Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :xoves, 30 de abril de 2015
#manga #anime #ogsn #avengers
Boas! Fai tempo que non escribo , eh? Seguro que non me botábades de menos XD, pero o caso é que a ver se dou retomado o ritmo de publicación. Hoxe falareu da segunda entrega dos Vengadores, estreada hoxe nos cines en España. O argumento real podédelo ver en wikipedia ou así, así que eu vou contarvos o argumento e ao mesmo tempo dar as miñas expresións.
A peli sáltase a introdución e pása directamente á acción, onde observamos como os Vengadores atacan unha base de Hydra (Sae alguén que tamén sae na serie Marvel Agents of SHIELD) . A batalla está ben feita e os efectos especiais son correctos, con destellos cómicos por parte de Iron Man, como é o habitual. Vemos aos xemelgos Maximoff por primeira vez en acción e os seus poderes están ben feitos: a supervelocidade de Quicksilver está mellor feita que o mellor que se leva visto ata agora na inevitábel comparación coa serie de The flash de CW e as habilidades de Wanda a Bruxa Escarlata son bastante vistosas.
Posteriormente, hai unha festa na casa de Iron Man onde observamos esceas que fan indicar que Natasha Romanov e o Doutor Banner está namorados(Que digo eu, o tema non era que Natasha estaba namorada do Capitán América pero nada?Logo se lle pasou ...XD) que desembocan nunha competición para ver quen é capaz de levantar o martelo de Thor(Ninguén XD) . A competición é interrompida pola intelixencia artificial que da vida a un proxecto de Stark chamada Ultrón. Este personaxe parece ser bastante indestructíbel polo de que é algo de metal que pode desprazarse por tódalas redes de ordeadores do mundo, o que fai que cada vez que se destrúe o "corpo" de Ultrón poida fabricarse outro.
A seguinte parte do filme discorre en África, onde ¿previsíbelmente? Ultron decide ir e coller un montón de Vibranium(Material do escudo do Capi) para facerse máis forte . Alí observamos unha das esceas máis interesantes da peli: o pasado de Natasha. Así, a Bruxa Escarlata fai que case todos experimenten visións pero no caso de Natasha é moito máis interesante, porque vemos parte do seu pasado e de como se convertiu nunha asasina fai moitos anos.
Posteriormente chegamos ao momento no que os Vengadores se relaxan, neste caso na casa de Ollo de falcón, quen resulta ter muller, dous fillos e a Nick Fury escondido no garaxe XD. O caso é que non é que pase nada relevante neste cacho(Thor, véndose o percal , colle e lárgase XD) e ata que os xemelos Maximoff se volven bos(Que sorpresa, quen non vía vir?) e os Vengadores teñen que ir batallar a Ultron por última vez apenas pasan cousas interesantes. Digo apenas porque aparece un personaxe novo, Visión, un humanoide que ten no seu poder a xema da mente que é interpretado de forma notábel.
No arco final, matan a Ultrón , Pietro(previsíbelmente)morre e todo acaba felizmente. No epílogo cada un vaise para a súa casa, menos Natasha e o capi que montan un novo equipo de Vengadores con Máquina de guerra(O tipo que é como Iron Man pero moito menos guai), Falcon(Aparecía na peli do Capitán América, soldado de Inverno) , Wanda a Bruxa Escarlata e Visión.
O adeus entre Banner e Natasha pareceume bastante frío, non creo que sexa o último que escoitemos de Hulk(Está confirmado que veremos a Iron Man en Capitán América 3, así que tamén está iso XD).
Na escea que aparece no medio dos créditos vemos a Thanos coller o Guantelete do infinito.
Impresións finais:
-Ollo de falcón é o superheroe máis inútil dos Vengadores de lonxe e os intentos de reconvertilo a un personaxe de corte cómico non dan un resultado demasiado bo, a pesar dos encarecidos esforzos do actor que o interpreta, o cal fai un traballo razoábel.
-Iron man é o mellor personaxe da peli de lonxe, seguido de cerca por Bruce Banner/Hulk e Natasha/Viúva Negra .
-Os efectos especiais son moi bos, realmente hai unha mellora notábel do visto no primeiro filme nalgúns aspectos.
-A nivel argumental esta peli é bastante decente no senso de que aínda que esté bastante claro como vai rematar(Neste tipo de películas é inevitábel) pero os xiros prantexados e a química entre personaxes fan que o resultado sexa notábel.
-Para entender todo o que aparece na peli, é necesario estar ao día en canto a ter visto tódalas pelis de Marvel e capítulos de MARVEL Agents of SHIELD.
-Pietro molaba moito máis nos cómics que eu lin(Incluso voaba en certo punto!), non teño moi claro a que veu o tema de metelo nunha peli onde está destinado a palmar debido ao conflicto coa saga X MEN onde , por certo, o personaxe mola moito máis.PD: Nos cómics que eu lin, nos vengadores estaba AntMan, Wasp, Pietro,Capitán América...
-Unhas cantas esceas da peli destínanse a mostrar o "Guantelete do infinito" e o tema da xemas do infinito, o cal provoca que che queden gañas de ver a continuación e que pareza que esta peli foi só un "pretexto" para modificar a aliñación de Vengadores e presentar a terceira parte da saga.
-Os poderes da Bruxa Escarlata molan bastante i é complicado recoñecer a unha das xemelgas Olsen a menos que te fixes.
-Visión mola bastante, incluso sen dar unha explicación clara dos seus poderes na peli.
-Ultrón funciona de xeito bastante decente como vilán, pero ninguén é capaz de facerlle sombra ao insuperábel Loki en ningunha das pelis do universo cinemático de Marvel.
-Dirixentes de Hydra , pero en serio pensades que podedes parar aos Vengadores? Por favor, incluso cos xemelgos(Que dan unha pelexa razoábel, sen parecer demasiado forzado) non tiñan oportunidade.
-DC ten a Batman e menos mal, porque senón non hai cor entre o interese que me suscita o universo de Marvel e o de DC.
-Explótase con máis frecuencia a vena cómica dos superheroes nesta parte que na primeira, aínda que non ao nivel de Guardiáns da Galaxia. Así, Iron Man arrasa en canto a cuotas cómicas pero Thor ten os seus momentos.

Nota: 8.2
- Back to Home »
- a era de Ultron , Avengers: Age of Ultron , Nota entre 8 e 9 , Os vengadores , peli »
- CRiTiCa PeLi: Os vengadores, a era de Ultrón (Avengers Age of Ultron) #ageofultron