Newest Post
Amosando publicacións coa etiqueta Bra Girl b>. Amosar todas as publicacións
Bra Girl é un manga bastante curto pero cunha temática bastante "rara" do mesmo autor de Nana to Kaoru. O seu xénero poderíamolo definir como comedia, romance, gender-bender e cecáis un chisco de drama. Por o menos consegue ser interesante.
Conta a historia dun grupo de rapazas que son un pouco especiais, xa que a pesar de parecer rapazas normais á vista en realidade teñen un segredo: teñen un pene. Sí, teñen xenitais masculinos e femininos aínda que todas elas se comportan e teñen personalidades de rapazas.
Maiormente a historia é de comedia, mostrando esceas ecchi cada vez que se pode e algo de romance: unha das protagonistas está namorada dun rapaz e non sabe como dicirlle o seu segredo.
É curta, en dous volumes apenas da tempo a desenvolver a historia aínda que o resultado foi bastante decente.
Sen dúbida, o mellor deste manga é o debuxo. AMAZUME Ryuta fai un traballo incrible en tódalas súas obras, sobre todo no deseño de personaxes, que é ultrarealista. Destacan as expresións dos personaxes ao ter vergonza, medo ou calquera outra emoción, buscando facelas o máis crible posíbel.
A temática seinen está presente en tódolos mangas deste autor en maior ou menor grado e neste caso resúmese nas esceas subidas de ton, que na miña opinión nen sequera chegan a seinen.
Non o mellor manga de AMAZUME Ryuta, pero polo menos é entreteñido. O debuxo é brilante.
Nota: 5.5
Tag :// Bra Girl,
Tag :// ecchi,
Tag :// gender bender,
Tag :// Manga,
Tag :// Nota entre 5 e 6,
Tag :// shonen