Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :mércores, 19 de febreiro de 2014
#manga #anime #ogsn
Boas! Hoxe falaremos dun webcomic chamado "My heart is beating"(O meu corazón está a later/late). Non teño moi claro se o título é moi preciso dado que , a pesar de que sen fan referencia ao mesmo, á fin e ao cabo este é un manga de waterpolo femenino XD.Imos co argumento!
Bae Sugu é un rapaz de 17 anos que está obsesionado con bañadores femininos(Igual pola primeira frase pensades que isto vai encamiñado cara o hentai pero xa vos aviso que non XD) . Gústanlle de tódalas formas e cores. Son como unha especie de pasión á que dedica moito tempo en tódolos seus ámbitos(Pensa deseños, saca fotos...) . Esta afición é un segredo para o seu pai, quen é un autócrata que dende que morreu a súa muller(A nai de Bae Sugu) apenas fala.
A vida transcorre tranquilamente para Bae ata que un día o entrenador de waterpolo feminino descobre a Bae Sugu no vestiario feminino a mirar bañadores. Bae Sugu pensa que está acabado, dado que a situación, sendo honestos, merecería unha expulsión XD, pero o entreador proponlle un trato: que xogue ao waterpolo ....feminino XD. Resulta que Bae Sugu ten unha complexión bastante feminina e cunha peluca e un bañador feminino convírtese en "xogadora" no equipo de waterpolo.
Polo argumento pódese pensar que o manga é un crossdressing de comedia pero nada máis lonxe da realidade: este webcomic é un drama. O deporte queda nun segundo plano ante a explicación da afición de Bae Sugu , os medos e inseguridades das xogadoras,etc.
Non é un webcomic boísimo e o seu estilo de debuxo non me acabou de convencer pero ten un argumento relativamente novidoso que se pecha de modo razoábel ao final. Case notábel.(Non confundir cun remake que se fixo moito peor, do remake non pasei do primeiro capítulo XD )
Nota: 6.5
- Back to Home »
- gender bender , Manga , My heart is beating , Nota entre 6 e 7 , shojo , webcomic »
- Recomendación: My heart is beating
Related Posts :
gender bender, Manga, My heart is beating, Nota entre 6 e 7, shojo, webcomic
