Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta ecchi. Amosar todas as publicacións

#manga #anime #ogsn

Nota: Xa sei que fai algún tempo que non hai posts....pero agora escribirei varios seguidos para que se publiquen nas próximas semanas.

Boas! Hoxe falaremos dun anime de xénero shonen baseado nun xogo mmorpg online, Blade & Soul. Así, emitírino xa fai algún tempo e incluso cheguei a velo semana a semana pero a review retrasouse ata hoxe XD. O caso, imos co argumento!


ARGUMENTO

Este anime é un deses nos que dicir que o viches polo argumento non cola XD.Non obstante algo de historia sí hai e iso é o que comentarei aquí.
O anime conta a historia dunha rapaza chamada Aluka(Aruka), unha asasina experta que é buscada polas forzas do malvado imperio Param dado que é a última dun grupo moi poderoso e en consecuencia a única que podería rematar cos plans do imperio. Así, sen demasiados recordos sobre a súa vida debido á amnesia, Aluka decide investigar en diferentes vilas sobre a súa vila para esclarecer quen é e vingarse pola morte do seu mestre. Durante esta viaxe coñece a diferentes personaxes secundarios que, atraídos pola recompensa que o imperio ofrece por ela , deciden capturala ou axudala, aínda que todos teñen unha gran aversión polo imperio e todo o que este representa.
Realmente o argumento baséase en sucesos aparentemente inconexos para desvelar o pasado de Aluka, que rematan por converxer nun enfrontamento final. O argumento é soso e predecíbel, pero hai algunha subtrama secundaria, coma á que pertence a propietaria dunha taberna na que para Aluka, que teñen un certo interese.

PERSONAXES

Basicamente poderíamos dicir que hai catro personaxes principais que pertencen ao bando dos "bos" e un par deles ou así que pertencen ao bando dos malos. Só hai mulleres, quero dicir, non se dignaron en facer algún personaxe masculino para enmascarar o claro público masculino ao que está dirixido este anime, coma se pode observar nos constantes planos de tetas que se mostran.
Aquí falarei das dúas personaxes do bando das boas que me parecen máis interesantes.
Aluka: é a protagonista do anime. Unha rapaza asasina que sempre cumpre o seu obxectivo, sen importar quen sexa a súa víctima nin as dificultades que teña que pasar para conseguilo. Así, é unha persoa carente de sentimentos polo que durante a súa viaxe tenta aprender a ter sentimentos coma o resto das persoas para deixar de ser unha máquina.
Foi criada por un grupo de asasinos que a marcaron cun símbolo dunha bolboreta que fai que teña cetas habilidades sobrenaturais, principalmente a habilidade de aguantar ou inutilizar parte dos poderes da mala malísima sobre ela XD.
Karen: propietaria dunha pousada onde Aluka pasa algún tempo e interesada na misión de Aluka. Así, Karen é unha muller forte e independente que manexa a súa posada/taberna con man de ferro e non soporta a aqueles que queren rematar coa tranquilidade que reina no ambiente. Sen embargo, ten dúas caras dado que pode volverse fría e calculadora se a situación o require.
Ten un segredo relativamente importante relacionado con Aluka e que fai que as dúas rematen por enfrontarse nun combate no que Karen demostra ser un loitadora bastante poderosa con abanicos de metal.


ANIMACIÓN E BSO

A animación é bastante máis decente do que un podería esperar nun anime destas características e as loitas con espadas están bastante ben levadas: teñen bo ritmo e os movementos coreografiados non parecen demasiado artificiais. Aquí un exemplo en forma de AMV:

Se falamos do deseño de personaxes obviamente predominan as mulleres(De feito, apenas se ven homes e toda a serie XD) de beleza notábel e peitos suficientemente grandes como para xerar un campo gravitatorio arredor deles sen esforzo.
A banda sonora é moi corrente, nada demasiado bo como para ser recordado. Aquí un exemplo.


CONCLUSIÓN

O anime ten un primeiro capítulo razoábelmente bo pero dislúese co paso dos mesmos ata rematar cun final insulso e vacío, que pecha a trama por compromiso. Destacan as loitas con espadas e pouco máis.


Nota: 6.0

CRiTiCa ANiMe: Blade & Soul

domingo, 7 de decembro de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn

O número de post atrasados que teño por escribir comeza a acadar uns niveis onde ou escribo algo do que teño atrasado ou isto non avanza XD. Así, hoxe falaremos de Sankarea, manga bastante coñecido de temática zombi, aínda que dende un punto de vista máis romántico que realista. Imos co argumento



Sankarea conta a historia de como un rapaz chamado Furuya descobre unha fórmula para resucitar aos seres vivos, algo que fai que sexa posíbel convertir a humanos en zombis. Así, fai diversos experimentos e consegue resucitar ao seu gato Babu pero obviamente non consegue un especimen humano ata que coñece ata unha rapaza , Rea, quen se suicida e Furuya ten que resucitala.
Rea conserva a súa memoria e o funcionamento da maioría de funcións motoras e congnitivas do seu corpo, polo que de non ser pola "palidez" apenas parecería un zombi XD. 
Haber hai máis inconvintes, coma que os órganos descompóñense co paso do tempo e que unha vez que se é un zombi tense unha ansia incontrolábel por comer carne humana( Vamos, que revelación jej) que debe ser suprimida mediante a inxesta dunha planta especial.

Nótese que neste manga danlle outra perspectiva ao tema dos zombis e explican que non son mortos viventes sen corazón, din que son persoas e que a "drogan resucitadora" , a pesar dos seus efectos secundarios, remata por salvarlle a vida a varias persoas. Cóntase como surxiu dita droga e como , en pequenas doses, pode contribuir a aumentar a esperanza de vida dunha persoa en varios centos de anos sen chegar a zombificarse completamente.

Antes dixen que o tema ía de romance e a pesar de que aínda no no mencionara, é a clave. Este manga é unha comedia romántica onde hai varias heroínas e un protagonista onde este debe elexir entre o seu harem cal será a gañadora, nunha premisa altamente típica.Hai ecchi en cantidades notábeis, sobre todo a medida que pasan os capítulos ,en detrimento de esceas máis de xénero gore(Que as hai, pero son bastante escasas durante a maior parte da trama).

A nivel de debuxo o manga non está mal, cumple co seu cometido, non intenta debuxar zombis desfigurados e feísimos, máis ben ao contrario, polo que creo que cumpre bastante ben nese aspectp.

Como conclusión, o manga en sí é bastante símpel e aínda que se explica bastante ben o dos zombis , este tema non consegue impoñerse ao ton de comedia romántica xenérica xeral que reina durante toda a historia.


Nota: 6.5

Recomendación : Sankarea

sábado, 15 de novembro de 2014
Posted by OGSN
Tag :, Tag :, Tag :

#manga #anime #ogsn
Oops , I did it again  era o que dicía unha cantante fai algún tempo e Gainax parece que segue a mesma liña con este anime XD. Despois do final de Evangelion(A serie de TV, sen contar as pelis, OVAs, manga,etc.) un pensaría que igual cambiaban algo. Pois non XD O final deste anime tampouco é tan dramático e se cadra é máis dixeríbel dado que o anime en sí é un WTF!? constante polo tampouco se sae demasiado de liña. Imos co argumento!

ARGUMENTO

Se vedes este anime coa intención de atopar unha gran complexidade argumental....bueno, digamos que algo atoparedes XD.
A premisa do anime sitúa a historia en Xapón fai algún tempo(O anime é de principios dos dous 2000s aprox) , onde un rapaz e unha rapaza xogan e fanse bromas nun ambiente de tranquilidade, coma se fose "verán para sempre". A cuestión é que o bonito non ía durar e a rapaza comunícalle ao rapaz que ten que marchar da cidade, co cal non poderán verse máis. O rapaz fai que pasa do tema(obviamente, son nenos de 10 anos ou así) pero en realidade está moi apenado pola súa marcha e pensa nalgún modo de convencer ao pai da rapaza para que non se vaia.
Dun xeito bastante random(Que se explica cara o final da serie, pero que sería malo desvelar aquí dado que é un spoiler moi importante) os personaxes despertan nun mundo de fantasía habitado polas mesmas persoas que o seu barrio salvo que noutras circunstancias. Así, o anime discorre mentres saltan de mundo en mundo para tentar volver ao seu .
Hai mundos de todo tipo: medievais, dating sims, China, espaciais....todos eles aderezados dun humor moi particular no que a graza é provocada polo inverosímil das situacións e dos personaxes, aínda que ao terceiro mundo que visitan xa cansa(Alguen dixo Haruhi, naquela repetición do mesmo día 7 ou 8 veces? XD)
Aparte do argumento hai un detalle que me gustou bastante e foi o de incluir pequenos homenaxes a produtos audiovisuais no transcurso do anime. Así, Evangelion, 2001 Unha odisea no espacio, Xungla de cristal....realmente son hilarantes.

Se somos honestos hai un total de 3-4 capítulos nos que a historia avanza e o resto son de recheo, pero o tipo de anime que é e a filosofía do mesmo non o ocultan, algo que é de agradecer.


PERSONAXES

Realmente hai dous personaxes principais: o rapaz chamado Satoshi "Sashi" Imamiya e a rapaza chamada Arumi Asahina.Logo hai máis personaxes(De feito, en ódolos universos son os mesmos pero con diferentes persoalidades e matices na súa apariencia) pero sen revelar grandes spoilers é imposíbel falar dos que molan XD.
Satoshi "Sashi" Imamiya: protagonista masculino da historia. É un rapaz de 10 anos que pertence a unha familia típica xaponesa e que parece estar secretamente namorado da súa amiga Arumi, aínda que nuna o admitiría. Ama a ciencia ficción en tódalas súas expresións i é a parte cómica do dúo de protagonistas.
É bastante despistado e impulsivo pero non por iso deixa de ser débil, dado que demostra ter moita forza de vontade en determinados momentos ao longo da serie.
Arumi Asahina: protagonista feminina da historia. É unha rapaza bastante guapa que tenta por tódolos medios volver ao seu mundo orixinal despois do primeiro episodio. Tenta ser a voz da razón e busca explicacións razoábeis ao que lles pasou pero ten momentos divertidos tamén.

ANIMACIÓN E OST

A animación é dun estilo moi colorista: prima a espectacularidade e a troula por riba do argumento e nótase: hai decoracións moi vistosas e deseños de personaxes que se alonxan do canons.
A OST é bastante pegadiza, fai xa un tempo incluin unha canción deste anime na lista de cancións da semana e maioría das cancións son nesa liña.

CONCLUSIÓN

Nunha mirada máis profunda este anime representa ao proceso de madurez e de ser capaz de asumir os erros e superalos, aínda que que á fin esa idea quede medio-desbotada no último episodio(véxase http://img1.ak.crunchyroll.com/i/spire3/f334f39533fbf42a4f03ca9db8c4292d1302528301_full.jpg ) . Éun produto que pode entreter con toques graciosos. Notábel


Nota: 7.0



PD: Sei que foi un post bastante curto e que xa me saltara algunha  semana de publicación(a pesar de que levaba un par de post de máis XD) pero bueno, é o que hai XD. Entradas máis curtas e frecuentes ou máis longas e espaciadas no tempo?Se queredes opinar facédeo nos comentarios XD. Tentarei retomar o ritmo de publicación esta semana de tódolos modos. Abur!

CRiTiCa AniMe: Magical Shopping Arcade Abenobashi

domingo, 30 de marzo de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn

 Beelzebub, mítico nome de demo,é o título deste manga que se publicou na weekly shonen jump(casa de naruto, bleach e one piece) ata a semana pasada.Que rematara este manga é algo así como a "crónica dunha morte anunciada" , dado que quedaba á fin da lista nas enquisas da revista. Non digo que durante bastante tempo parecese perdido, sen obxectivo: parecía que estiraban a historia por estirar pero ditos pedazos alternábanse con loitas bastante razoábeis(One piece non era XD, pero estaba bastante ven ) . Hai un spin off prantexado , se cadra porque este manga gozou dunha gran popularidade nos seus inicios e incluso conseguiu un anime que tivo uns bos resultados . A weekly shonen jump non pasa polo seu mellor momento en canto a series novas, isto é,se quitamos a serie da clase dos asasinos...non hai ningún hit que se publicase nos últimos 3-5 anos....e se temos en conta que gran parte das ventas veñen por Naruto(Bleach a verdade xa non axuda moito ) e vai rematar...mellor exprimir o que hai o máis que se poida, máis aínda se a historia ten potencial, como creo que é o caso. Pero bueno, basta de introdución , imos co argumento!

A historia de Beelzebub é a historia de como Oga, un rapaz de istituto problemático que basicamente é temido por todos pola súa forza lendaria é obrigado a ser o pai adoptivo do fillo do rei demo, un bebé coñecido como Beelzebub(abreviado a Beel na maioría das ocasións). Así, Beel, non pode estar a máis duns poucos metros de Oga, dado que se o fai Oga estoupa, o que fai que Oga se mova con Beel dun lado pra outro ao cabalicho .
Ao comezo a historia tenta ser un shonen de pelexas con toques de gag manga: grazas a ter a Beel, Oga é máis poderoso do normal e usa o seu poder para masacrar aos seus inimigos en pelexas calexeiras entre istitutos(Que vamos, a última vez que eu fun a un istituto non recordo que escachasen edificios a puñetazos, pero bueno...XD) .
Ademáis de Beel, a súa coidadora foi enviada ao mundo humano, xunto con outros secundarios que fan que a serie teña un elenco de personaxes bastante salientábel.

Ao principio Beelzebub está bastante ben e chega a estar moi ben por momentos, con popularidade suficiente para conseguir un anime. Así, que pasou para que rematara prematuramente? Hai varias razóns para tal feito.Por un banda, Beelzebub perdeu a súa esencia de gag manga para centrarse nas pelexas shonen, parecéndose demasiado a outros mangas que xa había no mercado. Ademais, as tramas volvéronse demasiado complicadas para unha audiencia adolescente con viláns que sempre tiñan alguén por riba deles(A pesar de que a última batalla está resolta razoábelmente)  .
Beelzebub era unha dose semanal de humor con pelexas, sobre todo baseándose no concepto de ver a un tipo moi "home" pelexar con outros igual de machos: non había un gran desplegue de superpoderes extraños. Sen embargo, iso cambia e cando tal todos son ultrapoderosos, con raios mortais e habilidades incribles, algo que non lle fixo moito ben á historia.


En conclusión, pintaba ben ao comezo pero desinflouse, aínda que rematou cun final digno. Notábel.


Nota: 7.5



Recomendación: Beelzebub

xoves, 13 de marzo de 2014
Posted by OGSN

#manga #anime #ogsn
Boas!Hoxe falaremos dun manga titulado Renai shimasen ka no que aparecen os xéneros shonen, comedia, romance e ecchi.Imos co argumento!


O manga conta a historia da relación dun rapaz chamado Fuwa Rito con diversas féminas a modo de harem. Así, o rapaz pasa de ser un pringado otaku que pasa o seu tempo en xuntanzas de exaltación de gal games a alguén que ten que dividir as súas atencións entre dúas féminas. Isto é así porque unha amiga de Rito chamada Ruri decide montar unha cita grupal pra averiguar quen é a dama á que procesa Rito o seu afecto pero a xogada sáelle mal ao atoparse cunha situación na que Rito fíxase en certa camareira de peitos xenerosos e moi guapa. Isto provoca que Ruri se poña celosa e estalle unha especie de "guerra" entre as dúas féminas(Que despois resulta que xa coñecía á camareira de antes e hai algo de drama, pero pouca cousa XD)

O debuxo é bastante razoábel e o argumento non é especialmente estúpido;ten destellos de drama e a comedia é disfrutábel por momentos . Non se fai unha historia pesada porque non son nin 20 capítulos.
Ben.


Nota: 6.0

PD: Publicarei algún post máis esta semana en compensación por non publicar nada a semana pasada.


Recomendación: Renai shimasen ka?

luns, 23 de decembro de 2013
Posted by OGSN

Boas!Onte mirei canto facía que a última "Crítica Anime" fose publicada e a verdade é que dai xa uns meses, ultimamente lévome dedicado máis ao manga e a colecións de post máis que a outra cousa.Así, hoxe falaremos de Maoyu Maou Yuusha(Daquí endiante MMY) , un anime que non foi tan malo como eu pensei que ía ser XD.

ARGUMENTO

A historia comeza cando o noso heroe(Apodado "O heroe"), parte dun grupo de guerreiros, remata a súa longa viaxe e chega á guarida do gran rei demo(Maou) pra rematar unha guerra que dura xa máis de dez anos(O anime está situado nunha especie de universo medieval alternativo). Así, o noso heroe queda descolocado cando resulta que o "gran rei demo" resulta ser unha rapaza nova de grandes peitos que se rinde nada máis ver ao heroe .Así, dille que o da guerra non é máis ca un conto , algo do que máis que perxudicarse o humanos sacan beneficios. Isto é así porque divide o mundo en países ricos e pobre, crea desigualdades sociais, mantén o comercio de armas...(Vamos, como a vida mesma XD). Aínda que dubida ao comezo, os "atributos" da raíña demo rematan por convencer ao heroe pra sumarse na cruzada da raíña demo, que resulta ser a de conquistar todo o mundo humano (Pouco a pouco) pra rematar a guerra dun xeito pacífico(A solución máis loxíca, claro está XD ).Así, os humanos daríanse conta de que os verdadeiros inimigos dos humanos son os humanos malvados en sí XD.

PERSONAXES

Hai bastantes personaxes, aquí falarei só dos máis importantes,na miña opinión. Non ten spoilers, lede sen medo XD
-Raíña demo(Maoyu): aínda que non sexa a personaxe que aparece na primeira escea(Eu son da crenza que a menos que @ personaxe que apareza na primeira escea, a menos que palme dalía pouco, será @ protagonista principal) croe que pode ser considerada a protagonista principal, incluso máis que o heroe.
É a 43ª raíña do reino dos demo e a pesar da súa apariencia "xuvenil" ten cerca de 100 anos e en realidade non ten aspecto de demo (incluso os seus característicos cornos son unha diadema). 
Pra poñer en marcha o seu plan no mundo humano decide facerse pasar por unha especie de mecenas. Así, comparte os seus coñecementos de economía e cultivos, algo que demostra que é unha persoa moi intelixente das que non se deixa magonear.
A súa popularidade medra rapidamente aínda que non sempre a gusto de todos, xa que a igrexa está en desacordo coas súas actividades dado que considera que os pobos instruídos pola "estudosa escarlata"(ese é o seu alcume) se revelarán ao darse conta de que poden cultivar os seus propios alimentos.
-Heroe: o heroe suponse que é o ente máis poderoso do mundo no que se situa a historia, dado que pode usar unha especie de maxia, é moi forte, super rápido....Ao contrario que a raíña demo, as súa habilidade céntranse no combate , polo que a raíña encárgalle un traballo relacionado con isto, como é o de disfrazarse cunha armadura escura e converterse no "cabaleiro negro " e conquistar certas cidades como guerreiro do exército da raíña.
-Cabaleira: unha das acompañantes orixinais do heroe que é unha excelente espadachín. Logo da disolución do grupo do heroe decide volverse monxa aínda que deixa os votos e decide axudar á "estudosa escarlata" a mellorar o mundo.
-Maga: despois do heroe, é a máis poderosa dentro do grupo de guerreiros . Ten unha personalidade extraña , dado que ao ter múltiples persoalidades nunca se sabe como vai responder.
-Arqueiro: actúa como figura paternal cara o heroe cando están xuntos, ao ser unha persoa de idade avanzada e con gran experiencia.Despois da disolución do grupo de guerreiros, traballa pra o príncipe de inverno.

ANIMACIÓN E BSO 

A ver...hai tetas, necesitades algunha outra razón!? Agora en serio, hai veces que floxea bastante, especialmente se non aparece unha fémina en escea ou non hai unha gran guerra. Isto último das batallas nas guerras está bastante ben, aínda que se cadra non da unha visión global adecuada do conflicto e a anima só uns poucos personaxes.
Respeito da BSO ten algúns temas que molan, pero maiormente é normaliña. Aquí poño exemplos a continuación: 

CONCLUSIÓN


O anime está mellor do que eu pensaba que ía estar pero podería ter sido MOITO mellor de eliminar as grandes cantidades de recheo(Si, nun anime de 12 episodios tamén é posíbel XD ) que fan que a trama avance moi lentamente e que non se siga o mesmo ritmo do primeiro capítulo todo o tempo.Véxanse os momentos nos que se fala de economía ou os míticos capítulos que só serven pra que pase algo interesante no seguinte capítulo.
Un 6.




Nota: 6.0

CRiTiCa ANiMe: Maoyū Maō Yūsha

mércores, 18 de setembro de 2013
Posted by OGSN

Ola!Hoxe falaremos dun manga de comedia e romance no que aparecen viaxes temporais, anxos, demos e demáis criaturas que fan desta manga un opción recomendábel dentro deste xénero. Imos co argumento!

Kirara , en resumo, é unha comedia romántica con toques ecchi coma moitas outras. A particularidade deste manga é que o protagonista vese forzado a elexir entre diferentes versións da mesma persoa. Isto é, entre unha versión da rapaza que lle gusta adulta e unha versión adolescente.
O tema é que a rapaza chamada Kirara morre nun accidente de tráfico o día que está a punto de casarse co seu amor do istituto, polo que viaxa no tempo en forma de espíritu ata a çepoca na que tanto o seu mozo coma ela estaban no istituto. Así, aparéceselle ao rapaz, chamado Konpei, e dille que ela é Kirara do futuro , a súa futura muller, algo que non acaba de convencer demasiado a Konpei dado que a relación que tiñan naquela época era máis ben mala. Sen embargo, a medida que avanzan os capítulos vemos como evoluciona a relación entre Konpei e a Kirara adolescente , algo que fai posíbel o futuro do que di provir a Kirara adulta.
Resulta que a existencia da Kirara adulta SPOILER START é froito da equivocación dun anxo novato, que quería mandala ao ceo pero enviouna atrás no tempo. Así, o anxo remata por perder os seus poderes durante uns capítulos e quédase a vivir na Terra.
Ademáis do anxo hai unha demo malvada que quere destruír a Kirara e outros personaxes secundarios que serven pra engadir comedia, coma unha rapaza extraterrestre que aparece dun xeiro un pouco random XD.
Hai capítulos do manga especialmente bos, como cando Kirara se reune co espíírito do Konpei adulto, xa vello e decrépito, antes de que este parta cara o ceo.
O manga ten o fallo de que é altamente predecíbel e ao existir unha personaxe do futuro sabes con quen vai rematar o protagonista, pero bueno, non é que sexa un feito demasiado relevante, polo menos son honestos respeito a iso XD.
SPOILER END.


Se falamos do debuxo non nos atoparemos cunha innovación especialmente salientábel a este nivel: liñas ben definidas e féminas con moitas curvas son a base do debuxo deste manga, que mellora de xeito notábel co paso dos capítulos.A pesar de que ten esceas nas que aparecen persoaxes femininas espidas non o considero un manga seinen, senon shonen.

É unha comedia romántica ecchi pero ten o seu aquel. Notábel.

Nota: 7.5

Recomendación: Kirara

martes, 23 de xullo de 2013
Posted by OGSN
Tag :, Tag :, Tag :, Tag :, Tag :, Tag :

Por fin toca un post algo máis decente.....XD Hoxe falaremos du nmana chamado Frogman, que non, non vai dun superheroes metade rá metade humano(Que digo eu que aínda cundiría ...XD) senón dun club de natación dun istituto.Imos co argumento!

Frogman conta a historia de certo rapaz de istituto que se mete no club de natación da escola (sen saber nadar apenas) pra ligar coa rapaza que lle gusta(moi lóxico todo XD). O caso é que comeza a aprender e lentamente faise un oco no club que curiosamente está compossto só de rapazas, polo que el é o único membro masculino e froito de disputas entre as súas membros e a entreadora por telo todo pra elas(If you know what I mean...XD) .
Ten toques de comedia e realmente está levemente mellor que un manga chamado Umisho, porque aquí, moi de vez en cando, falan algo de natación XD.

O debuxo é bastante bo, aínda que non marabilloso se temos en conta que isto é un manga de corte ecchi máis que outra cousa.


Decente. Un 6.


 

Nota:  6.0

-Recomendación: Frogman

venres, 19 de xullo de 2013
Posted by OGSN

Boas! Hoxe falaremos deste manga de corte ecchi(tira a soft hentai, dado que contén esceas de sexo explícito, aínda que non é un hentai ) que conta cunha duración bastante elevada(94 capítulos) pra este tipo de mangas e que é relativamente gracioso, debido ao surrealista das relacións que se producen entre @s personaxes.Imos co argumento!


A historia comeza cando un estudante universitario recibe a inesperada visita da súa irmá, de quen non sabía nada dende unha tempada dado que deixara o istituto e non se volvera saber nada dela. Así, dita rapaza aparece na súa porta con outra rapaza da mesma idade, quen resulta ser a súa moza , o cal deixa bastante sorprendido ao rapaz, dado que non sabía que a súa irmá era lesbiana XD. 
Aquí comeza unha historia de enredos , onde os tres personaxes principais pasan por varias relacións amorosas ao longo do manga, algo que fai que gañen experiencia e maduren polo camiño.

A pesar de ser un manga ecchi é relativamente interesante, non ten un argumento demasiado intrínseco pero é gracioso e non demasiado complexo , dado non hai un fío conductor e as historias son romances random XD, algo que evoluciona cara algo máis concreto ao final do manga.



En resumo, non está mal.Notábel


Nota: 7.0  



Recomendación: Haru yo, koi

mércores, 5 de xuño de 2013
Posted by OGSN
 
Novamente falaremos dun shonen-comedia-ecchi , pero esta vez con toques de.....incesto! XD Así, de que vai este manga ?

Conta a historia dun rapaz que ve como a súa vida cambiar por completo cando sua nai morre . Así, queda só co seu pai , aínda que este non é de moita axuda dado que sempre está de viaxe polo que o rapaz recorre á súa moza. A situación cambia cando o pai do rapaz volve dunha viaxe e preséntalle á súa nova madrastra , unha rapaza da súa idade. O rapaz non o toma moi ben dado que pensa que o seu pai se volveu tolo aínda que despois remata por aceptalo debido ás circustancias do "matrimonio" . Así, comeza unha historia no que o rapaz se verá envolto en todo tipo de situacións nas que deberá elexir entre a súa moza e a súa suposta "nai" dado que ámabalas dúas mozas son moi guapas. 

É un manga bastante curto e aínda así estira a trama, aínda que non en demasía, algo que se agradece.
Non é algo argumentalmente profundo, é un manga pra ler nun momento de aburrimento , non esperes unha obra mestra XD.
Se falamos do debuxo é correcto con picos de calidades ao debuxar a algunhas personaxes femininas (Que raro XD ) .


En resumo, un manga altamente pasábel. Aprobado raspado.


Nota: 5.0

Recomendación:Mama wa Doukyuusei

luns, 24 de decembro de 2012
Posted by OGSN

Hoxe falaremos dun manga shonen chamado Mahou no Iroha, un harem con moito ecchi e grandes doses de comedia publicado na Shonen Sunday Super e que finalizou este ano. Así, de que vai ??

Conta a historia de Naoki, un rapaz que pasa desapercibido dado que non é especialmente bo en nada e o seu aspecto non axuda demasido, dado que ten unha apariencia do montón. A súa tranquila vida cambia cando unha rapaza aparece un día de socato en fronte súa. Di que é a súa filla e que ven do futuro pra evitar que se convirta nun magp malvado que arrasará o planeta Terra. Naoki non se cree esa historia pero a medida que avanza a historia dase conta de que é verdade porque incluso coñece ao seu "eu" do futuro.
A medida que pasan os capítulos aparecen outras supostas "fillas" de Naoki, cada unha de súa nai . Isto suponse que é así porque cada unha delas ven dunha dimensión diferente e non poden existir todas ao mesmo tempo, polo que no momento que naza unha das fillas no tempo presente as outras desaparecen.


O manga a verdade é bastante normalciño, ten os seus momentos por o de ter viaxes temporais pero no né explorado en profundidade e non é máis que unha excusa pra montar un harem XD. Aprobado



Nota: 5.0

Recomendación: Mahou no Iroha

domingo, 23 de decembro de 2012
Posted by OGSN

Xa choveu dende a última vez que publiquei algo, non ? XD O caso é que estiven bastante ocupado pero agora , en compensación, publicarei unha entrada diaria durante unha ou dúas semanas. Así que comecemos hoxe com Koisome Momiji, un manga que tentou consolidarse na weekly shonen jump pero que foi cancelado relativamente rápido, cousa que pasa bastante frecuentemente cos últimos mangas que a weekly shonen jump trata de publicar(menos Assassination Classroom, o resto dos novos mangas fracasaron estrepitosamente) . Así, de que vai este manga ?


Conta a historia dun rapaz de Istituto que non ten ningún éxito coas rapazas, en parte pola súa personalidade que se parece bastante á dunha "damisela en apuros", con moitas reacións que son propias dunha señorita en vez dun rapaz XD. O caso é que axuda a escapar a unha actriz duns membros do seu staff e ela , dado que que interpretar un romance e non ten experiencia, decide pedirlle unha cita. El acepta a pesar de saber que só é pra practicar pra o serial televisivo e así comeza a historia
Despois aparecen rivais coma en tódolos mangas ecchi-shonen-comedia romántica deste tipo e o argumento vólvese predecíbel, xa sabes con quen vai rematar á fin o protagonista XD . 

O único algo novidoso deste manga é a personalidade do seu protagonista masculino, con reacións míticas das rapazas en mangas shonen algo que co que intetaou diferenciarse do típico pero que non lle saiu moi ben dado que foi cancelado rapidamente XD

Manga bastante pasábel aínda que ten algún momento gracioso e intenta ser diferente. Aprobado.





Nota: 5.0

Recomendación: Koisome Momiji

sábado, 22 de decembro de 2012
Posted by OGSN


Antes de nada, descúlpome por non ter escritor demasiado ultimamente, teño estado moi ocupado , espero que despois de que rematen os meus exames a situación cambie XD. Ademáis, estou enfrascado na construción dunha páxina web onde aloxar todo o contido deste blog feita enteiramente por min, de momento está en construción XD.

Pero poñámonos co que nos ocupa, que é falar de Video girl AI, un manga que é todo un clásico dentro do shonen-comedia-ecchi cuxo mangaka é o mesmo de I'ss  e Zetman, Masakazu Katsura. 
Así, Video Girl Ai( 電影少女 Den'en Shōjo ) gozou de bastante boa popularidade durante a súa época de pubricación (finais dos 80 principios dos 90 ) e tivo anime e live action. 

Conta a historia dun rapaz chamado Yota Moteuchi que está namorado da súa compañeira de clase Motemi, que é a rapaza máis guapa da súa clase, polo que non ten demasiadas expectivas con ela. Ademáis, está o feito de que Motemi resulta estar namorada do mellor amigo de Yota, un rapaz ao que non lle importan demsiado as mulleres pero que ten bastante éxito entre elas. Así, Motemi confésase ao amigo de Yota pero este rexéitaa dicíndolle que non lle interesan as mozas, algo que fai que Yota se de conta de que non ten ningunha oportunidade con Motemi. Logo disto, de camiño pra súa casa, decide alquilar unha película pra entreterse e alquila unha película sobre unha video-girl, unha cinta de vhs na que unha rapaza moi guapa anima á persoa que a está a ver. O problema ben ando Yota intenta reproducir a cinta no seu video estropeado, o que da como resultado que a video girl, que resulta chamarse Ai Amano sae do televisor e cobra vida. Por culpa do mal funcionamento do vídeo de Yota a súa personalidade é máis masculina e apenas ten peitos, está case plana, algo que Ai lle reprochará a Yota constantemente. 
Isto é un romance así que xa se pode adiviñar onde vai a historia: Ai namórase de Yota, Motemi consegue saír co amigo de Yota e Yota tenta esquecer a Motemi. Logo túrnanse e aparecen nov@s personaxes de modo que ao acabar o manga Yota estivo con varias rapazas.

É bastante gracioso pra ser un manga de fai máis de 20 anos, hai situacións realmente surrealistas que te farán rir a gargalladas. Respeito do xeito que se manexa a historia non hai grandes xiros argumentais, aínda que de vez en cando hai complicacións na historia, senón sería bastante complicado que durase tanto como durou(+100 capítulos) . 
O debuxo é bo, especialmente as féminas está moi ben debuxadas, con liña suaves e curvas ben definidas, algo que xa se podía observar en I'ss.

En resumo, é un clásico do que aínda se fala hoxe en día que merece ser lido dado que é unha obra ben levada, que é mellor ca algúns mangas do estilo de hoxe en día.


Nota: 8 

Recomendación: Video girl Ai

domingo, 25 de novembro de 2012
Posted by OGSN

Boas! No seu momento escribín sobre Air Gear, pero sobre o anime. Nesta caso falarei do manga, que é MOITO mellor. Así, Air Gear é un manga que foi pubricado na Shonen Magazine(Onde están a publicarse varios títulos dos que estou a ler actualmente, véxase Baby Steps, Code Breaker, Fairy Tail, Good Ending, Happy Project e Kimi no Iru Machi). Alguén co sinónimo de Oh great!(Ogure ito, pra ser exactos) foi a persoa encarga de debuxar e escribir o guión de Air Gear durante os seus 37 tomos, concretamente ata maio deste ano, cando finalizou. Imos co argumento:

Air Gear, en orixe, é un manga de deportes. Ubícase en Xapón, nunha época futurista na que a xente quere novas emocións. Así, surxen os AT(Air Treks), uns patíns con motor que permite aos patinadores acadar velocidades de vértigo e facer piruetas imposíbeis. Tales fazañas está ao alcance de poucos, dado que os AT son bastante caros e o protagonista da historia, Ikki, non ten cartos pra compralos dado que a súa familia é moi pobre. Vive coas catro irmás Noyamano, quen, ao igual ca el , non teñen máis. Estas intentan que Ikki se quite da cabeza o tema dos AT pero "baby face" (así é como o apodan) é moi teimudo e á fin consegue facerse cuns AT. 
Logo disto, decide formar un equipo con diferentes membros que recluta co paso dos capítulos ata conformas un equipo o suficientemente grande como pra cometir contra outros, chamado Kogarasumaru(Siñifica algo de corvos, non recordo exactamente o que). A maneira en que se compite depende do nivel dos participantes, que pode ser de A a F dependendo do número de victorias. Deste xeito, a competición pode ser unha carreira en liña recta, unha carreira de obstáculos, unha pelexa, pasarse un disco ou outros.
Logo ven a parte máis shonen do manga: as pelexas. Sí, técnicamente levan uns patíns, pero no manga, por moita carreira que fagan, á fin quen gaña é o que gaña nunha pelexa, polo que executan técnicas como lanzar grandes ventos ou atacar con forma de colmillos(recordoume a cando en Beyblade aquelas peonzas se convertían (teoricamente) en dragóns e así...XD ) . Isto provoca que cada patinador teña un estilo diferente, un sendeiro que seguir. Hai varios, de feito, Ikki ao comezo comeza no sendeiro das ás pero despois pásase a outro.

Se falamos d@s personaxes, hai moitos. Pero moitos, os máis de 300 capítulos do manga dan pra presentar a todo aquel que tiña algunha importancia, algunhas veces ata me pareceu de máis. Véxase que hai personaxes moito máis carismáticos ca outros: Agito/Akito/Lind é un rapaz que ten triple personalidade cun parche nun ollo. Win . Sen embargo, alguén que se supón que é moi importante como Simca(e a quen lle dedican tempo ) non me parece unha personaxe interesante( a non ser polos seus "atributos" XD ) .
A historia é máis profunda a medida que avanza: ao comezo Kogarasumaru é un grupo de xente que quere conquistar o trono dos Air Gear e ser os mellor do mundo. Sen embargo, isto pasa a ser algo secundario despois, cando comezan a aparecer un montón de dramas filosóficos e hai loitas a morte. O das pelexas está ben, pero os dramas filosóficos que se montan en plan ciencia-ficción (especialmente na parte final do manga ) son demasiado abastractos por momentos e pérdeste entre tanta información. Faise demasiado denso.
A pesar do anterior, Air Gear é bo argumentalmente, iso é seguro.

Falemos agora do debuxo. Está moi ben. Pra ser honestos, do mellor que levo visto, especialmente xa avanzado o manga. A batalla final é unha delicia, ten un debuxo espectacular, pero xa dende moito máis atrás @s personaxes e os ataques que realizan son espectacularmente retratados pra darlle ao manga unha gran sensación de presión nas batallas. Chapou.



Como conclusión, dicir que é un obra que aínda que o final te deixe nun estado de "que se supón que acaba de pasar " é altamente disfrutábel por momentos, especialmente en capítulos Avanzados. Notable alto.


Nota: 8.5

Recomendación : Air Gear

domingo, 11 de novembro de 2012
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //