Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 24 de agosto de 2012




THE POWER OF SIX book cover!!! - i-am-number-four Photo














Antes de comezar, é importante dicir que esta serie de libros ten tres polo momento, o terceiro dos cales, The Rise of Nine, lin en inglés dado que saíu hai apenas 3 días , o 21 de Agosto.
Igual vos sona esta saga dado que se fixo unha película sobre I am number four, que en España chegou como 'Soy el número cuatro', que aínda que contentou aos fans non tivo demasiado éxito en canto a recaudacíon(Creo que o balancee foi que invertiron 50 millóns e gañaron 150, o cal me parece bastante, pero pra eles parece que non o foi XD ) .
Aparte dos tres libros da historia principal, a historia ten tres libros máis que contan historias secundarias, tales como como era a vida dos personaxes antes de coñecelos e cousas así.
Pra finalizar a introdución, dicir que é unha serie de libros do xénero de ciencia ficción orientados a un público xuvenil. O primeiro libro foi escrito polo dúo conformado por Job Hughes e James Fray. No segundo libro Hughes desmarcouse do proxecto e o libro foi revisado por outro escritor, mentres que o terceiro foi escrito por un só escritor do cal non se coñece o nome. O pseudónimo que se usa en tódolos libros pra non poñer o nome do autor é Pittacus Lore.
Comecemos con I am number four:

I AM NUMBER FOUR

A historia comeza coa presentación do personaxe principal deste libro , o chamado número catro. Así, explícase que este rapaz de 16 anos é un dos últimos superviventes dun planeta chamado Lorien e que é o 4º dentro da lista con 9 que chegaron á Terra. 
Os que aniquilaron Lorien, os mogadorianos, viñeron á Terra e agora matan aos Lorinitas(non teño moi claro se o xentilicio é ese XD) porque son os únicos que poden opoñérselle.Sen embargo, teñen a desvantaxe de que teñen que matalos seguindo unha orde, polo que teñen que matalos de menor a maior segundo o seu número. Así, o libro comeza cando número catro sinte unha dor nunha perna e aparécelle unha nova cicatriz , o que siñifica que número tres morreu e que el é o seguinte.
Debido a iso e a un episodio no que número catro provoca un alboroto sen querer ao poñerse a brilar na praia, el e o seu cepán teñen que marchar de onde están a vivir e deciden vivir en Paradise. O cepán de John, así como o do resto dos Garde(Garde é o nome que teñen os nome nenos elexidos que escaparon de Lorien) é unha especie de protector, alguén encargado de darlle cobixo e ensinarlle a usar os seus poderes , tamén chamados legados. Porque resulta que os nenos elexidos teñen a habilidade de usar legados, que son como superpoderes.
Chegan a Ohio e John(nome que decide adoptar o número catro) comeza a entrenar con Henri, que é o nome do seu Cepán, pra poder desenrolar os seus legados. Así, consegue desenrolar dous legados neste libro: o legado da telekinese(que parece ser común a tódolos Garde) e un Legado chamado Lumen, que ao comezo resulta ser a habilidade de acender as mans como linternas, pero logo evoluciona ata garantirlle a habilidade de ser ignífugo e de poder controlar o lume a vontade.
En Paradise todo é bastante tranquilo, incluso deciden quedarse cun can, de raza beagle, que ten unha chapa que indica que o seu nome é Bernie Kosar(BK). A tranquilidade propicia que John comece a sentirse máis relaxado, algo pouco habitual nel por culpa dos Mogadorianos , e coñece a dúas persoas que serán moi importantes na historia. A primeira é Sam Goode, un rapaz que é un enclenque(típico prototipo de rapaz co que se meten os matóns) que fai boas migas con John porque cree nos extraterrestres, aínda que John considera que lle chove un pouco de máis XD. Logo está Sara Hart, filla da muller que lles conseguiu a casa en Paradise, quen en pouco tempo se converte en máis que unha amiga e comezan unha relación.Isto último incomoda especialmente a Henri , dado que di que a xente de Lorien só se namora unha vez: é pra toda a vida, non coma os humanos.
Henri consegue atopar información que pode ser útil sobre os Mogadorianos e decide ir investigar pola súa conta, algo que resulta fatal dado que remata preso.Así, Sam e John(número catro) deciden ir buscalo dado que resulta que o pai de Sam desapareceu no mesmo lugar ao que foi Henri, o que pode ter relación con Lorien e os Mogadorianos. Ao final chega alí , conseguen rescatar a Henri e volven a Paradise pra que John e Henri poidan escapar. Sen embargo, cando chegan, nada é como esperaban dado que os Mogadorianos esperaban alí. Así, unha batalla prodúcese con todos como integrantes, ademáis dun matón chamado Mark James e a número seis, que acude pra axudar a John, no istituto de Paradise. Isto é así porque John quería recuperar algunhas pertenzas súas, principalmente certo cofre.
Resulta que tódolos Garde teñen un cofre, que no caso de que o Cepán correspondente esté vivo, abrirán os dous xuntos, senón será o propio Garde quen o abra. Dentro de dito cofre hai unha serie de enseres útiles pra os Garde. Dentro do cofre de John, nes te libro, descóbrese que hai unha especie de sistema solar que agora aínda non sabe ben pra que sirve pero descubrirao despois.
Na batalla descóbrese que Bernie Kosar é en realidade unha quimera, un animl que pode cambiar de forma a vontade (de feito convértese nun monstro bastante chungo XD ) e que lle sirve a John pra descubrir o seu terceiro legado, a capacidade de falar cos animais.
Tamén se mostran as habilidades de seis, que inclúen o control do tempo(crear tormentas, vendavais.....), invisibildade,telekinese e convocar unha especie de cabeza xigante de aire que aínda non se explicou moi ben o que fai a data de hoxe.
Henri morre na batalla e como consecuencia desta a escola queda destruída, aínda que os protagonistas seguen vivos. John, Sam e número seis deciden marchar de Paradise pra non poñer en perigo a Sara o que provoca que esta se sinta moi triste, aínda que decide que esperará por John. Así, Sam, Seis e John inician a súa andadura coa esperanza de reunir aos Garde que quedan e poder atopar un xeito de derrotar definitivamente aos mogadorianos.



Basicamente iso é o primeiro libro. Pasan máis cousas, sí, igual falo delas cando comente os dous libros seguintes no caso de que sexa necesario. O trailer da peli pódese ver encima deste párrafo. A peli é bastante fiel ao libro, aínda que se cadra é un pouco menos seria, omítense detalles, hai cousas que cmabian de orde ou pasan noutras circunstancias.....intentouse centrarse máis na acción que noutra cousa ,o que provocou que a peli non fóse tan boa como debería. O libro non é unha obra mestra, é aceptable , pero a peli non fai toda a xustiza que debería.

Falemos agora de The power of six:

THE POWER OF SIX
 
O libro comeza xusto onde rematou o anterior, con Sam, Seis e John(catro) na estrada. Sen embargo, hai un cambio importante no estilo de narración dado que hai dúas historias paralelas, por unha banda está a historia do trío principal e por outra banda está a historia da número 7, quen vive nun convento en España. Vale que o autor non soubese moito sobre España, pero aínda así podería terse esforzado un pouco máis na ambientación da cidade e tal, menos mal que algo así e todo sabía dado que cita lugares coma os Picos de Europa e di que a aldea de número 10 está no País Vasco. It's something XD
Este libro é peor que o anterior, A narración é lenta, as esceas de acción están mal levadas(cando as hai, que as hai en poucas ocasións) e nótase que é un libro que foi feito aos cachos por varias persoas, realmente pega un gran baixón aquí a saga.Falemos agora dos sucesos que pasan neste libro:

Narración de número catro:
Basicamente descóbrese que pasou un pouco de tempo dende o anterior libro e agora os protagonistas están nun motel, onde Seis tinguiu o seu pelo e John e Sam recibiron cadanseu corte de pelo. Escapan do motel pouco despois porque alguén os recoñece(agora son fuxitivos do estado) e rematan nunha cabaña abandoada en Virxinia, onde 4 e 6 dedícanse a entrenar os seus Legados pra facerse máis poderosos.
Sam recoñece estar namorado de seis despois dunha charla con John, quen tamén recoñece estar namorado aínda que promete que suprimirá eses sentimentos dado que quere estar con Sara.
John decide  ler a carta que lle deixara Henri antes de morrer e descobre que cada un dos Garde está destinado a ser tan poderoso coma os sabios que fundaron Lorien, de feito tamén se di que John está destinado a ser Pitacus Lore, o máis poderoso de todos.
Pasan así algúns días, pero claro, a paz non podía durar sempre e rematan por atopalos .  Pelexan durante algún tempo e rouban o cofre de Seis.
Logo disto deciden ir a Paradise , á casa de Sam, onde resulta que hai unha estancia secreta. En dita estancia, despois de baixar unhas escaleiras, atopan o corpo dun Mogadoriano que parece estar conxelado e moitos papeis. Ademáis, hai algo que parece ser unha tableta (tablet pc XD, de feito eu lin este libro cunha mala traducción e pensei que era unha tabla , non un tablet pc XDD)pero dita tableta non mostra nada. De paso, John decide ir visitar a Sara e mándalles mensaxes, polo que deciden reunirse nun parque. Sen embargo, parece ser que Sarah delatounos e axentes do FBI aparecen e collen presos a Sam e a John, pero Seis consegue salvalos. A partir deste punto John e Seis deciden separase, dado que descóbrese que o planetario de John parece ter a capacidade de situar a outros Garde no mapa da Terra, polo que descobren que hai un Garde en España. Así, Seis decide ir a España e John decide que é mellor que Sam e máis el vaian a Virxinia Oeste, lugar onde está unha base Mogadoriana,recuperar o cofre de Seis.
Ao chegar alí, deciden trazar un plan pra entrar na base e así conseguen entrar sen ser vistos. Alí atopan a número 9 , quen estaba preso cunha especie de campo de forza azul que parece ser que inutiliza os legados, cousa que o propio 4 comprabará despois dado que o campo de forza aféctalle a el tamén.
Todo parece ir ben pero Sam decide investigar as demáis celdas pra ver se atopa ao seu pai...pra rematar preso.
John cúlpase do que lle pasou a Sam despois de que Nove e máis el escapen polos pelos e Nove dille que non se preocupe, que irán por el despois.

Narración de número 7:
Aquí floxea moito máis que na parte de número 4. O escenario é horríbelmente aburrido, apenas ha acción(non é que o esperase tendo en conta que é un convento) e prantéxase unha situación bastante simplona. Resulta que a cepán da número 7(A número 7 ten o nome de Marina nese momento), chamada Adelina, nega completamente a orixe das dúas, non quere saber falar de Lorien e dedícase a rezar todo o día. Isto resulta en que Marina se farte e decide trazar un plan pra escapar, especialmente despois de que pense que hai Mogadorianos que a seguen.
Os legados que Marina posee son a capacidade de ver na escuridade, poder respoirar baixo a auga, telequinese e curación. 

Mentres está no convento , como interna, unha nena chamada Ella aparece. Ella é menor ca el, apenas terá seis ou sete anos, pero logo se fan amigas, polo que decide pedirlle a súa axuda pra buscar o seu cofre, que Adelina ocultou.
Despois descóbrese que Ella é a número 10, un bebé que escapou nunha segunda nave de Lorien e que un home mo sospeitoso que seguía a Ella resulta ser o seu Cepán, Crayton. Así, Ella ten só un legado dado que é moi pequena: a habilidade de cambiar de idade; a súa idade real é de 14 anos, 4 anos máis nova ca Marina.
Número seis remata por chegar a onde están Ella, Crayton e Marina e libran unha batalla contra os Mogadorianos cerca dun lago, onde morre o mellor amigo de Marina, Héctor. A cepán de Marina tamén morre mentras tenta protexela, aínda no convento, o que a deixa profundamente destrozada.

