Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 13 de xuño de 2010


Rematei de ler os 37 caps deste manga así que concluín aceptábel facer unha crítica. Vale que non sexa unha obra mestra pero por o menos entretén, hai que salientar que está considerado de contido maduro porque contén escenas de sexo explícito en repetidas ocasións,a consecuencia disto hai veces que o argumento é forzado.
A historia deste manga vai dunha rapaza chamada Hiromi, que espera con ansias a chegada do seu primo Makoto, que espera que sexa  un rapaz moi guapo. Cal é a súa sorpresa cando se atopa cunha linda rapaza con grandes peitos. Hiromi está desconcertada porque cando eran pequenos Makoto enseñoulle o seu pene, polo que Makoto á fin cóntanlle que ten órganos masculinos e femininos plenamente operativos, que é hermafrodita.
Esta é máis ou menos a historia, aínda que ten un argumento un pouco máis intrínseco en plan sci-fi pero que non é o kit da historia. En consecuencia da súa condición, Makoto ten sexo con homes e con mulleres, e conta as súas experiencias dunha maneira moi explícita. Hai que recoñecer que o argumento vai encamiñado cara ese propósito xa que que boten un polvo na primeira cita moi normal non é, pero bueno.
Ese outro argumento é descubrir quen é Makoto realmente e porque é como é.
En resumo este manga ten escenas bastante hentai, de sexo explícito, pero é bastante interesante, por o menos para pasar  o tempo vale. A duración é máis ou menos xusta, non alongan de máis nin deixan cabos soltos, creo que non é unha mala elección.O xénero sería gender bender, ecchi-hentai(por momentos), comedia, romace.Algo shojo tamén.
P.D:O título en inglés da serie é "My two wings".Por que será?xD

NOTA: 5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //