Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta Shakugan no Shana second. Amosar todas as publicacións

OVA son as siglas de Original Video Animation polo que normalmente soen ser coma o que son os omakes no manga, é dicir, episodios que non teñen que ver coa trama principal, algunhas veces cunha duración superior á dun episodio convencional.Así, como preludio da terceira temporada da miña loli tsundere favorita lanzáronse 4 OVAs.Comentarei un pouco o argumento de cada unha para que así se queres esperar directamente a meterte na terceira podes, aínda que polo menos as dúas últimas novas teñen algo de relación co que pasará na terceira temporada.Comezo.(Spoiler Alert)
OVA 1
O tema central desta OVA basicamente é o gender bender. Yuuji e Shana atopan un artefacto misterioso que fai que cambien de corpos polo que teñen que vivir un no corpo do outro ata que atopen unha solución.
Eu son bastante fan do gender bender polo que me pareceu graciosa, está chea de esceas de conteñido ecchi coma pantishots .

OVA 2
Neste caso explora a relación que existe entre Wilhelmina e Shana, xa que segundo o parecer da primeira está cada vez máis separadas.Slice of life total, a min non me gustou, xa que non ten elementos de comedi e creo que o drama está mal construído.


OVA 3 e OVA4
Póñoas xuntas porque unha é a continuación directa da outra. Ao contrario que nas outras OVAs aquí vemos un ton máis escuro e serio e sobre todo atopámonos coa novidade de Shana como heroína soa, sen Yuuji.
Polo demáis é un simple historia da caza dun tomogara o que pasa é que como só dura dous caps cóntana demasiado rápido.É interesante o epílogo que sae ao final da cuarta OVA, no que di que Yuuji e Shana separáronse e Shana retorna á cidade do mesmo.

Bueno, iso é todo.Ve as OVAs se queres máis información.Agora só queda esperar a 2011 pola terceira temporada.

Camiño cara a nova temporada: Shakugan no Shana S OVAs

martes, 12 de outubro de 2010
Posted by OGSN
Máis, máis grande e máis bestia,isto é Shakuga no Shana second. Quen dixo que segunda partes nunca foron boas?Certamente aínda que cun comezo un pouco aburrido, logo a trama colle un ritmo frnético e nos capítulos da metade en adiante supera ao anime orixinal.É unha continuación directa de Shana, así que o estilo é o mesmo , pero aquí cuidaron máis algúns detalles, a min moloume máis.
TRAMA
A trama continua tras os últimos eventos de Shana , cando se invoca a Alastor para salvar a cidade de Misaki. Certamente nesta segunda temporada a cidade de Misaki toma importancia como elemento en si mesma, os prottagonistas dan un paso máis e deciden protexer a cidade mesma.
Así, seguimos coa historia das brétemas chameantes(blame hazers) e os Tomogara, basicamente Tomogaras máis grandes e máis bestias contra Protagonistas máis poderosos(son so mesmos pero vólvense máis poderosos). A
A parte da trama principal podemos salientar tramas secundarias de 1 ou dous capitulos, certamente a historia de Marjerie no século XX foi sublime. Encantoume a maneira en que se relaciona coa época actual, descóbrenos moito máis de Marjerie, certamente ela poida que sexa unha das brétemas chameantes máis poderosas da historia. Nesta saga ademáis descubrimos algo que xa podíamos intuir aínda que non tiñamos claro: as Blame Hazers non se fan vellas, xa que Marjerie debe ter unha idade de máis de 500 anos e segue tendo a apariencia dunha muller nova.
Os argumentos son máis profundos, indágase máis nos personaxes en si, aínda que hai batallas coma contra Sabrac que son espectaculares, superan de lonxe o nivel de animación e efectos mostrados na primeira temporada.
PERSONAXES
Os personaxes son os mesmos, certamente hai algún persoanxe novo pero ou morre, ou desaparece, ou é parte dun flashback. Co cal, ao final a trama sostéñena os mesmos.
Shana ten unha actitude máis humaa, comeza a preocuparse d que realmente sente algo por Yuuji e decídese a intentar confesalo, aínda que se dan situacións cómicas ao respecto por non admitilo logo.
Yuuuji probábelmemnte sexa o personaxe que máis eveoluciona, deixa de ser u miuras que non vale para nada para convertirse nun ser altamente poderoso, capaz de usar feitizos non restrinxidos e de empuñar espadas xigantescas. Ademáis, explótase máis a ´sua vena detectivesca , facendo deduccións e creando conxecturas para os outros imposíbeis de facer.
Yoshida Kazumi tamén experimenta unha lixeira evolución, vai máis en seroi a por Sakai-kun,realmente quere que sexa o seu amado e enfróntanse con Shana por iso.
Satou, un dos axudantes de Marjerie-san, reafírmase na súa vontade de axudala no que faga falla a peasr dos esforzos de Marjerie de que non o faga.
Tankaa sufre un gran cambio nesta temporada, pasa dun incondicional de Marjerie a darse conta de que Oga-chan impórtalle moito, de tal xeito que abandona ese tipode vida de loitas e opta por u nha postura máis pacífica.
Ike-kun segue na mesma liña, ao igual que a nai de Yuuji. Un punto importanmte é que coñecemos ao pai de Yuuki, un tipo simpático que se casou con Chigusa cnado eran aínda moi novos.
Whilemina experimenta unha evolución dunha postura recia, sólida, seria cara unha na que se da conta de que shana xa non é unha nena e ten que comezar a comprendela.
Marjerie foi o meu personaxe favorito da tempada. Descubrir o seu pasado, o que a leva a ser como é foi certamente un gran detalle, ademáis que expermientou un cambio deixando de ser unha pasota para converterse nunha blame hzar máis e axudando a todos.
Os malos son os mesmos, Hecate, Bel-Peol e Metamorfose. Podemos xuntar ao seu nivel a Sabrac, certamente un pesonaxe que tamén me molou por o bestialemtne poderosos que é.Tamén a Pheles, un tomogara de vento que non é de todo malo, polo menos foi a impresión que me deu a min, a cradora do Reiji Maigo.
ANIMACIÓN
En canto á animación podo dicir que meteron máis escenas de loita e maxia en algúns cap´tulos, polo que se esmeraron nese aspecto. Os personaxes están moi ben debuxados, os colores son vivos cando teñen que selo e oscuros respectivamente . Notable
BSO
Na banda sonora non hai moito que contar. É o mesmo. E non é que sexa parecido, é que é o mesmo, a amoir parte das melodías son repetidas de Shana, áinda que hai algunhas novas. Un punto negativo a este aspecto, vale que fosen boas, pero hai que innvoar un pouco máis. Non sempre ha ique seuir a máxima de se funciona, non  o toques.
CONCLUSIÓN
Como conclusión, dicir que certamente a duración foi estirada u pouco, hai capítulos slice of life total que nom serven para nada, aínda que na súa mairái son moi boas e algúns rozana perfección. Segue a liña de Shana perop cando colle ritmo sen dúbida mellóraa. Se vuches Shanan vaiche gustar, de feito eu creo que máis, é máis profunda e máis basta, en resumo.

Nota: 7.75


CRiTiCa AniMe: Shakugan no Shana second

luns, 26 de abril de 2010
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //