Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 27 de xaneiro de 2012
Existen mangas deste estilo de diversas demografías, podendo atopar cousas máis orientadas ao shonen e outras máis ao seinen : hai bastante onde elexir. Aquí uns títulos interesantes:
-O gran shushi(Petit chef):
Este anime (que ten un manga homónimo) foi un dos primeiros que coñecín do xénero de cociña cando o botaron por primeira vez no Xabarín Club(agora creo que o están a repoñer).
Basicamente contaba a historia dun rapaz chamado Yoichi(tiña outro nome na dobraxe galega) que era moi bo cociñeiro pero non era famoso. Sen embargo, iso cambia cando certo personaxe que se supón que é un crítico gastronómico moi famoso alaba os platos de Yoichi, de xeito que a súa popularide comeza a aumentar.
É unha historia sinxela, de corte claramente shonen, que se centra basicamente en esceas cómicas ben logradas con algún que outro desafío para o protagonista ao estilo de outros shonen.
A estrutura dos capítulos consiste basicamente en: Yoichi ten que preparar unha receita, supera un problema que lle surxe e ao final prepara a receita sen dificultades, mentres un narradaor conta o modo de preparación da mesma.
É un anime de fai bastante tempo (emitido en Xapón entre 1987 e 1989) cunha duración nada desprezábel(99 capítulos) polo que ten bastantes aires de "vella escola" do anime, moi diferente do que hoxe podemos ver(e nalgúns casos mellor XD) .
Sen dúbida é algo simple peor que na súa época tivo moito éxito, especialmente recomendada para espectadores dentro do rango shonen.
-Bambino! :
Tremendo! A ver, un manga no que cociñan en tódolos capítulos exquisitos pratos de cociña italiana(non só pasta, tamén carne ou verduras) cunha presentación que só con vela xa fai que teñas fame!? Pois Bambino! consegue isto, tendo un debuxo moi logrado esmerándose nos detalles de cada prato.
Ao contrario que outros cooking manga, aquí inténtase retratar o que é a vida no restaurante(tratoria) ademáis do que é cada prato en sí.
Como resultado, atopámonos cunha historia que pon como protagonista a un rapaz de 21 anos(ao comezo da historia) chamado Ban Shogo, que comeza a traballar nunha tratoria(ristorante) en Tokio, no barrio de Ronpongi.
Así, os primeiros días pásao moi mal dado que o axetreo que hai nese lugar é incrible, apenas se ten tempo para pensar e todo ten que funcionar como unha perfecta máquina ben engrasada para que o resultado final sexa satisfactorio, desde o membros da cociña ata os camareiros que atenden aos clientes, todo é igual de importante segundo o mangaka.
Algo a salientar é que se de moito énfase ao ritom do restaurante, a non parar nunca de traballar con trazos moi marcados, tal parece que están a pelexar en lugar de a cociñar XD.
A historia ten tintes de drama i é maiormente slice of life, Ban ten que superar moitos obstáculos para converterse nun bo chef e deixa atrás moitas cousas que lle importan para facelo.
Bonita historia de corte seinen(aínda que apenas ten esceas eróticas, máis que nada é pola filosofía mostrada no manga ) que ten unha continuación chamada Bambino Secondo! , que aínda non está traducida.
Ten unha adaptación en forma de dorama.
-Addicted to curry:
Neste manga o 'curry' da para moito....XD O caso é que basicamente é un manga sobre como facer diferentes tipos de 'curry', de xeito que ten máis de 400 capítulos en Xapón na actualidade e en cada un fanse diferentes tipos de 'curry'.
Así, o protagonista é certo home que viaxou á india e a outros lugares onde preparan dito prato para aprender os segredos do mesmo, converténdose así nun dos chefs máis recoñecidos do mundo....ou iso é o que el pensa, xa que en realidade apenas ninguén o coñece.
Por diversas circunstancias remata como cociñeiro nun restaurante de 'curry'(é o prato estrela e todo o mundo o pide, pero teoricamente sreía posíbel comer outra cousa XD ) , algo que fai que a popularidade do local se incremente exponencialmente grazas á calidade e sabor dos pratos que o noso protagonista prepara.
É un manga seinen, con algunhas esceas ecchi(que non hentai ) que mostra en moitas ocasións as receitas que se preparán no capítulo nunha páxina ao final do mesmo.
Non mostra tanta precisión coma Bambino! ao preparar as receitas , mostra algo moito máis distendido
- Back to Home »
- Manga , Manga sobre..... »
- Manga sobre .....................cociña!