Newest Post
Amosando publicacións coa etiqueta Nota entre 6 e 7 b>. Amosar todas as publicacións
#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falaremos de Naruto The Last, a penúltima peli de Naruto (A última sería a de Boruto) e a primeira despois do final do manga. Así, de que vai?
Temporalmente situada dous anos despois do final do manga , situámonos nun período de absoluta calma despois de toda esa movida da guerra ninja e tal. A peli comeza coa mítica trama denominada NaruHina, onde Hinata parece que, esta vez si, vaise confesar a Naruto. Á fin , cando o vai facer bótase atrás , é raptada por unha serie de figuras misteriosas e a cousa queda en nada.
Resulta que ditas persoas misteriosas son parte dun grupo liderado por alguén máis poderoso que Kaguya(Ou da liga de , vamos) que , polo que sexa, ten interese en estrelar a lúa contra a Terra, algo bastante evidente no ceo e que tiña moi preocupados aos kages(Á xente normal non estrañamente XD). Hinata , ao ter Byakugan, pode rastrexar a entrada á guarida do malvado polo que uns cantos ninjas de Konoha(Véxase Hinata, Naruto, Sakura, Shikamaru e Sai, creo recordar) van tras o malvado, que de paso secuestra a unha prima de Hinata (Que eu era a primeira vez que vía, aínda que eles actúen como se a coñecesen de toda a vida). Unha vez chega á guarida conseguen atravesala ao pasar por unha especie de auga verde que revive as memorias dos personaxes, detalle que se aproveita para rechear varios minutos de película ,ata que despois de varios momentos conseguen chegar a un lugar misterioso onde incluso hai aldeas deshabitadas que resulta ser a lúa.
Logo o desenvolvemento é máis ou menos normal, Hinata faise mala e parece claudicar pero non, os kage deciden usar un canon para cargarse á lúa pero debido a que Naruto/Kyubi consegue derrotar ao malvado non remata por ser usado e pouco máis.
A nivel argumental o único destacábel é que por fin se confirma NaruHina e os dous rematan xuntos.
A nivel artístico gustoume especialmente certa parte da peli con liñas máis difuminadas , un estilo claramente diferenciado do anime que é bastante refrescante i é de agradecer.
En canto a batallas, certo é que a batalla final é bastante decente, dado que observamos unha pelexa do kyubi e iso sempre resulta bastante espectacular.
Como conclusión, a peli está bastante ben . A pesar de que argumentalmente empeora o visto na última película que me gustou(A peli na que Naruto remataba preso, non na que o mundo era unha ilusión) nótase o esforzo de facer algo que "cole" dentro da continuidade . Ademáis, logo de ler algúns capítulos da secuela manga(Que é probábel que coincida , polo menos en parte, coa peli de Boruto), eu decantaríame por esta última.

Nota: 6.5
#manga #anime #ogsn

Boas! Esta semana rematou Naruto cun dobre capítulo despois de máis de 15 anos de serialización, un dos mangas máis populares da Weekly Shonen Jump no seu momento e unha das chamadas tres Marías da época dourada: One Piece, Naruto e Bleach. Naruto rematou e Bleach está no seu arco final, así que achéganse tempos interesantes no mundo do manga para ver como evoluciona a cousa.
Non vou contar de que vai Naruto porque todos o sabedes ou polo menos sóavos algo de que ía dun neno ninja que de maior quería ser o xefe da aldea ou Hokage. E se te paras a pensar, resumes a serie dun xeito impecábel con ese argumento.
O meu primeiro achegamento a Naruto foi cando botaron o seu anime en Cuatro, polas mañás, dende o comezo da serie. Así, non tiña moito interese na serie ata que o probábelmente se atope entre os meus 3 arcos argumentais favoritos, a pelexa do equipo 7 contra Haku e Zabuza. Afeito a ver series como Arale e en certo modo Dragon Ball, ver algo que dalgún xeito parecía tan "adulto" foi algo que me alucinou no seu momento. Unha pelexa na que o personaxe principal gañaba simplemente porque de repente tiña algún tipo de poder oculto que estoupaba non era algo precisamente novidoso, pero estaba moi ben levado.
Zabuza e Haku eran dous personaxes tremendamente interesantes, viláns pero ao mesmo tempo ninjas, estaban caracterizados de tal xeito que parecía que tiñan motivos perfectamente lexítimos para loitar como o facían e a súa derrota era un golpe duro á audiencia, non unha sensación de "por fin se cargan a este".
Logo a cousa empeorou bastante e , sendo honestos, da parte do exame de Chunin só hai un par de cousas que se salvan: A pelexa de Rock Lee contra Gaara e a frase de Naruto a Sasuke sobre o gato asustadizo. Isto ven a falar dun dos puntos máis baixos deste manga e que creo que puido ter dado, moito, moito máis: os/as personaxes secundari@s. Se preguntas por ahí quen é o personaxe favorito de Naruto da xente moitas persoas recorrerán a personaxes como Rock Lee ou Shikamaru. No caso de Lee atopábamonos cun personaxe epicamente carismático, traballador e que suscitaba unha sensación de empatía dado que era alguén que sen Ninjutsu podía loitar igual, un intento de heroe normal. A pelexa contra Gaara é probábelmente a 3ª mellor pelexa de toda a serie(Despois da de Naruto vs Sasuke como nenos e Naruto vs Pain) polo seu gran despregue de sentimentos e sobre todo pola súa simpreza: fóra estúpidos trucos de clons de sombras e bolas de lume, Rock lee loitaba a base de puños e patadas e cando finalmente consegue romper a "carcasa" de Gaara a sensación é absolutamente incríbel, ahí sí pensas "Yeah" .
No caso de Shikamaru, se temos en conta que é probábelmente o rapaz máis listo de todo o manga(Orochimaru ou Kabuto son moito máis listos, pero máis maiores tamén) temos a un prototipo de personaxe que gaña as súas pelexas con intelixencia, un sherlock holmes no mundo dos ninja se nos poñemos a pensar. Tivo os seus momentos de gloria na saga na que se resarce da morte de Azuma pero despois dese momento, ao igual que Rock Lee, cae nos máis absoluto anonimato a non ser por aparicións esporádicas sen demasiada relevancia.
Unha vez que Sasuke decide abandonar a vila, nunha das peores esceas de toda a serie(Sakura xa se estaba a preparar para o inútil que ía chegar a ser XD) hai un gran número de capítulos nos que tampouco é que pase nada decente , Naruto aprende o rasengan e pouco máis.
A cousa non mellora , e vaia se mellora, ata que se empeza a esplorar a organización que aparece esporadicamente chamada Akatsuki. Tódolos seus membros son bastante poderosos,algúns deles con características moi interesantes como Pain ou Itachi, probábelmente os dous mellores personaxes de toda a serie. Hai moitas persoas que consideran que a pelexa contra Pain é un despropósito polo sinxelo feito de que é fisicamente imposíbel que Naruto, un Genin que apenas pode controlar ao seu demo de nove colas, aínda con power-ups coma a enerxía natural, machacara a tódolos Pain el só. Certamente é algo difícil de crer, dado que Jiraiya perdeu contra eles(E non me vale a explicación de que Jiraiya non sabía que compartían a visión uns con outros, creo que non é un elemento tan crítico, especialmente para Naruto), Sen embargo, xa o momento da entrada, cando Naruto lle machaca a cabeza ao Pain-robot é absolutamente épico.Poida que a pelexa sexa terríbelmente longa(Non sabía o que era longo nese momento, despois sería moito peor)pero dalgún xeito conseguía manterte enganchado ao manga tódalas semanas, capítulo tras capítulo. Cagárona bastante con ese final sentimentalista onde Pain decide resucitar a todos(Que basura de vilán é ese? Vale que tentes ensinar que non era tan malo é quera unha cuestión de perspectiva pero non podes cargarte todo o que fixeches en non sei cantos capítulos dun plumazo. E vamos, non quero comezar co TNJ, talk no jutsu, esa habilidade de gañar a pelexa sen sequera pelexar....) pero a entrada de Naruto como heroe en Konoha síntese coma o final natural da serie. Con incógnitas(Sasuke, principalmente) , pero dalgún xeito pensas que xa se acadou o tope do que Naruto , como manga pode dar. O tempo resultou darme a razón dado que en ningún momento se superou a calidade dese arco argumental pero daquelas aínda esperaba mellores cousas.Iluso XD
Tiña certas esperanzas postas no arco argumental da guerra, que en certo modo soaba a un Marineford de One Piece(E todos sabemos que Marineford foi do mellorciño que se leva visto en manga) ...pero nada. Había , en certo modo unha boa materia prima e pelexas coma as dos Kages contra Madara foron decentes pero é que a cousa dexenerou cada vez mais chegando a límites insospeitados co tema de Kaguya, o máximo, vamos. Nesas épocas Naruto era un absoluto coñazo, case un suplicio lelo semana a semana só para atopar a mesa historia sen sentido que dalgún xeito seguía a estirarse máis e máis. Non pode ser que os mellores capítulos dun arco argumental sexan os flashabacks. Non estou a dicir que teñan que ser malos pero dende logo o obxectivo é usalos como complemento da historia principal. As partes onde se falaba dos pais de Naruto, de Madara, dos primeiros Hokages e , en definitiva, de como era o mundo antigo eran sumamente máis interesantes que o que estaba a acontecer. Suficientemente interesantes para dedicarlle un manga enteiro .
Logo a cousa foi a peor coa regra de "Nunca morrerá ninguén importante". Vale que morresen Neji e Gai, e aínda que a morte de Gai tivo un certo significado(Aínda que despois estaba de parranda nunha xogada lamentábel) a de Neji foi absolutamente inútil e carente de sentido, deu a sensación de que Kishimoto, o mangaka, pensou que alguén dos rapaces do principio tiña que morrer na guerra e tocoulle a Neji(Por que non Sakura, digo eu? XD).
Logo houbo unha pelexa entre Naruto e Sasuke a modo de "esta pelexa é a que resolverá todo pero dalgún xeito, co trol que son, sabedes que será estúpida" XD Non podes facer o último arco argumental do manga, a batalla definitiva , unha especie de batalla dialéctico-filosófica na que apenas loitan e todo se reduce a un ataque final no que os dous protagonistas perden os seus brazos e nin sequera se dignan a permanecer así e márcanse un "arco de Pain" outra vez.
O manga remata cun capítulo de epílogo no que se confirman a maioría das cousas que os fans querían : Naruto con Hinata, Sasuke con Sakura, Shikamaru con Temari,.....e , sobre todo e ante todo, Naruto como Hokage(A min deixoume medio mosqueado o feito de ver un Mac , ahí ao sutil ...pero bueno XD). Vai haber un manga curto(Uns 3 volumes) a modo de spin-off e unha película que se ubicará despois do capítulo 699 e antes do 700.
E ata aquí a parte sobre o argumento de Naruto. Pero un manga de 700 capítulos non podía ser analizado só co seu argumento, así que a continuación falaremos de personaxes.
Se falamos de personaxes, o personaxe que probábelmente fose o máis popular en moitos momentos non era Naruto, como se podería pensar, senón Sasuke. Sasuke sofre dun fenómeno que podemos considerar así: "cando un personaxe non protagonista é máis popular que o protagonista". Non é un fenómeno precisamente novo(Recentemente puidémolo observar en Attack on titan con caso de Levi) pero sen dúbida non é algo que usen tódolos mangas . Ben levado pode contribuír a mellorar o plantel de personaxes e a descargar parte do interese noutros personaxes, o que balancea o argumento e a axuda a construír unha historia máis sólida.Lóxico, non? Pois no caso de Sasuke a cousa non foi así, para nada. Sasuke comezou cun arquetipo de personaxe moi común, de tipo superdotado con power-ups varios que rivalizaba co protagonista pero que no fondo eran colegas. Sen embargo, despois da súa saída da vila a cousa dexenerou e o seu personaxe escachou en pedazos a medida que a historia , dalgún xeito, chegaba á conclusión de que o seu rol na historia estaba absolutamente esprimido e non aparecería nunca máis.
Podo entender todo o asunto ese da venganza, de ter un odio irremediábel contra Konoha unha vez que descobre a verdade sobre Itachi. É certamente normal que existise un sentimento de odio contra toda a vila polas cousas que lle fixeron facer a seu irmán. Vale. Pero unha vez que Sasuke remata por entender a verdadeira idea de Itachi,o motivo polo que fixo todo o que fixo (Co punto culme cando teñen a conversa ao rematar a batalla con Kabuto) non é lóxico que decida axudar a Konoha e despois, coma se fose unha veleta, volverse malvado outra vez e loitar contra todos. Non podes facer que un personaxe ao que tardaches non sei cantos capítulos en facelo un vilán se comporte como heroe un breve lapso de tempo para despois retornalo á súa persoalidade orixinal(Sobre todo se non se trata de ningún tipo de engano). Á fin, nos momentos finais da historia, Sasuke parecía un estúpido neno malcriado que o único que facía era queixarse porque non lle prestaban a suficiente atención con rabietas aleatorias que tiñan nefastas consecuencias para todos.
Sasuke puido ter sido un personaxe estupendo pero acabou por naufragar nun mar de argumentos sen senso para convertirse nun recheo , algo que, se te paras a pensar, non era necesario para que Naruto se convertese en Hokage.
Tamén me gustaría falar dun fenómeno que se atopa neste manga e que bebe de Dragon Ball e similares: os personaxes inútiles. En Dragon Ball o espoñente máis claro sería Yamcha e aquí , sen lugar a dúbidas, Sakura. Se borras a Sakura da historia tódolos acontecementos da mesma terían pasado da mesma maneira, especialmente cantoso despois do salto temporal de dous anos no que os protagonistas son máis maiores. O único que fai é queixarse e provocar problemas, non ten ningún propósito claro na historia, unha motivación, algo que faga que poida servir para algo. Simplemente vale para que a salven e para queixarse de que Sasuke non lle faga casa por vez infinita, algo que remata por resultar aburrido despois das primeiras cincuenta veces(O número total chegou a centos , polos meus cálculos XD).
Despois do salto temporal tentaron , dalgún xeito, mellorar a súa forza para que , dalgún xeito, puidese ser un activo necesario do equipo 7 . Nin así, a única pelexa decente que gaña é contra a marioneta aquela na aldea do deserto i é porque a manexa unha vella fenómena, que senón vamos, perdería facilmente.
Logo , relacionado con este punto, está o feito de introducir personaxes para despois deixalos no máis absoluto anonimato cando deixan de ser útiles. Con isto quero remarcar o caso de Sai, aquel tipo que substituía a Sasuke no equipo 7 e que podía facer técnicas ao debuxar e rollos de papel. Que foi dese fulano? Alguén sabe dicirme onde estivo os últimos 200 capítulos?(Non vale dicir estivo na guerra, poida que o vísemos brevemente nalgún panel pero iso non conta) Teoricamente Sai estaba destinado a convertirse no novo Sasuke pero se Sasuke rematou por ser unha decepción, de Sai xa nin falo. Un personaxe lamentábel , sen persoalidade que aparece uns cantos capítulos para rematar evaporándose coma por arte de maxia coma se non pasase nada. Non sei se foi un movemento planificado de Kishimoto ou algo que fixo en función dos resultados das enquisas, pero o resultado final foi absolutamente lamentábel.
Despois dos dous párrafos anteriores podería pensarse que opino que tódolos personaxes de Naruto eran inútiles, faltos de persoalidade e irrelevantes a longo prazo pero iso non é verdade. Case toda a peña de Akatsuki molaba e entre os "bos" Kakashi e Gai eran bastante carismáticos.
Falemos de Pain-Nagato-Yahiko. A relación que se constrúe entre aqueles tres rapaces(Pain, Yahiko e Konan) resulta moi interesante, especialmente a nivel dramático. Tentan formar paralelismos coa relación que existe entre os membros do equipo 7 pero non o conseguen, xa lles gostaría aos do equipo 7 chegar a ese nivel de "alucinancia". O flashback no que se explica a motivación de Pain, como coñeceu a Jiraiya e como decide cal é o seu camiño de ninja(nindo) é altamente relevador e interesante a un tempo, probábelmente porque non me esperaba que chegase a ser tan interesante, esperaba algún tipo de motivación estúpida e sen sentido.
O caso de Itachi é terríbelmente complexo e a súa morte supuxo a morte do mellor personaxe da historia na miña opinión. Non é fácil facer que alguén que nos é presentando coma un vilán resulta ser un aliado da xustiza, sobre todo se dalgún xeito segue a realizar accións de dubidosa moralidade. Pola contra, o lóxico é que resulte mal(Ehem, Sasuke,ehem). Sen embargo, Itachi resultou ser un personaxe moi sólido, dende a súa presentación ata a súa morte. Cría no que facía e tiña unha fé cega en que as cousas podían facerse noutra maneira, os seus motivos eran tan absolutos coma os de Pain, se ben os seus fins eran diferentes . Uchiha de nacemente decidiu sacrificar a todo o seu clan para salvar ao seu irmán, algo que incluso Naruto chegou a comprender e a admirar , en certo xeito, unha vez qu coñeceu esa información.
Para rematar con temas de personaxes quería falar un pouco do que probábelmente sexa o peor vilán de toda a serie(Kaguya está ahí...pero nin ela XD): Obito-Tobi. Xa só o feito de chamarse Tobi,algo que facía sospeitar que a identidade do xefe de Akatasuki sería alguén super molón prometía . Sen embargo, recordo perfectamente a miña expresión de "pois vaia" cando revelaron que Tobi era Obito. Xa non falo dos evidentes fallos de argumento que iso supoñía(A ver, alguén se tragou todo o tema esa da "resucitación", onde milagrosamente obito estaba vivo despois de ser aplastado por unha maldita rocha xigante?E o seu cadáver? E as incosistencias temporais cando ataca a vila? E máis, e máis....XD) , senón do personaxe en sí.
Obito non é que fose unha veleta, este tiña atado un maldito trasbordador que daba voltas XD. Non podes sacarte un vilán así da manga e dicirlle á xente "ala, a aguantalo". Non pode ser de repente boísimo e de repente malísimo segundo lle veña en gaña, e o mesmo pasa co seu nivel de poder. Os seus motivos para dominar o mundo eran absolutamente absurdos! Non me extraña que á fin Madara pasara del , porque que fulano....
Centrémonos agora en aspectos do debuxo. Hai algo claro: Kishimoto mellorou de xeito notábel co paso dos anos, os primeiros capítulos de Naruto tiñan un debuxo bastante normalciño-malo e os últimos, especialmente algúns da saga da guerra tiñan un nivel altamente satisfactorio. As cousas como son, os últimos volumes de Naruto son moi bos en certos momentos visualmente e non lle teñen nada que envidiar a outras obras. De feito, houbo unha evolución moito máis salientada que en obras como One Piece, isto foi máis ao estilo de Tite Kubo en Bleach.
O deseño de personaxes é sólido, non son xente chunguísima e con proporcións pouco naturais e aínda que con algunhas excepcións apenas hai ecchi presenten en toda a serie.
E ata aquí. Probábelmente houbese moitas cousas máis das que falar , á fin e ao cabo é o manga máis longo sobre o que levo escrito neste blog, pero creo que podedes facervos unha idea do que opino .
É difícil poñerlle unha nota porque está claro que o último ano, ano e medio de Naruto foi malísimo, horríbel, era practicamente un suplicio ler o capítulo cada semana ; e antes diso xa non é que estivese a un moi bo nivel.O meu interese na obra rematou coa pelexa de Pain e a pesar de que tiña curiosidade de ver como remataba , o que veu despois sentiuse coma un recheo.
Leo Naruto semanalmente dende a saga de Hidan e Kakuzu, dende fai 6-7 anos e a súa fin , en lugar de resultar triste alégrame bastante porque me daba bastante pena ler unha obra que me gustaba neste estado. Non me enrolo máis....seis e medio.

Antes de nada dicir que este post leva comezado dende.....bueno, dende fai moito tempo e á fin quedoume bastante cutre XD, pero é que se non o remataba non podía avanzar máis e a pila de artigos sen escribir facíase máis e máis grande.....
A parte boa é que durante as próximas 7 semanas vai haber un mínimos de un post por semana seguro,con posibilidades de que haxa algún máis para compensar pola falta de entradas.
Teño esta reseña atrasada dende fai xa unhas semanas...así que por fin toca falar deste anime que todo sexa dito, tiña o seu punto extraño-guai ao comezo pero que da metade en diante era bastante maliño XD . Imos co argumento!
Así, por unha banda está o bando dos "bos", liderado por Hakaze Kusaribe unha maga moi poderosa pero sen posibilidades de loitar ao estar confinada nunha illa deserta, o que fai que recorra a Mahiro e ao seu amigo Yoshino para parar aos seus ex-lacaios, o clan Kusaribe. Parece bastante raro que dous rapaces deciden inmicuirse nunha guerra de proporcións planetarias así por así, non? Correcto , o certo é que fanno porque Hakaze promételles axuda para atopar ao asasino da irmá de Mahiro.
A parte argumental do primeiro arco da historia, que describín no párrafo anterior,é bastante interesante . Atopámonos esceas de acción con batallas máxicas e personaxes caristmáticos, que usan o sei intelecto para librar as batallas, en lugar da forza bruta. Ademáis, hai certas revelacións á fin deste arco que non se ven vir e pechan de modo moi satisfactorio este primeiro arco argumental. Despois a cousa empeora moita e convírtese nun simple recheo que non aporta nada.

Mahiro Fuwa: un dos protagonistas masculinos que ten como misión na vida atopar ao asasino da súa irmá Aika, de quen non se teñen datos.
É un tipo bastante seguro de si mesmo, altivo, aínda que non lle costa aceptar ordes ou facer cousas que non lle gustan se con iso consegue información sobre a súa irmá.
Yoshino Takigawa: amigo de Mahiro e protagonista da historia. Demostra ter unhas aptitudes para a maxia moi boas polo que a xefa do clan Kusaribe decide reclutalo para que a axude.
A súa persoalidade é a de alguén que prefire non destacar, calado.
Hakaze Kusaribe: é a líder do clan Kusaribe , que debe protexer a árbore do éxodo. Antes do comezo da historia é traizoada polo seu propio clan e exiliada nunha illa deserta.
A súa persoalidade é altiva, mandona, é unha das mellores magas que hai , sábeo e non dubida e estar orgullosa dese feito.

En canto á BSO pois non é nada do outro mundo ...ten os seus momentos, pero vamos, que se pensabas ver este anime pola BSO, non o fagas.
Antes de nada dicir que este post leva comezado dende.....bueno, dende fai moito tempo e á fin quedoume bastante cutre XD, pero é que se non o remataba non podía avanzar máis e a pila de artigos sen escribir facíase máis e máis grande.....
A parte boa é que durante as próximas 7 semanas vai haber un mínimos de un post por semana seguro,con posibilidades de que haxa algún máis para compensar pola falta de entradas.
Teño esta reseña atrasada dende fai xa unhas semanas...así que por fin toca falar deste anime que todo sexa dito, tiña o seu punto extraño-guai ao comezo pero que da metade en diante era bastante maliño XD . Imos co argumento!
ARGUMENTO
Zetsuen no tempest(Blast of tempest en inglés) ten unha historia un pouco...rara, a verdade. A través de diferentes citas das obras de Shakespeare atopámonos no Xapón de hoxe en día, onde certos sucesos extraños está a suceder.Así, un rapaz chamado Mahiro Fuwa , cuxa irmá foi asasinada un ano antes do comezo do anime, vense envoltos nunha guerra onde diferentes faccións máxicas queren tomar o control de algo chamado "Árbore do éxodo", que podería destruír o mundo.Así, por unha banda está o bando dos "bos", liderado por Hakaze Kusaribe unha maga moi poderosa pero sen posibilidades de loitar ao estar confinada nunha illa deserta, o que fai que recorra a Mahiro e ao seu amigo Yoshino para parar aos seus ex-lacaios, o clan Kusaribe. Parece bastante raro que dous rapaces deciden inmicuirse nunha guerra de proporcións planetarias así por así, non? Correcto , o certo é que fanno porque Hakaze promételles axuda para atopar ao asasino da irmá de Mahiro.
A parte argumental do primeiro arco da historia, que describín no párrafo anterior,é bastante interesante . Atopámonos esceas de acción con batallas máxicas e personaxes caristmáticos, que usan o sei intelecto para librar as batallas, en lugar da forza bruta. Ademáis, hai certas revelacións á fin deste arco que non se ven vir e pechan de modo moi satisfactorio este primeiro arco argumental. Despois a cousa empeora moita e convírtese nun simple recheo que non aporta nada.
PERSONAXES
Mahiro Fuwa: un dos protagonistas masculinos que ten como misión na vida atopar ao asasino da súa irmá Aika, de quen non se teñen datos.
É un tipo bastante seguro de si mesmo, altivo, aínda que non lle costa aceptar ordes ou facer cousas que non lle gustan se con iso consegue información sobre a súa irmá.
Yoshino Takigawa: amigo de Mahiro e protagonista da historia. Demostra ter unhas aptitudes para a maxia moi boas polo que a xefa do clan Kusaribe decide reclutalo para que a axude.
A súa persoalidade é a de alguén que prefire non destacar, calado.
Hakaze Kusaribe: é a líder do clan Kusaribe , que debe protexer a árbore do éxodo. Antes do comezo da historia é traizoada polo seu propio clan e exiliada nunha illa deserta.
A súa persoalidade é altiva, mandona, é unha das mellores magas que hai , sábeo e non dubida e estar orgullosa dese feito.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é bastante escura(Normal, suponse que é a fin do mundo e tal XD) pero sen baixóns de frames demasiado salientábeis. Bones fai un bo traballo aínda que teñen animes mellores.En canto á BSO pois non é nada do outro mundo ...ten os seus momentos, pero vamos, que se pensabas ver este anime pola BSO, non o fagas.
CONCLUSIÓNS
Na miña opinión, este anime é un exemplo do que pode ser algo pero que non chega a selo. Comeza cun primeiro capítulos bastante potentee durante o primeiro arco conseguen manter a expectación dun xeito bastante razoábel, pero todo se ben abaixo despois diso.Nota: 6.0
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos dun webcomic chamado "My heart is beating"(O meu corazón está a later/late). Non teño moi claro se o título é moi preciso dado que , a pesar de que sen fan referencia ao mesmo, á fin e ao cabo este é un manga de waterpolo femenino XD.Imos co argumento!
Bae Sugu é un rapaz de 17 anos que está obsesionado con bañadores femininos(Igual pola primeira frase pensades que isto vai encamiñado cara o hentai pero xa vos aviso que non XD) . Gústanlle de tódalas formas e cores. Son como unha especie de pasión á que dedica moito tempo en tódolos seus ámbitos(Pensa deseños, saca fotos...) . Esta afición é un segredo para o seu pai, quen é un autócrata que dende que morreu a súa muller(A nai de Bae Sugu) apenas fala.
A vida transcorre tranquilamente para Bae ata que un día o entrenador de waterpolo feminino descobre a Bae Sugu no vestiario feminino a mirar bañadores. Bae Sugu pensa que está acabado, dado que a situación, sendo honestos, merecería unha expulsión XD, pero o entreador proponlle un trato: que xogue ao waterpolo ....feminino XD. Resulta que Bae Sugu ten unha complexión bastante feminina e cunha peluca e un bañador feminino convírtese en "xogadora" no equipo de waterpolo.
Polo argumento pódese pensar que o manga é un crossdressing de comedia pero nada máis lonxe da realidade: este webcomic é un drama. O deporte queda nun segundo plano ante a explicación da afición de Bae Sugu , os medos e inseguridades das xogadoras,etc.
Non é un webcomic boísimo e o seu estilo de debuxo non me acabou de convencer pero ten un argumento relativamente novidoso que se pecha de modo razoábel ao final. Case notábel.(Non confundir cun remake que se fixo moito peor, do remake non pasei do primeiro capítulo XD )
Nota: 6.5
Tag :// gender bender,
Tag :// Manga,
Tag :// My heart is beating,
Tag :// Nota entre 6 e 7,
Tag :// shojo,
Tag :// webcomic
#manga #anime #ogsn
Boas! Dúas semanas consecutivas con entrada, a ver se dou recuperado o ritmo e consigo que os post saian os venres XD.O caso é que hoxe falaremos da última parte da saga Bloody Monday, neste caso subtitulado Last Season(Por motivos obvios e tal XD) , un manga na liña dos anteriores pero cunha duración moito menor que ao seu comezo tiña como intención pechar a historia definitivamente. Así , de que vai(Aviso de que hai SPOILERS se non lestes a segunda entrada completa)?
Fujimaru(O hacker protagonista) desaparece ao final da segunda entrega de maneiras misteriosas e durante un ano non se sabe nada del. Sen embargo, ao comezo do manga descóbrese que Fujimaru aliouse cos seus antigos inimigos (Os da secta esa que tiñan un líder con aspecto similar a Xesús) para derrotar á mente criminal que estaba detrás de toda a historia: o primeiro ministro de Xapón, parente do mellor amigo de Fujimaru e unha persoa manipuladora que ten planeado un golpe mestro no que a economía mundial sufriría un colapso(Non conto exactamente como porque sería spoiler). O caso é que Fujimaru, xunto coa súa moza e camaradas ten que desbaratar toda a operación e para tal método decide secuestrar un edificio(Vamos, a opción máis lóxica XD). Que que pasa despois? Poderás atopar a resposta se les o manga ! XD
A nivel de arte é igual que nas ocasións anteriores, de feito cecáis un pouco mellor pero xa antes estaba ben. Os deseños son sólidos e as expresións faciais realistas, un conxunto que crea unha atmósfera asfixiante en certos momentos, o que crea un realismo moi interesante.
En conclusión, considero que é a mellor das tres entregas? Non, sen dúbida a premisa xa daba signos de estar esgotada na segunda entrega e nesta entrega certos xiros argumentais non fan máis que dar máis argumentos ao respeito pero admito que constrúe unha trama razoábel para rematar , non é un final inconsistente. Non chega a notábel pero quédase cerca.
Nota: 6.5
#manga #anime #ogsn
Boas!Hoxe falaremos dun manga titulado Renai shimasen ka no que aparecen os xéneros shonen, comedia, romance e ecchi.Imos co argumento!
O manga conta a historia da relación dun rapaz chamado Fuwa Rito con diversas féminas a modo de harem. Así, o rapaz pasa de ser un pringado otaku que pasa o seu tempo en xuntanzas de exaltación de gal games a alguén que ten que dividir as súas atencións entre dúas féminas. Isto é así porque unha amiga de Rito chamada Ruri decide montar unha cita grupal pra averiguar quen é a dama á que procesa Rito o seu afecto pero a xogada sáelle mal ao atoparse cunha situación na que Rito fíxase en certa camareira de peitos xenerosos e moi guapa. Isto provoca que Ruri se poña celosa e estalle unha especie de "guerra" entre as dúas féminas(Que despois resulta que xa coñecía á camareira de antes e hai algo de drama, pero pouca cousa XD)
O debuxo é bastante razoábel e o argumento non é especialmente estúpido;ten destellos de drama e a comedia é disfrutábel por momentos . Non se fai unha historia pesada porque non son nin 20 capítulos.
Ben.
Nota: 6.0
PD: Publicarei algún post máis esta semana en compensación por non publicar nada a semana pasada.
Tag :// comedia,
Tag :// ecchi,
Tag :// Manga,
Tag :// Nota entre 6 e 7,
Tag :// Renai shimasen ka,
Tag :// romance,
Tag :// shonen
Boas! Hoxe falaremos de Zippy Ziggy , Manhwa de comedia que funciona como iso, comedia, pero que intenta meterese en berenxenais como son as artes marciais ou o romance en certos momentos e remata por naufragar. Imos co argumento!
Este manga conta a historia dun rapaz chamado Kang Shin-gi, a quen todo o mundo adora , dado que é guapo e ten unha personalidade moi carismática....ou non?O certo é que o verdadeiro punto forte de Kang Shin-gi, que herdou do seu pai, é o de enganar á xente e converterse no número un , algo que demostra ser capaz de facer ao pretender ser algo que non é.
Así, a súa vida "perfecta" tórcese cando unha estudante feminina chega á escola. Esta estudante, chamada Seung-hui, é unha artista marcial moi forte que pode machacar a quen queira cos ollos pechados pero debido a que é moi guapa e que, ademáis, ao igual que Kang Shin-gi agocha a súa verdadeira pasión todo o mundo pensa que é unha mosquiña morta. Deste xeito, os dous rematan por atoparse e Kang Shin.gi remata no dojo que rexenta a nai da rapaza, punto de partida da historia.
Logo a historia desenvólvese maiormente no mundo da comedia, que realmente fai graza, especialmente o personaxe de Kang Shin-gi, que é un actor tremendo pero que en realidade non sabe facer nada XD.
O último arco argumental xa merece mención aparte porque é bastante ida de olla e non ten así demasiado que ver co que é o resto do manga XD, pra min que é unha especie de "extra".
En canto ao debuxo está ben , o certo é que o autor céntrase bastante nas expresións dos personaxes, de xeito que aínda que digan unha cousa se poida saber que están a pensar outra. Ademáis, o deseño dos personaxes é bo, sen fallos.
En resumo, é unha comedia bastante fácil de ler, aínda que a medida que se achega o final do manga se volve demasiado complicada e perda a graza. Daríalle un 8.5 pero sen temos en conta os 4-5 últimos volumes a nota baixa a un 6.5.
Nota : 6.5
Boas! Hoxe falaremos deste manga de romance con toques de comedia que se desenvolve coma un slice of life pero que ten toques de drama por momentos. Ademáis, sáese un pouco do canon deste tipo de mangas dado que ten elementos de ciencia ficción na súa trama principal. Así, de que vai?
Conta a historia dun rapaz chamado Toono, que ven como a súa vida cambia cando despois dunha gran explosión (con luces XD) a súa irmá deixa de ser ela pra converterse nunha soldado de 31 anos no futuro.Así, a trama desenvólvese de xeito que Toono namórase da soldado do futuro e esta revela datos sobre o motivo de que viaxase no tempo, que resulta ser pra evitar unha catástrofe(Máis datos sería espoiler).
O manga está bastante ben , dado que como é curto(4 volumes) non hai tempo real pra meter demasiado recheo. É unha historia de romance ben levada que ten elementos de intriga que desvela pouco a pouco, aínda que nos últimos 3-4 capítulos é onde se produce a maioría da acción.
Cómpre salientar que respeito ao tema de viaxes no tempo con cambio de corpo incluido tampouco da unha explicación conluínte sobre efectos que iso produce pero bueno, é un manga, non lle pidamos que sexa "scientifically accurate" XD.
Conclusión: manga bastante aceptable, cerca do notable.
Nota: 6.75
Recomendación: Ruka to Ita Natsu(Luka , the summer I shared with you)
martes, 20 de agosto de 2013
Posted by OGSN
Antes de nada, descúlpome por non ter pubricado nada ultimamente. Vou con algunhas semanas de retraso pero tranquilos que o número de post total non se verá resentido, dado que eses 2 -3 post que as seguintes semanas doblarei o ritmo de publicación na medida do posíbel.
Love Lucky conta a historia dun home chamado Fuuta , asalariado adulto que non ten moita sorte coas mulleres. Así, decide apuntarse nunha axencia de citas pra coñecer mulleres. Alí coñece a unha muller cun aspeito bastante curioso: ten unha careta que subre o seu rostro e está vestida con prendas que non deixan ver a súa figura, algo que a fai destacar bastante. Os dous conxenian e cando Fuuta salva á enmascarada duns maleantes os dous cásanse e chegados a este punto a enmascarada quítase a máscara: resulta ser unha cantante moi guapa a famosa(sopresa! XD ) .Aquí comeza a historia, de romance, ecchi e bastante comedia
O debuxo é bastante bo, as féminas están ben debuxadas e pola súa duración pódese ler nunha tarde.
Ben.
Nota: 6.0
Boas!Antes de nada pido desculpas por non ter publicado nada a semana pasada. Pra compensalo , tentarei publicar esta entrada e máis outra máis esta semana :)
Hoxe falarei de Nogizaka Haruka no Himitsu , que ven a querer dicir algo así coma " O segredo de Haruka Nogizaka" . É un anime do xénero ecchi , polo que argumentalmente non é a loucura pero se me decidín a velo(aínda que algún capítulo vinno brevemente XD ) foi pola súa enorme popularidade en internet e a raíz de certo AMV, que o certo é que facía que o anime parecese moito mellor do que en realidade é. Así, de que vai?
ARGUMENTO
Basicamente cóntanos a historia da relación entre Nogizaka Haruka e Ayase Yuto , dous compañeiros de clase dun istituto. Así, Haruka é algo así coma unha super miss do lugar, fai todo ben: saca boas notas , compórtase coma unha señorita, sempre ten un sorriso no seu rostro e saca unhas notas excelentes. Ademáis, tamén é unha gran deportista e ten fama de ser moi confiábel pra calquera tipo de asunto, o que provoca que tanto rapaces coma rapazas a veneren coma unha raíña. Yuto, pola contra, é un rapaz que é case un don ninguén, que anda co seu círculo de amigos e pouco máis. Sen embargo, un día , Yuto descobre un gran secredo sobre Haruka que fai que os dous comecen a falar máis e a coñecerse mellor. Basicamente o gran segredo é que Haruka é unha fan moi harcore do anime, polo que é unha friki e ten todo tipo de figuriñas e cousas así na súa casa. Así, leva un libro de manga á escola e Yuto descóbreo pero en lugar de revelar o seu segredo decide encubrir a Haruka e dicir que o manga era seu . Haruka agradécello a Yuto e dille que ningueń sabe que lle gusta o anime porque cando era pequena metéronse con ela por iso.
Basicamente , esa é a trama. O anime avanza coa inclusión de máis personaxes femininos que se suman ao harem de Yuto, aínda que está máis que claro que Haruka é a súa favorita. Na segunda temporada, que ten o nome de Purezza non hai realmente un cambio argumental i é máis do mesmo. Podían ter feito unha soa tempada de 24 episodios en lugar de dúas de 12...pero eles saberán XD.
PERSONAXES
Hai unha cantidade de personaxes notábel, aínda que a maioría son bastante prescindíbeis. Así, só falarei dos dous protagonistas, aínda que comentarei nomes doutr@s personaxes na descripción destes:Ayase Yuuto: protagonista masculino da historia. Os seus pais non están case nunca na casa así que vive coa súa irmá maior e cunha profesora, quen son dúas rapazas novas guapas que o único que fan é folgazanear todo o día , un dos puntos cómicos da serie dado que soes estar borrachas.
Así, Yuuto é un rapaz bastante reservado, aínda que procura levarse ben con todo o mundo. Non é demasiado popular aínda que iso cambie cando coñece a Haruka.
É o típico galán de anime deste tipo, un personaxe totalmente estereotipado que segue a regla de " o home que non podía facer o amor con ela", por dicilo finamente XD.
Nogizaka Haruka: protagonista feminina da historia. É parte dunha familia rica, polo que vive nunha gran mansión e ten á súa disposición a unha especie de exército de maids , que son especialistas en diversas disciplinas que varían dende a conciña ou a limpeza ata a espionaxe ou o combate.
Haruka é unha rapaza moi tímida, que ten un trauma , dado que cando era pequena . Sen embargo, isto cambia cando coñece a Yuuto, con quen non ten ningún problema e por quen sinte algo especial(Vamos, mítica trama na que hai varias rapazas que están por Yuuto pero claramente gaña a rapaza principal, non hai máis voltas que darlle). A nai de Haruka parécese moito a ela i é moi guapa e o seu pai ten pinta de mafioso Yakuza; aínda así, a nai malla no pai cando as cousas non van por onde ela quere XD.
ANIMACIÓN E BSO
Unha cousa que me gustou de Nogizaka Haruka no Himitsu foi a forma en que animaron o opening nas dúas tempadas. Basicamente é coma se fose a maquetación dunha revista con photoshop nun mac. Punto positivo por iso, hai detalles que permiten discernir se se trata dun mac ou dun pec pola forma das ventás e o símbolo de ampliar a ventá, bravo por iso. A música do op é normalciña, nada que destacar, ao igual que a música do ending.A animación é relativamente boa, se ves o anime en hd podes contemplar ás señoritas en toda a súa magnificiencia, algo que se é moito máis interesante se ves a versión sen censura. . A animación é fiel ao manga, polo que o deseño de personaxes, especialmente das féminas é bonito e agradábel á vista.
CONCLUSIÓN
Anime ecchi con señoritas bastante lindas que non mostra demasiado ecchi pero con algún que outro momento gracioso. Ben.Nota: 6.0
CRiTiCA ANiMe: Nogizaka haruka no himitsu && Nogizaka haruka no himitsu: purezza
domingo, 7 de outubro de 2012
Posted by OGSN
Tag :// Anime,
Tag :// comedia,
Tag :// ecchi,
Tag :// Nogizaka Haruka no Himitsu,
Tag :// Nota entre 6 e 7,
Tag :// shonen
Recuperamos o que ti queiras cun expediente do 100% de acerto. Somos os GetBackers!
Hoxe falaremos de GetBackers, anime de xénero shonen(aínda que en certos arcos argumentais do manga do cal está adaptado pero que non aparecen no anime parece seinen) que se emitiu en dúas tempadas cun total de 49 episodios dende 2002 ata 2003 en Xapón.
Animou a serie o estudo DEEN e en España foi emitida no canal Buzz.
De que vai?
ARGUMENTO
Ban Mido e Ginji Amano forman un dúo chamado os GetBackers, capaces de recuperar calquera cousa cun ratio de acerto do 100%. Aínda así, case sempre teñen dificultades económicas e teñen que mendigar en busca de traballo.O anime transcorre a través de diferentes arcos argumentais. Primeiro, no primeiro episodio preséntase a historia candos os GetBackers teñen que recuperar un adorno de móvil.
Logo, ven o chamado arco do violín , onde aparece un personaxe que se convertirá en habitual chamado Shido, no que teñen que recuperar certo violín roubado.
Tamén hai outro arco argumental no que teñen que interceptar un camión pra coller o seu contido, roubar cadros....En definitiva, trátase de recuperar cousas. Aínda que isto despois cambia e trátase de recuperar cousas bastante máis inmateriais, coma a felicidade.
Así dito parece que a trama é sinxela, pero nada máis lonxe da realidade: alterna ente traballos de recuperación de obxectos nas que os protagonisas pelexan coas súas habilidades especiais e arcos onde os protagonistas teñen que visitar un lugar chamado en xaponés Mugenjou e que en inglés se traduce como Infinity fortress. Basicamente ese lugar é unha especie de mega torre composta de centos de edificios sen acabar onde a lei non se aplica e a xente vive coma se fóse nun país diferente a Xapón. Ese é o lugar de orixe de Ginji e doutros personaxes e un lugar incónico na serie. Cómpre salientar que é unha idea fantástica, a sensación de claustrofobia e intriga de saber como funciona o lugar, ademáis da súa apariencia están moi conseguidas.
A nivel argumental o fallo ven cando o anime comeza a desviarse co que pasa no manga. Hai eventos que suceden no anime en orde e circunstancias diferentes que no manga, case sempre cunha moita menor cantidade de violencia. Ademáis, hai eventos que directamente non suceden no manga, especialmente o arco final do anime, toalmente inventado.
Por iso, pra ler o manga é recomendábel empezar dende o comezo, senón hai moitas cousas que non van ter senso despois de ver o anime do estilo de "este non aparecera xa?" , ou "este non estaba morto?" ou incluso "desde cando este é tan fenómeno?".
PERSONAXES
Midou Ban: un dos integrantes dos GetBackers.É un persoa bastante fría e calculadora a primemira vista pero amábel e cariñoso cos amigos. É o último descendente con sangue de bruxa pura polo que ten un poder chamado Evil Eye, que permite que se mira a un oponente aos ollos pode facer que o oponente vexa unha ilusión durante un minuto.Ademáis, é moi rápidos e experto na batalla. Esto último está axudado pola súa técnica chamada Snake ite, técnica que consiste en apretar coa súa man esquerda a un obxectivo cunha forza de 200 Kg.
Ginji Amano: é o outro integrante do GetBackers. É a contrapartida de Ban: alegre , divertido, incocente. Sen embargo, é un loitador igual de válido xa que é capaz de xerar electricidade coma as anguilas eléctricas , o que lle valeu o título de Emperador do Raio en Infinity Fortress, aínda que só consgue o mesmo poder durante breves periodos de tempo na actualidade.
Normalmente ten unhas proporcións nomrais pero a modo de gag cómico vólvese de tamaño chibi por momentos e algúns personaxes incluso o monan sobre a cabeza-
Shido : antigamente traballaba como subordinando de Ginji non gang dos Volts. É un ha persoa bastante tranquila e está namorado de Madoka, a rapaza cega do violín.
Entre as súas habilidades destacan o poder falar cos animais e a súa imitación de animais, o que lle concede forza, axilidade e velocidade sobrehumanas.
Sempre está picado con Ban, quen o vacila chamándolle Monkey Boy.
Kazuki:antigo lider de Fuga , traballou como subordinado pra Ginji nos Volts ao igual que Shido.Apodado Kazuki of the strings, ten un aspecto bastante feminino polo que aínda que é un home é moi fácil confundilo cunha muller polo seu aspecto e vestimenta.
A súa técnica de combate baséase en usar fíos moi resistentes, ben pra inmovilizar aos opoñentes, ben pra atacacr ou defenderse.
Juubei: subordinado de Ginji nos Volts. Tamén traballou de subordinado de Kazuki en Fuga, aínda que dase a entender que non foi porque o seu poder fose inferior ao de Kazuki, senón porque xurou protexelo .
A súa técnica de combate consiste en lanzar agullas contra os seus adversarios.
Hevn: é a que pon o punto de fanservice, dado que trátase dunha muller a que lle gusta ensinar o escote i é bastante guapa.
É a mediadora dos GetBackers, polo que é a que lles consegue os traballos.
Hai máis personaxes, principalmente os dous máis importantes que non comento aquí sexan Himiko, quen é usuaria de diversos perfumes(pra durmir, pra queimar, pra facerse invisíbel...) e que odia a Ban e o Dr Jackal, o único capaz de facerlle pé a Ban ademáis de Ginji, cuxas habilidades consisten no manexo de coitelos cerámicos.

ANIMACIÓN E BSO
Vale que sexa un anime do 2002, pero é que a animación....é mala. En comparación, o debuxo do manga é mil veces mellor e a animación da serie non fai xustiza. Movementos de personaxes lentos, falta de detalles e outros fan que a serie non cumpre demasiado en animación, aínda que as pelexas están decentemente animadas.A BSO non foi do meu agrado, non me gustou ningún dos openings e o único salientábel son as melodías de batalla. Aquí un exemplo:
CONCLUSIÓN
O manga é mellor. Non obstante, este anime por si mesmo ten calidade suficiente como pra ser visionado e entreter. Se buscas acción, intriga e algo de fanservice con pelexas de xente con habilidades especiais este anime é pra ti.Nota: 6.5
Como ben o di o título do post, hoxe falaremos da película de Naruto Shippuden nº 5, a ctitulada blood prison. Teoricamente esta entrada chega algo tarde porque a peli xa saiu en Xapón o ano pasado, pero teñamos en conta que en DVD non saíu ata este ano e dispoñíbel pra ver con subtítulos en inglés non estivo dispoñíbel ata o mes pasado XD. Así que ao dinal non hai tardei tanto XD.
Conste que pra ser unha película de Naruto gustoume bastante, normalmente o argumento é demasiado nimio e cheo de obviedades , con acción demasiado predecíbel e salvo a aparición dalgún personaxe molón(véxase Minato na anteiror peli) non soen ser filmes a ter en conta. Deixémonos de preámbulos, de que vai?
Esta película narra a historia de como Naruto remata préso nunha prisión de máxima seguridade ninja coñecida como Blood Prison por crimes de guerra. O tema é que Naruto non fixo crimes de guerra , foi un impostor seu, polo que terá que aguantarse cando os seus compañeiros o dexan tirado e remata na presión sen comelo nin bebelo.
Na prisión o garda da prisión aplica unha técnica aos internos que fai que non poidan usar chakra, se intentan usalo unha especie de selo actívase e a persoa sinte unha dor indescripitible, polo que Naruto non ten maneira de loitar.
Dentro da prisión coñece a varios personaxes, algúns dos cales lle suxiren a idea de escapar aínda que ao final decide non facelo.
Respeito da acción, na película a acción real comeza xa pasados 3/4 da mesma ben, cando se pode ver a Naruto en modo senin(do que deducimos que cronolóxicamente está ubicada, como mínimo, entre xusto despois da batalla de Pain e antes de que Naruto aprendese a controlar ao Kyubi) e á invocación Gamabunta, un sapo xigante. Os dous pelexan cun bicho de aspeito bastante raro(ten caez, pés e ás; ten algo parecido a brazos pero son moito máis pequenos en comparación).
Así, a peli trata basicamente de como Naruto ten que tragarse o seu orgullo pra tentar descubrir cal é o motivo polo que o pecharon ahí e que se traen entre mans os garas da prisión, que parecen ter un plan secredo que se está a executar ás súas espaldas.
A nivel animación está ben, é unha película con cores moito máis escuras das que un está afeito a ver en Naruto, dado que a maior parte da acción sucede na prisión, onde sempre está nuboso e hai un ambiente moi malo, todo tenta ser o máis deprimente posíbel.
A nivel de pelexas está ben, o que pasa é que ten o mesmo fallo que en moitas pelis ou capítulos da serie: que se por que non usaches toda a forza desde o principio, que por que non o matas se é mala persoa.....Pero bueno, Naruto é así.
É unha película bastante aceptábel, o argumento floxea pero déixase ver.
Nota: 6
Tag :// accion,
Tag :// martial arts,
Tag :// Naruto,
Tag :// Naruto Blood Prison,
Tag :// Nota entre 6 e 7,
Tag :// shonen