Newest Post
Amosando publicacións coa etiqueta Shiki b>. Amosar todas as publicacións
WIN!O mellor anime de 2010!
Con estas dúa claras frases comeza esta crítica de Shiki, para min o mellor anime de 2010. É unha historia basada en novelas lixeiras e cun manga homónimo, dos que non podo falar porque non vin.
Sen embargo, sí vin o anime, e qué anime!Un anime que ten mantén pegado á pantalla dende o primeiro ata o último capítulo, áinda que cecáis se lle poida reprochar que cecáis o inicio é demasiado lento. Non obstante, esa lentitude axuda a crear unha atmósfera que aviva a necesidade de respostas e cando descubres algo sintes un FUCK YEAH! tremendo xD.Así, de que vai?
ARGUMENTO
É unha historia de vampiros....pero tranquil@s!Non é shojo e non ten ningún aire a Crepúsculo ou derivados.
A historia é maiormente do xénero misterio-intriga, sen ter un elemento de terror explícito durante a maior parte da mesma; non obstante hai esceas nas que hai grandes cantidades de sangue.
Este anime conta a historia dunha aldea xaponesa no verán. A aldea atópase no campo , rodeada de montañas e bastante soa poloa que é un lugar onde apenas hai comunicación co exterior en moitos momentos.
A partir de certo día dese verán comezan a morrer persoas dun xeito alarmante, chegando o número de falecidos a máximos históricos. Todos morren con mesmos síntomas: anemia, debilidade, fallo respiratorio e finalmente morte. Os sintomas son normais pero sen embargo non dan atopado unha causa clara de que é o que realmente fai que a xente morra.
Despois de varios capítulos , descóbrese que o que pasa é que a xente morre porque é mordido por vampiros. Para ser exacto no anime chámanlles shiki, dahí o nome do mesmo. Os vampiros chupan a sangue da xente para poder sobrevivir e dese xeito o número d emortes aumenta a un ritmo incrible.
Cando os primeiros habitantes da aldea descobren o dos vampiros, empeza unha guerra contra o tempo e os vampiros para evitar que tódolos habitantes da aldea acaben mortos.
Este anime, como dixen antes, usa un terror máis psicolóxico que explícito, e ten moitos elementos que cecáis o encadren dentro do xénero de traxedia.
PERSONAXES
O seu carácter é moi chulesco, indiferente e pasota; aínda que cando se da conta da existencia dos vampiros intenta alertar á xente e móstrase moito máis cívico.
Seishin:monxe da aldea que se dedica a preparar oficios funerarios,rezar,etc.É amigo da infancia de Ozaki e axúdao na investigación para descubrir a causa das mortes.O seu carácter é o dun pensador empedernido, serio, sempre usando a razón e non a emoción para actuar.
Tentou suicidarse cando estaba na universidade pero fallou polo que despois deso convertiuse en escritor e no monxe que agora é.
O seu carácter é bastante chulo, sendo unha persoa á que non lle importa nada para conseguir o seu obxectivo.
Tohru: primeiro e mellor amigo de Natsuno cando este chega á aldea. En vida é un rapaz moi algere, risoño, que sempre anda a xogar con Natsuno.Como shiki, demostra ser un dos shikis máis recelosos de matar , costándolle moitísimo asasinar ás súas víctimas e derramando bágoas cando o fai.
Akira: e Kaori:dous irmáns que logo de ser informados da existencia dos Shikis por parte de Natsuno intentan defenderse da invasión como poden.
Megumi: protagonista do primeiro capitulo do anime, no que se ve que ten un claro sentimento de afección amorosa cara Natsuno.Así, é das primeiras víctimas dos shiki converténdose nun deles.
Despois de resucitar vólvese moito máis malvada, non opoñendo resistencia para asasinar xente con tal de satisfacer o seu apetito.
Considero necesario facer algunhas consideracións:
Os shiki son vampiros nun sentido bastante aproximado da palabra. Necesitan beber sangue para poder subsistir, non lles pode dar a luz do sol e son innomrtais a menos que se lles corte a cabeza.Ademáis, non poden entrar nunha casas a menos que sexan invitados.
Como non respiran, ao principio non poden falar e para facelo teñen que tomar unha profunda bocanada de aire.
Os jinrou(homes lobo) descríbenos como unha especie de shiki especiais que só aparecen unha vez cada moito tempo, capaces de vivir unha vida normal pero que necesitan beber sangue para facer uso dos seus poderes.
Non tódalas persoas mordidas por un shiki se coverten en shiki, a ser exactos son un pequeno porcentaxe retorna como Shiki.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é certamente incrible. O deseño de personaxes é realista pero ao mesmo tempo extravagante e diferente e o que é a acción en sí é tremendamente realista. Non falta a sangue cando hai unha pelexas e os tons escuros danlle un toque de terror que axuda a fortalecer o universo do anime.
A BSO é moi adecuada para un anime de intriga e misterio como é este. Os OP e ED son rítmicos , dinámicos e nada cansinos e os ED serven para pechar ben os caps. As melodías que soan durans os episodios usan instrumentos coma flautas ou outros instrumentos tradicionais xaponeses o que lle da un maior aire de realidade: melodías moi adecuadas para unha historia no Xapón rural perdido.

CONCLUSIÓN
O mellor de 2010. Cecáis hai animes con mellor animación, xa que este non se caracteriza polas esceas de acción, sen embargo, un argumento que te atrapa en cada capítulo e unha BSO impresionante fan deste produto algo imperdíbel.