Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 31 de agosto de 2012



http://l02gaale.files.wordpress.com/2011/01/trilogia-memorias-de-idhun1.jpg
Boas! Hoxe falaremos da triloxía de Laura Gallego chamada Memorias de Idhún. Cómpre salientar que técnicamente son seis libros, o que pasa e que cada dous libros fíxose unha compilación, dahí o formato de triloxía. Ademáis, está dispoñíbel un cómic que adapta a historia de cada un dos 6 libros , que non lin  pero polas imaxes que vin parece bastante fiel á historia orixinal. Aquí poño un exemplo do que se pode atopar no cómic:
Agora, paso a comentar o argumento e a dar as miñas impresións sobre a obra completa(os tres libros):


A historia comeza cando un rapaz que vive nun país nórdico chamado Jack volve da escola na súa bicicleta. Mentes volve xa ten un mal presentimento: este confírmase cando chega á súa casa e ato´pase con que os seus pais fóron asasinados. Présa do páinco non sabe moi ben o que facer e asis impotente a unha batalla que se desenrola enter dous bandos: por un lado está a persoa que matou ao seu pai, un feiticeiro, e un asasino chamado Kirtash , con ollos coma o xeo; e por outro está o bando que quere protexelo, cun rapaz que loita nun combate coa espada contra Krtash e un mango que trata de protexelo.
O seguinte que jack be, despois de desmairse por mor da presión é unha abitación circular cun teito abombado. Parece ser que se atopa nun lugar chamado Limbhad, que ´a base dun organismo coñecido como a resistencia(tal como lle explican os seus salvadores). Así, descobre que o espadachín é Alsan, príncipe de Vanissar, o mango chámase Shail e no lugar no que se atopan, chamado Limbhad, tamén está unha rapaza de máis ou menos a súa idade(11 anos) chamada Victoria que vive en Madrid e vai e volve a Limbad con frecuencia.
Resulta que o tal Kirtash ten como misión matar a tódolos feiticeiros e feiticeiras exilados dun mundo chamado Idhún, do cal son orixinairios os libertadores de Jack, na Terra. Parece ser que dito mundo está baixo o control de alguén chamado Ashram o nigromante, pai de Kisrtash, que ten moito poder conseguido a través da conxunción de varios sois. O tema é que Jack, despois de patear, decide unirse á resistencia pra derrotar a Kirtash e ao mago que matou aos seus pais. Entrena , entrena e segue a entrenar ata que consegue dominar unha espada que se supon que queimaría a todo aquel que a empuñase. Así, Jack , armado coa súa Espada, Victoria, armada cun artefacto similar a un báculo que pode canalizar enerxía e Shail dciden ir rescatar a Alsan despois de que ste caese nas mans de Kirtash.
Diríxense a certo castelo de Alemaña(ou proximidades XD ) pra rescatar a Alsan. Despois de peelxar contra moitos homes serpe, chamadas Sisznon recordo se se escribía así esxactamente XD ) conseguen rescatar a Alsan, pero o balance non é positivo: Shail morre mentres protexe a Victoria, Alsan é convertido en home Lobo e apenas conseguen escapar cara Limbad outra vez. 
Logo disto Alsan decide marchar porque non pode controlar a súa transformación en lobo, Jack decide buscalo polo mundo adiante e Victoria decide quedarse e estudar maxia, o que provoca a ruptura da resistencia.

Ata aquí é máis ou menos o contido do primeiro libro. Este libro é un dos dous que conforma "la reistencia", polo que trátase máis dunha introducción que de avance da trama en sí. Así, Victoria comeza a preguntarse porque Kirtash non a matou cando tivo oportunidade e incluso a invitou a ir con el e a cuestionanrse os seus sentimentos por Jack. A partir do segundo libro e durante todo o resto da historia as cousas vólvense moito moito máis románticas, o que provoca que o libro aburra por momentos(non só en primeiro, en xeral), pero contrapón estes momentos con esceas de acción, sobre todo a aprtir de tríada, o que lle da un toque de frescura que fai que poida ser aguantábel.
Sigo co argumento: Dous anos despois, cando Jack ten 14 anos e Victoria 13 reencóntrase de novo xunto cun novo Alsan, que agora prefire que lle chamen Alexander. deciden ir por Kirtash pa matalo, pero Victoria queda aterrada cando descobre que Kirtash non é un simple rapaz humano como parecía, senón que é medio shek, unha especie de serpe xigante alada que ten poder similar a un dragón(Esquecéuseme mencionalo antes, pero o propósito da resistencia é atopar ao último dragón e ao último unicornio na Terra pra cumprir unha profecía) .Sen embargo, Victoria descobre que sente unha atración fatal por Kirtash, a quen ela decide chamar Christian , o que provoca un conflito con Jack, quen descobre estar namorado de Victoria. Aquí comeza un dos puntos menos verosímiles de toda a obra: Victoria di estar namorada dos dous , de Jack e de Kirtash, e non se digna a elexir a ningún; é maís, di que teñen que vivr os tres xuntos. Are you kiding? XD Unha cousa é montar un triángulo amoroso e resolvelo, pero que aquí non hai unha resolución. Todo este tema prantexa serios problemas dado que ao final a obra, cando Kirtash decide traicionar ao seu pai Ashram e axudar a Victoria jack non quere velo diante. Isto débese, aparte do seu odio como humano, de que Jack é medio dragón e Victoria é media unicornio, polo que deciden volver a Idún pra cumpri a profecía.Tamén é curioso o detalle de que Shail non morrera, senón que fóra enviado a Idún por Kirtash pra salvarlle a vida. Non é que me guste que a xete palme nos libros, pero é que esa "vida" foi un pouco random e non se aportou un momento dramático ou algo que propiciase a súa vida, basicamnete aparece dun xeito bastante simplón. Non vin ven que retornase porque considero que a morte de Shail era unha evolución na obra, había algo de drama, os personaxes avanzaban, evolucionaban, adoptaban novas actitudes.....pero resulta que estaba de parranda XD
Outro dato importante que se descobre durante "La resistencia" eé que a madrastra de Victoria resulta ser unha fada que ten poderse e a que leva protexido durante toda a súa vida.
O libro acaba con Kirtash, Alexander, Jack, Victoria e Aile, a madrastra de Victoria, en Idhún coa axuda de Christian, que consegue abrir un portal de teleportación.
Pra finalizar co primeiro libro, dicir que o de que jack fóse un Dragón e VIcotira un unicornio era obvio desde unhas 200 páxinas antes do final do libro,, o que facía que me preguntase porque non o dicían dunha vez XDD. Psemos agora a Tríada.

 O de tríada ven porque rsulta que na profecía había unha terceira persoa, un shek, que se supón que é Kirtash.Así, Durante a maior parte da obra os tres personaxes principais están separados: Por unha parte Jack e Victoria van ás terras onde habitaban os dragóns, un cementerio no que se supón que Jack aprenderá a convertirse en dragón, e Christian vai cara o norte, onde quere estar só pra recuperear o seu ado shek(dado que amar estao a matar porque fortalece o seu lado humano) e de paso quere reparar a Haiass , a súa espada. 
Por outra banda temos unha serie de eventos que ocorren paralalmente: hai unha resistencia montada en Idhún e crean dragóns artificiais pra loitar contra Ashram. Ademáis, as fadas do bosuqe son as últimas resistentes e xunto con Alexander e o que queda de Vanissar, ademáis de outros guerreiros, forman un pequeno exército pra defenderse de Ashram.
Durante a súa viaxe a Awinor, a terra onde os dragóns habitaban, Jack e Victoria coñecen a Kimara, unha semiyan(os Yan son xente do deserto)  que quere que jack sexa o seu mozo pero Jack négase porque quere estar con victoria.Como cliffhanger do primeiro libro de Tríada, Jack e Kirtash loitan e Kirtash gaña, o que provoca que Jack caia na lava e morra. Pero como chegados a este punto xa sabía que aquí non morre un personaxe principal nin de chiste ao comezo da segunda parte de Tríada descóbrese que Jack está no lugar de orixe dos shek, Umadhñun, onde unha shek decide axudalo pra que este mate a Ashram. Nesta segunda parte vemos a unha victori amoito máis escura.Isto desenboca en que esta decida partir ela soa a cargarse a Ashram e a Christian , sen atender a razóns. Antes de que jack "morrese" consagrara a unha manga(suponse que os unicornios poden consagrar magos tocándoos co seu corno) e durante a súa época escura fai o mesmo cun rapaz, pero só lle provoca dor,o que fai que este rapaz sexa un inimigo posterior.. Á fin, cando Jack volve, ela recupera parte do seu antigo ser e a pesar de non querer enfrontarse a Ashram (o lugar non é que lle traia moi bos recordos, no primeiro libro Kirtash raptou a Victoria e Ashram quitoulle a maxia cunha máquina, o que lle provocou unha dor indescriptible a esta). Á fin, Victoria é posta nun encrucillada: Ahsram dille que salvará ou a Jack ou a Christian , pero só a un dos dous. Ela decide que non quere iso e clávase o coitelo que levaba na man a ela mesma, momento que Jack e Christian aproveitan pra matar a Ashram. 
Así, Victoria recupérase nunha Torre, onde parece que perdeu a súa parte de univcornio , o que fai que non lles resulte atractiva nin aJack nin a Christian. Pero vollve á vaca ao millo, só é temporal e volve ser como antes en pouco tempo.
Un detalle importante que se dsecobre neste libro é que en Ihún hai sete deuses, seis bos e un malo, que parece ser que tiña poseído a Ashrama e ao inicio do terceiro libro trasládase ao corpo de Gerde.
Falemos agora de Panteón, título referido ao panteón de deuses. Resulta que os deuses comezan a manifestarse en Idhún porque queren atopar ao Séptimo. Despois dunha serie de investigacións, Jack, Christian e Victoria tetñen que axudar aos sheks a escapar de Idhún pra que os deuses non destrúan todoo o planeta, xa que non ven aos simles mortais.
Realmente non hai demasiado acciónde batallas no último libro, Panteón, basicmanete trátase de escpaar do deuses e por outr parte ver como Christian e Victoria están a salvo na Terra durante bastante tempo mentres negocian cunha She unha porta de apaertura á Terra desde Id´hún pra que Gerde e tódolos seus subordinados evacúuen. 
Morre Ailee durante Trçiada, case ao final, o que provoc que Victoria se poña un pouco triste pero consegue sobrepoñerse.
O final é bastante decepcionante , na miña opinión. Basicmanete conseguen que o Séptimo escapae no corpo dun rapaz sisz cara un mundo da súa propia creación, mentres Chrsitian vive na Terra e Jack e Victoria en Idhún. Durante todo o libro Victoria está embarazada e non sabe quen é o pai, se Jack ou Christian, pero resulta ser Jackobvio, segundo a miña opinión XD ) Ao final non elixe a ningún dos dous, nin a Jack nin a Christian, e o libro remata, agora sí de verade, cos tres na Terra xuntos.


O estilo de escritura ñe lixeiro e fácil de ler: usa un vocabulario non demasiado amplo(aínda que con excepcións) pero crea unha atmósfera o suficientemente atractia como pra ler a obra. Intenta parecerse a outras obra que teñen elementos medievais coma o señor dos anies, pero é moito peor se o comparamos con dita obra, cousa que creo que á autora non lle importa.






Como conclusión, dicir que é unha obra que agradará @s amantes do romance , dado que diso hai moito . Ademáis, é un romance que tenta ser épico aínda que usa elementos demasiado cliché como pra conseguilo.
Se non che gusta o romance podes ler a obra(especialmente tríada) dado que constrúe unha atmósferea medival e fantásica bastnate boa, con moitos tipos de razas como elfos, fadas.... que usan maxia pra loitar.





{ 1 comentarios... read them below or add one }

  1. Like it! :)
    Esta trilogía fue la primera que lei (sobre mis dulces 13-14 añitos) y coincido contigo, el final fue un poco decepcionante. Aún así, fueron los primeros libros que me gustaron de verdad y los que iniciaron mi "yo lector" jaja

    ResponderEliminar

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //