Newest Post

Amosando publicacións coa etiqueta gender bender. Amosar todas as publicacións


#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos dun webcomic chamado "My heart is beating"(O meu corazón está a later/late). Non teño moi claro se o título é moi preciso dado que , a pesar de que sen fan referencia ao mesmo,  á fin e ao cabo este é un manga de waterpolo femenino XD.Imos co argumento!



Bae Sugu é un rapaz de 17 anos que está obsesionado con bañadores femininos(Igual pola primeira frase pensades que isto vai encamiñado cara o hentai pero xa vos aviso que non XD) . Gústanlle de tódalas formas e cores. Son como unha especie de pasión á que dedica moito tempo en tódolos seus ámbitos(Pensa deseños, saca fotos...) . Esta afición é un segredo para o seu pai, quen é un autócrata que dende que morreu a súa muller(A nai de Bae Sugu) apenas fala.
A vida transcorre tranquilamente para Bae ata que un día o entrenador de waterpolo feminino descobre a Bae Sugu no vestiario feminino a mirar bañadores. Bae Sugu pensa que está acabado, dado que a situación, sendo honestos, merecería unha expulsión XD, pero o entreador proponlle un trato: que xogue ao waterpolo ....feminino XD. Resulta que Bae Sugu ten unha complexión bastante feminina e cunha peluca e un bañador feminino convírtese en "xogadora" no equipo de waterpolo.

Polo argumento pódese pensar que o manga é un crossdressing de comedia pero nada máis lonxe da realidade: este webcomic é un drama. O deporte queda nun segundo plano ante a explicación da afición de Bae Sugu , os medos e inseguridades das xogadoras,etc.

Non é un webcomic boísimo e o seu estilo de debuxo non me acabou de convencer pero ten un argumento relativamente novidoso que se pecha de modo razoábel ao final. Case notábel.(Non confundir cun remake que se fixo moito peor, do remake non pasei do primeiro capítulo XD )


Nota: 6.5

Recomendación: My heart is beating

mércores, 19 de febreiro de 2014
Posted by OGSN






Boas a tod@s! Hoxe comento Mint na Bokura(Somos chicos de Menta na edición española) , un manga de xénero comedia, gender bender e sobre todo shojo. Así, de que vai?

Cóntase a historia de dous irmáns xemelgos : Noel e Maria. Están todo o tempo xuntos ata que debido a un namoramento de María dun entrenador de baloncesto esta decide transferirse de escola. Así, Noel quere ir con ela pero o problema é que só hai oco pra unha rapaza máis na residencia de estudantes, polo que decide que o mellor é facerse pasar por unha rapaza e así estar coa súa irmá.
Así , a historia conta as peripecias e amores e desamores dos dous protagonistas, tendo o aquel de que como Noel suponse que é unha rapaza ten que comportarse como tal , o que da lugar a bastantes situacións graciosas.
Ademáis, Noel namórase de rapazas , o que supón un problema dado que na súa condición non pode saír con elas, o que desemboca en que remata por saír cun rapaz pra o seu disgusto.

É un manga de comedia relativamente famosos cun crossdressing bastante ben levado que non abusa de chistes fáciles e procura centrarse noutros aspectos. Respeito do contido dramático da obra pódese dicir que é case nulo, case sempre saen as cousas ben.
Como conclusión dicir que é unha letura fácil, sen demasiado contido pero que cumpre o seu cometido ao ser unha obra destinada a ser así durante os seus 6 volumes(16 comic books).

Nota: 6

Recomendación: Mint na bokura

venres, 25 de maio de 2012
Posted by OGSN


Tío namorase de si mesmo vestido de tía...WTF!?
Si, certamente, este manga ten unha paranoia de argumento que da bastante xogo dramático e non recorre ao típico humor ecchi fácil. É unha obra de corte seinen , destinada claramente a un público adulto polo seu intrísneco argumento e os seus personaxes ben definidos(especialmente o protagonista) que intentan escpar dos clichés. Así, de que vai?

Bueno, pois este manga é un crossdressing. Así, conta a historia dun rapaz que a pesar de que non lle gustaba vestirse de muller , unha vez que é obrigado a facelo comeza a gustarlle e convírtese nun hábito que segue mantendo na súa época de istituto, época onde comeza o manga.
O protagonista divide a súa personalidade en dous, algo así como un trastorno de personalidade múltiple, tendo a súa personalidade masculina que lle gustan as rapazas e a súa personalidade feminina que se dedica a axudar a rapazas e incluso se namora de rapaces(hai que ter en conta que o seu "disfraz" suponse que é perfecto e case ninguén o da recoñecido en todo o manga).
Esa personalidade dual provócalle un gran conflicto interno ao protagonista que se prantexa quen é el realmente, polo que pouco a pouco decide alonxarse do seu "eu" feminino pero non lle será fácil.
Neste manga tamén se trata o tema do amor adolescente e amor infantil, xa que hai certa rapaza que ao comezar o manga é moi pequena que está namorada do protagonista e este ódiase a si mesmo por querer facer o amor cunha cría polo que busca unha moza da súa idade para desafogarse, quen non é máis que un xoguete para el.Ela sábeo, pero aínda así, non soporta a idea de que o protagonista a deixe polo que compite coa nena a ver quen remata con Nori(o protagonista).


É un manga cun alto contido dramático, que explora a complexidade das relacións humanas e as súas consecuencias, presentando trastornos de personalidade, traumas infantís, amor platónico,........
Non é o típico manga, pero debo dicir que me gustou bastante a pesar de que a trama é un pouco "complicada" e por momentos chega a volverse incluso "aburrida".
É un slice of life, polo que realmente non hai demasiado desenvolvemento da historia e o final mesmo non se pode considerar puramente un final(é aberto XD).


En resumo, vale a pena fixarse nas súas virtudes que o converten nun manga que a pesar de que pode parecer aburrido ten un trasfondo dramático único que o fará interesante.

PD1: O título non é ao azar e o de  Yubisaki Milk Tea descúbrese , pero moi avanzado o manga.
PD2: Ten esceas de sexo explícito así como outras actividades sexuais, especialmente nos últimos capítulos.


Nota: 7.5

Recomendación: Yubisaki Milk Tea

xoves, 27 de outubro de 2011
Posted by OGSN
Ben, Mika ni Harassment é un manga de historias curtas cuxa duración non é moi longa pero suficiente tendo en conta o tipo de trama: historias curtas independentes, un estilo que a min me gusta bastante no ámbito literario coma no da 9ª arte que aquí nos ocupa.
Así, neste manga preséntansenos historia de alto contido ecchi, smut por momentos, que son bastante graciosos na miña opinión: a temática é bastante variopinta xD, varías desde a historia dun mundo paralelo no que a xente anda espida por natureza e levar roupa é considerado un acto indecente, pasando por argumentos nos que as personaxes femininas son harassed e outros con temática gender bender ou mahou shojo.
Creo que as historias son bastantes graciosas e cun conteñido ecchi de calidade moi ben debuxado, un manga que pode ser interesante ler se non tes nada que ler pero que tampouco é unha obra mestra.

Nota: 5

Recomendación: Mika ni Harasment

xoves, 8 de setembro de 2011
Posted by OGSN

Amor no tempos das bestas...XD

Este é un manga bastante subido de ton con esceas de sexo aínda que non se pode considerar hentai na miña opinión,  como moito un smut. A historia  pode parecer absurda pero é moi interesante unha vez que comeza o manga e sobre todo unha vez que comezan a pasar os capítulos e a trama se asenta.


Conta a historia de certa rapaza que vive co seu pai. Así, o seu pai traballa nun local nocturno e ela axúdalle. Ata aquí todo normal, non? Pois o interesante ben agora: o seu pai é un travesti e tódolos empregados(sí, moitos deles refírsense a si mesmos como mulleres e usan pronomes que así o demostran como atashi).
A protagonista do manga é a filla que traballa axudando no local nocturno, aínda que ten un traballo de oficinista. Así, un día chega un guapo doutor á súa empresa para facer revisións médicas e ela namórase del a primeira vista.El intenta evitar por tódolos medios a atracción pero á fin remata aceptando e cásanse. Apartir daquí comeza un sinfín de situacións hilarantes que te faran rir de maneira desmesurada dad a brilantez coa que está desenvoltas, combinando un estilo de debuxo normal cun estilo chibi(Parecido ao que ocorre en Sora no Otoshimono).

Hai un gran contraste de personalidades entre os dous protagonistas do manga: mentres qu ela é salvaxe e sempre quere practicar sexo, de feito parece unha leoa XD el é moito máis tranquilo polo que como dúo cómico son moi graciosos.



En resumo, unha obra altamente recomendábel para un público máis ou menos adulto, realmente hilarante a pesar do que poida semellar nun comezo e con multitude de situacións ecchis .

Nota: 7.75

Recomendación: Darling wa namamono ni tsuki

martes, 30 de agosto de 2011
Posted by OGSN



Maximum Trolling!
Level E é un anime dun manga que xa se publicou fai MOITO tempo polo que en certo modo a súa liña argumental difire profundamente de cousas que se fan hoxe en día, o que non digo que sexa malo XD. É máis, o seu humor é moi fresco dándolle a volta a todo para que á fin faga graza. Adiante co argumento!
ARGUMENTO
Level E está composto de varias historias curtas de entre un e tres capítulos de duración cada unha aínda que se poden considerar como pequenas partes dunha historia maior.
Así, o anime comeza cando certo alieníxena apodado baka ouji (príncipe Parvo XD) chega á Terra . Está a escapar da xente do seu planeta polo que decide buscar axuda e atópaa nun rapaz de istituto. Así, procura dar toda a pena e ser unha persoa moi boa para que o rapaz o deixe pasar a noite, cousa que consegue.
Así, ao día seguinte , Baka-ouji compórtanse dun xeito máis natural, criticando todo o que o estudante fai e atopándose "demasiado" coma na súa propia casa, o que cabrea ao estudante e alerta a unha veciña, quen é unha rapaza de istituto que colabora agochando ao alieníxena.
Chega un punto en que Baka-ouji desaparece e a xente do seu planeta consegue reteñelo e unha cantidade inxente de alieníxenas dunha raza rival aparecen no apartamento do estudante para tomar xustiza. Sen embargo, todo era MAXIMUM TROLLING XD. Basicamente, o príncipe instalara cámaras por todo o apartamento e tiña pensado vender o programa como un show de telerealidade, sendo os alieníxenas malvados uns simples actores(alieníxenas, non obstante) e a xente que perserguía ao príncipe os da súa propia raza que intentaba collelo para que non a montase moito .
Esa é a tónica principal da maioría dos episodios, aínda que non en todos aparecen estes personaxes, hai outros , como un equipo de power rangers chamado Baka Rangers, estudantes de istituto anónimos e diferentes persoas terrestres que teñen encontros con alieníxenas que por un motivo ou outro sempre rematan con alguén troleado XD.

PERSONAXES

É complicado facer esta sección sen facer spoilers , así que só nomearei @s personaxes máis importantes de pasada dado as historias son independentes e non todos se coñecen ao comezo. Hai máis personaxes que os que poño aquí.
Por unha banda está a raza de alieníxenas á que pertence o Príncipe e os seus gardas persoais, raza de aspecto moi parecido ao dos humanos. Así, o príncipe(Baka Ouji, príncipe parvo) é o protagonista das serie sendo o nexo da maioría de historias.É un personaxe que se dedica a trolear aos demáis de todo xeito inimaxinábel, polo que ten un brilante intelecto , algo que a pesar de que o usa para o mal dalle bastante respeito por parte dos outros alieníxenas. 
Dos seus gardas persoais o máis importante, para min, é Craft(non pasan de ser secundarios), quen debexa por desfacerse do príncipe como sexa aínda que a súa misión sexa protexelo XD.

Logo atopámonos ao equipo de xogadores de "baseball"(escríboo así para poñelo o máis parecido ao manga posíbel) , sobre todo un dos seus xogadores estrela, Yukitaka. Así, Yukitaka e a súa veciña Miho son protagonistas durante varios arcos e son dous do meus personaxes favoritos.
Yukitaka acolle ao príncipe no seu apartamente aínda que logo intenta botalo polo excéntrico comportamento do príncipe, o que lle ocasionará múltiples crebadeiros de cabeza.
Outros personaxes importantes son os Baka-rangers(parodia dos Power Rangers, neste caso a tradución sería Rangers Parvos XD). Son rapaces (presumíbelmente de escola primaria) aos que o príncipe lles a uns dispositivos que lles permiten transformarse en Rangers e realizar misións que o príncipe lles encarga. 
Por último, hai unha personaxe especialmente importante no último arco chamada Lúa, quen quere casar co Príncipe(o príncipe contéstalle que "quítate deso " XD) polo que hai unha bonita batalla de troleos entre os dous XD.

ANIMACIÓN E BSO

A animación é , digamos, decente. Hai cousas que están ben feitas, coma o deseño de certas naves espaciais e alieníxenas pero por momentos parece haber baixóns de calidade.

Respeito da BSO , podo dicir que me gusta o OP , a súa melodía é moi rítmica e o tema principal da serie é altamente adictivo XD. Ademáis, ten melodías estilo "x-files" que lle dan un toque xenial.



 CONCLUSIÓN
Level E é algo diferente, un anime no que trolear é o máis importante mesturado con misterio e unha banda sonora bastante boa. Recomendábel se buscas algo diferente ou dentro do xénero de comedia.


Nota: 8.75


CRiTiCa ANiMe: Level E

luns, 22 de agosto de 2011
Posted by OGSN
Bueno, este manga polo menos pareceume gracioso. Vale que non sexa unha obra mestra pero polo menos serve para pasar o tempo.
Conta a historia dun rapaz cuxa irmá se dedica debuxar doujinshi(non sei se escribe así, é unha aproximación xD). Así, este rapaz axúda a debuxar e vai con ela a feiras de manga.
Esta namorado dunha rapaza da súa clase que se atopa entre as belezas da súa escola, pero debido a que é moi calado non se atreve a confesarse.
O rapaz protagonista é contactado pola súa irmá, quen lle pide que se vista de rapaza para substituír a unha das súas amigas e conformar un grupo de cosplay. Non lle fai moita graza a idea ao protagonistas pero alí atópase co seu amor platónico, o que fai que comece a gustarlle este hobby.
Así, esta é a historia de que como o noso protagonista comeza a saír coa rapaza que lle gusta vestido de muller sen saber esta última que é realmente o noso protagonista. 
Bueno. É gracioso e a min entretívome. Ademáis é curto e conciso, non estira de máis. Se eu fose ti, botáballe un ollo xD

Nota: 5.5

Recomendación: Boku x Kano

xoves, 14 de xullo de 2011
Posted by OGSN
O Gender Bender é un xénero que basea tódalas súas tramas en transfomracións de homes en mulleres ou viceversa, maiormente encadrado nun contexto cómico. É comunmente confundido por algunhas persoas co CrossDressing. Este ultimo só contempla o disfrazarse de home ou muller(dun modo incriblemente REALISTA , si) pero non contempla maxia, pocións ou calquera outro método de transformación.
Así, recomendarei algúns mangas que teñen isto como feito principal da historia e que me gustaron:
-Gacha Gacha Secret(2ª metade do manga de Gacha Gacha): para min o meu gender bender favorito, dado que é bastante "realista" no xeito de pensar do protagonista, se se pode expresar así.

Conta a historia de certo rapaz que é invitado a probar un dispositivo de realidade virtual. Sen embargo, hai un fallo e ten que ser evacuado. Todo parece normal de non ser porque despois do suceso cando esbirra convértese en rapaza! Este é o punto de partida desta hilarante historia de como este rapaz(agora podendo ser rapaza) intentará espiar de tódolos xeitos posíbeis ás féminas e achegarse ao seu amor platónico.
-Futaba-kun change: este manga conta a historia de certo rapaz chamado Futaba-kun, que un día no istituto descobre que se pode transformar en muller. Os seus pais infórmano de que tódolos membros da súa familia por parte de pai o poden facer.Así, o manga conta as peripecias de Futaba por sobrelevar este problema e conseguir contestar á rapaza.


-Ranma 1/2: mítico manga da gran Rumiko Takashi e na miña opinión un dos que máis popularidade gozou.
Ranma é un manga de artes marciais e comedia, pero ten unha diferenza cos habituais do xénero: o protagonista masculino ten unha maldición e cada vez que se molla convértese en rapaza.
Moitos outros personaxes do show se transforman en pandas, porcos e outros animais provocando risa asgurada para que no lea.

-Trans-venus: este manga non vou dicir que é hentai pero a smut chega. Conta a historia de un rapaz que descobre a unha alieníxena no bosque. Esta sálvao dunha morte segura pero para a sorpresa do rapaz, este acaba convertido en muller! Así, terá que evitar converterse en muller por culpa da alieníxena e loitar contra outros alieníxenas malvados cos seus poderes de magical-girl, claramente basados en cousas sexuais xD.

-Nyotai-ka: manga sobre un executivo que suplica ter máis sorte coas mulleres cando unha deusa o escoita. Ela malinterpreta o seu desexo e convírteo en muller . Nesta forma, descubre que ten moito máis éxito que como home e as vantaxes e desvantaxes que ten ser unha muller. É basante realista nas cousas que lle pasan ao protagonista, xa que sufre raptos, entre outros.

Hai unha cantidade inmensa de títulos deste xénero , e aínda que nos entráramos só nos que aparece como tema principal da historia segue habendo moitos.
Sen embargo, bos cóntanse cos dedos dunha man para min, xa que hai algúns títulos moi famosos e que sempre colocan no top das páxinas de lectura de manga que a min non me convencen para nada. Véxase Otome no Iroha, 1/2 Prince(Onde me poñan Yureka...que se quite calquera outro manga de RPGs), .....
Iso era todo xD

Manga sobre..... Gender Bender Transformation

venres, 10 de xuño de 2011
Posted by OGSN

Isto teoricamente sería a crítica da segunda temporada dun anime que duraría aproximadamente uns doce capítulos... pero xa fai algún tempo que se confirmou que só serían dous capítulos, un emitido por tv e o outro  en dvd. Comento que me pareceu o segundo. Nen sequera fai falla un botón de spoiler porque o seu novel argumental é nulo e non avanza na historia. Así:
Natsuru estase a converter cada vez nunha muller máis desenrolada na súa forma feminina, polo que necesita comprar novos suxeitadores dado que os seus peitos medraron. Así, hai unha escea de ultimate fanservice cando se rompe o bikini que ten posto Natsuru e os seus peitos quedan visíbeis. 
Natsuru non só é popular cons rapaces senón que tamén o é coas rapazas, que a admiran e lle chaman Natsuru-sama(-sama implica respeito).
Volvendo ao tema do suxeitador, Natsuru decide buscar un traballo xunto con Akane e ámbalas dúas rematan traballando nun bar algo "especial", no que só hai camareiras vestidas de coelliñas. Aínda hai esceas máis ecchi que estas, cando Natsuru home e muller teñen que estar no mesmo sitio ao mesmo tempo e son acosados pola presidenta do consello estudiantil.











Nota: a maioría das capturas están sacadas de http://seanver.com/2011/04/08/weekly-anime-digest-%E2%80%94-06ii/ . E Hai máis alí xD


En resumo, un nivel de fanservice tremendo, que se ben non é que aporte nada a nivel argumental.... bueno, FAP FAP FAP xDDDDDD

Agora, un  de trailer sobre o episodio 1 e sobre este mesmo:

E como extra, os link para ver o capítulo 2:
http://www.youtube.com/watch?v=wOOtOEWLSmU (1/2 SubEspañol)
http://www.youtube.com/watch?v=B3acOkXlruE (2/2 SubEspañol)
http://www.anime44.com/kampfer-episode-14 (En SubInglés)


EDIT: Agora que xa vin o capítulo 1, vou comentar un pouco de que vai:
Basicamente segue a trama do último capítula da tempada, manexando o argumento da malvada Kaede . Así, escóbrese que decías pode estar sendo controlada polos moderadores, hai algunhas pelexas bastaten decentes.
Hai bastante fanservice en multitude de esceas, como por exemplo certa escea de bico lésbico entra dúas das kampfer amigas de Natsuru ou unha escea na que Shizuku executa aquela mítica técnica de Naruto de "os mil anos de dor" xD
Agora, capturas(só googlea un pouco poñendo kampfer fur die liebe 13 e xa atopas o capítulo,pero eu vinno aquí: http://www.otakucenter.com/kaempfer-13-fuer-die-liebe-ova-t66853.html):





http://yuri-goggles.com/2011/05/31/kampfer-13-hottest-kiss-or-hottest-kiss-ever/

Nota: 6.0

Kampfer fur the liebe

venres, 27 de maio de 2011
Posted by OGSN

Gigolós en Tokio......
Hoxe recomendo este manga que actualmente rematou en Xapón pero que aínda está sendo escaneado. Así, atopámonos ante un manga do xénero ecchi, comedia e algunhas esceas de acción e de pelexas pero nada que o faga categorizar como seinen, aínda que por momentos o pareza(na miña opinión, polo menos xD)

A historia é bastante novidosa no senso de que se adentra nun mundo que na miña experiencia "manganimada" non coñecía: o mundo dos gigolós masculinos. Por algún extraño motivo cada vez que oio a palabra gigoló asócioa con gigolós homosexuais pero aquí non é o caso. Isto é, estes gigolós dedícanse a entreteñer ás señoritas (e non tan señoritas) que se presetnan no seu local charlando con elas e facéndolle compañía sen proporcionar outra serie de servizos como é o sexo.

O punto de comezo é a viaxe de certo rapaz de istituto que decide irse a Tokio para preparar os exames de acceso á universidade(En Xapón para entrar na mairía das universidades tes que facer un exame de acceso específico da universidade). Así, este rapaz ten como "profesión" durante o tempo que non está en clases facer de "animador" masculino dos deportistas da súa escola. Comezou a facelo porqueun sempai seu o facía antes ca el e decidiu seguir os seus pasos.
Volvendo á viaxe, o noso rapaz "animador" vai a Tokio e atópase con que o eu sempai que tanto adulaba porque fóra un gran animador agora traballaba de gigoló masculino. Non só iso, senó que ademáis era un dos mellores da cidade tendo unha fama incrible.
Así, decide quedar a vivir un tempo mentres prepara o seu exame no piso do seu sempai e outros gogolós e coñecer un pouco máis do negocio.

Este manga é moi gracioso , a variedade de situacióne a extenticidade das mesmas fan verdadeiramente rir a gargalladas . Ademáis, ten os seus momentos de acción con algunhas que outra pelexas calexeira.
Como punto negativo está que realmente non se pode considerar que ten liña argumental, xa que cada capítulo consiste normalmente nun montón de "randomada" que non ten conexión entre si seguido unha estrutura máis ou menos similar de ter que "animar" a alguén.
A pesar de todo, creo que é moi divertido e unha obra que pode entreter dado que non é a mesma temática á que un pode estar afeito.


*******************NOW AN ENGLISH VERSION*************************************

Host in Tokio
Today I recommend this manga that is already completed in Japan but it hasn't been completely scanlated yet .There, this is an echi manga , full of comedy and with some violence scenes that could make you think that is a seinen but I don't really think so.

The story is kinda "new" because I have never read a manga about host or anything like that, you know, that is more than enough to give it a try.

The story is about host world in Tokio. There 's a club where some host works and they have to entertain the customers(mostly females) by chatting with them and making them laugh. 
Our main character is a highschool boy that is in his senior year. He is sad cause he will never be able to cheer for their friends as he did before cause it's his last year of highschool. As a result, he decides to go to Tokio in order to preparate his college entrance exams( In Japan most college have an individual exame in order to let you go in ). He meet there an old sempai of him. That sempai is like an idol to him , cause he was one of the members of the cheering squad in the same highschool as him and he was very famous . They talk for a bit and our protagonist ir horrified as he sees that his beloved sempai is now one of the top host in Tokio.
After a first try in being a host, the main character gives a try about staying in the flat of his sempai with other host while he is preparing his exam.

This manga is hilarious, they do all crazy things you can imagine so it's pretty good in that sense. Therefore, there's some violence cause they live in Shinjuku, one of the most dangerous places in Tokio as they say.
As a bad point, I'd say that it's always the same again and again, it always follows the same pattern in most of the chapters and there's no storyline nor a complex plot.
Even with those bad points, I'd recommend it.
 

Nota:  7

Recomendación/Recomendation: 3.3.7 Byooshi!!

martes, 24 de maio de 2011
Posted by OGSN

Bra Girl é un manga bastante curto pero cunha temática bastante "rara" do mesmo autor de Nana to Kaoru. O seu xénero poderíamolo definir como comedia, romance, gender-bender e cecáis un chisco de drama. Por o menos consegue ser interesante.
Conta a historia dun grupo de rapazas que son un pouco especiais, xa que a pesar de parecer rapazas normais á vista en realidade teñen un segredo: teñen un pene. Sí, teñen xenitais masculinos e femininos aínda que todas elas se comportan e teñen personalidades de rapazas.
Maiormente a historia é de comedia, mostrando esceas ecchi cada vez que se pode e algo de romance: unha das protagonistas está namorada dun rapaz e non sabe como dicirlle o seu segredo.
É curta, en dous volumes apenas da tempo a desenvolver a historia aínda que o resultado foi bastante decente.
Sen dúbida, o mellor deste manga é o debuxo.  AMAZUME Ryuta fai un traballo incrible en tódalas súas obras, sobre todo no deseño de personaxes, que é ultrarealista. Destacan as expresións dos personaxes ao ter vergonza, medo ou calquera outra emoción, buscando facelas o máis crible posíbel.
A temática seinen está presente en tódolos mangas deste autor en maior ou menor grado e neste caso resúmese nas esceas subidas de ton, que na miña opinión nen sequera chegan a seinen.
Non o mellor manga de AMAZUME Ryuta, pero polo menos é entreteñido. O debuxo é brilante.

Nota: 5.5

Recomendación: Bra Girl

venres, 13 de maio de 2011
Posted by OGSN
Aquí reseño a primeira tempada deste anime que contou con 13 episodios. É un remake daquela mítica Birdy the Mighty , unha serie de OVAs basadas nun manga homónimo de 1996.
Este anime non obstante baseáse nun remake do manga que se rematou de publicar en 2008, aínda que actualmente se publique outra serie a modo de continnuación.
Actualmente este anime ten 25 caps, 13 da primeira tempada e 12 da segunda, aínda que dado que ses segue publicando novo contido en forma de  manga sería factíbel a posibilidade dunha terceira tempada.
Esta serie , no manga, é de demografía seinen aínda que no anime non toca ningún tema seinen e quédase en algo máis shonen, na miña opinión.Vamos co argumento:
ARGUMENTO
Primeiro comentarei o argumento en liñas xerais e logo irei tempada por tempada.
Este anime conta a historia de Birdy, unha investigadora federal con superpoderes que se dedica a perseguir criminais para pechalos no cárcere. Os seus métodos non son moi ortodoxos polo que é coñecida como "Birdy a tola asasina".
Perseguindo a un sospeitoso remata na Terra, onde o sospeitoso se está a esconder para que non o atope Birdy.Despois de medio ano de investigación, Birdy consegue atopar ao sospeitoso nun edificio abandoado.Cando se dispón a derrotala, Tsutomo-kun, un rapaz que estaba explorando edificios abandoados(pensaba que ese o estaba), aparécelle diante. Isto resulta en Birdy asasinando a Tsutomo e escapando o criminal. Cando Tsutomu desperta na súa cama ao día seguinte nada é fóra do normal, ata que oe unha voz dentro da súa cabeza. É a voz de Birdy, xa que ela e Tsutomu agora comparten o corpo da mesma, o que dará lugar a innumerábeis crebadeiros de cabeza.
O anime máis que nada está ben polas súas esceas de acción, Birdy é investigadora da federación e as súas misións son sempre altamente perigosas e inclúen repetidas pelexas en plan "superheroe".
Sen embargo, ten un fondo argumental interesante, sobre todo na segunda temporada.Isto é, Birdy é unha alieníxena polo que hai unha grande historia sobre quen é, que é, de ónde ven, quen son os seus compañeiros, etc. Algo que cecáis recorde un pouco a Star Wars(Polo menos a min).

Nesta tempada a trama principal é de algo que ao comezo da mesma non sabemos o que é: o Ryunka. Só se sabe que é un arma que provocou unha destruccións sen proporcións cando foi usada no pasado. Así, Birdy e Tsutomu deben descubrir que é o Ryunka e evitar que se destrúa a Terra.
O Ryunka resulta ser unha especie de parásito que toma control da persoa á que infecta, obrigándoa a facer cousas en contra da súa vontade. A infectada resulta ser Nakasugi, amor platónico de Tsutomu quen sacrifica a súa vida aloxando el ao Ryunka e deixando que Birdy o mate novamente.Logo disto Nakasugi perde todos os seus recordos do tempo que pasou con Tsutomu e Tsutomu comparte corpo con Birdy outra vez.Esta tempada é mais que nada slice of life, na maioría dos caps non pasa nada aínda que nos que pasa algo son moi interesantes.


A segunda tempada é moito mellor que a primeira, correxindo moitos defecto e dándolle un ton moito máis serio, seinen, violento .Explórase en profundidade o pasado de Birdy, de lonxe o mellor personaxe do anime . Tsutomu segue aparecendo pero a aparición dun novo personaxe chamado Nataru é un gran punto a favor.
A trama da tempada baséase en atrapar a un grupo de criminais responsábeis dun ataque terrorista anos atrás onde Birdy vivía antes. Misteriosamente, antes de que irdy consiga atrapalos van sendo asasinados un por un. O artífice disto, como se descobre posteriormente aínda que é facilmente intuíbel , é Nataru, amigo da infacia de Birdy. Nataru é un Icxioran, un altarian modificado xeneticamente para ter capacidades incribles, coma Birdy.Sen embargo, Nataru non está completo polo que aos usar as súas habilidades ten fortes dores de cabeza e síntomas similares.
O seu poder é incrible, ten a capacidade de salar no tempo e no espacio.Isto xunto coa actitude fría e sen escrúpulos que mostra Nataru cando mata á xente fan deste personaxe un gran personaxe.
Os terroristas aos que busca Birdy son certamente interesantes tamén, xa que as esceas nas que reventan a cabeza da xente ou os atravesan non faltan.
O anterior é unha mostra de que é moito máis seinen, cun argumento moito máis profundo e esceas de acción, superando amplamente ao que foi a primeira tempada e deixándote á espera dunha terceira.


PERSONAXES
Main Cast:


-Birdy Cephon Altarian: a protagonista feminina da historia.É unha altarian, unha raza de apariencia humana, especial: unha ixioran. Os ixioran son altarians modificados xeneticamente antes de nacer , o que da en seres tremendamente poderosos, que son destinados a servir nas forzas de seguridade.Así, Birdy é policía da Federación e dedícase a capturar criminais.
Para poder ocultarse na Terra adopta a identidade de Arita Shion, facendo o papel dunha idol estúpida que só triunfa polo seu físico, cando en realidade Birdy é bastante interesante e con moito máis carácter.


-Senkawa Tsutomu:rapaz ao que Birdy mata e que acaba compartindo corpo con Birdy.É un rapaz cun forte senso da xustiza a pesar de que é un humano normal polo que non ten ningún poder.

Ao comezo está moi anoxado coa idea de ter que vivir no mesmo corpo que unha alieníxena, aínda que pouco a pouco vaise afacendo e remata axudando a Birdy nos momentos máis difíciles actuando de conselleiro.

Grazas a que comparte corpo con Birdy xa non ten que usar lentes, xa que antes de coñecer a Birdy usaba uns .
Vive só, o que é moi proveitoso para que Birdy pase desapercibida.

Durante o anime hai varias rapazas que están interesadas nel, aínda que só demostrou sentimentos claros cara unha delas.

Civiles 
-Natsumi Hayamiya: compañeira de clase de Tsutomu, moi mandona. É amiga de Nakasugi e o seu carácter é moi alegre e extrovertido, aínda que tamén pode poñerse sentimental.
Non mostra sentimentos amorosos explícitos cara ninguén aínda que implícitamente gústanlle Tsutomu e un amigo do mesmo.

-Muroto: ex-alumno do istituo ao que asiste Tsutomu e que agora é periodista de investigación.Apenas gaña cartos porque os seus reportaxes son sobre alieníxenas e á xente non lle interesan.
É unha persoa amábel e sabe cando facer bromas, pero é moi serio nalgunhas ocasións , sobre todo respeito a descubrir a identidade real de Arita Shion.
                                                                 Muroto

-Sayaka Nakasugi: compañeira de clase de Tsutomu. Apenas pode asistir a clase porque está enferma polo que non ten moitos amigos, aínda que despois de sobrevivir milagrosamente a un accidete o seu carácter vólvese moito máis aberto e comeza a ter amigos. Está namorada de Tsutomu, un amor correspondido polo mesmo.
-Shoko Kagami: nena que se atopa no hospital debido a que está enferma.Sempre a levan nunha cadeira de rodas, aínda que non é paralítica.
O seu personaxe é tremendamente tsundere, de feito está moi cabreada con Arita Shion porque pensa que lle vai roubar a Nataru, de quen ela está namorada.

                                 Nakasugi á esquerda, con Hayamiya por detrás á dereita

-Shyamalan : personaxe con bastante importancia que é dono dunha cadea televisiva, así como múltiples empresas sendo alguén moi importante.
É un home marcado profundamente pola idea de eliminar os impuros da humanidade, créndose un elixido por ser o único supervivente dunha catástrofe cando era neno.
O seu carácter é moi cínico en realidade, áinda que actúa de xeito moi cordial e amábel se é necesario para conseguir os seus obxectivos.

                                                              
Alieníxenas
Nataru: personaxe que aparece durante a segunda tempada do anime que é da mesma raza que Birdy: un altarian.Amigo da infancia de Birdy,o seu carácter é moi amábel, tendo bos amigos na Terra e traballando nun hospital e como voluntario a tempo parcial.





Nataru é un Ixioran ao igual que Birdy, o que pasa é que se desfixeron de Nataru porque pensaron que era un Ixioran defectuoso.Non se equivocaron, xa que Nataru é un Ixioran defectuoso, ten moito poder(pode facer saltos espacio temporais) pero usalo prodúcelle graves feridas.





Gomez: non se coñecen demasiados detalles ao longo do anime deste personaxe.Só se sabe que é un alieníxena que proexe a Revi , a antagonista do anime, cunha fora superior á de Birdy.

                                           Gómez conducindo, con Revi detrás



Geega: aliníxena ao que persegue Birdy e por culpa do cal remata na Terra. Escóndese no corpo dun humano e a súa forma real ten un certo aspeito de rá xigante , con modificacións que se fixo para ter máis poder.
Nejula: deidade Ixioran do mesmo plantea que Birdy. Teoricamente é a máis poderosa de tódolos Ixioran e ten impunidade para facer o que queira.
Bacilus: irmán de Geega que ten como habilidade infectar humanos ou aliens e roubarlles o corpo, así como estirar os seus brazos, dislocarse ombreiros ou calquera outra manipulación do corpo.
Megius: alien importante dentro do consello da federación que está a cargo de Birdy dende o nacemento da mesma. A súa forma é a dun insecto xigante.
Revi:  antagonista principal do anime, aínda que non se sabe moito dela.Sábese que estivo involucrada no incidente do Ryunka e que participou nun ataque terrorista anos atrás.
Iruma: caseira de Birdy na Terra que é unha Altarian anciá. Dalle traballo a Birdy como idol en forma de Arita Shion e ten como empregada a Capella.
Moss: alien feminina dunha raza similar á dunha cadela pertencente á banda de fuxitivos que se agochan na Terra na segunda tempada. As súas habilidades de pelexa son incribles.
Capella: Ixioran que aparece en ámbalas dúas temporadas, con aspecto de loli e carácter tsundere por momentos que acaba traballando con Iruma.



                                        Capella á esquerda e Iruma á dereita

-Gatou:xefe dos bandidos que chegan á Terra na segunda temporada, tendo unha apariencia similar á dun lobo blanco. É moi poderoso, sendo áxil e certeiro no combate corpo a corpo ; así como demostrando unha gran resistencia física e toleracia á dor.
-Skeleto(non teño claro se se escribe así xDD):
-Mr Dusk: pai de nataru e ex-caveiro azul, polo seu brazo biónico. No tempo actual do anime é un pacífico libreiro, pero tempo atrás formou parte dunha organización terrorista e asasinou a moita xente.O seu carácter é certamente afábel a pesar de todo isto, adoptando a Nataru coma se fose o seu propio fillo.
Androides
Tute: androide cun forma de calamar que acompaña  Birdy durante as súas aventuras coidando dela e dándolle consellos.Pode adoptar un disfraz humanoide, como se ve nesta fotografía:

                                                                       Tute

Violin: androide que se dedicou a criar a Birdy cando esta era unha nena, cunhas capacidades de combates sobresaíntes.
Berserker: androide tremendamente xigantesco e poderoso e grazas ao cal Birdy ten o mote de "Asasina tola".
Aos androides neste anime chámanlle marionet,marionetas, áinda que androides  creo que é un termo moito máis entendíbel.

ANIMACIÓN E BSO
A animación é dun nivel sobresaínte, super amplamente ao mostrado nas OVAs. Os escenarios son moi detallados e o deseño de personaxes é moi variado e de alta calidade, o que contribue a construir unha trama moito máis ampla.
A pesar de que a animación é moi boa, hai un par de caps , cando hai un flashback sobre Birdy na segunda temporada, que floxea .Non sei se é porque intentaron un estilo de debuxo diferente ou simplemente porque non tiñan pasta, pero a min non me acabou de convencer.
As esceas de acción están moi ben levadas, con coreografías cribles e grandes explosións, sendo un dos elementos máis atractivos que me levou a ver o anime a raíz de ver un amv con estas esceas que poño a continuación(Non ten spoilers, só conta un pouco o que pasa no primeiro cap).
 A BSO está moi ben, mellor na segunda tempada que na primeira pero moitas melodías repítense entre as mesmas. Os temas de batalla son moi rítimicos e axudan a construir a atmósfera necesaria e os op e ed son bastantes bos.Unha mostra:

CONCLUSIÓN
Un gran anime que por fin fai xustiza á historia de Birdy the mighty . Excelente en animación e aínda que floxea un pouco na primeira tempada en canto a historia a segunda bórdao.Se non o viches, xa o estás vendo! xDD



Máis información en:
http://tvtropes.org/pmwiki/pmwiki.php/Main/BirdyTheMighty
http://www.aintitcool.com/node/48052
http://en.wikipedia.org/wiki/Birdy_the_Mighty

Nota : 8.8


Este anime foi a sorpresa da tempada na miña opinión, prantexándose de forma moito máis dinámica e cómica do que se podía esperar nun principio. Así, despois de 11 caps rematou a primeira temporada de Kuragehime(princesa medusa), unha historia josei con tremendo éxito en Xapón no seu formato manga e cunha adaptación boa ao anime capturando bastante ben a esencia do mesmo.
ARGUMENTO:
Conta a historia dun grupo de "moxigatas" que viven nun edificio denoninado Amamizu-ka. Así, cada unha delas é unha otaku por unha cousa(medusas,bonecas,....) e viven traballando como asistentes dunha mangaka. Todas elas son unhas inadaptadas sociais,cunhas pintas que espantarían a calquera. Sen embargo, todo isto cambia cando Tsukimi, unha das moxigatas que é unha otaku polas medusas( otaku en xapón non só se aplica ao anime senón que significa estar tolo por algo), coñece a Kuranosuke cando Tsukimi intenta salvar a unha medusa. Así, Kuranosuke remata na casa de Tsukimi e intenta convertila nunha desas "modernas" que tanto teme Tsukimi. Todo vai ben ata que Tsukimi descubre que Kuranosuke é en realidade un home, pero fai crossdressing, polo que llo ten que ocultar a tódalas súas compañeiras xa que os homes non se permites en Amamizu-kan.
A historia non é slice of life, logo de establecer os elementos da historia nos primeiros caps enfócase máis cara un drama. Sen embargo isto non quita que un dos mellores elementos da serie sexa o seu aspecto comico , xa que as interaccións das inquilinas de Amamizu-kan coas "modernas" son moi graciosas dado o descoñecemento das mesmas de como como comportarse neses ambientes , ademáis de personaxes secundarios moi graciosos, a todos lle chove dalgún lado xDD.



PERSONAXES
Kuranosuke: rapaz fillo dun político que ten como afición travestirse. Ao ser fillo dun político, sempre tivo todo o que quixo na cuestión económica e ademási como é guapo smpre tivo sorte no tema amoroso. A pesar de todo isto, é un rapaz moi decidido, cunha personalidade propia como se mostra cando decide axudar á xente de Amamizu-kan.
Móstrase que fai crossdressing polo seu forte amor á moda, sobre todo provocado porque a súa nai era actriz de teatro e tiña centos de vestidos.
A pesar da súa ampla experiencia amorosa, xa que coñeceu e é amigo de moitas mulleres guapas, acaba desenvolvendo sentimentos románticos cara Tsukimi, para a súa sorpresa.
                                                         

Tsukimi: a protagonista do anime a que da en certo modo nome ao anime. Isto é porque a nai de   Tsukimi díxolle, xando era pequena, que tódalas rapazas podían volverse princesas; tamén porque Tsukimi é unha auténtica otaku das medusas, coñecendo tódolos tipos posíbeis e as súas características.
No comezo do anime é unha rapaza moi insegura, con gafas e cun aspecto se mquillar e demáis que se supón que mostra inseguridade, aínda que no transcurso do anime, e cando a maquilla Kuranosuke, o seu carácter vólvese un pouco máis aberto, aínda que non se perde á vella Tsukimi.
                                                           Tsukimi e Tsukimi-after

Está secretamente namorada de Shuu, o irmán de Kuranosuke, aínda que recentemente mostrou vagos sentimentos cara o propio Kuranosuke.
Chieko: filla da dona do Amamizu-kan e xerente do mesmo. É un muller máis maior que o resto das inquilinas aínda que on vella, dunha estatura moi reducida que sempre viste kimonos.
As súas habilidades para coser son case sobrehumanas, podendo coser a un nivel máis que profesional axudando a Tsukimi sempre que precisa coser algo.
É unha Otaku das bonecas de porcelana e ten moitas, cada unha co seu kimono e cun nome diferente.
Mayaya: inquilnia do Amamizu-kan bastante alta e co pelo por encima da cara de forma que non se lle ven os ollos. A súa figura é espigada i é unha otaku de todo o relacionado co Rexistro dos tres reinos(podes ir ao enlace de wikipedia clickando na entrada pero en resumidas contas é un libro que conta unha historia de amor no Xapón dos Tres Reinos), coñecendo á perfeccion este período histórico e facendo multitude de citas sobre a obra.
Bamba: rapaza que vive no bloque cunha voz bastante rouca así como unha estatura bastante pequena. O seu pelo é negro estilo afro, coma ese de "11811" . É unha Otaku dos trens.
                                  Kuranosuke, intentando peinar o pelo afro de Bamba.

Jiji: outra inquilina do Amaizu-kan que non sae demasiado na historia. É unha muller de mediana idade, pelo negro e gafas que está obsesioniada cos homes de mediada(ou máis) idade, coma o pai de Kuranosuke.
Shu: irmán de Kuranosuke e segundo fillo da familia Koibuchi. É un home tremendamente honesto, serio e moi cabaleiroso, aínda que tamén moi inexperto no terreo amoroso, aínda que durante a tempada avanza un pouco o mesmo.
Shoko Inari: muller moi guapa, desas que farían a calquera home xirarse ao vela pasar, cuxo carácter é amábel por fóra pero en realidade é fría e manipuladora, deitándose con calquera para conseguir o que quere, neste caso construir un nhotel no lugar onde está Amamizu-kan.
Aínda que hai algún personaxe máis,estse son os máis importatens. Particularmente graciosos me pareceron o chofer da familia, que quere máis aos coches que a calquera cousa e o detective privado que contrata o chofer, capaz de atopar a calquera a pertir dun boceto .

                                                Shoko Inari á esqueda e Shu á dereita

ANIMACIÓN E BSO
Non hai esceas de acción, non hai pelexas....En resumo non hai unha necesidade dunha animación brilante, polo que é máis ou menos uniforme durante a tempada un nivel de coloridos bo, cuns escenarios ben definidos e un deseño de personaxes bastante remarcábel.
A banda sonora non se enfoca demsiado en temas dramáticos senón que tira máis cara temas cómicos, coma o seu OP, moi pegadizo. Non obstante ten temas dramáticos con frauta bastante bos.
                                                       Tsukimi soñando con Shu

CONCLUSIÓN
Está ben, é un anime moito máis denso e amplo do que poida parecer a primeira vista. Non se centra demasiado no slice of life e pasa ao pouco de comezar a presentar os conflictos entre os personaxes e a maneira que teñen de resolvelos dun xeito pouco serio en moitas ocasións que está moi ben. No meu top 3 do 2010.


Nota: 9

CriTiCa ANiMe: Kuragehime

mércores, 30 de marzo de 2011
Posted by OGSN

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //