Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 5 de novembro de 2010
Nese vasto mundo que é o manga/anime podemos distinguir unha inxente cantidade de xéneros que pode resultar nunha confusión bastante grande na temática da historieta, sobre todo para o principiante.Así, procurarei recoller aquí un pouco tanto os xéneros xerais, tanto por demografía coma por sexo tanto coma os xéneros xa máis enfocados ao que é a temática do manga en sí. Here we go!
Podemos distinguir tres grandes grupos demográficos: nenos, mozos-adolescentes e adultos.
Así:
-Kodomo: refírese ao xénero orientado sobre todo a un público infantil, pola simplicidade das súas tramas e a ausencia de elementos coma o fanservice, aínda que non quite que cada vez máis xente adulta as vexa por estes motivos. Exemplos disto son: Astro-Boy,Doraemon,Hamtaro ou a ultra-mítica Sazae-san, un anime que se leva emitindo ininterrumpídamente unha vez á semana desde 1969.
-Shonen: o shonen é o xénero por antonomasia do manga , sobre todo máis alá das fronteiras de xapín. Están destinado a rapaces adolescentes e contén fanservice e moito humor. As historias deste xénero poden ser de pelexas, coma dragonball, pero tamén orientadas ao romance coma Kimi no Iru Machi. Cómpre salientar que é un xénero cuxo target é sobretodo un público masculino, e ten trazos característicos a consecuencia disto coma un menor coidado no deseño de personaxes e maior fincapé no fanservice e na comedia.O seu maior exponente podería ser DragonBall, pero está Naruto, Bleach,One Piece,...
-Shoujo: destinado a un público feminino adolescente, o shoujo surxiu para reflexar as vivencias das mulleres. Así, podemos atopar un deseño de personaxes moi coidado e como característica principal romances intensos como base de tódolas súas historias.Non é que teñan que ser exclusivamente de xénero romántico, poden ter elementos de ciencia-ficción ou fantasía o que o fai un xénero bastante polivalente. Mangas deste estilo son por exemplo Vampire Knight, Switch Girl! ou Kimi no Todoke.
-Seinen: os mangas deste estilo están destinados a un público masculino adulto, sobre todo nótase en que o debuxo é máis escuro, as tramas son máis serias e complicadas no seu prantexamento con temas coma política ou os dereitos humanos; ademáis pon ter esceas de sexo ou violencia explícitit@s.Véxase Death Note ou Hellsing, entre outras moitas.
-Josei: equivalente do seinen pero en feminino, basicamente de temática similar ao shojo aínda que aquí teñen un oco as traxedias e as medidas dos personaxes son máis realistas.Véxase NaNa ou Paradise Kiss.
Ben, feita esta distinción maior, agora metámonos xa máis de cheo no que son os xéneros temáticos. Compre dicir que nunha web chamada bakaupdates(mangaupdates.com) podes atopar unha vastada xéneros moito maior que a que aquí poño, polo que bótalle un ollo se queres buscar un manga dunha temática moi concreta.
-Maho Shojo: este xénero como ben indica o seu nome céntrase en historias sobre rapazas con poderes máxicos, cunha vestimenta teoricamente cute e que se transforman en magical girls mediante un proceso de transformación no cal se cambian de roupa que ocorre en case tódolos caps. Exemplos disto serían CardCaptor Sakura ou a famosa Sailor Moon.
- Yuri: basicamente é algo similar a o hentai pero neste caso entre lesbianas, pode haber varios tipos, destinado a público feminino, masculino ou directamente a lesbianas. Exemplos disto son Octave ou Kiss Doll.
-Yaoi: equivalente do yuri pero con homes, é dicir , relacións homosexuais dos personaxes do manga, con sexo explícito coma nun hentai. Exemplos son Aishuu ou The end of youth.
-Shojo-ai: é un termo empregado polos occidentais que designa o manga no que se trata a relación amorosa entre rapazas pero sen chegar a haber sexo.Por exemplo: Candy Boy ou Ebisu-san and Hotei-san.
-Shonen-ai: o equivalente masculino do shonen-ai, amor entre rapaces pero sen chegar ao sexo. Por exemplo Madness ou New York New York.
-Ecchi: o ecchi como xénero en si é difícil de definir, basicamente o ecchi é o nivel de esceas de tono elevado con conteñido sexual implícito que ten un manga,sen chegar a mostrar nada explícito. Hai moitos mangas que teñen ecchi nun grado ou noutro, coma por exemplo Futari Ecchi ou Need a girl.
-Smut: consídéranse deste xénero os mangas cun nivel de perversión superior a simple ecchi pero sen chegar ao hentai, quedando nalgo cercano ao soft-hentai.Por exemplo Love Strip.
-Harem: neste xénero un protagonista masculino atópase rodeado dun harem de rapazas que normalmente están namoradas todas del ou o estarán ao longo da historia o que soe dar lugar a situacións cómicas de corte ecchi. Exemplos disto serían To love-ru ou Love Hina.
- CrossDressing: neste xénero ou ben os rapaces se visten de rapazas ou á inversa, frecuentemente nun ambiente escolar. Estrañamente ninguén se soe dar conta nalgúns do disfraz xa que é dunha perfección que supera á realidade. No manga shojo é moi abundante que algún personaxe principal ou secundario faga crossdressing.Exemplos deste tipo de manga poden ser Ouran High School Club ou I my me!My Strawberry eggs!
- Gender bender: en certo modo similar ao crossdressing pero neste caso prodúcese unha transformación completa de muller a home ou o home a muller , ben polo efecto da maxia, métodos cientificos ou outros modos. Poderíase considerar deste xénero o cambio de corpo entre home-muller ou viceversa. Exemplos disto son Ranma 1/2, Futaba-kun Change ou Gacha-Gache Secret.
-Mecha: este xénero é un con moitísima representación, e probábelmente con mangas dos máis famosos de tódolos tempos. Son robots, pilotados por un heroe masculino protagonista que ten unha habilidade innata e é o mellor no seu. Exemplos disto poden ser mangas moi famosos coma Gundam ou Evangelion(non hai consenso de se considerar este último como Mecha ou non) e outros menos coñecidos coma Break Blade.
- Jidaimono: considéranse dentro deste xeito aqueles mangas cunha temática histórica referente ou ben ao período Edo, de samurais , ou ben á segunda guerra mundial coma Rurounin Kenshin(Samurai X) ou Madamme Butterfly.
- School life: como xénero é difícil de definir, pero refírese a mangas nos que a acción principal se sitúa durante a vida de istituto(normalmente) dos personaxes. Hai moitos exemplos, coma School Days ou Special a.
-Slice of life: aquí a idea que se quere transmitir é a de que se conta o día a día dos personaxes. Este tipo de mangas pode ser tremendamente aburrido xa que nunca hai xiros na trama e vólvense moi repetitivos, aínda que poden ser salvábeis se teñen comedia. Un exemplo do malo sería K-on(en serio,odio ese anime/manga) e un do bo Clannad.
-Martial arts: nestes mangas soe haber un protagonista masculino(aínda que hai varios que teñen unha fémina como protagonista) que reparte a máis non poder. Soen ser destinados a un público masculino e proporcionan altas doses de acción e violencia en certo grao . Hai moitos exemplos coñecidos, Dragon Ball, Naruto,Kenichi, The Breaker, Veritas... e outros menos coñecidos como Change 123 ou Gamaran.
-Doujinshi: o doujinshi non é un xénero propiamente dito, este termo simplemente designa o manga feito por aficionados sen distribuilo unha editorial, coma por exemplo dragon ball A.F.
-Sci-fi: estamos ante un xénero amplamente coñecido en libros ou películas que tamén ten a súa representación no manga. Historias de naves espacias, alieníxenas, experimentos, mundos futuristas ou androides teñen cabida neste tipo de manga. Exemplos son Psyren ou //hack e derivados.
-Psicolóxicos: normalmente tratan aspectos da mente humana que son anormais, explorando a psique e buscando un "algo" diferente.Exemplos son Akira ou Ergo Proxy.
-Catastrofistas: isto é un xénero medio definido por min, xa que hai varios mangas que seguen este estilo, é dicir, mostran o escenario e aos seus protagonistas despois de que se produza unha catátrofe. Poden ser exemplos Lives, Battle Royale ou 51 ways to save my girlfriend.
-Shotacon/Lolicon: mangas que representan a atracción sexual entre rapaces ou rapazas menores de idade respectivamente. O que son as lolis, vamos. Hai moitos mangas que teñen algunha loli no seu elenco, coma To aru majutsu no index ou Shakugan no shana.
Bueno....Creo que con isto é suficiente para definir e intentar poñer un pouco de consenso sobre o tema dos xéneros manganimados. Espero que o post non se vos fixese moi longo e que vos resultase útil. Saúdos!
FONTES: baka -updates, mangafox, http://elfreakaguasotaku.undeadblogs.net/mangayanime/diccionario-de-generos-manga/, wikipedia e o meu propio coñecemento.