Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :domingo, 30 de marzo de 2014
#manga #anime #ogsn
Oops , I did it again era o que dicía unha cantante fai algún tempo e Gainax parece que segue a mesma liña con este anime XD. Despois do final de Evangelion(A serie de TV, sen contar as pelis, OVAs, manga,etc.) un pensaría que igual cambiaban algo. Pois non XD O final deste anime tampouco é tan dramático e se cadra é máis dixeríbel dado que o anime en sí é un WTF!? constante polo tampouco se sae demasiado de liña. Imos co argumento!
ARGUMENTO
Se vedes este anime coa intención de atopar unha gran complexidade argumental....bueno, digamos que algo atoparedes XD.
A premisa do anime sitúa a historia en Xapón fai algún tempo(O anime é de principios dos dous 2000s aprox) , onde un rapaz e unha rapaza xogan e fanse bromas nun ambiente de tranquilidade, coma se fose "verán para sempre". A cuestión é que o bonito non ía durar e a rapaza comunícalle ao rapaz que ten que marchar da cidade, co cal non poderán verse máis. O rapaz fai que pasa do tema(obviamente, son nenos de 10 anos ou así) pero en realidade está moi apenado pola súa marcha e pensa nalgún modo de convencer ao pai da rapaza para que non se vaia.
Dun xeito bastante random(Que se explica cara o final da serie, pero que sería malo desvelar aquí dado que é un spoiler moi importante) os personaxes despertan nun mundo de fantasía habitado polas mesmas persoas que o seu barrio salvo que noutras circunstancias. Así, o anime discorre mentres saltan de mundo en mundo para tentar volver ao seu .
Hai mundos de todo tipo: medievais, dating sims, China, espaciais....todos eles aderezados dun humor moi particular no que a graza é provocada polo inverosímil das situacións e dos personaxes, aínda que ao terceiro mundo que visitan xa cansa(Alguen dixo Haruhi, naquela repetición do mesmo día 7 ou 8 veces? XD)
Aparte do argumento hai un detalle que me gustou bastante e foi o de incluir pequenos homenaxes a produtos audiovisuais no transcurso do anime. Así, Evangelion, 2001 Unha odisea no espacio, Xungla de cristal....realmente son hilarantes.
Se somos honestos hai un total de 3-4 capítulos nos que a historia avanza e o resto son de recheo, pero o tipo de anime que é e a filosofía do mesmo non o ocultan, algo que é de agradecer.
PERSONAXES
Realmente hai dous personaxes principais: o rapaz chamado Satoshi "Sashi" Imamiya e a rapaza chamada Arumi Asahina.Logo hai máis personaxes(De feito, en ódolos universos son os mesmos pero con diferentes persoalidades e matices na súa apariencia) pero sen revelar grandes spoilers é imposíbel falar dos que molan XD.
Satoshi "Sashi" Imamiya: protagonista masculino da historia. É un rapaz de 10 anos que pertence a unha familia típica xaponesa e que parece estar secretamente namorado da súa amiga Arumi, aínda que nuna o admitiría. Ama a ciencia ficción en tódalas súas expresións i é a parte cómica do dúo de protagonistas.
É bastante despistado e impulsivo pero non por iso deixa de ser débil, dado que demostra ter moita forza de vontade en determinados momentos ao longo da serie.
Arumi Asahina: protagonista feminina da historia. É unha rapaza bastante guapa que tenta por tódolos medios volver ao seu mundo orixinal despois do primeiro episodio. Tenta ser a voz da razón e busca explicacións razoábeis ao que lles pasou pero ten momentos divertidos tamén.
ANIMACIÓN E OST
A animación é dun estilo moi colorista: prima a espectacularidade e a troula por riba do argumento e nótase: hai decoracións moi vistosas e deseños de personaxes que se alonxan do canons.
A OST é bastante pegadiza, fai xa un tempo incluin unha canción deste anime na lista de cancións da semana e maioría das cancións son nesa liña.
CONCLUSIÓN
Nunha mirada máis profunda este anime representa ao proceso de madurez e de ser capaz de asumir os erros e superalos, aínda que que á fin esa idea quede medio-desbotada no último episodio(véxase http://img1.ak.crunchyroll.com/i/spire3/f334f39533fbf42a4f03ca9db8c4292d1302528301_full.jpg ) . Éun produto que pode entreter con toques graciosos. Notábel
Nota: 7.0
PD: Sei que foi un post bastante curto e que xa me saltara algunha semana de publicación(a pesar de que levaba un par de post de máis XD) pero bueno, é o que hai XD. Entradas máis curtas e frecuentes ou máis longas e espaciadas no tempo?Se queredes opinar facédeo nos comentarios XD. Tentarei retomar o ritmo de publicación esta semana de tódolos modos. Abur!
- Back to Home »
- Anime , comedia , ecchi , Magical Shopping Arcade Abenobashi , Nota entre 7 e 8 , shonen »
- CRiTiCa AniMe: Magical Shopping Arcade Abenobashi