Basicamente o libro remata así, con 4 destrozado por deixar atrás a Sam e Seis,Marina(Sete), Ella(10) e Crayton nun avión cara a India en busca de número 8.




E agora falarei de The Rise of Nine, libro que saíu fai apenas tres días e que lin en inglés nunhas 3 horas(é un libro relativamente curto, 247 páxinas e formato epub) . É o meu libro favorito da serie ata agora, por unha vez pasa algo! XD Non , agora en serio, é máis movido en canto a acontecementos, dado que xa hai varios Garde xuntos hai moitas situacións de tensión e melloran moito as esceas de acción. Seguen a aparecer frases como "colleu e matou a dez mogadorianos" XD, pero en menor medidad. Descríbense mellor as batallas.
Ademáis, o personaxe de Número 9 é xenial, un toque fresco e de orixinalidade .Isto mola, dado que os meus personaxes favoritos agora mesmo son Número 9 de primeiro e Número 6 de segunda.

THE RISE OF NINE



Retomamos a acción no punto onde a deixamos, con Nove e Catro nos Estados Unidos e o outro grupo nun avión cara a India. Así, volve haber unha narración divida durante boa parte do libro, onde se alternan capítulos dun grupo de personaxes e doutro.
Narración de Seis e Marina (Poño isto porque unhas veces fala en primeira persoa seis e outras Marina, algunhas veces cámbianse de narración dun xeito un tanto abrupto pra o meu gusto ):
Comeza o libro con Marina, Seis , Ella e Crayton nun avión cara a India, onde teñen unha conversación sobre o avión e Marina di que nunca montou nun polo que está bastante nerviosa. Seis tranquilízaa e recorda unha historia da súa infancia na que , cando aínda vivía a súa cepán, quixera fardar diante dunha nena e dixera que sí tiña voado en avión cando era mentira. Así, convecera á súa cepán de facelo pero arrepentírase no último momento e volveran á casa sen montar no avión, o que provocara que Seis sufrise unha gran humillación.
Chegan á india e deciden coller un taxi, que os leva á dirección onde se supón que está número oito, a quen adoran coma o gran Vishnu, un deus indio. 
O conductor conduce dun xeito bastante extremo e Seis admite que lle gusta, que se volveu unha adicta á adrenalina.
Todo vai ben ata que se dan conta de que non está a ir na direción correcta, polo que Crayton increpa ao conductor, que se limita a dicir que ahí é onde tiñan que estar. Despois disto , aparece certo comandante militar que lidera un convoi . Este dilles que o gran Visnu(número 8) os espera e que vaian con el. Eles deciden seguirlle a corrente, tanto por saber de que vai o tema como por ter medo aos centos de rifles de asalto que os están a apuntar.
Transcorre un pouco de distancia e aproveitan pra ver o que hai nos cofres de cada unha das Garde. Así, Marina atopa unhas gafas de sol escuras no seu cofre, pero non sabe pra que serven polo que llas pasa a Ella a ver si esta consegue averiguar o seu funcionamento. Ella berra e di que saian todos do camión, que hai un misil que se dirixe cara alí, pero non a cren porque non se ve nada fóra. Sen embargo, pouco despois un misil é visíbel dende o horizonte e todos saen fóra do camión. Polo tanto, dedúcese que as gafas mostran o futuro, o cal é unha gran vantaxe xa que axuda a que se protexan.
Deciden saír dalí e ir cara as montañas, onde, despois dunha amenaza por parte de Seis, quen rodea con lume aos soldados, os soldados retíranse.
O comandante dilles qe teñen que seguir a pé, pero o terreo é moi esvaradizo. 
Isto soluciónase coa vara que Marina topa no seu cofre, dado que fai que as ramas das árbores se doblen na dirección que ela quere, polo que poden usalas pras sosterse.
Cando levan camiñado xa un cacho o comandante detense e dille a cada unha das tres rapazas que terá que superar unha proba. Esta proba suponse que a propuxo o número oito pra comprobar se son dignas.
Así, cada unha das tres rapazas loita contra unha besta (que resulta ser unha ilusión) e gañan, polo que aparece número oito. Este cóntalles un pouco da súa vida, que leva estado só dende neno despois de que a moza humana do seu Cepán os traicionase (o que provocou a morte do propio Cepán) , polo que tivo moito tempo pra practicar cos seus legados. Tamén di que se topou co exército do comandante por pura casualidade coa forma de Visnú, e que agora el e o seu exército sírveno con lealtade, aínda que neste punto pídelle que o abandoen e o comandante asinte.
Oito ten varios legados: pode cambiar de forma a vontade, pode crear os monstros contra os que loitaron as rapazas , pode usar a telequinese e ten a habilidade de teletransportarse, aínda que non unha distancia demasiado grande e moitas veces non aterriza onde quere.
Teñen unha conversa e número Oito dilles que lles quere ensinar un par de lugares antes de ir a América xunto de John (Nótese que nin seis nin ningún dos que a acompaña sabe nada sobre Nove neste punto).
O primeiro deses lugares é un pequeno lago, no cal, Oito explica , aterrou unha nave de Mogadorianos fai moito tempo e agora está afundida. Hai unha pequena cabaña e deciden quedar a durmir e relaxarse por unha vez. Ao día seguinte, Oito, espido, báñase no lago , seguido de Seis , que salta coma por impulso.Marina ségueos pouco despois e recupera o cofre de Oito do fondo do lago grazas ao seu legado de respirar debaixo da auga. Oito bícaa nos beizos nun impulso e ela dase conta de que só foi un xesto de agradecemento.
O segundo lugar que visitan ten que ver cun plan que Oito propón pra chegar antes aos Estados Unidos. Asi , dí que hai certa caverna con loralite, pedra que Crayton recoñece, dende a que pode viaxar a certos lugares moi afastados da Terra. En Estados Unidos pode viaxar ata Novo México, aínda que nunca provou con tanta xente á vez.
Na mesama caverna resulta haber un mural que se supón que ten o futuro escrito, onde se ven tódolos acontecementos que sucederon: a morte dos números 1,2 e 3 e a casi morte do número 4 en Paradise. Despois disto aínda hai máis cousas debuxadas, e todos se estremecen cando nun debuxo aparece número 8 morto , cunha espada clavada. Despois diso tamén aparece un planeta similar á Terra partido á metade, o que non saben que siñifica.
A tranquilidade da conversa interrómpese cando un grupo de Mogadorianos furiosos acadan a cova e comeza a atacar. Crayton morre sen remedio(Marina non pode curalo) e escapan polos pelos teletransportándose. O problema é que Seis vai dar a Novo México e Marina, Ella e Oito van dar a Somalia.
A partir daquí teoricamente teríamos tres narracións: a narración de Seis, a de 7,8 e 10 e a de 4 e 9. Non obstante, vou comentar a de Seis neste mesmo párrafo porque xúntase logo coas demáis . 
Así, Seis remata en Novo México, onde case morre por deshidratación e remata por chegar ás portas dunha base militar secreta, onde uns axentes do FBI conseguen capturala e pechala. Dentro da base coñece a Setrakus Ka, o xefe dos Mogadorianos, que ten o tamaño moito maior do normal e ten a habilidade de inutilizar os legados. Ademáis, tamén descobre que ten a habilidade de converterse noutras persoas, como descobre cando se convirte en Sara Hart, quen á fin resultou que estaba alí presa tamén.
Oito, Marina e máis Ella conseguen chegar a Novo México despois de varios "saltos" errados e alí Ella consegue contactar telepáticamente con John(o que parece ser un novo Legado).
Pero , por que John e Nove estaban en Novo México? Paso a contar agora a narración dende o punto de vista de John pra despois unir tódalas narracións e finalizar a historia.
Narración de Catro e Nove:
A vida é bastante complicada pra John, quen aínda ten magulladuras despois do campo electromagnético e non pode usar os seus legados, polo que el e Nove habitan unha casa abandoada e comen animais como coellos. Nove é un crack, é un personaxe desgarbado, chulo e ao que lle gusta trolear ; así choca con John, que é máis do tipo de pasar desapercibido.
Bernie Kósar , a quimera de John, comunícalle a este que non están moi lonxe da base Mogadoriana nun paseo polo deserto e John decide convencer a Nove de que teñen que ir alí a rescatar a Sam , a pesar de que a Nove non lle gosta nada a idea, prefire que se xunte a tódolos legados e despois xa se verá.
A tranquilidade vese interrumpida por unha patrulla de axentes do FBI, quen capturan a John e a Nove . Métenos nunha furgoneta e móvense en dirección á base Mogadoriana. John e Nove deciden conseguir información sobre cara onde van antes de liberarse, cando se aburren usan a súa telequinese e escapan dalí sen contemplacións.
Logo da aventura anterior deciden ir nun tren ata Chicago, onde Nove ten un piso franco, unha zoa segura. Durante a viaxe, Nove dille a John que no seu cofre hai un cubo que ao chupalo proporciona alimento, o que fai que John busque no seu cofre un cubo similar, o que pasa é que o de John serve pra beber.
Cómpre salientar que John atopa algún cachivache novo dentro do seu cofre, como é un brazalete que se converte en escudo.Nove tamén ten cousas útiles, coma unha pelota que explota en miles de pinchos e unha especie de báculo pra pelexar.
Cando tal chegan a Chicago e despois de ligar cun par de rapazas, Nove e John diríxense ao suposto piso franco. John flipa bastante cando se da conta de que dúas plantas do edificio máis alto de Chicago son de Nove. Ademáis, o lugar conta cunha zona de entrenamento e un arsenal de armas digno do exército, o que fai que John se pregunte se o cepán de Nove era realmente o mellor cepán, tal como este asegura.
Despois de comer pizza conxelada teñen unha  pelexa sobre cal debe ser o seu seguinte paso: John quere ir á base Mogadoriana e Nove quere ir a Paradise pra buscar pistas.Nove derrota facilmente a John polo que se decide ir a Paradise. Sen embargo, John comúnicase con Setrakus Ka en soños e por unha vez nome tamén o fai. Así, ven que a cousa está bastante complicada cando teñen que saír por patas dalí e unha voz lles di "Novo México!" , polo que rematan por ir a Novo México. Non só pola voz, senón porque descobren como funciona a tableta que recollera John na casa de Sam, que indica onde está cada un dos legados . Hai varios en novo México, que son 7,8 e 10.
Diríxense a Novo México nun coche antigo aínda que con alta tecnoloxía e despois de disuadir a uns abusadores chegan a Novo México e John contacta con Ella.

Narración unida
Cos números 4,7,8,9 e 10 xuntos , a historia reagrúpase e agora só hai unha narración principal, con algún interludio de Seis. Nestes interludios descúbrese que Seis intenta matar a Setrakus Ka pero é derrotada .Péchana nun molde de pedra e Setrakus Ra adopta a súa forma.

O grupo dos Garde decide entrar á base Mogadoriana pra rescatar a Seis. Polo camiño atopan a Sara, quen lles confirma que non os traicioou polo que John decide salvala tamén.
Cando chegan á area onde Seis loitou e que John vira nos seus soños ven a Seis alí quieta, antes de que lle clave unha espada a 8, tal como predixera o mural. Os legados non parecen funcionar e Setrakus Ka emerxe do corpo de seis e comeza a atacar.
A batalla vai bastante mal ata que Ella e Sarah fan algo que consegue que os legados funcionen outra vez, polo que, Seis, xa recuperada, consegue unirse á batalla. Hai unha explosión e os Mogadorianos desaparecen, polo que todos deciden escapar dalí canto antes.
O libro remata con todos xuntos fóra da base, mentres se di que agora están case todos unidos e que van ir por Setrakus Ka.




O meu favorito foi o último libro, sen dúbida. É unha historia bastante interesante , aínda que cada libro é demasiado curto (xa sei que hai varios libros con historias secundarias) e salvo no libro 3 a trama non avanza realmente.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //