, recompensar á xente polos seus méritos e non pola súa linaxe......Cousas que , a pesar do cruel e malvado que era Nobunaga, fixéronno un dos maiores innovadores de Xapón.

    Unha das supostas "tumbas" onde descansan os resto de Oda Nobunaga

Aparicións noutros medios:


O certo é que Nobunaga é dos personaxes máis populares do período Sengoku polo que é sinxelo atopar diversas aparicións súas en manga, anime e videoxogos:
-Samurai Warriors : Serie de videoxogos ao estilo Dinasty Warriors(Está feita polos mesmos) que conta os conflictos do período sengoku. Xoguei á súa terceira parte e escribirei un post coas miñas impresións no "futuro" XDD.
-Sengoku Basara: videoxogo
-Sengoku Basara : anime



Realmente aparece en MOITOS máis sitios, pero eses son algúns dos máis salientábeis.

Fontes de información:

http://koei.wikia.com/wiki/Nobunaga_Oda
http://en.wikipedia.org/wiki/Oda_Nobunaga
http://www.samurai-archives.com/nobunaga.html
http://senderosdelahistoria.wordpress.com/2007/07/13/oda-nobunaga/
http://sengokubasara.wikia.com/wiki/Oda_Nobunaga
http://moderntokyotimes.com/2012/01/15/japanese-history-and-oda-nobunaga-a-visionary-innovator-and-open-to-christianity/

Personaxes Históricos: Oda Nobunaga

xoves, 26 de setembro de 2013
Posted by OGSN

Boas!Dende hoxe comezarei unha colección de post sobre revistas de manga. Pra comezar, cómpre dicir que , en Xapón, a distribución de mangas, ademáis de por volumes, faise con revistas de manga, que saen unha vez á semana. Así, estas revistas contan con moitos títulos de manga, polo que a súa extensión é bastante grande(Son un bo tocho) e por un prezo que creo que de media anda entre 2 e 3 euros ao cambio, non se pode pedir moita calidade de papel e o certo é que esta é realmente mala.

Así Weekly Shonen Jump é unha das revistas de manga máis populares de Xapón. Os mangas máis populares dos últimos anos(Véxase Naruto, One Piece, Bleach, Dragon Ball, Hunter x Hunter......) surxiron desa revista. En épocas de Dragon Ball o seu volume de publicación era epicamente grande, agora, aínda que están One Piece, Bleach ou Naruto, ten un volume de publicación moito menor que anda polos 2 millóns de unidades.

É unha revista que ten moita historia, dado que a súa primeira edición data de 1968, polo que a editorial que a edita, Shueisha, converteuse nunha das revistas máis importantes de todo Xapón.

Algunhas das características desta revista son a súa demografía shonen(tal como se ve no seu título) , a celebración de concursos pra que xente que non son mangakas profesionais poidan abrirse un oco na dura industria e a súa gran popularidade dentro de Xapón, é unha revista mencionada en centos de mangas que non son da mesma editorial.



E ata aquí este pequeno comentario. Espero que vos gustase.

Revistas de manga: Weekly Shonen Jump

venres, 24 de maio de 2013
Posted by OGSN
Non esquezamos que o día de hoxe non é un simple festivo máis, que realmente isto ven porque é o día de rendir homenaxe ao galego, aínda que a máis de un se lle esqueza.
Non esquezamos que por falar o galego hoxe e non falalo o resto do ano non se é mellor persoa.
Non esquezamos que a maioría da xente nin sequera sabe a quen se lle dedica o día das letras galegas hoxe, o certo é que cada vez hai menos promoción do tema.

En resumo, non esquezamos que temos algo noso e estaría ben conservalo e tal.


Se queredes ver máis vídeo de cancións do xabarín, botádelle un ollo á canle de youtube de Xeración Son Goku (Antes coñecido como Xeración Xabarín )

Non esquezamos

venres, 17 de maio de 2013
Posted by OGSN


Boas! Antes de nada quero desculparme por non ter publicado nada ultimamente, espero retomar o ritom de un post á semana pronto.
O tema que hoxe nos ocupa son os premios de manga. Isto ven porque , se un se da conta, cando vai ver unha película, vai a un local novo ou fai algunha cousa so facelo por dous motivos básicos no caso de non coñecer o local ou actividade de antemán: por recomendación dun amigo ou en función de premios. Así, unha película que levou un oscar , un globo de ouro ou outros premios é moito máis atractiva de cara á galería. Co manga non ía ser menos, así que hoxe comentarei algúns dos premios que existen na actualidade sobre manga:

-Premio Shōgakukan : é un dos máis prestixiosos de Xapón e está en activo dende 1955. Celébrase anualmente e premia a mangas en diferentes categorías. Dos premiados, os que eu coñezo son Golgo 13, Monster, 20th century boys e Team Medical Dragon, dentro da categoría de manga xeral. Logo hai categoría de manga shojo, shonen e infantil.Dentro dos premiados shonen coñezo Urutsei Yatsura, Dr Slump , Yu Yu Haskusho, Detective Conan, Inuyasha, Bleach, Zatch Bell, Cross Game, Sket Dance e Kekaishi. 
Por outra banda , dentro do shojo só coñezo Nana e Lovely Complex(E pra iso Lovely Comple nunca o lin XD).
Por último, dentro do kodomo(infantil), coñezo Doraemon(...ten un peto máxico ! XD ) , Kinnikuman, o Sarxento Keroro e Inazuma Eleven.
Nótese que moitos dos títulos que levaron este premio son moi populares na actualidade.

-Premio Kōdansha:   premio que existe dende os 60 otorgado pola editorial Kōdansha  en catro categorías ao igual, que o anterior. Dos premiados en manga xeral, coñezo Dragon Zakura, 20th century boys(Nótese a cantidade de premios que levou este manga,totalmente merecidos), Vagabond, Dragon head(Por recomendación), Akira , Adolf, Ah ! My goddess e VInland Saga. En shonen, coñezo Black Jack, GTO, Love Hina, Air Gear e Fairy Tail. Dentro do shonen coñezo Inazuma Eleven, Shugo Chara(Máis que nada pola cantidade inxente de rosa que hai, ler nunca o lin pero é mítico en internet XD )  e , curiosamente, Watashi ni xx Shinasai, a pesar de que ese manga é máis shojo que outra cousa.....pero bueno XD. Por último, dentro do shojo coñezo Kuragehime, Nodame Cantabile, Honey and Clover e Sailor Moon.
Varios títulos famosos levaron o premio, aínda que como é un premio dunha editorial...moi obxectivo non creo que sexa XD . Hai algo que sí me gustou da maneira en que organizan o premio: non sempre houbo gañador , é dicir, se os mangas de certo ano non acadaban a calidade suficiente deixábase vacante o premio. Obxectividade ante todo.

-Premio Taishō: este premio entrégase dende 2008, é por moito un dos máis recentes que hai. Así, hai unha serie de nominados e un gañador, non hai varias categorías.
De entre os gañadores, dado que non hai demasiadas edicións, só coñezo Silver Spoon, gañador da edición 2012. Paréceme un premio bastante inxusto, porque, por exemplo , I am hero foi nominado en 3 ocasións e nunca gañou. E sí, Silver Spoon é orixinal e tal pero.....I am a hero é lendario, así que penso que debería ter gañado algunhas vez xa.





E isto foi todo. Hai máis premios pero eses son os máis famosos . Espero que vos gustase o post!

Comentario: Premios de manga

domingo, 4 de novembro de 2012
Posted by OGSN
Tag :, Tag :
Boas! Hoxe quería dar a coñecer unha serie de anime chamada Saru Getchu, baseada na mítica saga de videoxogos de Ape Escape.
Pra que non o saiba, Ape Escape é unha saga de videoxogos na que o pbxectivo principal é cazar monos cunha rede. A dificultade está en que son monos super intelixentes e tentarán escapar, polo que se contará con todo tipo de artiluxios(coches teledirixidos, espadas láser,guantes de boxeo, aros , etc) pra atrapalos.
A primeira entrega do xogo, que eu teño, saíu pra a Playstation 1 e foi un bombazo, cun gran éxito en ventas e boas críticas que remarcaban o seu uso do do dual shock(foi o primeiro xogo pra esta plataforma en usar só o dual shock) nos seus enormes escearios plataformeiros.

Así, Saru Getchu conta a historia dos videoxogos . Non é unha gran serie de anime, a animación é mala e o argumento ....bueno, deixémolo en normal (nos videoxogos parecía moito máis interesante XD ) . Un exemplo do que se ve no anime:

En resumo, nos xogos o argumento é moito máis serio, este anime é interesante se che gusta a saga, en caso contrario cecáis non che interese.

Saru getchu(ape escape anime)

mércores, 19 de setembro de 2012
Posted by OGSN

Non vin demasiados animes estrenados en 2011 xa que vin bastantes cousas de anos anteriores e lin máis manga que vin anime: non obstante, hai algunhas series que merece a pena ver(e que se non foron reseñadas xa, seranno no futuro).Así, só farei un pequeno comentario de cada unha .
Se falamos de COMEDIAS, sen dúbida hai que falar de Level E. O nivel de troleo que se mostra nese anime é absolutamente épico e riras sen parar XD . Un gran descubrimento.
Outro anime que me gustou foi fractale, a pesar de que tiña xigantescos plot holes cautivoume a súa historia, diferente do que un está afeito.
Non sigo beelzebub (sigo o manga), dado que o nivel é moi inferior ao do manga ; aínda así é unha historia que se deixa ver.
Hourou Musuko é unha historia sobre todo de drama, presentando un prantexamento moi lento que cecáis desanime a máis de un; que non vos engane isto a que é unha historia moi profunda sobre problemas das persoas de hoxe día.
Kampfer fur de liebe non foi unha segunda temporada de Kampfer, senón que se quedou nun par de OVAs con moito fanservice e tal(tiña o seu aquel XD) .
The world god only knows é un fixo, o manga é "lendario" e este anime fai unha adaptación bastante boa do mesmo.
Steins:gate é unha das pequenas xoias de 2011: por fin a alguén se lle ocorre un anime non baseado no ecchi, con ciencia ficción , intriga e aínda por riba con bos personaxes.Continuando coa ciencia ficción tamén sería bo botarlle un vistazo a Mirai Nikki. Just saying.

Usagi Drop é bastante boa, polo menos é bastante diferente do habitual mostrando algo máis íntimo e reservado.
Volvendo á comedia a segunda tempada de Working foi incluso mellor que a primeira, na miña opinión, facéndote rir sen parar en cada capítulo.

Logo está a última tempada de Shakugan no Shana, que bueno, hai que vela para saber como remata a historia e tal, non por a calidade da mesma XD.


Non vin nada máis salientábel XD, espero que vos gustasen as recomendacións.


Animes que ver do 2011

martes, 3 de xaneiro de 2012
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //