Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta hentai. Amosar todas as publicacións



Boas! Hoxe falaremos dun manga de romance ecchi , dirixido a un público seinen chamado Velvet Kiss, que con 32 capítulos(4 volumes) é unha letura relativamente curta e polo menos entretida. Imos co argumento:

O protagonista da historia, Nitta Shin , por diversas circunstancias, remata cunha débeda xigantesca nos primeiros capítulos. Non é por culpa súa pero dun xeito ou doutro está ata o pescozo así que vai falar coa empresa responsábel da deuda e tenta negociar algún tipo de solución. Así, o presidente da empresa proponlle un trato: a deuda quedará anulada se Shin sae coa filla do presidente. Dado que Shin non ten moitas máis opcións , decide aceptar o trato e saír coa rapaza. 
Sen embargo , non todo é tan sinxelo como parece ao principio, dado que Shin terá que manter a relación coa filla do presidente e coa súa propia moza ao mesmo tempo, ademáis de investigar os segredos da compañía responsel da súa débeda pra intentar liquidala.



É un manga que francamente me sorprendeu no senso de que a pensar de que é un bordeline ecchi (vamos, que hai esceas de sexo explícito) realmente hai unha trama de intrigas e traicións dentro da familia, onde a través de diversas averiguacións o noso protagonista descobre un gran entramado de mentiras.


En resumo, non é unha mala opción pra ler, pra ser un manga de tipo ecchi-hentai é unha gran obra, ten un argumento que engancha , un debuxo que axuda a meterse na trama(bo, vamos XD ) e sobre todo é curto e non estira a trama eternamente. Recomendado!

Nota: 7

Recomendación: Velvet Kiss

venres, 20 de abril de 2012
Posted by OGSN


Welcome to Koibana Onsen, the place where love blossoms!


Hoxe falaremos de Koibana Onsen , manga de comedia romántica seinen con multide de esceas hentais que agradarán os ollos do públic masculino adulto, target maioritario da obra.Así, de que vai?

Conta a historia de como certo rapaz remata cun traballo nun onsen(casa de augas termais, moi típicas en Xapón ). O que pasa é que esa especie de "hotel" é algo especial, xa que como o seu eslogan di, é un lugar no que o amor florece. Por que di iso? Bueno, porque se un fala obxectivamente, aquelo parécese máis a un love hotel(hoteis xaponeses onde as parellas tipicamente teñen sexo, basicamente esa é finalidade deses hoteis) que a unha pousada normal.
Así, ao comezo o protagonista está constantemente avergoñado do que ve pero lgo namórase dunha das persoas que levan a pousada, unha rapaza da súa idade  . Os dous rematan por formar unha parella e a medida que pasan os capítulos o manga vólvese un pouco harem , dado que todas as féminas queren durmir co protagonista XD(aínda que á fin case todas atopan á súa parella).
É un manga que en cada capítulo conta unha historia romántica, normalmente relacionada con cada unha das persoas que se aloxan na pousada ou entre os protagonistas.
En case tódolos capítulos alguén ten sexo, hai centos de esceas con todo luxo de detalles ao respeito. Obxectivamente , o debuxo é bo e non só polo anterior, con expresións moi logradas, especialmente as faciais, así como un deseño de personaxes o suficientemente bo como para que resulten cribles, tanto no seu aspecto coma na súa personalidade(dentro do marxe que da o manga XD).
A nivel argumental é bastan floxo, isto é, non é que haxa ningún punto realmente salientábel, a maioría dos capítulos son inconexos entre si e poden lerse en orde aleatoria, aínda que sí hai que dicir que hai unha certa trama principal por detrás.


Como conclusión, dicir que non é unha mala lectura porque ten un debuxo bo, a pesar de que argumentalmente floxée bastante(non obstante, moito menos que calquera manga casi-hentai XD ) .


Nota: 5 

Recomendación: Koibana Onsen

mércores, 21 de marzo de 2012
Posted by OGSN

Bueno, son sincero, estaba aburrido así que busquei un manga de tipo ecchi para ler . Non obstante, unha vez que o comecei a ler pareceume algo coa dose xusta de comedia e esceas ecchi cun debuxo que me encantou que incita a rematalo. Así, de que vai?


Bueno, pois conta a historia dunha parella de namorados que viven xuntos nun piso. Están moi contentos , xa que tanto o rapaz como o rapaza da parella atopan o "traballo" da súa vida , polo que están moi contentos.
Ámbolos dous traballan para empresas moi importantes pero o que non saben (e despois descobren) é que traballan para empresas que son rivais entre si. Así, serán capaces de sobrepoñer o seu amor ao seu traballo ou ao revés? Le o manga para descubrilo!

Realmente isto tira máis a josei que a shojo , a historia é relativamente adulta con multitude de enredos amorosos e cóntanse bastantes feitos desde o punto de vista de mulleres, así como desde o punto de vista de homes, faise un pouco a distinción dependendo de se se fala do protagonista ou da protagonista.
Así, é un manga con moitos momentos cómicos e ten momentos ecchi, tanto de corte cómico como mencionei previamente como algo máis de corte smut, brilantemente debuxados.
O deseño de personaxes é sen dúbida o punto máis forte da historia, coma en moitas ocasións, as féminas son debuxadas brilantemente aínda que o debuxo dos personaxes masculinos está ben feito(non podo ser obxectivo, ao meu pesar fíxome máis nas persoanxes femininas XD).

Como conclusión, este manga de a penas 20 e poucos capítulos é unha gran alternativa como lectura rápida, simple, sinxela e con momentos remarcábeis, pero que non é unha obra mestra.

Nota: 7

Recomendación : koiwo suru no ga shigoto desu

xoves, 6 de outubro de 2011
Posted by OGSN





NOME: Virgin na Kankei( Relación virxe ou Relación Virxinal)
Nº CAPS: 47 + especiais
Nº VOLS:6
STÁTUS: Completa(hai secuela)
AUTOR:  Kobayashi Takumi
XÉNERO: hentai, drama, romance.

Vale, é hentai. Isto é, ten frecuentemente escenas de alto conteñido sexual así como temas para adultos , polo que sería un deses que lle chaman +18. Deixando isto a parte, non é que só teña sexo e nada máis, se fóse así, non o lería. Ou polo menos lería un capítulo e xa, pero se lin os 47 caps máis especiais foi porque me pareceu interesante.
Este manga conta a historia dun rapaz que despois de acabar a universidade entra a traballar nunha empresa de moda baixa as ordes dunha xefa que é moi "guapa"(Vale si, que ninguén sabe que o que pasa agora)Comezan a saír xuntos en secreto xa que onn queren que os demáis saiban da súa relación.Sen embargo, o protagonista masculino é un asshole que é capaz de saír con tres rapazas ao mesmo tempo o que provoca o enfado por parte da súa xefa , e iso que non coñece a tódalas rapazas coas que sae.
As partes dramáticas están ben construídas dándolle a tensión necesaria para que non resulte tedioso de ler (o manga) logo dalgúns caps e ten algún elemento cómico, aínda que isto escasea bastante ,cousa que na maioría de hentais non pasa , coma Love Junkies. Ten un happy ending,aínda que polo que entendín en mangafox ten unha secuela, pero eu quédome co happy ending de momento.
Creo que é un manga o suficientemente bo coma para non dropealo logo dun cap, a arte é boa, tirando máis cara un estilo dramático que cómico; ademáis, a parte de ser un hentai, ten unha boa storyline polo que cumpre ben. Eu recomendo este manga.

Nota : 7

Recomendación: Virgin na kankei

sábado, 13 de novembro de 2010
Posted by OGSN


TÍTULO: Trans Venus (トランス・ヴィーナス)
AUTOR: Tamasaki Hisao
Nº CAPS: 10
Nº TOMOS:2
XÉNERO: gender bender, soft hentai, smut, comedia, magical girls,shojo-ai.
STATUS: completa
Bueno, este é un manga do xénero gender bender bastante tirando cara o xénero hentai e non quedándose nun simple ecchi. A historia vai sobre un rapaz que un día , mentres camiña polo monte de noite, atopa o que se denomina unha estrutura de datos alieníxena(ou algo así xD) que o converte nunha muller para o seu desgusto, xa que é o único modo en que a alien poida ocupar o seu corpo, xa que á fin e ao cabo só é datos. A historia desenvólvese coas dificultades do rapaz(agora rapaza) de lidiar coa súa nova situación e de descubrir que cecáis  a súa nova condición non esté mal de todo. Ten algunha que outra escea de pelexs en plan magical girl pero sobre todo baséase en grandes orxias sexuais do protagonista con outr@s personaxes. Polo menos creo que é bastante interesante, non pola historia senón porque é un gender bender bastante ben construído no ámbito cómico.

Nota: 6.5

Recomendacion: Trans Venus

martes, 9 de novembro de 2010
Posted by OGSN

Rematei de ler os 37 caps deste manga así que concluín aceptábel facer unha crítica. Vale que non sexa unha obra mestra pero por o menos entretén, hai que salientar que está considerado de contido maduro porque contén escenas de sexo explícito en repetidas ocasións,a consecuencia disto hai veces que o argumento é forzado.
A historia deste manga vai dunha rapaza chamada Hiromi, que espera con ansias a chegada do seu primo Makoto, que espera que sexa  un rapaz moi guapo. Cal é a súa sorpresa cando se atopa cunha linda rapaza con grandes peitos. Hiromi está desconcertada porque cando eran pequenos Makoto enseñoulle o seu pene, polo que Makoto á fin cóntanlle que ten órganos masculinos e femininos plenamente operativos, que é hermafrodita.
Esta é máis ou menos a historia, aínda que ten un argumento un pouco máis intrínseco en plan sci-fi pero que non é o kit da historia. En consecuencia da súa condición, Makoto ten sexo con homes e con mulleres, e conta as súas experiencias dunha maneira moi explícita. Hai que recoñecer que o argumento vai encamiñado cara ese propósito xa que que boten un polvo na primeira cita moi normal non é, pero bueno.
Ese outro argumento é descubrir quen é Makoto realmente e porque é como é.
En resumo este manga ten escenas bastante hentai, de sexo explícito, pero é bastante interesante, por o menos para pasar  o tempo vale. A duración é máis ou menos xusta, non alongan de máis nin deixan cabos soltos, creo que non é unha mala elección.O xénero sería gender bender, ecchi-hentai(por momentos), comedia, romace.Algo shojo tamén.
P.D:O título en inglés da serie é "My two wings".Por que será?xD

NOTA: 5

Recomendación: Boku No Futatsu No Tsubasa

domingo, 13 de xuño de 2010
Posted by OGSN
Ben, chamei a este post review porque este anime xa o vira fai algún tempo, pero volvino ver para fixarme máis nos detalles e facer unha boa crítica del. Girls Bravo é un deses animes que todo o mundo que lle guste o ecchi debería ver, segundo moita xente é un dos mellores deste xénero, eu concordo, aínda que ben é certo que non é perfecta nin moito menos. Ademáis , podería ser considerada soft hentai nalgúns momentos, poño como exemplo cando Miharu proba un plátano por primeira vez, esa escena ten connotacións sexuais evidentes , ocorre nun dos primeiros capítulos. Logo, pois é certo que ten moito fanservice, demasiado, pero tamén é certo que a historia é bastante boa e aínda que a historia se podería resumir en moitos menos capítulos dos que aparecen, a trama na segunda temporada mellora moito cara o final da mesma e o final da serie é un dos poucos que está pensado, xa que é un típico recurso o de finalizar a serie sen final, isto é, u nfinal aberto que deixe o camiño a unha posíbel renovación que só se produce nalgúns casos.Ben, sendo isto así, de que vai a serie? Pois vai dun rapaz chamado Yukinari, que é moi pequeno(chibi-nari) polo que as rapazas sempre abusaron del dsde que era un neno. Por isto desenrolou unha xinofobia(fobia ás mulleres) que lle provoca urticaria cando algunha muller o toca.Un día, cando volve á casa da escola, viaxa a través do seu baño( da súa bañeira, para ser exactos)a un planeta chamado Seiren, onde coñece a Miharu, quen ao tocalo non lle produce urticaria. En Seiren os homes son menos da décima parte da poboación poloque ao saír á rúa unhamanchea de mulleres comezan a perseguilo. Miharu e máis el conseguen chegar á casa de Miharu, ao baño, e volven á Terra. Así, Yukinari atópase cunha linda moza chamada Miharu que agora vive con el.
A primeira temporada céntrase no que é a presentación dos personaxes , é dicir, presenta a Kirie, unha amiga da infancia de Yukinari, que o quere pero non se atreve a dicirllo porque lle da vergoña, aínda que tamén é certo que lle mete unhas palizas a Yukinari por situacións comprometidas(un tópico moi usado na serie) que o deixan medio morto; logo está Fukuyama Kazuharu e Fukuyama Risa(en xaponés o apelido vai diante do nome i é considerado descortés chamar a unha persoa polo seu nome se non é nun contexto moi informal). Ambos son herdeiros dunha grande fortuna e son ricos. Fukuyama é un pervertido que ten andorfobia(fobia aos homse), polo que cando toca a un home ten urticaia e Risa é unha bruxa que usa maxia negra, quen pens que Yukinari é o seu amor ideal porque o escoitou no horóscopo. Tamén están os gardaespaldas, Kosame e Hayate, os gardaespaldas persoais de Risa, Kosame está namorada de Kirie.  Logo atopamos a Lilica, unha personaxe bastante interesante , é unh maide(criada, asistenta de Kazuharu), que estivo na guerra e ten unhas habilidades de combate certamente incribles. Logo podemos citar a Maharu, a irmá de Miharu, que ten trinta anos e non ten mozo, pero sempre anda a buscar un e encárgalle a koyomi e Tomoka, dúas axentes do servicio de espacio-tempo(ou algoasí) que le atopen un na terra. Hai máis pero non considero necesario ponelos aquí xa que a súa relevancia é moi pouca, son flores dundía, como se soe dicir.
Pasemos a analizar outros aspectos: a animación é boa, máis sinceramente nalgúns momentos paréceme que floxea bastante, aínda que hai que ter en conta que nesta serie aínda non se empregaban técnicas para que animación fose HD, polo que non se debería ter moito en conta, xa que non é tan mala, cumpre de sobra.
Se nos pasamos ao aspecto sonoro, debo dicir que a banda sonora é boa, cos seus jingles ben traballados aos igual que openings e endings, aínda que particularmente gustábame máis na primeira temporada que na segunda.
O nivel da historia pois bueno, o certo é que é maioritariamente recheo pero teño que recoñecer que os últimos capíyulos están ben.
Esta foi a primeira serie de xénero ecchi que vin, no seu momento pareceume boísima, agora xa só me parece boa, pero é lóxico xa que é a segunda vez que a vexo e así fíxaste máis nos detalles.Con todo, parécem uha das mellores series do xénero ecchi que se fixeron( o anime é do 2004) aínda hoxe, que sinceramente te podes rir moito con ela xa que ten situación cómicas moi graciosas .
Recoméndoa especialmente, probablemente sexa a miña serie ecchi favorita compartida con chobits( aínda que esta pódese considerar dentro doutros xéneros)

NOTA: 6.0

CRiTiCa-ReVieW ANiMe: GIRLS BRAVO

sábado, 9 de xaneiro de 2010
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //