Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :domingo, 16 de marzo de 2014
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos dun manhwa de xénero seinen que conta cun argumento moi atractivo nunha primeira lectura e que cumpre na súa execución nun principio, pero debido a unha cancelación prematura perde gran parte do seu encanto, feito que non se arranxa na secuela desta obra, que suponse que se desenvolve no mesmo universo pero cuxa calidade é moito menor, con outros personaxes e cunha historia moito menos seria(É máis un spin-off que outra cousa). Imos co argumento!
Re:BIRTH conta a historia dos irmáns Tachibana: Reiji e Ayaka. Reiji é un rapaz de instituto bastante sociábel e que leva unha vida apacíbel mentres que a súa irmá é unha muller nova que ten un cariño algo esaxerado polo seu irmán, por quen ten sentimentos que poden ser considerados de amor.
Todo é normal e aburrido ata que Reiji atopa unhas pulseras na rúa e decide poñelas no pulso. Dito feito introduce a Reiji , Ayaka e a varios personaxes máis despois no mundo dos takers. Estes "takers" son persoas con habilidades especiais, como superpoderes, que teñen que loitar para sobrevivir: teñen como unha especie de puntos de vida en días(10 puntos de vida equivale a 10 días), puntos de vida que se conseguen quitándollos a outros takers ou mediante duelos con monstros asasinos aos que é moi complicado derrotar. Así, se un taker se queda sen puntos morre irremediábelmente, polo que os takers son humanos sen escrúpulos, que recorren a todo tipo de tácticas para sobrevivir.
A sinopse recordoume á película de "In time" , salvo porque aquí está mellor levada. Hai moita violencia no manga: móstrase o peor aspecto do ser humano , no que loitan todos contra todos para sobrevivir e non se intenta xustificar quen son os bos e que os malos.
A nivel de debuxo o cero é que é tremendo. Deseños espectaculares, pelexas moi realistas e komas moi vívidos fan unha combinación perfecta. Nada malo que dicir neste aspecto.
Ao comezo dixen que o manga molaba moito ao principio pero que pola cancelación repentina perdeu moito....aínda que o problema poida que viñese dalgúns capítulos atrás. O final é absolutamente lamentábel e unha conclusión nada satisfactoria a unha historia de semellante calado, algo que lle fai que perder bastante puntuación. Así, a nota queda nun notábel baixo.
Nota: 7.0
- Back to Home »
- Manga , Nota entre 7 e 8 , Re:BIRTH-The lunatic taker »
- Recomendación: Re:BIRTH-The lunatic taker