Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta Manga sobre...... Amosar todas as publicacións

#manga #anime #ogsn
Ola!Hoxe publicaranse dous post polo tema de que onte tiña que ter saido un e non saíu...pero aínda hai posibilidades de conseguir chegar á cifra de 6 posts en seis dias, e que mellor forma de facelo que con esta colección de posts de "manga sobre". Así, hoxe falaremos sobre mangas nos que apareza a música como elemento principal da trama, e en consecuencia, onde os seus protagonistas sexan músicos ou similares.

-Shigatsu wa kimi no uso: este manga comeceino a ler recentemente e gustoume bastante dende o primeiro momento. Trata a música coma algo máos que unha afición e trata de darlle unha dimensión emocional a través dos ollos dos seu protagonista principal, un rapaz que era un prodixio do piano anos antes do inicio do manga pero que despois da morte da súa nai tivo que deixar o mundo da música debido a que non era capaz de escoitar o piano ao pouco tempo de comezar a tocar. Esta circunstancia vese alterada no primeiro capítulo cando coñece a unha violinista , quen remata por convencelo de que toque con ela. Ahí comeza a historia, onde o rapaz embárcase nunha xornada para descubrirse a sí mesmo como persoa a través da música e deixar atrás tódolos seus medos
-Beck: este manga vai unido ao tema da música de xeito case automático, se pensas en mangas sobre música pensas en Beck, de xeito automático. Tivo bastante éxito no seu momento e incluso chegaron a sacar unha liña de guitarras inspiradas no mesmo.
Argumentalmente non é tan persoal coma o anterior, neste caso estamos ante as aventuras e desventuras dunha serie de rapaces ao montar unha banda de rock, coas dificultades necesarias que o camiño cara o éxito presenta.
-Piano no mori: este manga está baseado no mundo dos pianistas profesionais e dos concursos de talentos de música clásica. Segue a evolución dun neno chamado Kai dende que é un cativo ata a madurez, (aínda non rematou na actualidade) , o único capaz de tocar un vello piano roto que se atopa no medio dun monte. É bastante persoal no senso de que Kai non se cingue aos canons habituais da música clásica e por iso non consegue despuntar nos concursos, a pesar de ter unha técnica infalíbel e xoga co tema recurrente de "Salieri tería sido o mellor de non existir Mozart".
-Fuuka: este manga é do autor de Kimi no Iru Machi e Suzuka  e ubícase no mesmo universo, polo que pensaredes "pero isto, que ten que ver coa música?" Certo é que a música non é o tema principal nos comezos da historia pero a medida que esta progresa vólvese un punto central na vida dos protagonistas. Podes esperar algo do estilo das obras do mesmo autor, aínda que noto que esta historia tenta difrenciarse algo, hai momentos dramáticos máis impactantes, sobre todo se temos en conta que hai poucos capítulso publicados.

Aparte dos tres que comentei hai algunhas cousas máis interesantes coma Watashitachi no Shiawase no Jikan para algo lacrimóxeno, Nodame Cantabile para romance ou Sakamichi no Apollon , tamén dunha banda de istituto.


Manga sobre....música!

domingo, 21 de decembro de 2014
Posted by OGSN

Boas! Hoxe falaremos sobre mangas que son adaptacións de videoxogos. Hai todo tipo de adaptacións, dende adaptacións de MMOPRG, ata adaptacións de xogos de consolas de sobremesa, ao tempo que se pasa por xogos de consolas portátiles .

Devil May Cry

Hai diversas adaptacións do universo DMC, dado que a historia é o suficientemente complexa como pra ser exportada a outros formatos de entretemento,véxase, o manga .Así, hai un manga sobre a historia que se conta é DMC 3, que ao igual que o videoxogo, é unha precuela a toda a serie(Xoguei a DMC 5 este verán, comentarei que me pareceu algún día XD ). Realmente é malo . Moi malo XD.
Sinopse de Baka - Updates (traducida e adaptada):


Dante é un asasino de demos e un caza recompensas con herdanza demoníaca propia que o persegue. Actualmente está sen emprego e moi aburrido. Así, unha oporunidade aparece na súa porta en forma do caso dun neno desaparecido, que o seu amigo e xefe, Enzo, lle ofrece. Pero unha recompensa de 4 millóns de dólares , un inesperado ataque dun demo e unha pequena rapaza chamada Alice conspiran pra mandar a dante a unha aventura máis alá da súa propia imaxinación.

Dragon Quest: As aventuras de fly

Dragon Quest é un xogo de rol (RPG xaponés) da quinta de FF(Creo que anterior ao primeiro FF) que ñe relativamente famoso e dada a colaboración de Akira Toriyama non é de extrañar que conte cun manga.De feito, ten máis de 300 capítulos, o que é raro en adaptacións deste tipo XD.
Sinopse de baka-updates(Correxida e adaptada):
"
Fai moito tempo había un valente espadachín que era coñecido como "o heroe". A xente estivera a sufrir a mands dun malvado demo que foi desafiado polo hero e os seus compañeiros que cos seus poderes combinados derrotaron ao demo e salvaron á xente. Así, os monstros que eran controlados polos demos qudaron libres e a illa volveuse un lugar onde se podía vivir con paz e tranquilidade.

Nunha illa remota dos mares do ser vive Dai, un rapaz que fai barcos e que soña con converterse nun heroe. Un día, o heroe demo é revivido polo que Dai e os seus amigos teñen que paralo , así como as forzas malvadas que reviviron con el. No camiño, Dai descobre a identidade do "heroe", a verdade detrás da forza malvada que reviviu ao reu demo e os poderes ocultos do propio Dai que aparecen en momentos de necesidade.

Pokémon:


Xa falei no seu día disto...XD, mirade nos tags do blog se queredes máis información XD.

Zelda: 

Hai MOITOS mangas que son adaptacións de Zelda, basicamente hai un por xogo , dende os primeiros Zelda atao máis recente Skyward sword, aínda que a liña argumental difire notábelmente na maioría dos casos i é bastante complicado saber o título polo que comezar debido á intrincada liña temporal de Zelda XD. Hai mangas que falan de Ocarina of time, Wind waker e outros(Tamén hai doujinshis bastante bos, coma un que fala dunha especie de liña temporal na que Link volve despois de varios anos a Hyrule(The Legend of Zelda: The edge and the light). Aparte hai basicamente un manga por cada un dos xogos.
Teñen unha calidade bastante razoable, son unha boa lectura.

Ragnarok: 

Ragnarok é un MMOPRG coreano relativamente famoso na súa época, agora non tanto, así dun estilo WoW , onde podes customizar o teu personaxe con armas e hai diferentes criaturas máxicas nun mundo aberto.
Hai diferentes adaptacións on demasiado populares, se queredes máis información ide a baka-updates.
Hoxe falaremos de mangas de yankees e non me refiro a xente dos Estados Unidos(Ou de forma máis precisa de Nova Inglaterra) . Refírome ao termo yankee dito por alguén de Xapón, cuxo siñificado varía notábelmente. Pra a xente de Xapón, un yankee refírese a un estudante de istuto que non vai a clase e que basicamente é un malote. Os yankees soen agruparse en "gangs" mafiosos  e como rango característico poderíanse citar cicatrices ou pelo louro( En inglés usan a expresión bleach hair) . Así, ahí van os títulos!


-Yankee-kun to megane chan: 

Este claramente vai de yankees, tal como se especifica no seu título.  É un manga orientado a un público shonen con grandes doses de comedia con retales de romance.
Conta a historia de Daichi Shinagawa, un yankee quen pasa de todo na escola. Así, é unha persoa á que todos esquivan debido á súa fama de delicuente. 
Isto preocupa a Hana Adachi, representante do consello estudantil que parece bastante normal-fea debido á forma que ten de vestirse e aos seus lentes, pero  que en realidade non é pra nada un "rato de bilbioteca". Máis ben ao contrario, saca moi malas notas , algo que non evita que queira que tódolos estudantes disfruten da súa vida escolar. Esta actitude súa de facer que todos volvan ao rego remata con Daichi como parte do consello estudantil. Ao comezo non lle fai moita graza, pero logo descobre que non está tan mal.
O argumento do manga é algo máis complexo, dado que Daichi antes era un gran estudante pero botouse a perder e Hana era un Yankee tremendamente famosa pero decidiu abandoar esa vida.
Basicamente é un slice of life realmente gracioso, no que se mostra a vida @s personaxes dende que comezan o istituto ata que o rematan. Altamente recomendado.

-GTO: review xa feita aquí:

-Ocha Nigosu: 

Este manga é similar nalgúns aspectos a Angel Densetsu , que xa reseñei aquí. Así, conta a historia dun rapaz apodado Demo-Ma-kun ,  quen ten un aspecto teorrífico . É unha persoa á que todos temen,máis que nada porque ten fama se ser moi violento. Isto é bastante certo e xunto cun amigo seu fan basicamente o que queren. Sen embargo, todo isto cambia cando Ma-kun se namora da presidenta do club de té , polo que decide que el e o seu amigo se unan ao club de té. Isto da lugar a un montón de situacións hilarantes nas que non comprendern como alguén como Ma-kun se uniu ao club de té e teñen todo tipo de ideas sobre o motivo sen se quera pensar que foi por amor.(Nótese que en xapón a ceremonía do té é algo moi ceremonial que ten que ser feito dun determinado modo . Hai un documental chamado "Cadernos de Xapón: té e sake" onde explican bastante ben iso").




- Kyou kara ore wa: 

Da mesma persoa autora de Ocha Nigosu, aquí temos un manga sobre dous rapaces que queren ser Yankees. Aquí a sinopse segundo baka updates:

Dous rapaces, Mitsuhashi Takashi e Itou Shinji coñécense ao comezo da historia. Resulta que estes dous rapaces van transferirse a un escola nova polo que deciden deixar de ser estudantes correntes e converterse nos delicuentes máis grandes que Xapón teña visto!

-Beelzebub:

Igual algunhas persoas non está dacordo en que Beelzebub é un manga sobre Yankees polo tema de que hai demos , pero na miña opinión, á fin, o tema vai de Yankees XD.
Este manga é un shonen que goza de ralativa popularidade na Weekly Shonen Jump e que conta con dúas tempadas de anime . A historia é a seguinte:

Oga é o típico Yankee de istituto. É algo así como invencíbel, polo que sempre anda a pelexar coa xente no caso de que non lle den a razón ou por algunha razón bastante estúpida, algunhas veces. Non está só, xa que no seu istituto a gran maioría da xente é coma el e pelexan uns contra os outros todo o tempo.
Sen embargo, a vida de Oga da un gran xiro cando remata por se o pai adoptivo de Beel , o fillo do rei demo e o futuro destrutor da humanidade. Isto é así porque Beel ve a Oga loitar un día e tómalle cariño. Dende ese momento, Oga non podes separarse máis duns poucos metros de Beel, se o fai estoupará.
Oga, Beel e a súa coidadora, Hilda, loitan contra varios demos ao longo do manga aínda que as mellores batallas non son necesariamente contra os demos senón contra os outros Yankees de Ishiyama.

Polo anterior pódese deducir que Beelzebub é un manga de pelexas. Certo, pero ten grandes doses de comedia que se balancean coa acción o que fai que o manga se faga moito máis disfrutábel.

-Rokudenashi blues: 

Pra comezar, dicir que isto é un clásico. Este manga evoca a old school  de mangakas que traballaban na Weekly Shonen Jump. Téñanse en conta que a primeira edición deste manga foi en 1988 e a última en 1997 , cun total de corenta e dous volumes. Así, poida que o debuxo (sobre todo ao comezo ) teño un certo aire a Fist of the North Star(Puño da estrela do norte) na liña dos manga de pelexas do 80 , pero o certo é que o nivel de debuxo é algo mellor(non demasiado, pero algo si XD ) .

É un manga de deportes, acción e drama. Conta a historia dun rapaz chamado Maeda que quere ser campión mundial de Boxeo. Así, pra comezar, primeiro debe ser o mellor Yankee de Xapón polo que o manga conta as aventuras de Maeda e compañía mesturado con grandes doses de comedia. 




E ata aquí esta entrada. A próxima será sobre o manga de Air Gear, non a perdades!
Hi there! As I promised , here is the second post of the week. In this post I'm going to talk about different mangas that picture survival in one form or another. Basically, in these kind of mangas you can find people struggling  to find food/water/other things in hostile environments in order to survive because there had been some kind of catastrophe or because they were thrown away in the middle of the ocean. Let's go!
-Jisatsutou: first of all, if you find something about this manga similar is because it's drawn by the same mangaka who draw Holyland. It's a very characteristic style because the facial expressions of the character are very vivid . This time, the story is about a place called "suicide island" , which is supposed to be an island in Japan were all the undesirable ones  are thrown into. The story starts when someone wakes up in the island and finds that he is not alone. After a conversation, all of the people there decide that they wer given a second chance to live and they look for different ways to survive: hunting, fishing , building houses......
It's a story with a lot of drama cause even of the people of the island seem to be happy now you can't tell whether they will continue living or if they will kill themselves. As the manga progresses you can grasp the point of why are they there, I won't say here because it's a major spoiler but I'll give you a clue: they are not on the island by chance.



-B-toom: this manga is kind of similar to the video game bomberman if you  think about it , and not just for the title. The story in this manga is about a certain video game called b-toom (A massive one ) where the players have BIMs(somthing similar to bombs)  and they have to kill each other . The main character of the manga is one of the best players in the world so he doesn't realize but the truth is that he is part of something. He finally realized when he wakes up in an island and figures out that the has to play b-toom in real life. It seems that he has to get 8 jewels, one for each person, to get out. In order to do this, he has to kill the person , so he decides that he will not kill anyone .
That's pretty much the synopsis. The main character later realizes that he is there because someone nominated him, and it's same for all the other people in the island.
It's a manga that has a lot of action in it but it's not the kind of action tat you could find in mainstream manga, this is special because characters combine their mind and their strength to win their battles by throwing different kind of bombs at each other. It has an anime now , proof that is very popular so go ahead and read it!

-Cage of eden: I haven't read it yet so I'll put here the plot that is in BakaUpdates:

Akira and his classmates are travelling on a plane when it crashes onto an island inhabited by species thought to have been extinct. The situation becomes increasingly desperate as some of Akira's classmates are eaten alive, while some kill others in desperation. Now Akira and a few other survivors are trying to survive what seems to be a horrible nightmare.








-51 ways to save my girlfriend: this manga is about a couple that has to survive in Tokyo after a huge earthquake that has destroyed the city and has killed a lot of people. Apart from that, communications are impossible so one of the main parts of the plot is find a way to communicate without using technology.

Apart from that, the manga tells us the story of a couple of people. The girl is a gothic lolita(she is kind of old for that and people mess with her a lot because of that) and the guy is someone who wants to be successful in life. They met each other after a long time right before the beginning  of the earthquake so they decide to be together to find help. This manga is VERY realistic, there's a lot of scenes of people dying in the streets and there's even a scene where the main character can't help but cry after having to leave someone in a building that was about to collapse even after having promised to not do so...This is a story about how real people would act in that kind of situation. Would they be polite or would they be like beast? Mostly the second if you read the manga. This is a great manga, even if the drawings aren't that good.


-Battle royale: from the same mangala that 51 ways to save my girlfriend, this manga is the main inspiration of the hunger games. To be honest, this is way better: the plot is made to be fit in a seinen manga and there's a lot of violence. Here is the synopsis from BakaUpdates:
In the future, random Jr. High School classes are chosen to compete in a game called Battle Royale. The rules: only one student can survive after 3 days on an island or else they all perish. Weapons are handed out and each student is sent out into the field alone and unprepared for the horror that awaits them. The classmates turn upon themselves in a battle for survival, treaties are made and broken, and former friends become foes as the relentless countdown continues. Amid the betrayals and rising body count, two classmates confess their love for each other and swear to survive this deadly game together.

- Let's lagoon: this is good! This manga have surprised me a lot because when you start to read it you don't expect what happens after a few chapters. You could think is a typical survival manga where the main characters have to survive in an uninhabited island. Well, that's part of the plot but the island seems to be in a place where ships can't reach(Bermudas triangle?) and there seems to be some kind of time paradox which allows people to travel in time. Awesome.


-Dragon head: I haven't read yet, here is the synopsis from Baka updates:
In the horror of witnessing so many classmates perish before his eyes in a violent train wreck, Teru discovers two survivors in the tunnel: Ako and Nobuo. But salvation from this bloody carnage is far from their grasp. As they try to dig out from the wreck in order to come up with a plan to stay alive, the lack of light and food, combined with the stench of death and decay, will lead one member of the group down a dark and demented path. And with sudden, violent earthquakes shaking the tunnel, escaping to the outside world may lead them to an even greater danger...

-Manga sobre......supervivencia!/Manga about.....survival!

domingo, 7 de outubro de 2012
Posted by OGSN
Hoxe falarei de mangas que tratan o tema dos superpoderes. Non tódolos títulos os tratan da mesma maneira: hai algúns que mostran unha visión máis científica e outras máis máxica ; o que está claro é que todos tratan de personaxes que teñen habilidades especiais.

-Ratman: 

Non se confunda co cómic italiano do mesmo nome, que aínda que de temática similar , usa un estilo máis cómico e de crítica.
Así, Ratman sitúanos nun universo no que os heroes son parte da vida cotiá e hainos de varios tipos: dende heroes comerciais ata heroes máis parecidos a "batman", que aínda que non teñan superpoderes teñen un montón de cachivaches e saben pelexar, polo que así manteñen ao crime a raia. O protagonista da historia, chamado Shooto(shuuto), admira a estes heroes e ten como soño convertirse nun deles, aínda que debido á súa estatura(non é un anano pero é moi baixo) esa misión parece case imposíbel.Deste xeito, cando unha organización chamada Jackal(isto é a raíz de que unha compañeira de clase pertence á organización) lle propón a Shooto a posibilidade de ser un heroe este decide, como mínimo ,pensalo. A organización decide unilateralmente converter a Shooto nun heroe. Así, experimentan con el con algo chamado xens S, que fan que Shooto se transforme , grazas a un dispositivo que ten no pulso, nunha especie de monstro de máis de dous metros de alto moi poderoso, dahí o de Ratman.
A partir daquí Shooto decide usar os seus poderes pra axudar aos desfavorecidos e conseguir que os heroes fagan o que deben, dado que a maioría pasan de axudar á xente e hai moitos corruptos.
É unha historia moi interesante, con acción , intriga e pinceladas de comedia. Lin uns 40 capítulos e de momento é un gran manga.

-Code::Breaker: 

Maravilla. Facía moito tempo que non lía algo como isto, é un manga absolutamente excepcional, dende Psyren non atopara nada deste estilo que me gustase tanto. Así, de que vai?
Conta a historia dos Code:Breakers, unha organización que ten como misión correxir as irregularidades do mundo coa captura ou morte de quen sexa necesario. Está conformada por membros adolescentes que teñen superpoderes. Son de varios estilos coma lume, son, mangnetismo, sombra....
O manga ten un estilo escuro, hai moita intriga, isto nótase na premisa dos Code:Breakers "an eye for a eye, a tooth for a tooth, evil for evil", que fai que o protagonista, Ogami Rei, queime ás súas víctimas ata que se converten en cinsas.
Os Code:Breakers ven a súa vida trastocada cando coñecen a Sakura, unha rapaza moi alegre que se ve por erro mesturada en asuntos que concerne aos Code:Breakers e que decide axudalos e evitar que maten a a máis xente.
A medida que a serie avanza(xa leva máis de 200 capítulos) os personaxes evolucionan e falan máis, o que fai que coñezamos o seu pasado.
Este manga conta con gran popularidade, xa que é do mangaka que fixo Samurai Deeper Kyo(sobre o que falarei neste blog) . Ademáis , vaise estrear un anime sobre este manga.
En resumo? Imprescindíbel

-Gakuen Alice: 

Poida que ao dicir que é un shojo haxa xente que non siga a ler e pense que vai ser coma outros do xénero, ñoños e demasiado románticos. Aína que teña elementos así, este manga ten un gran recorrido. Ao comezo é unha historia infantil, dado que conta a historia dun grupo de nenos da escola primaria(logo escola media) que viven nun internado super exclusivo onde poden explotar as suas habilidades(que resultan ser superpoderes). Sen embargo, a historia evoluciona a un matiz máis adulto a medida que pasan os capítulos, con conspiracións, terrorismo e intentos de asasinato.
Xa digo que é shojo e como tal nótase no debuxo e na historia(especialmente ao comezo), pero creo que merece unha oportunidade. Unha pena que o anime non faga nada de xustiza, eu recomendo o manga, non o anime.

-Needles: 

Este seinen sitúase despois dunha hipotética terceira guerra mundial, que provocou a aparición dun cráter negro en Tokio. Este craer fai que a xente que vive arredor do cráter consiga superpoderes, denominados fragmentos. A xente que non é da cidade chama á xente con superpoderes Needles.
É un manga interesante, con boas esceas de acción e grandes doses de comedia. O anime está bastante ben, con 24 capítulos e unha adaptación moderadamente boa. Aquí un exemplo dunha das pelexas de anime(o vídeo di que a mellor pelexa de anime da historia...a min onde me poñan Dragon Ball... XD):

-Darker than black:

Falei das dúas tempadas de anime disto en sendas entradas: Ademáis hai OVAs, mangas,novelas lixeiras....Aquí links as entradas sobre cada tempada:
http://ogsn.blogspot.com.es/2010/05/critica-anime-darker-than-black.html
http://ogsn.blogspot.com.es/2010/06/critica-anime-darker-than-black-ryuusei.html

-To aru majutsu no Index/Railgun: 

Disto falei en 4 entradas, así que todo o que necesitas saber sobre a saga pódelo atopar nesas entradas:
http://ogsn.blogspot.com.es/2010/03/critica-anime-to-aru-majutsu-no-index.html
http://ogsn.blogspot.com.es/2011/06/critica-anime-to-aru-majutsu-no-index.html
http://ogsn.blogspot.com.es/2010/03/critica-anime-to-aru-kagaku-no.html
http://ogsn.blogspot.com.es/2010/04/critica-anime-to-aru-kagaku-no-railgun.html


-Zettai Karen Children:

Este manga vai dunha época futura na que hai un gran número de ESPs(Espers, xente con poderes) , polo que tamén aumentan as ameazas.Así , nace unha organización chamada B.A.B.E.L pra controlar a tódolos ESPER e evitar que fagan o mal , o que en moitos casos siñifica raptalos sen comelo nin bebelo.Así, BABEL encarga a certo rapaz,que é un prodixio, de 20 anos a misión de liderar a tres rapazas de 10 anos, que son as espers máis poderosas do país.
É un manga máis ou menos interesante, non o coñezo demasiado pero parece interesante , por iso o poño aquí. Ten un anime de 51 capítulos

-Takamagahara: 

Puxen este manga nas recomendacións porque a pesar de que apenas leve 10 capítulos , é da Weekly Shonen Jump e iso soe siñificar que pode ser bo XD. Conta a historia dun rapaz cuxa familia dedícase a entrenar todo o día pra ser loitadores(son todos homes) pero el quere ser debuxante de manga. Isto cambia cando descobre que ten algún tipo de talento que llle permite ter superforza, polo que decide facerlle caso a un profesor seu e ir con el a unha escola de xente coma el. De momento parece interesante, algúns dos poderes que se mostraron son relativamente curiosos, coma o poder de converter a persoas en palabras e atrapalas nun libro ou o poder de convertir animais en pistolas XD.

-Sekirei:

Falei da segunda tempada do anime aquí:http://ogsn.blogspot.com.es/2011/02/critica-anime-sekirei-pure-engagement.html
O manga é mellor XD

-Enigma: 

http://ogsn.blogspot.com.es/2011/12/recomendacion-nigm.html
http://ogsn.blogspot.com.es/2011/12/recomendacion-nigm_30.html

Manga sobre.....superpoderes!

venres, 21 de setembro de 2012
Posted by OGSN
Boas! Hoxe falaremos de mangas de mafiosos, esas persoas que se dedican a obter os seus ingresos de forma fraudulenta e que procuran que todo quede "na familia", como ben se mostrou en centos de películas(Véxase a saga de The Godfather(O padriño) como títulos especialmente remarcábeis).
Sen embargo, a mafia non é só italiana e tamén se falará n opost de hoxe de mafiosos coreanos que interaccionan con Yakuza, mafiosos xaponeses.
Comecemos!

-Sun ken Rock: que pasaría se un día che din se queres ser xefe dunha mafia coreana? Así de principio negaríaste, non? Bueno, pòis iso é o que lle pasa ao protagonista de Sun Ken Rock, quen é un rapaz que están traballo en Corea cando os integrantes dunha mafia pídenlle que sexa o seu xefe. Así, sen pensalo demasiado, convértese en xefe dunha mafia e ten que lidiar con tódolos problemas que existen coma mafiais rivais, policía....Sen embargo, Ken mantense fiel aos seus principios, é un home noble e intentará usar o poder que gaña na mafia pra cambiar Corea cara un país mellor en lugar de buscar poder pra sí mesmo.
O debuxo é épico, do mellor que levo visto. Trazos ultrarealistas son combinados con expresións faciais que mostran todo tipo de emocións nos personaxes pra dar unha sensación de realismo asombrosa.
Ademáis, as pelexas son tremendamente fluídas, con movementos sólidos e que dan lugar a enfrontamentos moi disfrutábeis polo lector.
Argumentalmene é unha proposta moi atractiva: é un seinen con certos toque de erotismo por momentos que derrocha violencia polos seus catro costados pero sen caer en banalidades. Aposta por un argumento profundo que lle de unha lóxica as pelexas, hai unha razón pra pelexar, intenta que os mafiosos sexan os bos.
Imprescindíbel.

-Katekyo hitman reborn: a reseña deste anime xa foi feita no blog e pode lerse aquí: http://ogsn.blogspot.com.es/2012/06/critica-anime-katekyo-hitman-reborn.html .
O argumento é o mesmo pero por se se vos esqueceu recórdoo. A historia sigue as peripecias dun rapaz chamado Tsuna que vive en Xapón . É bastante inútil en case todo o que lle valeu o mote de dame Tsuna. Sen embargo, a súa vida cambia cando aparece un personaxe de aspecto infantil que resulta ser un tutor disposto a convertilo n oxefe dunha mafia italiana da cal é descendente. Así, comeza a xuntar unha serie de "sicarios" pra itnentar cambiar as perspectivas da mafia e tentar que non se trate simplemente de mater xente senón de axudar aos demáis, tal como fixo a primeira mafia.
O manga é bastante similar ao anime, non se epode diciir que o anime é basura e o manga maravilla coma noutros casos, aquí a a cousa esta máis equilibrada.
É coma o bo viño: mellora co tempo. Con dous primeiros arcos argumentais bastante corrientes logo toma carreira e consegue pasar de ser un manga que se centraba simplemente en gags nun shonen de batallas.
Unha lectura altamente recomendada.

Manga sobre.........mafia!(Sun ken rock, Hitman reborn,....)

venres, 7 de setembro de 2012
Posted by OGSN
Primeiro de nada, sinto non ter publicado nada a semana pasada, estiven moi liado e foime imposíbel...e esta semana publicarei só este post. PERO a semana que ven tentarei publicar varios post,  2 ou 3 en compensación.

Hoxe falaremos de tres mangas nos que aparecen policías/detectives/investigadores como tema principal. Así hai un pouco de todo, xénero políciaco de intriga tradicional, superpoderes e xénero policíaco inverso onde os protagonistas son aos que quere atrapar a policía. Hai spoilers.


- Kimi no knife


 Neste manga cóntase o outro lado da tortilla, é dicir, o lado dos asasinos que fan crimes mentres os policías/detectives non os deteñen. Así, é un manga moi do xénero psicolóxico que explora a conducta das persoas e ata onda serían capaces de chegar se é necesario pra conseguir un fin moi importante pra eles.
Cóntase a historia dun profesor de escola chamado Shiki, cuxa irmá está ingresada nun hospital moi enferma. O tratamento pra poder curala costa demasiado polo que Shiki non pode curala e vive deprimido por iso. Sen embargo, o seu destino cambia cando certa muller nova lle pregunta cando están ámbolos dous nun bar : "Se conseguises 5 millóns de yens por matar a alguén, que farías?" Ao que Shiki responde "Se fose unha persoa malvada..." dado que confunde esa pregunta por unha simple broma. O que Shiki non sospeita é que nese momento acaba de cambiar a súa vida pra sempre. Pouco tempo despois a muller que lle fixo a proposición pronponlle un trato: que mate a certa persoa por 5 millóns de yens. Dita persoa parece ser moi malvada e cunha conducta tremendamente reprobábel, polo que Shiki non sabe moi ben o que facer , pero á fin remata aceptando a proposta pra axudar á súa irmá. Así, el e outro home que Shiki matan a dita persoa.
E ahí comeza a historia. É unha historia bastante interesante dado que hai unha especie de doble xogo porque o "compañeiro" de Shiki nos asasinatos é un policía, polo que en principio non tería ningunha razón aparente pra realizar os asasinatos.
Prantéxanselle unha serie de cuestións morais aos protagonistas coma se todo vale por conseguir algo importante, se poden estar seguros de que a xente á que matan é realmente malvada, se poden serguir coas súas vidas normais despois de asasinar a outros...
Hai momentos en que o ritmo é algo lento porque constrúen paso a paso cada arco argumental, pero os momentos de acción son moi intensos, con moitas armas e con gran sensación de tensión.

-Psychometrer Eiji

 Neste manga estamos do lado dos bos, a policía e os detectives. Así, conta a historia de Asuma Eiji, un estudante de istituto normal que ten unha gran reputación no mundo calexeiro pola súa lendari forza . Sen embargo, ten unha habilidade especial, en galego sería algo así como psichometría, en inglés psychometry. Esta habilidade permítelle ver recordos e outra serie de imaxes na súa mente cando toca a persoas ou obxectos, algo que do que nunca se sentiu especialmente orgulloso pero que remata por ser moi útil cando a irmá menor de Eiji, Emi, vese envolta nun caso de asasinato e os seus poderes axúdanlle á inspectora Shima Ryoko pra coller ao sospeitoso.
Eiji di que unha e non máis pero o certo é que Shima usa os seus encantos femininos (ollo, a cantidade de ecchi é mínima) con Eiji e Eiji simplemente accede a axudala con calquera caso que ela desexe.
Así, o manga é de demografía shonen con grandes doses de accións. A historia divídese en arcos argumentais que poden variar entre 3 e 10 capítulos , ademáis de especiais e algún outro capítulo máis.
É un manga cun ritmo frenético que deleitará aos amantes do bo shonen ao atopar unha obra que non cae nos tópicos estúpidos de hoxe en día de comedia escolar e ecchi ao estilo de animes/mangas como Boko wa Tomodachi ga , por poñer un exemplo.


-Detective Conan

Quen no coñece ao Detective Conan, orixinalmente coñecido Meitanei Conan? É unha historia que existe dende fai MOITO tempo e como proba conta cun número de capítulos que supera os 700.
O seu anime é amplamente coñecido e foi emitido polo Xabarín Club e creo recordar que en Megatrix.
A premisa é a seguinte:
Cóntasenos a historia de Shinichi Kudo, detective adolescente famosísimo dado que polo seu gran intelecto é capaz de resolver casos nos que a policía mete o zoco e queda atorada. Así , está namorado dunha rapaza da súa clase chamada Ran Mouri pero nunca se atrave a dicirllo.
A súa vida cambia cando unha organización que Shinichi chama "Os homes de Negro" lle inxecta unha droga coa intención de matalo , dado que estaba a achegarse demasiado aos seus segredos . Sen embargo, Shinichi non morre e transfórmase nunha versión de si mesmo con 10 anos, polo que decide pretender que é un primo lonxano chamado Conan Edogawa(Bobby Jackson en América) e vivir con Ran e o pai desta Kogoro. Deste xeito e grazas a un invento dun profesor amigo da familia(unha das poucas persoas que sabe sobre a identidade de Conan) en cada arco argumental Conan dispara co seu reloxo un dardo adurmeceddor e fala coa voz de Kogoro Mouri cun aparello, co que resolve centos de casos.
A maior pega do manga? A súa duración titánica,isto é ma´si de 700 capítulos (creo que máis de 800 incluso) , especialmente se temos que en conta que Shinichi aínda segue sendo Conan o neno e só atopou antídotos temporaos. Non hai un avance real da trama, coñécense datos sobra a organación que atacou a Shinichi pero son demasiado poucos pola cantidade de capítulos que leva o manga.
Non hai un avance real, é moi repetitivo, polo que eu recomendo lelo pero pausadamente dado que pode chegar a aburrir a súa estrutura.



Manga sobre........policías/detectives!

mércores, 11 de xullo de 2012
Posted by OGSN

Así é, hoxe falaremos do denominado 'cooking manga' , un xénero moi popular que conta con múltiples títulos , algúns deles adaptados a anime que se centra en contar as peripecias de cociñeiros e cociñeiras nos seus día a día entre os fogóns.
Existen mangas deste estilo de diversas demografías, podendo atopar cousas máis orientadas ao shonen e outras máis ao seinen : hai bastante onde elexir. Aquí uns títulos interesantes:
-O gran shushi(Petit chef):
Este anime (que ten un manga homónimo) foi un dos primeiros que coñecín do xénero de cociña cando o botaron por primeira vez no Xabarín Club(agora creo que o están a repoñer).
Basicamente contaba a historia dun rapaz chamado Yoichi(tiña outro nome na dobraxe galega) que era moi bo cociñeiro pero non era famoso. Sen embargo, iso cambia cando certo personaxe que se supón que é un crítico gastronómico moi famoso alaba os platos de Yoichi, de xeito que a súa popularide comeza a aumentar.
É unha historia sinxela, de corte claramente shonen, que se centra basicamente en esceas cómicas ben logradas con algún que outro desafío para o protagonista ao estilo de outros shonen.
A estrutura dos capítulos consiste basicamente en: Yoichi ten que preparar unha receita, supera un problema que lle surxe e ao final prepara a receita sen dificultades, mentres un narradaor conta o modo de preparación da mesma.
É un anime de fai bastante tempo (emitido en Xapón entre 1987 e 1989) cunha duración nada desprezábel(99 capítulos) polo que ten bastantes aires de "vella escola" do anime, moi diferente do que hoxe podemos ver(e nalgúns casos mellor XD) .
Sen dúbida é algo simple peor que na súa época tivo moito éxito, especialmente recomendada para espectadores dentro do rango shonen.

-Bambino! :
Tremendo! A ver, un manga no que cociñan en tódolos capítulos exquisitos pratos de cociña italiana(non só pasta, tamén carne ou verduras) cunha presentación que só con vela xa fai que teñas fame!? Pois Bambino! consegue isto, tendo un debuxo moi logrado esmerándose nos detalles de cada prato.
Ao contrario que outros cooking manga, aquí inténtase retratar o que é a vida no restaurante(tratoria) ademáis do que é cada prato en sí.
Como resultado, atopámonos cunha historia que pon como protagonista a un rapaz de 21 anos(ao comezo da historia) chamado Ban Shogo, que comeza a traballar nunha tratoria(ristorante) en Tokio, no barrio de Ronpongi.
Así, os primeiros días pásao moi mal dado que o axetreo que hai nese lugar é incrible, apenas se ten tempo para pensar e todo ten que funcionar como unha perfecta máquina ben engrasada para que o resultado final sexa satisfactorio, desde o membros da cociña ata os camareiros que atenden aos clientes, todo é igual de importante segundo o mangaka.
Algo a salientar é que se de moito énfase ao ritom do restaurante, a non parar nunca de traballar con trazos moi marcados, tal parece que están a pelexar en lugar de a cociñar XD.
A historia ten tintes de drama i é maiormente slice of life, Ban ten que superar moitos obstáculos para converterse nun bo chef e deixa atrás moitas cousas que lle importan para facelo.
Bonita historia de corte seinen(aínda que apenas ten esceas eróticas, máis que nada é pola filosofía mostrada no manga ) que ten unha continuación chamada Bambino Secondo! , que aínda non está traducida.
Ten unha adaptación en forma de dorama.
-Addicted to curry:
Neste manga o 'curry' da para moito....XD O caso é que basicamente é un manga sobre como facer diferentes tipos de 'curry', de xeito que ten máis de 400 capítulos en Xapón na actualidade e en cada un fanse diferentes tipos de 'curry'.
Así, o protagonista é certo home que viaxou á india e a outros lugares onde preparan dito prato para aprender os segredos do mesmo, converténdose así nun dos chefs máis recoñecidos do mundo....ou iso é o que el pensa, xa que en realidade apenas ninguén o coñece.
Por diversas circunstancias remata como cociñeiro nun restaurante de 'curry'(é o prato estrela e todo o mundo o pide, pero teoricamente sreía posíbel comer outra cousa XD ) , algo que fai que a popularidade do local se incremente exponencialmente grazas á calidade e sabor dos pratos que o noso protagonista prepara.
É un manga seinen, con algunhas esceas ecchi(que non hentai ) que mostra en moitas ocasións as receitas que se preparán no capítulo nunha páxina ao final do mesmo.
Non mostra tanta precisión coma Bambino! ao preparar as receitas , mostra algo moito máis distendido





Manga sobre .....................cociña!

venres, 27 de xaneiro de 2012
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //