Newest Post
Amosando publicacións coa etiqueta Nota entre 8 e 9 b>. Amosar todas as publicacións
#manga #anime #ogsn
Hoxe falaremos de Half&Half, manga de Seo Kouji(Suzuka, Kimi no Iru Machi) que foi serializado a partires dun one shot a un ritmo bastante irregular pero que conseguiu expandir a historia do one shot .Imos co argumento!
O manga conta a historia de como un rapaz e unha rapaza se teñen que poñer dacordo para decidir quen dos dous seguiría con vida logo dunha semana.Isto é así porque se ven envoltos nun accidente e morren ao mesmo tempo.Deste xeito, concédeselles unha oportunidade: deben decidir quen dos dous vivirá á fin dunha semana, de xeito contrario morrerán os dous.Ademáis, hai outra cousa: durante esa semana, os dous personaxes compartirán tódalas súas emocións e sensacións para acadar un nivel de conexión emocional adecuado que lles permita chegar a unha decisión, dado que non poden alonxarse un do outro(Vamos, que si, que teñen sexo XD).
O parágrafo anterior é un pouco a premisa básica do primeiro capítulo, que se desenvolve nos seguintes capítulos nos que a historia de amor progresa a medida que os personaxes se coñecen. Un podería pernsar que o final cantado é que maxicamente os dous consigan sobrevivir por algún fallo ou así pero o clímax da historia resólvese cun final bastante sorprendente que creo que rompe un pouco moldes deste tipo de historias(Aínda que coincide en certo modo co do one-shot)
O debuxo, non sei se é por o número reducido de capítulos, parece mellor do que é normalmente na outra obra que setá a publicar nestes momentos Seo Kouji(Fuuka) , os personaxes están ben caracterizados e as esceas ecchi teñen especial coidado(Parece ser que a demografía deste manga é máis seinen que shonen)
En conclusión, non é unha mala historia, pero realmente non merece a pensa ler a historia completa porque no one-shot xa se resolve basicamente todo, dende o principio ata á fin, polo que só recomendaría lela á aqueles que queiran unha reiterpretación do one-shot.

Nota: 8.5
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe(Por fin!) falaremos de Tokyo Ghoul, a primeira tempada do anime do manga homónimo. Dirá algún : "Ah, pero, xa rematou a segunda, vas moi atrasado..." Eu vou ao meu ritmo, a vida vai demasiado rápido para min XD. O caso é que este anime tivo bastante fama no seu momento polo que decidín ver os seus 12 episodios(Sen censura) para ver a ver se a fama era merecida. Imos co argumento!
A historia comeza cando o protagonista, Kaneki, é atacado por unha Ghoul nunha calexa escura, que dis ti, para que vas por ahí, se xa se ve ao lonxe que unha tía tan boa non vai querer ir contigo así por así na primeira cita,pero bueno....Pasa o que ten que pasar, que a tipa comeza a atacalo co seu tentáculo(Resulta que os Ghouls teñen un ou varios tentáculos que poden usar como consideren) ata que aparece outro personaxe que salva a Kaneki. Este é levado ao hospital rapidamente pero os médicos danno por morto debido á gravidade das súas feridas. Sen embargo, un doutor decide empregar os órganos da muller que atoparon xunto de Kaneki(A Ghoul) e transplantarllos a Kaneki, algo que provoca que Kaneki se convirta nun híbrido: medio Ghoul-medio humano. Así, sen poder dixerir a comida humana remata por asociarse cun grupo de Ghouls pacíficos que rexeitan unha cefetería para saciar as súas necesidades de carne humana.
Ese é máis ou menos o argumento, ao longo da tempada podemos observar certas evolucións no argumento pero sendo honestos nos doce capítulos tampouco avanza moitísimo a trama, de feito avanza a tompicóns durante os últimos 4-5 capítulos , onde morren varios personaxes e ves que realmente algo pasa.Da a sensación de que había que rematar a trama como fose...Isto provoca que o final pareza demasiado abrupto e repentino, en certo modo sabes que foi o que pasou pero non se da ningunha pista do que pasa con moitos personaxes . Aínda que exista unha segunda tempada, creo que poderían ter pechado mellor a primeira.
Kaneki: é o protagonista da historia. Ao comezo ten unha persoalidad bastante xenérica , coma o típico rapaz bo que non quere ferir nin a unha mosca pero co paso dos capítulos vaise dando conta de que así non vai a ningún sitio e decide loitar por si mesmo.
Debido a que a "alma" de Rie, a tipa á que pertencen os seus órganos Ghoul está dentro del, algunhas veces entra en trance e herda parte desa natureza sádica que caracterizaba a Rie aínda que Kaneki é capaz de controlarse a maioría das veces. Isto non quita que cando é levado ao límite, despois de sufrir torturas inimaxinábeis remate por saír a relucir a súa propia parte psicótica e matar a un montón de xente(Os Ghoul teñen unha capacidade de rexeneración de tecido moi boa, polo que como tortura o que se soe facer é romperlle/arrancarlle partes do corpo , esperar a que se rexeneren e repetir).
Kotaro Amon: é o investigador número 1 da unidade anti-ghouls de Tokyo, os malos, para que nos entendamos. Así, dedícase a cargarse Ghouls, xunto co seu compañeiro máis experimentado Kureo Mado, aínda que soe ter remordementos e despois de coñecer a Kaneki, quen mostra un comportamento errático e intenta claramente non sucumbir aos seus institintos comeza a preguntarse se realmente o que están a fecer é o correcto ao cargarse Ghouls sen miramentos.
Ao igual que o resto de membros da unidade especial, pode usar como arma os poderes dos Ghouls(Os tentáculos que dixen antes), polo que ten a súa propia arma en forma de lanza, aínda que despois usa outras e demostra ser perfectamente hábil con tódalas armas que manexa.
En canto ao deseño de personaxes, non hai fallos importantes e tódolos personaxes teñen o mesmo nivel de debuxo, non é un anime especialmente orientado ao fan service, polo que non se pasa dos personaxes masculinos en detrimento de ter unhas tetas a 1080p nas personaxes femininas .
O opening é razoábelmente bo, pegadizo e que se che queda facilmente na cabeza pero para min ten un fallo crítico na forma dun Spoiler : móstrase a Kaneki nunh forma na que non aparece ata o últimom capítulo do anime, o que fai que te preguntes " a que ven Kaneki co pelo branco?" ata o último capítulo. O ending, como soe ser costume, non me gustou demasiado.
Este anime é bastante bo, pero creo que podería ter sido moito mellor, hai moito potencial desaproveitado. Gustaralle a todos aqueles que busquen acción e monstros, cun trama aceptábelmente boa.
Boas! Hoxe(Por fin!) falaremos de Tokyo Ghoul, a primeira tempada do anime do manga homónimo. Dirá algún : "Ah, pero, xa rematou a segunda, vas moi atrasado..." Eu vou ao meu ritmo, a vida vai demasiado rápido para min XD. O caso é que este anime tivo bastante fama no seu momento polo que decidín ver os seus 12 episodios(Sen censura) para ver a ver se a fama era merecida. Imos co argumento!
ARGUMENTO
Tokyo Ghoul, como o seu nome indica vai duns monstros chamados Ghouls(Gul ) que están vagamente inspirados no demo do mesmo nome da cultura árabe, do cal podemos saber máis cousas en Wikipedia. O caso é que estas criaturas teñen aspecto humano pero só poden morrer se non se alimentan(De carne humana) ou se son asasinados, en principio non morren de morte natural co paso dos anos, o cal fai que haxa Ghouls moi , moi vellos.A historia comeza cando o protagonista, Kaneki, é atacado por unha Ghoul nunha calexa escura, que dis ti, para que vas por ahí, se xa se ve ao lonxe que unha tía tan boa non vai querer ir contigo así por así na primeira cita,pero bueno....Pasa o que ten que pasar, que a tipa comeza a atacalo co seu tentáculo(Resulta que os Ghouls teñen un ou varios tentáculos que poden usar como consideren) ata que aparece outro personaxe que salva a Kaneki. Este é levado ao hospital rapidamente pero os médicos danno por morto debido á gravidade das súas feridas. Sen embargo, un doutor decide empregar os órganos da muller que atoparon xunto de Kaneki(A Ghoul) e transplantarllos a Kaneki, algo que provoca que Kaneki se convirta nun híbrido: medio Ghoul-medio humano. Así, sen poder dixerir a comida humana remata por asociarse cun grupo de Ghouls pacíficos que rexeitan unha cefetería para saciar as súas necesidades de carne humana.
Ese é máis ou menos o argumento, ao longo da tempada podemos observar certas evolucións no argumento pero sendo honestos nos doce capítulos tampouco avanza moitísimo a trama, de feito avanza a tompicóns durante os últimos 4-5 capítulos , onde morren varios personaxes e ves que realmente algo pasa.Da a sensación de que había que rematar a trama como fose...Isto provoca que o final pareza demasiado abrupto e repentino, en certo modo sabes que foi o que pasou pero non se da ningunha pista do que pasa con moitos personaxes . Aínda que exista unha segunda tempada, creo que poderían ter pechado mellor a primeira.
PERSONAXES
Comentarei aquí os dous personaxes que me pareceron máis interesantes, hai moitos máis XD.Kaneki: é o protagonista da historia. Ao comezo ten unha persoalidad bastante xenérica , coma o típico rapaz bo que non quere ferir nin a unha mosca pero co paso dos capítulos vaise dando conta de que así non vai a ningún sitio e decide loitar por si mesmo.
Debido a que a "alma" de Rie, a tipa á que pertencen os seus órganos Ghoul está dentro del, algunhas veces entra en trance e herda parte desa natureza sádica que caracterizaba a Rie aínda que Kaneki é capaz de controlarse a maioría das veces. Isto non quita que cando é levado ao límite, despois de sufrir torturas inimaxinábeis remate por saír a relucir a súa propia parte psicótica e matar a un montón de xente(Os Ghoul teñen unha capacidade de rexeneración de tecido moi boa, polo que como tortura o que se soe facer é romperlle/arrancarlle partes do corpo , esperar a que se rexeneren e repetir).
Ao igual que o resto de membros da unidade especial, pode usar como arma os poderes dos Ghouls(Os tentáculos que dixen antes), polo que ten a súa propia arma en forma de lanza, aínda que despois usa outras e demostra ser perfectamente hábil con tódalas armas que manexa.
ANIMACIÓN E BSO
Así para comezar, ver isto sen censura non merece demasiado a pena, isto é, perde gran parte de graza. Hai unha cantidade de sangue notábel , especialmente en dúas ou tres esceas importantes, o que axuda a darlle un certo "realismo" ao anime(Que si, que xa sei que son monstro inventados e que o de que a xente bote sangue coma se fose un puzo de petróleo igual é algo esaxerado, pero aínda así). As pelexas están ben coregrafiadas e ao contrario do que podería parecer o de ter tentáculos estilo Dr Octopus non fai que as pelexas sexan demasiado liosas con moitos elementos en pantalla.En canto ao deseño de personaxes, non hai fallos importantes e tódolos personaxes teñen o mesmo nivel de debuxo, non é un anime especialmente orientado ao fan service, polo que non se pasa dos personaxes masculinos en detrimento de ter unhas tetas a 1080p nas personaxes femininas .
O opening é razoábelmente bo, pegadizo e que se che queda facilmente na cabeza pero para min ten un fallo crítico na forma dun Spoiler : móstrase a Kaneki nunh forma na que non aparece ata o últimom capítulo do anime, o que fai que te preguntes " a que ven Kaneki co pelo branco?" ata o último capítulo. O ending, como soe ser costume, non me gustou demasiado.
CONCLUSIÓN
A miña opinión deste anime mellorou notábelmente vistos os tres últimos capítulos do mesmo, senón a miña opinión sería bastante diferente. Non foron suficientes para subsanar os erros pasados pero sí que foron notábeis. Así, os dous primeiros capítulos e os tres últimos son sen dúbida os mellores; se restamos da nota os capítulos do medio quédanos unha nota de entorno a notábel alto.Este anime é bastante bo, pero creo que podería ter sido moito mellor, hai moito potencial desaproveitado. Gustaralle a todos aqueles que busquen acción e monstros, cun trama aceptábelmente boa.
Nota: 8.2
#manga #anime #ogsn #avengers
Boas! Fai tempo que non escribo , eh? Seguro que non me botábades de menos XD, pero o caso é que a ver se dou retomado o ritmo de publicación. Hoxe falareu da segunda entrega dos Vengadores, estreada hoxe nos cines en España. O argumento real podédelo ver en wikipedia ou así, así que eu vou contarvos o argumento e ao mesmo tempo dar as miñas expresións.
A peli sáltase a introdución e pása directamente á acción, onde observamos como os Vengadores atacan unha base de Hydra (Sae alguén que tamén sae na serie Marvel Agents of SHIELD) . A batalla está ben feita e os efectos especiais son correctos, con destellos cómicos por parte de Iron Man, como é o habitual. Vemos aos xemelgos Maximoff por primeira vez en acción e os seus poderes están ben feitos: a supervelocidade de Quicksilver está mellor feita que o mellor que se leva visto ata agora na inevitábel comparación coa serie de The flash de CW e as habilidades de Wanda a Bruxa Escarlata son bastante vistosas.
Posteriormente, hai unha festa na casa de Iron Man onde observamos esceas que fan indicar que Natasha Romanov e o Doutor Banner está namorados(Que digo eu, o tema non era que Natasha estaba namorada do Capitán América pero nada?Logo se lle pasou ...XD) que desembocan nunha competición para ver quen é capaz de levantar o martelo de Thor(Ninguén XD) . A competición é interrompida pola intelixencia artificial que da vida a un proxecto de Stark chamada Ultrón. Este personaxe parece ser bastante indestructíbel polo de que é algo de metal que pode desprazarse por tódalas redes de ordeadores do mundo, o que fai que cada vez que se destrúe o "corpo" de Ultrón poida fabricarse outro.
A seguinte parte do filme discorre en África, onde ¿previsíbelmente? Ultron decide ir e coller un montón de Vibranium(Material do escudo do Capi) para facerse máis forte . Alí observamos unha das esceas máis interesantes da peli: o pasado de Natasha. Así, a Bruxa Escarlata fai que case todos experimenten visións pero no caso de Natasha é moito máis interesante, porque vemos parte do seu pasado e de como se convertiu nunha asasina fai moitos anos.
Posteriormente chegamos ao momento no que os Vengadores se relaxan, neste caso na casa de Ollo de falcón, quen resulta ter muller, dous fillos e a Nick Fury escondido no garaxe XD. O caso é que non é que pase nada relevante neste cacho(Thor, véndose o percal , colle e lárgase XD) e ata que os xemelos Maximoff se volven bos(Que sorpresa, quen non vía vir?) e os Vengadores teñen que ir batallar a Ultron por última vez apenas pasan cousas interesantes. Digo apenas porque aparece un personaxe novo, Visión, un humanoide que ten no seu poder a xema da mente que é interpretado de forma notábel.
No arco final, matan a Ultrón , Pietro(previsíbelmente)morre e todo acaba felizmente. No epílogo cada un vaise para a súa casa, menos Natasha e o capi que montan un novo equipo de Vengadores con Máquina de guerra(O tipo que é como Iron Man pero moito menos guai), Falcon(Aparecía na peli do Capitán América, soldado de Inverno) , Wanda a Bruxa Escarlata e Visión.
O adeus entre Banner e Natasha pareceume bastante frío, non creo que sexa o último que escoitemos de Hulk(Está confirmado que veremos a Iron Man en Capitán América 3, así que tamén está iso XD).
Na escea que aparece no medio dos créditos vemos a Thanos coller o Guantelete do infinito.
Impresións finais:
-Ollo de falcón é o superheroe máis inútil dos Vengadores de lonxe e os intentos de reconvertilo a un personaxe de corte cómico non dan un resultado demasiado bo, a pesar dos encarecidos esforzos do actor que o interpreta, o cal fai un traballo razoábel.
-Iron man é o mellor personaxe da peli de lonxe, seguido de cerca por Bruce Banner/Hulk e Natasha/Viúva Negra .
-Os efectos especiais son moi bos, realmente hai unha mellora notábel do visto no primeiro filme nalgúns aspectos.
-A nivel argumental esta peli é bastante decente no senso de que aínda que esté bastante claro como vai rematar(Neste tipo de películas é inevitábel) pero os xiros prantexados e a química entre personaxes fan que o resultado sexa notábel.
-Para entender todo o que aparece na peli, é necesario estar ao día en canto a ter visto tódalas pelis de Marvel e capítulos de MARVEL Agents of SHIELD.
-Pietro molaba moito máis nos cómics que eu lin(Incluso voaba en certo punto!), non teño moi claro a que veu o tema de metelo nunha peli onde está destinado a palmar debido ao conflicto coa saga X MEN onde , por certo, o personaxe mola moito máis.PD: Nos cómics que eu lin, nos vengadores estaba AntMan, Wasp, Pietro,Capitán América...
-Unhas cantas esceas da peli destínanse a mostrar o "Guantelete do infinito" e o tema da xemas do infinito, o cal provoca que che queden gañas de ver a continuación e que pareza que esta peli foi só un "pretexto" para modificar a aliñación de Vengadores e presentar a terceira parte da saga.
-Os poderes da Bruxa Escarlata molan bastante i é complicado recoñecer a unha das xemelgas Olsen a menos que te fixes.
-Visión mola bastante, incluso sen dar unha explicación clara dos seus poderes na peli.
-Ultrón funciona de xeito bastante decente como vilán, pero ninguén é capaz de facerlle sombra ao insuperábel Loki en ningunha das pelis do universo cinemático de Marvel.
-Dirixentes de Hydra , pero en serio pensades que podedes parar aos Vengadores? Por favor, incluso cos xemelgos(Que dan unha pelexa razoábel, sen parecer demasiado forzado) non tiñan oportunidade.
-DC ten a Batman e menos mal, porque senón non hai cor entre o interese que me suscita o universo de Marvel e o de DC.
-Explótase con máis frecuencia a vena cómica dos superheroes nesta parte que na primeira, aínda que non ao nivel de Guardiáns da Galaxia. Así, Iron Man arrasa en canto a cuotas cómicas pero Thor ten os seus momentos.

CRiTiCa PeLi: Os vengadores, a era de Ultrón (Avengers Age of Ultron) #ageofultron
xoves, 30 de abril de 2015
Posted by OGSN
Tag :// a era de Ultron,
Tag :// Avengers: Age of Ultron,
Tag :// Nota entre 8 e 9,
Tag :// Os vengadores,
Tag :// peli
#manga #anime #ogsn
Este manga está ben, así para comezar . Esquecédevos do argumento estúpido baseado en señoritas lixeiras de roupa, isto é serio. Así, a segunda tempada deste manga continúa a historia onde quedou na primeira aínda que se cadra dase un pase máis e téntase prantexar unha trama máis adulta, achegándonos ao seinen durante motos capítulos, tanto a nivel argumental como a nivel de sangue.
Imos co argumento(Fonte orixinal Baka Updates)
A historia continua onde acabou a primeira tempada só que algúns meses no futuro. A academia de monstros foi reparada e xa comezou o novo semestre. Tsukune e as rapazas están de volta, máis poderosos que nunca. A verdadeira identidade de Anti-tese revélase. Con novos adversarios no horizonte, a historia avanza a un novo nivel!
Algo negativo a nivel argumental é que o comezo á bastante lento, aínda que despois duns 30 caps vólvese moi interesante e os 36 capítulos seguintes(ata o final) son moi interesantes(final non incluido).
Tsukune vólvese un personaxe poderoso dado que por fin consegue controlar o sangue de vampiro que Moka lle ·"cedera" na primeira tempada e convírtese nunha especie de híbrido.
Tamén se descobre quen está detrás da organización de Fairy tale(Ou tail, non recordo ben XD ) e o paradeiro dos familiares de Moka.
A nivel de arte non hai moitas pegas que poñerlle, dado que a pesar de que sí é certo que se fai un certo fincapé no fanservice tamén se debuxan de xeito plenamente satisfactorio as diversas esceas de batalla, con paneis verdadeiramente impresionantes, especialmente no último arco argumental. Véxase
O final é sen dúbida un punto negativo, porque o arco final estírase demasiado e entre xente que morre e resucita varias veces e tal chega un punto en que perde seriedade e dalgún xeito toma un aire "telenovelesco" que non me convenceu nada.
Como conclusión, dicir que esperaba moito máis tendo en conta o exposto na primeira parte. Se se conseguise manter o gran nivel demostrado a mediados do manga durante toda a obra puntuaríao un 9.5 facilmente, pero con ese final e tendo en conta a lentitude do ritmo inicial, queda cun notábel alto.

Nota: 8.0
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos dun manga chamado Dolls Code que comezou a publicarse en 2012 e finalizou este ano. Así, estamos a falar dunha historia de corte shonen, con toques de intriga e misterio . Imos co argumento!
Dolls Code conta a historia dun grupo de adolescentes que se atopan nun lugar extraño no comezo do manga. Notan que a cada un deles lles falta unha cousa: a un fáltalle a cabeza, a outro o corazón (substituído por unha cousa mecánica) e demáis partes do corpo. Incluso un deles, a pesar de que non lle falta nada físico , di que lle faltan tódolos seus recordos.
De socato, unha voz infórmaos de que se atopan nun istituto de secundaria e que o seu obxectivo é graduarse. Así, todos eles realizaron algún crime macabro, polo que a voz promételles que se se gradúan limpará o seu historial criminal e poderán seguir coas súas vidas . Ademáis, para que resulte máis entretido, dilles que entre eles atópase unha "marioneta", un rapaz que non é humano, senón unha mestura das diferentes partes que lles faltan a cada un.
Conseguiran os rapaces graduarse? Averiguarán quen é a marioneta antes de que sexa demasiado tarde? Estas e outras preguntas respóndese no manga.
O manga é bastante curto e iso favorece bastante que non exista recheo e tódolos capítulos conten algo relevante da historia, ben sexa flashbacks sobre os crimes do personaxes ou capítulos onde averiguan cousas sobre as persoas que reteñen aos protagonistas no istituto.
Os capítulos , basicamente, consisten en diferentes tipos de "exames" nos que os alumnos teñen que levar a cabo diferentes tarefas, sempre co aliciente de que un deles non poderá levar a cabo a tarefa(Exemplo, son 5 e teñen que buscar 4 chaves), o que implica que se non se reúne un número mínimo de puntos non é posíbel graduarse .
O debuxo está bastante ben, non é realista , senón que intenta mostrar unha estética lixeiramente fantasiosa en lugar de debuxar a personaxes co buratos no peito enormes por non ter corazón .
En conclusión, un manga bastante interesante, curto e conciso. Recomendábel.

Tag :// Dolls Code,
Tag :// intriga,
Tag :// Manga,
Tag :// misterio,
Tag :// Nota entre 8 e 9,
Tag :// shonen
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe quería falar desa serie de OVAs que tenta ser unha adaptación máis realista que a serie de anime orixinal(Que segue e seguirá infinitamente). Así, ten certo parecido ao manga de Pokémon adventures (Do que xa falei neste blog) pero debido á limitación de capítulos só se conta unha mínima parte da historia. Imos co argumento(Vai ter spoilers dos xogos de Pokémon Vermello/Verde, pero aos anos que fai que sairon eses xogos creo que a estas alturas todo o mundo sabe de que van XDD)!
O bonito e extraño da historia é que respeita as reglas establecidas nos videoxogos pero permítese certas licencias dramáticas, como que Red se cargue a un Onix cun Charmander like a boss XD. Non obstante, é altamente fiel ao videoxogo orixinal: hai 149 pokémon máis Mew e Mewtwo , os Pokémon teñen motes(O charizard de Red é apodado Lizard, ou lagarto en inglés), Red usa movementos lóxicos e sabe combatir, Red loita contra Green na final da liga Pokémon, etc.
Son 4 capítulos e non collía todo, pero o que pasou o corte está ben feito.
Hai algún detalle que non está nos xogos orixinais, coma o feito de usar as Megapedras esas de Pokémon X e Y, pero realmente é moi fiel e os xogadores e xogadoras dos orixinais sentirán unha gran nostalxia .
En canto á BSO hai temas míticos dos xogos remasterizados para que sexan aínda máis épicos. Un dos meus favoritos é este, a música de cando Red se enfronta a Green:
A continuación outros exemplos:
Como colofón, ahí vai o trailer!
Nota: 8.0
Boas! Hoxe quería falar desa serie de OVAs que tenta ser unha adaptación máis realista que a serie de anime orixinal(Que segue e seguirá infinitamente). Así, ten certo parecido ao manga de Pokémon adventures (Do que xa falei neste blog) pero debido á limitación de capítulos só se conta unha mínima parte da historia. Imos co argumento(Vai ter spoilers dos xogos de Pokémon Vermello/Verde, pero aos anos que fai que sairon eses xogos creo que a estas alturas todo o mundo sabe de que van XDD)!
ARGUMENTO E PERSONAXES
Neste anime cóntasenos a historia que ocorre nos xogos de Pokémon Red/Green(E dos remakes, vamos XD). Así, en lugar do inútil de Ash temos a Red, un rapaz que ao comezo da historia recibe un Pikachu do profesor Oak e convírtese nun entreador Pokémon. Podemos ver como loita con varios dos entrenadores dos ximnasios, coma Brock ou Giavonni, así coma outros sucesos míticos do anime coma o asasinato de Cubone.O bonito e extraño da historia é que respeita as reglas establecidas nos videoxogos pero permítese certas licencias dramáticas, como que Red se cargue a un Onix cun Charmander like a boss XD. Non obstante, é altamente fiel ao videoxogo orixinal: hai 149 pokémon máis Mew e Mewtwo , os Pokémon teñen motes(O charizard de Red é apodado Lizard, ou lagarto en inglés), Red usa movementos lóxicos e sabe combatir, Red loita contra Green na final da liga Pokémon, etc.
Son 4 capítulos e non collía todo, pero o que pasou o corte está ben feito.
Hai algún detalle que non está nos xogos orixinais, coma o feito de usar as Megapedras esas de Pokémon X e Y, pero realmente é moi fiel e os xogadores e xogadoras dos orixinais sentirán unha gran nostalxia .
ANIMACIÓN E BSO
Son catro episodios así que a calidade de imaxe é tremenda, as batallas son ultraépicas e non se escatimas recursos para que todo sexa o máis espectacular posíbel. Esquécete do nivel de animación da serie normal porque isto é un nivel completamente diferente.En canto á BSO hai temas míticos dos xogos remasterizados para que sexan aínda máis épicos. Un dos meus favoritos é este, a música de cando Red se enfronta a Green:
A continuación outros exemplos:
CONCLUSIÓN
Este anime faise tremendamente curto porque en catro episodios non da tempo a facer nada, dado que Pokémon é un xogo épicamente longo e contar todo daría para varias tempadas dun anime de 24 caps. Aínda así, este experimento deu un resultado altamente satisfactorio.Como colofón, ahí vai o trailer!
Nota: 8.0
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos da película número 6 de One Piece, que lera que estaba bastante ben e a verdade é que non me defraudou. Non é Strong World ou Z pero ten certos elementos que fan que sexa un produto moi disfrutábel. Imos co argumento!
A peli conta a historia de como os Mugiwaras chegan a unha nova illa na que os reciben moi amábelmente e lles ofrecen pasar unha semana completamente gratis nun complexo de luxo que ten tódalas comodidades que un poida imaxinar: balneario, banquetes, masaxes....Sen embargo deben pasar unha serie de probas cada día para demostrar que son dignos. Luffy acepta e así rematan por competir nas probas, nas que se produce unha fragmentación do grupo dado que as probas están pensadas para que os diferentes membros se distancien entre sí máis que para gañar ou perder.
SPOILER AHEAD
Todo resulta ser froito dunha flor máxica que o xefe dos da illa ten: dita flor permítelle manter con vida como zombies aos membros da dúa tribulación , dos que só resto el, dado que despois dun naufraxio 50 anos antes do comezo da historia morreran todos. Así, enganan a tódolos piratas que veñen para alimentar á flor cos seus corpos e así prolongar o feitizo un pouco máis.
A animación , xunto coa música , serve para dar unha sensación de depresión e transformar a este shonen nun anime de misterio , ao deixar de lado os combates durante a maior parte da película e centrarse en descubrir misterios, algo bastante novidoso.
Fai xa un tempo que saiu esta peli e a animación parécese máis ben pouco ao anime XD, pero creo que está feito apropósito así para conseguir o que dixen no párrafo anterior.
Aquí o trailer:
En resumo, gustoume bastante, notábel alto.

Recomendación: 6ª Película de One Piece, O Baron Omatsuri e a illa secreta
venres, 20 de xuño de 2014
Posted by OGSN
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos da película de "The wind rises" the Miyazaki, que foi estreada recentemente nos cines españois e que fun ver onte. É probábelmente a pelicula máis madura que leva feito este director ao tratar temas coma os que se tratan da forma que se fan: non é unha película para nenos, estes poden atopala aburrida e trememendamente indiferente. Sen embargo, como película destinada a adultos ten grandes virtudes e unha historia con personaxes cos que empatizar facilmente ao ser bastante estereotipados .
Imos co argumento!
A película é un biopic ou película biográfica da vida dun enxeñeiro aeronáutico xaponés que naceu a comezos do século XX: Jiro . Así, asistimos a unha viaxe dende a súa nenez ata a súa madurez ,tanto no plano real, cos acontecementos que acaecían no mundo naquela época(A gran depresión, terremotos, a segunda guerra mundial) coma no plano onírico con Jiro interactúa cun enxeñeiro italiano.
Non vou falar máis do argumento porque non quero meter spoilers, pero quedádevos con a peli é unha biografía estilo slice of life dos acontecementos que pasaron na vida do enxeñeiro e que culminaron coa creación do caza máis poderoso de Xapón naquel momento: o Zero.
A nivel argumental a película está ben construída: hai unha evolución dos personaxes ao longo do tempo, o seu caracter cambia e podemos observar como diversos acontecementos moldean a súa persoalidade. Sen embargo, a película peca de ser demasiado "simple" en algúns momentos, ao ofrecer momentos dramáticos altamente previsíbeis que non enriquecen a trama.
Para disfrutar na súa totalidade esta película é interesante ter coñecementos básicos de historia, tanto xaponesa como mundial, dado que isto permite entender moitos máis matices. A forma do avión Zero , os terremotos en Xapón, o período Taisho e o Showa, a gran depresión, o nivel de diferenza tecnolóxica entre Europa e Xapón (Por moi raro que pareza hoxe en día) ou simplemente o difícil que eran aqueles tempos para a xente en xeral.
A nivel de OST(BSO) a película é xenial, unha marabilla en tódolos sensos. Combínanse a melodía principal con diferentes melodías secundarias , todas con certa reminiscencia á música italiana. Dalgún xeito recordoume á OST típica dunha peli italiana.Aquí o tema principal:
A nivel de animación tampouco hai ningunha pega que poñer: todo se ve moi fluido, sen baixóns de frames salientábeis . A película intenta ser un cadro en movemento e conségueo moi ben: hai grandes paisaxes coloridas, sobre todo cando se mostra paisaxe que se ve dende un ferrocarril en movemento. Ademáis, tamén se pode observar como eran as cidades naquela época, con tódalas construcións que conformaban o entramado urbano.
E iso foi todo. Notábel alto.

Tag :// Anime,
Tag :// Nota entre 8 e 9,
Tag :// pelis,
Tag :// Se levanta el viento,
Tag :// The wind rises
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos dun manga chamado Code Breaker, do que hai un anime de 13 episodios(que vin pero que non tiña a calidade do manga nin remotamente XD) , do mesmo mangaka de Samurai Deeper Kyo. É un manga que rematou dun xeito un tanto abrupto(Non teño moi claro se foi cancelado ou non) pero aínda así o final é aceptábel, se cadra predecíbel pero á fin e ao cabo decente. Imos co argumento!
Code Breaker conta unha historia sobre a existencia dunha organización chamada Eden que vela pola seguridade de Xapón dende as sombras. Así, unha frase que di un dos personaxes resume bastante ben a súa filosofía: "A eye for an eye, a tooth for a tooth and evil for evil" .Tal como se observa na frase, os Code Breaker, integrantes de Eden, son xente con habilidades especiais(a.k.a. superpoderes) , invisíbeis á poboación normal pero que cumpren as misións que lles encomendan sen facer preguntas: atacan o mal con máis mal.
No primeiro capítulo da historia prodúcese un encontro que cambiará a vida dos Code:Breakers para sempre: coñecen a Sakura Kouji, unha rapaza de istituto normal que por algún motivo que descoñecen ao principio parece atraer todo tipo de problemas.
A historia avanza nunha direción en todo momento: Eden é unha boa organización? Fan o correcto? Son aceptábeis os métodos que usan?Así aparecen máis grupos de personaxes, xente con diferentes habilidades e en conclusión conséguese unha historia de superpoderes bastante razoábel.
En canto ao nivel artístico ten un nivel similar ao de Samurai Deeper Kyo, se cadra algo mellor ao contar o mangaka con máis experiencia.O deseño de personaxes é calcado pero iso non é algo malo dado que son deseños característicos e non se comente o erro de facer que tódolos personaxes sexan exactamente iguais.
Como conclusión, é un manga bastante redondo a nivel de historia, do mellor que se pode atopar de temática de superpoderes. A historia é shonen pero pode entreverse a intención do mangaka de avanzar a seinen durante algúns momentos aínda que a historia floxea duramente durante algúns momentos do arco final no que en moitos capítulos non pasa nada relevante. Aínda así notábel.

Nota:8.5
#manga #anime #ogsn
Boas!Hoxe falaremos dun manga chamado Kimi no knife, que se sabedes algo de xaponés podedes deducir que siñifica "Your knife". O título non aporta dato algún sobre o argumento(igual hai algunha metáfora que eu non pillei XD) pero o certo é que o manga está ben. É unha obra seinen ben construída nun principio sobre diversos dilemas morais que se dilúe a medida que pasan os capítulos e que remata de xeito prematuro e brusco. Así, de que vai?
Kimi no knife vai sobre todo de como son as persoas. En concreto, de responder a unha pregunta que se prantexou durante a historia da humanidade en numerosas ocasións: o ser humano é malo por natureza? Ademáis de o fin xustifica os medios?
Para responder a esas preguntas a historia do manga versa sobre o seguinte:
Un profesor de istituto chamado Shiki vive unha vida bastante feliz ao ser unha persoa nova asalariada. Sen embargo, hai algo que o carcome por dentro, que fai que non poida estar totalmente ben: o estado de saúde da súa irmá. Esta ten unha enfermidade moi rara que require de coidos continuos por parte de servizos médicos de custo moi alto, custo que Shiki non se pode permitir. Así que cando se lle presenta unha oportunidade para gañar cartos que poida usar para pagar o coidado da súa irmá decide cando menos considerar a proposta. Dita proposta resulta ser un asasinato .Deste xeito, certa organización contacta con Shiki e proponlle un trato: un millón de yens(Igual era outra cantidade, non o recordo ben) por matar a unha persoa que é da peor calaña posíbel(Véxase violadores, ladróns a gran escala que estafan a centos de familias....). Shiki ten dúbidas sobre se aceptar a proposta ou non pero logo de ver que incluso un policía participa nos asasinatos decide aceptar o trato e convertirse nun asasino a soldo.
O manga da unha resposta bastante complexa (que non vou desvelar para non caír en spoilers) ás dúas preguntas prantexadas antes . A miña opinión persoal no tema é que o ser humano non é nin bo nin malo por natureza, considero que a maior parte da súa persoalidade ben dada polas circunstancias que o rodean durante a súa vida.
Se falamos de cousas que o manga fai ben hai que destacar o suspense: hai un traballo impecábel, adornado cun debuxo exquisito que fai que non poidas predecir a maioría das cousas que pasan(Aínda que o final é predecíbel) .Conséguese o que se pretende: unha obra adulta, violenta , seria e que te faga reflexionar.
Sen embargo, non todo ían ser virtudes e o manga ten varios puntos negativos. Eu destacaría principalmente dous: en certo punto da historia hai certa personaxe feminina que ten unhas habilidades especiais que poderían dotar ao manga dun trasfondo enorme pero que son absolutamente ignoradas . Por outra banda, está o feito de que o manga perde moita calidade argumental no seu último treito:os sucesos sucédense a tropel sen ton nin son e aínda que a conclusión é aceptábel podería ter sido moito mellor .
Como conclusión, un manga que comezou como obra mestra pero que rematou como notábel alto. Aínda así, unha lectura recomendada.

Seid ihr das Essen?
Nein, wir sind der Jäger
Boas!Hoxe falaremos do anime que foi probábelmente o que máis pasións suscitou o ano pasado , Shingeki no Kyojin, baseado nun manga do mesmo nome. Analizarei só o anime dado que o manga non o lin . Curioso o feito de que o mangaka concedese unha entrevista recentemente na que admitiu que tiña pensado un final traumático pero dado o éxito do manga e pra non decepcionar aos lectores/lectoras cambiou a estrutura e que agora era medio improvisado. Just saying XD.Imos co argumento!
ARGUMENTO
Situámonos nu lugar con características medievais no que a maioría da poboación humana foi aniquilada por xigantes. Así, ao comezo da historia , os poucos humanos humanos que quedan (Este punto é dubidábel a partir de certo punto da historia, pero non digo máis pra non dar spoilers XD ) refúxianse dentro dunha cidade amurallada con tres murallas concéntricas. A máis interior é a máis alta e curta , mentres que a máis exterior é a máis longa pero baixa das tres. Ditas murallas serviron pra que durante máis de cen anos non houbese ningunha incursión de titáns dentro da cidade polo que os humanos reláxanse e pensan que nada vai pasar. Isto resulta ser unha actitude moi errada dado que no primeiro episodio un xigantesxo titán (Que será coñecido posteriormente como Titán Colosal) consegue entrar na cidade . Con el entra un exército de xigantes e prodúcese unha masacre na que a proboación humana queda mermada aínda máis e os poucos que escapan refúxianse na parte interior da cidade, ao amparo das murallas restantes.E ata aquí o argumento. Así de partida é algo que soa moi ben, rollo medieval con xigantes e xente con espadas matándoos. Gore, violencia, intriga e acción son elementos que abundan grazas a este argumento. Sen embargo, o ritmo é moito máis pausado do que un podería pensar en determinados momentos, dado que no anime apenas podemos distinguir tres/catro arcos argumentais en 24/25 episodios(Hai unha OVA): o avance é exasperantemente lento por momentos .
PERSONAXES
Botarémosllo un ollo a personaxe principal e a un personaxe secundario chamado Levi:-Eren: rapaz que perde á súa nai no primeiro capítulo do anime co ataque dos titáns. Debido a este feito decide facerse membro dun corpo de élite que se dedica a matar titáns na medida do posíbel e a estudar as súas debilidades. Ao comezo , a pesar de tental o con tódalas súas forzas resulta ser bastante negado no uso dos aparellos pra loitar contra os titáns pero despois colle práctica e consegue un manexo bastante razoábel.
É o protagonista principal da historia e unha peza clave na loita contra os titáns SPOILER A PARTIR DAQUÍ dado que é un dos poucos humanos coñecidos que ten a habilidade de transformarse en titán ao provocarse dor, o cal deixa entrever que os titáns son froito de certo experimento e o pai de Eren tivo algo que ver e Eren podería ser a única esperanzaz da humanidade FIN DO SPOILER.
-Levi: este personaxe é o xefe da brigada anti-titáns e probábelmente o personaxe máis "cool" de toda a serie.É o único capaz de cargarse a varios titáns a un tempo sen ningún rasguño grazas á súa combinación de velocidade, axilidade e precisión, algo que fai que os seus subordinados o respeiten, a pesar de que el os considere como ferramentas,non como compañeiros.
É unha persoa moi seria, pechada, queda e metódica que mantén unha disciplina de ferro pra darse a respeitar. Non obstante, en certos momentos vese que os seus costumes poden ser modificábeis no caso de esbozar plans na súa cabeza contra os titáns, aínda que ao resto do mundo lle parezán unha loucura.
Algo curioso con este anime é que en enquisas de popularidade Levi desbancou aos protagonistas como personaxe máis popular.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é boa, creo que fai un bo traballo ao capturar a esencia e ambiente do manga: todo é moi escuro e tétrico. Iso non quere dicir que, se temos en conta que pode chegar a haber moitas cousas en pantalla, con centos de soldados e titáns, pódense observar baixóns na calidade.Respeito do deseño de personaxes é bastante fiel ao manga na maioría dos casos, aínda que hai algunha excepción.
A BSO mola, o primeiro opening é o mellor de 2013, na miña opinión, e o segundo non mola tanto pero soa ben. Ademáis, as melodías que soan durante o anime contribúen a crear tensión. Aquí un exemplo:
CONCLUSIÓN
Había un hype enorme con este anime. Todo o mundo vía o anime e dicían que era boísimo, o mellor en non sei canto tempo...Creo que dicir tanto é pasarse, porque a pesar de que é bo, a nivel argumental é moi mellorábel(A pesar de que a premisa básica sexa moi interesante).Notábel.
Nota: 8.0
CRiTiCa ANiMe: Shingeki no Kyojin ( Attack on the titan )
domingo, 19 de xaneiro de 2014
Posted by OGSN
Tag :// accion,
Tag :// Attack on the titan,
Tag :// drama,
Tag :// Nota entre 8 e 9,
Tag :// seinen,
Tag :// Shingeki no Kyojin