Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 17 de agosto de 2012


Recuperamos o que ti queiras cun expediente do 100% de acerto. Somos os GetBackers!

Hoxe falaremos de GetBackers, anime de xénero shonen(aínda que en certos arcos argumentais do manga do cal está adaptado pero que non aparecen no anime parece seinen) que se emitiu en dúas tempadas cun total de 49 episodios dende 2002 ata 2003 en Xapón.
Animou a serie o estudo DEEN e en España foi emitida no canal Buzz.
De que vai?

ARGUMENTO

Ban Mido e Ginji Amano forman un dúo chamado os GetBackers, capaces de recuperar calquera cousa cun ratio de acerto do 100%. Aínda así, case sempre teñen dificultades económicas e teñen que mendigar en busca de traballo.
O anime transcorre a través de diferentes arcos argumentais. Primeiro, no primeiro episodio preséntase a historia candos os GetBackers teñen que recuperar un adorno de móvil.
Logo, ven o chamado arco do violín , onde aparece un personaxe que se convertirá en habitual chamado Shido, no que teñen que recuperar certo violín roubado.
Tamén hai outro arco argumental no que teñen que interceptar un camión pra coller o seu contido, roubar cadros....En definitiva, trátase de recuperar cousas. Aínda que isto despois cambia e trátase de recuperar cousas bastante máis inmateriais, coma a felicidade.
Así dito parece que a trama é sinxela, pero nada máis lonxe da realidade: alterna ente traballos de recuperación de obxectos nas que os protagonisas pelexan coas súas habilidades especiais e arcos onde os protagonistas teñen que visitar un lugar chamado en xaponés Mugenjou e que en inglés se traduce como Infinity fortress. Basicamente ese lugar é unha especie de mega torre composta de centos de edificios sen acabar onde a lei non se aplica e a xente vive coma se fóse nun país diferente a Xapón. Ese é o lugar de orixe de Ginji e doutros personaxes e un lugar incónico na serie. Cómpre salientar que é unha idea fantástica, a sensación de claustrofobia e intriga de saber como funciona o lugar, ademáis da súa apariencia están moi conseguidas.
A nivel argumental o fallo ven cando o anime comeza a desviarse co que pasa no manga. Hai eventos que suceden no anime en orde e circunstancias diferentes que no manga, case sempre cunha moita menor cantidade de violencia. Ademáis, hai eventos que directamente non suceden no manga, especialmente o arco final do anime, toalmente inventado.
Por iso, pra ler o manga é recomendábel empezar dende o comezo, senón hai moitas cousas que non van ter senso despois de ver o anime do estilo de "este non aparecera xa?" , ou "este non estaba morto?" ou incluso "desde cando este é tan fenómeno?".

PERSONAXES

Midou Ban: un dos integrantes dos GetBackers.É un persoa bastante fría e calculadora a primemira vista pero amábel e cariñoso cos amigos. É o último descendente con sangue de bruxa pura polo que ten un poder chamado Evil Eye, que permite que se mira a un oponente aos ollos pode facer que o oponente vexa unha ilusión durante un minuto.
Ademáis, é moi rápidos e experto na batalla. Esto último está axudado pola súa técnica chamada Snake ite, técnica que consiste en apretar coa súa man esquerda a un obxectivo cunha forza de 200 Kg.
Ginji Amano: é o outro integrante do GetBackers. É a contrapartida de Ban: alegre , divertido, incocente. Sen embargo, é un loitador igual de válido xa que é capaz de xerar electricidade coma as anguilas eléctricas , o que lle valeu o título de Emperador do Raio en Infinity Fortress, aínda que só consgue o mesmo poder durante breves periodos de tempo na actualidade.
Normalmente ten unhas proporcións nomrais pero a modo de gag cómico vólvese de tamaño chibi por momentos e algúns personaxes incluso o monan sobre a cabeza-

Shido : antigamente traballaba como subordinando de Ginji non gang dos Volts. É un ha persoa bastante tranquila e está namorado de Madoka, a rapaza cega do violín.
Entre as súas habilidades destacan o poder falar cos animais e a súa imitación de animais, o que lle concede forza, axilidade e velocidade sobrehumanas.
Sempre está picado con Ban, quen o vacila chamándolle Monkey Boy.
Kazuki:antigo lider de Fuga , traballou como subordinado pra Ginji nos Volts ao igual que Shido.Apodado Kazuki of the strings, ten un aspecto bastante feminino polo que aínda que é un home é moi fácil confundilo cunha muller polo seu aspecto e vestimenta.
A súa técnica de combate baséase en usar fíos moi resistentes, ben pra inmovilizar aos opoñentes, ben pra atacacr ou defenderse.
Juubei: subordinado de Ginji nos Volts. Tamén traballou de subordinado de Kazuki en Fuga, aínda que dase a entender que non foi porque o seu poder fose inferior ao de Kazuki, senón porque xurou protexelo .
A súa técnica de combate consiste en lanzar agullas contra os seus adversarios.
Hevn: é a que pon o punto de fanservice, dado que trátase dunha muller a que lle gusta ensinar o escote i é bastante guapa.
É a mediadora dos GetBackers, polo que é a que lles consegue os traballos.

Hai máis personaxes, principalmente os dous máis importantes que non comento aquí sexan Himiko, quen é usuaria de diversos perfumes(pra durmir, pra queimar, pra facerse invisíbel...) e que odia a Ban e o Dr Jackal, o único capaz de facerlle pé a Ban ademáis de Ginji, cuxas habilidades consisten no manexo de coitelos cerámicos.


ANIMACIÓN E BSO

Vale que sexa un anime do 2002, pero é que a animación....é mala. En comparación, o debuxo do manga é mil veces mellor e a animación da serie non fai xustiza. Movementos de personaxes lentos, falta de detalles e outros fan que a serie non cumpre demasiado en animación, aínda que as pelexas están decentemente animadas.
A BSO non foi do meu agrado, non me gustou ningún dos openings e o único salientábel son as melodías de batalla. Aquí un exemplo:

CONCLUSIÓN 

O manga é mellor. Non obstante, este anime por si mesmo ten calidade suficiente como pra ser visionado e entreter. Se buscas acción, intriga e algo de fanservice con pelexas de xente con habilidades especiais este anime é pra ti.


Nota: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //